Comarcas
| comarcas@elcorreogallego.es |
RSS
Ordes acollerá un novo curso de Atención sociosanitaria destinado a desempregados
As clases terán lugar na aula adaptada ubicada en Mesón do Ventoe os asistentes poderán optar a complementar a súa formación con prácticas en empresas
REDACCIÓN SANTIAGO | 18.07.2012
O Concello de Ordes pon en coñecemento de todos aqueles interesados da realización dun novo curso de Atención sociosanitaria no domicilio. En total serán 628 horas de formación que se desenvolverán na aula adaptada ubicada nas instalacións do mercado agrario comarcal,en Mesón do Vento.
Á finalización do curso os asistentes recibirán un certificado de profesionalidade, ademáis de optar á realización de prácticas laborais en distintas empresas do sector. Os principais destinatarios deste proxecto formativo son desempregados e desempregadas de Ordes. Esta iniciativa está subvencionada polo Fondo Social Europeo e pola Administración do Estado.
Para inscribirse ou resolver calquera dúbida os interesados e interesadas poden chamar ós teléfonos 981 680002 ou 981 680157, así como pasar polas oficinas situadas no prmeiro andar da Casa Consistorial en horario de mañá. Tamén dispoñen do correo electrónico correo@ordes.dicoruna.es.
© 2013 www.elcorreogallego.es ISSN:1579-1572
Todos los derechos reservados. Prohibida la
reproducción parcial o total del contenido sin la
expresa autorización del propietario.