Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 09.01.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Comarcas| comarcas@elcorreogallego.es  |  RSS - Comarcas RSS

Ordes envía un novo lote de tapóns de plástico para 'Una Sonrisa para Aitana'

14.12.2011  Para máis información acerca desta campaña que leva a cabo a familia da pequena pódese consultar a web www.unasonrisaparaaitana.org

0.0/5 [0 Voto/s]

1
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN. ORDES

 FOTO: CONCELLO DE ORDES
FOTO: CONCELLO DE ORDES

O Concello de Ordes ten preparado un novo lote de tapóns de plástico que os veciños e veciñas tanto do municipio como de toda a comarca, así como empresas e establecementos hosteleiros depositaron no punto habilitado para tal recollida polo Concello en beneficio da campaña “Una Sonrisa para Aitana”.

Concretamente entregaranse nesta ocasión á empresa de transporte que participa tamén na campaña e que llos fará chegar á familia de Aitana, máis de 200 kg de tapóns, que se suman aos outros máis de 50 kg enviados o pasado mes de novembro.

Despois desta segunda entrega, a campaña segue adiante e dende o Concello de Ordes animan aos seus veciños e veciñas a que participen nesta acción solidaria a través da que se están a recoller tapóns de plástico co fin de que a familia de Aitana, unha nena de Tarazona de 9 anos, poida recaudar fondos para ser operada en Boston a causa dunha cardiopatía conxénita.

Todos aqueles que queiran participar poderán seguir depositando os tapóns de plástico no punto habilitado no 1º andar da Casa do Concello, colaborando así nunha boa causa a través dun pequeno xesto.

Para máis información acerca desta campaña que leva a cabo a familia da pequena pódese consultar a web www.unasonrisaparaaitana.org ou contactar a través do mail luisgarciagarcia@live.com

Información sobre Aitana
Aitana é unha nena de 9 anos de Tarazona (Zaragoza), que naceu cunha cardiopatía conxénita, atresia pulmonar sin tronco pulmonar con colaterales.civ, comunicación interventricular e fisura palatina. A solución para a que buscan agora a axuda económica é unha operación, consistente na reconstrucción do tronco pulmonar que se realizará no Children´s Hospital de Boston, a onde esperan poder trasladar á rapaza coa recaudación da campaña.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS