Miércoles 19.06.2013
| Actualizado 20.26
Hemeroteca web
|
RSS
O alcalde de Vimianzo afirmou este martes en Radio Obradoiro que o ocorrido no pleno extraordinario celebrado este luns, no que Carmen Borbujo presentou a súa demisión como portavoz do PP, non cambia nada no seu municipio. Iso, malia que Borbujo, ademais de amiga persoal, era un apoio para Manuel Antelo, e a súa marcha abre a porta á presentación dunha posible moción de censura.
O rexedor negou que a xa exportavoz do PP fora un apoio para el, e insistiu durante toda a entrevista en que Borbujo "foi crítica co goberno e tamén comigo". Engadía a continuación que "a súa singularidade e capacidade política facía que non fora un monicreque do PP". Coa súa marcha, dixo, "perdemos unha gran política para Vimianzo".
Tamén fixo fincapé Antelo en que el chegou á alcaldía "despois de que o BNG fora o grupo máis votado. Fixen un goberno de coalición co PSOE que durou pouco, e dende daquela goberno en minoría". Neste sentido, sinalou que mantén as portas abertas ó diálogo "co PSOE, pero tamén co PP. O que vai ser difícil é falar cos indepdendentes, con xente que está imputada e que está mangoneando. De feito, xa conseguiron desestabilizar ó PP e ó PSOE".
Por outra banda, o rexedor falou da obra de A Piroga, logo de que nese pleno a oposición o responsabilizara da súa paralización. Antelo dixo que é unha actuación "que se vai facer", e xustificou a modificación que se vai levar a cabo en que "tal e como estaba plantexada era un fraude e non se podía facer. O goberno anterior, que foi o que a iniciou, xa o sabía, e nin sequera tivo a lealdade institucional de comunicarme o problema".
