Sábado 11.02.2012
| Actualizado 16.04
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| Sande, izq.,, y Fernández, en el escenario FOTO: Jennifer Otero |
"@s que o mamaron na casa. @s neofalantes. @s que din: "pero eu non cho sei falar ben". @s que llelo falan aos seus fillos. @s que se arrepinten de non falárllelo. @s que se negan a dicir grazas (...) @s que votan ao Bloque. @s que votan ao PSdG. @s que votan ao PP de Galicia. @s que votan a outr@s. @s que non votan. Falamos".
A lectura do manifesto ¿Quen fala aí? da xornalista Belén Regueira inaugurou cun sorriso a III Festa da Lingua, celebrada onte na casa de cultura de Bertamiráns, que acolleu a primeira edición desta cita promovida pola Diputación da Coruña que se celebra fóra da cidade herculina.
Nesta primeira edición itinerante o ente provincial contou coa colaboración dos concellos de Ames, Santiago, Rois, Dodro Teo e Oroso, que estiveron representados na celebración.
Ademáis, na lectura do manifesto, que chama á unión social en defensa da nosa lingua, a súa autora estivo acompañada doutras personalidades como Begoña Fontenla, xornalista da TVG, Antonio Mourelos, Camilo Franco, Suevia Rojo Moure e Anxo Gende. Seguidamente interviron Xoán Manuel Sande, deputado responsable de Normalización Lingüística da Deputación, e Carlos Fernández, alcalde de Ames. Tras as intervencións das autoridades chegou a quenda para o divertimento mediante a compañía Talía Teatro. María Ordóñez interpretou o monólogo titulado Nin en soños de Sechú Sende.
Premio Rosalía. Un dos momentos álxidos da noite foi a entrega do premio Rosalía de Castro da Lingua. Este galardón entregouse por primeira vez este ano e o destinatario foi a web Blogaliza.org. A través deste premio honorífico sen dotación económica recoñécese o labor que realizan en prol da lingua galega as institucións e persoas máis relevantes de Galicia.
Rematada a entrega de premios, a música puxo fin a festa con Guadí Galego e Guillermo Fernández de Berrogüeto, entre outros
ataladrid@elcorreogallego.es
