Viernes 09.01.2009
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| Gandeiros e membros do SLG durante a concentración |
A conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, comprometeuse a presionar ante as industrias lácteas que acumulan débedas cos gandeiros galegos. Unha comitiva do Sindicato Labrego Galego (SLG)reuniuse o pasado xoves coa conselleira para trasladarlle o problema de impagos que están a sufrir moitas explotacións na Galiza por parte das empresas que lles recollen o leite como Lácteos Tambre, Queixería Macán ou Eugenio Rey. A delegación do SLG estivo formada pola secretaria xeral da organización, Carme Freire; a responsable da Dirección do Leite, Lupe Prado; e catro gandeiras afectadas.
Á saída da xuntanza, explicaron que a titular de Medio Rural fora receptiva cos seus problemas e que estanse a estudiar medidas de presión ás empresas para obrigalas a saldar as súas débedas, "e para que este tipo de prácticas empresariais abusivas non se repitan", informou o SLG.
Inidcar que previamente, nos exteriores do edificio administrativo de San Caetano, houbo unha concentración de protesta que estivo apoiada pola Dirección do Leite do Sindicato Labrego Galego, e á que acudiron máis titulares de explotacións afectadas polos impagos.
Carme Freire lembrou que "levamos máis dun ano denunciando un problema de impagos no que determinadas empresas lácteas campan ás súas anchas, pois a pesares de que acudimos aos xulgados e obtivemos fallos favorables, aínda non se cobrou nin un céntimo".
