Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 09.01.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Comarcas| comarcas@elcorreogallego.es  |  RSS - Comarcas RSS

Pilar Farjas priorizará o ambulatorio para Melide

10.07.2011 

5.0/5 [2 Voto/s]

2
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MAICA MOUZO

Melide. A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, acompañada da concelleira de Cultura, Deportes e Normalización Lingüística, Dolores Gómez, reuníuse o pasado xoves coa conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, para estudar as condicións de cara á construcción dun novo centro de saúde en Melide.

Esta é xa unha vella demanda dos veciños deste municipio, que se leva reclamando dende hai moitos anos. Ademais dos problemas polo número de pacientes en comparación co número de medios, cabe engadir o mal estado das instalacións do centro de saúde melidá.

O anterior goberno, dirixido pola nacionalista Socorro Cea, xa mantivera reunións tanto co anterior Bipartito da Xunta como coa actual Consellería de Sanidade para conseguir unhas dependencias sanitarias de maior calidade. Outra das peticións máis reiteradas foi a ampliación do consultorio de Melide, co correspondente aumento de especialidades.

Ao fío disto, a actual alcaldesa, Ánxeles Vázquez, sinalou no seu encontro con Pilar Farjas a posibilidade de que o centro de saúde teña acceso a un retinógrafo, un aparello médico co que se pode detectar doenzas de gran risco para a saúde como a diabete e a hipertensión. Do mesmo xeito, no antigo centro xa se levan a cabo probas médicas que antes non se executaban, como é o caso do servizo de citoloxías.

Pilar Farjas avalou o proxecto e instou á alcaldesa de Melide a que se comezara coa maior celeridade os trámites de cesión dos terreos.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS