Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 09.01.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Comarcas| comarcas@elcorreogallego.es  |  RSS - Comarcas RSS

a partir do mes de febreiro

Preescolar na casa volverá a desenvolver o seu programa de formación en Teo

08.02.2012 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

O Concello de Teo e a Fundación Preescolar na Casa desenvolverán de novo o seu programa educativo de apoio ás familias a partir do mes de febreiro. Esta actividade é totalmente de balde para os participantes e está dirixida a pais e nais con nenos/a de entre cero e tres anos, e pódese asistir a este programa de formación tanto se os cativos/as van a unha escola infantil coma se non xa que se traballa sobre todo na formación dos proxenitores.

As persoas interesadas en participar nesta actividade xa poden entregar a ficha de inscrición nas oficinas do Concello antes do 14 de febreiro, cando está previsto que comecen as reunións. A ficha, que debe entregarse no Rexistro Xeral do Concello, xa se pode recoller nas oficinas municipais ou descargar aquí

Segundo indican dende o departamento municipal de Educación, dirixido por María Álvarez Garea, no caso de haber máis solicitudes ca prazas, atenderase a orde de inscrición. Está previsto que a primeira reunión sexa o 14 de febreiro na Casa Común dos Tilos. As xuntanzas serán en martes alternos e haberá dous grupos segundo os intereses dos participantes, ás doce da mañá e ás seis da tarde. Preescolar na Casa consiste en reunións quincenais entre os pais, nais e nenos/as participantes acompañados dunha orientadora, nas que se comparten dúbidas e experiencias coas outras familias, facendo actividades axeitadas a cada idade como xogos, cancións ou contos.

María Álvarez, edil de Educación, destaca o importante traballo da Fundación Preescolar na Casa. E como xa defendeu nunha moción debatida en pleno no Concello de apoio a este traballo destaca que este programa educativo leva trinta anos funcionando en toda Galicia, atendendo nestes anos a preto de 30.000 familias e servindo de acompañamento ó labor educativo familiar así como sendo unha importante axuda para resolver calquera dúbida que se presente na educación dos fillos e fillas.

Descarga aquí a ficha de inscrición


Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS