Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Comarcas| comarcas@elcorreogallego.es  |  RSS - Comarcas RSS

vedra

"Teatrofilia ofrecerá un pasarrúas no que emularemos a Cunqueiro"

13.03.2009  A Asociación Papaventos inicia esta noite o seu ciclo de teatro amador coa posta en escena da obra de Andaravía Teatro, 'Anacos de nós' // Haberá unha tarde dedicada aos nenos, así como outras sorpresas no programa

4.2/5 [5 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

S.FORMOSO • VEDRA

Membros da Asociación Papaventos no local onde ensaian FOTO: Formoso
Membros da Asociación Papaventos no local onde ensaian
FOTO: Formoso

O teatro voltará ser o grande protagonista a partires de hoxe, e até o próximo catro de abril, en Vedra. A sexta edición do festival Teatrofilia, organizada pola Asociación Cultural Papaventos, comezará esta noite, ás 21.15 horas, coa posta en escea da obra do grupo Andaravía Teatro, Anacos de Nós. O programa, que se extenderá durante catro fins de semana, contará con sorpresas, tardes adicadas aos cativos e máxicos pasarrúas pola capital municipal. A presidenta de Papaventos, Sonia Balado, e outros dous membros da agrupación, María Gaiteiro e Antonio Turnes concretan máis detalles sobre as novidades deste ano.

_ ¿Con que obxectivos naceu o festival de teatro amador Teatrofilia?

_ Os principios orixinais do festival, que se creou hai seis anos, baseáronse, en primeiro lugar, en que queriamos que en Vedra se vise e practicase teatro, e que os veciños tiveran un sitio digno onde velo e que o teatro afeccionado tivera medios para actuar. Porén, por aquel entón, en Vedra había unha programación cultural escasa e con Teatrofilia tentamos cubrir ese oco.

_ ¿Como foi a evolución durante estes anos do festival?

_ A asistencia foi aumentando cos anos e cremos que xa é unha cita consolidada no municipio. Pouco a pouco, fomos conseguindo un público fiel, sen os que non sería posible desenvolver este festival. Aínda así, este ano fixemos unha especie de sketch para publicitalo nos bares, sobre todo entre a xente xoven do noso concello. Esperamos que este ano pasen por Teatrofilia arredor de 16.000 persoas.

_ ¿Cales son as principais novidades desta sexta edición?

_ Hai varias novidades e tamén haberá sorpresas. Por exemplo, a agrupación profesional que ven convidada este ano é Os Quinquilláns, que representarán a obra Mago de Oz. Coma novidade no cartel, acudirá unha agrupación do norte de Portugal, Os Madrioes. Teatrofilia tamén ofrecerá un pasarrúas, no que emularemos o mundo máxico de Álvaro Cunqueiro. Sairemos da casa da Irmandade, que é onde facemos os ensaios, e finalizará na casa da terceira idade. Porén, actuará o grupo Airiños de Rianxo, que é a agrupación máis antiga de Galicia, fundada hai xa setenta e cinco anos polos curmáns de Castelao. Tamén teremos, coma en outras edicións, a tarde adicada aos cativos, e outra xornada na que actuarán os grupos de teatro amador que hai no municipio.

_ 'Anacos de nós' será a obra coa que se inaugure o festival, ¿que se ofrece nesta representación?

_ Esta é unha obra moi intimista que se representará por primeira vez en Teatrofilia, aínda que xa a puxemos en escea noutras ocasións. É a terceira vez que se representa no concello de Vedra. Realmente, é un estriptis emocional de nós mesmos. En definitiva, sacamos todas as nosas miserias ante o público.

. sformoso@elcorreogallego.es

PROGRAMACIÓN

Un total de 15 agrupacións

Son un total de 15 as agrupacións, de toda a xeografía galega, e incluso do norte de Portugal, as que compoñen a programación para os próximos catro fins de semana en Vedra. Todas as sesións desenvolveranse na casa da terceira idade e as entradas custarán 2 €, coa posibilidade de adquirir un bono de 5 € que dá acceso a todas as sesións do festival.

Os primeiros en actuar serán Andaravía Teatro con Anacos de nós, hoxe, ás 21.15 horas. Mañá, á mesma hora, actuará Bicodobrelo coa Comedia Bífida, e o domingo Ditea porá en escena Aquí cheira a morto.

Para o próximo día 20, o grupo Airiños representará A retirada de Napoleón, mentras que o sábado 21, a Aula de Teatro da USC ofrecerá Xogos á hora da sesta. O domingo 22 de marzo o Pasarrúas Roteiro Máxico de Andaravía sairá da casa da Irmandade ás 17.15 horas. A continuación, a agrupación de teatro profesional Os Quinquilláns representará a partires das 19.15 horas a súa obra O mago de Oz, ideal para os máis cativos .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS