Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 09.01.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Comarcas| comarcas@elcorreogallego.es  |  RSS - Comarcas RSS

Alcalde de Porto do Son

Pastor Rodríguez: “Non é de recibo que se derruben vivendas con informes favorables”

07.03.2010  Pastor Rodríguez confía en poder aprobar o PXOM nesta lexislatura // Anuncia que en maio xa estará dispoñible o primeiro borrador // Entre os seus retos figuran construír unha piscina ou recuperar as bandeiras azuis nas praias

3.5/5 [2 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MANUEL GIL • PORTO DO SON

O alcalde do Son, o socialista Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, no coñecido mirador da Atalaia
O alcalde do Son, o socialista Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, no coñecido mirador da Atalaia

_ Cales son os retos máis importantes a acometer de cara ao futuro de Porto do Son?

_ En primeiro lugar desatascar o que xa estaba encauzado e que por varias razóns se demorou innecesariamente. Sacar adiante a piscina, que xa se vai comezar axiña; a recuperación das bandeiras azuis para as nosas praias, que nunca se deberon perder, ou a inauguración da nova casa de cultura de Portosín no próximo verán. A remodelación da fachada marítima do Son, que se retrasou caprichosamente polo señor Tomé, ex alcalde e portavoz do PP, e que vai ter gravísimas consecuencias para os veciños do casco urbano, e solucionar a ubicación do Punto Limpo.

_ Algún proxecto máis?

_ Continuar coas conversas para lograr o polígono industrial; acelerar a tramitación do PXOM, que levaba un ritmo demasiado lento; o Plan Especial do Castro de Baroña, conseguindo os terreos para o futuro centro de interpretación e, dunha vez por todas sacar a diante a casa de cultura de Xuño.

_ Que balance fai da súa xestión no Concello nestes case catro meses que leva ao frente?

_ Positiva. Estase traballando moito, pero hai cousas que necesitan tempo e colaboración doutras institucións como a Xunta, que non debe guiarse por criteiros partidistas. Logrouse buscar unha nova ubicación á depuradora de Tarrío, lonxe das vivendas, que vai sanear as parroquias de Baroña e Queiruga, e o compromiso da Deputación para financiar a piscina. Unha mellor e máis democrática atención aos veciños e estabilidade no goberno ao ter maioría no pleno.

_ Como son as relacións cos seus socios de goberno do BNG?

_ Boas. Hai o natural intercambio de opinións, lóxico en Democracia, pero o entendemento en xeral é bo. O traballo diario une e esquécense as diferenzas partidistas no beneficio do Concello._ Que pasa coa remodelación do borde litoral portuario?

_ No Concello non hai documentación que comunique que está parada esta obra. Será Portos de Galicia quen terá que aclarar por qué non se está executando e qué vai pasar con esta inversión para o Son. Hai un acordo plenario onde todos os grupos políticos votamos a favor da obra, e que eu saiba, ese é o maior órgano de decisión do Concello; se alguén pola súa conta solicitou algunha modificación, terá que explicarlle iso aos veciños.

_ En que situación se atopa actualmente a redacción do PXOM?

_ Relativamente avanzada, pensamos que pode estar o primeiro borrador en maio deste ano. Aprobar un PXOM esixe moitos trámites, pero agardamos telo aprobado nesta lexislatura; isto non depende de nós só, depende tamén da Xunta, das modificacións da Lei do Solo. Non é de recibo o actual clima de inseguridade xurídica dos nosos veciños que vén como vivendas con informes favorables de técnicos municipais son derrubadas por sentenzas xurídicas. E o partido que promulgou e reformou a lei até en tres ocasións e gobernou Galicia máis de 16 anos ten moita responsabilidade.

delegnoia@elcorreogallego.es

BAROÑA

“A maioría quere a depuradora”

_ Veciños de Baroña están movilizándose en contra da ubicación da depuradora, cal é a súa opinión?

_ A maioría dos veciños están a favor de que se faga, e xa está o compromiso afirmativo da maioría dos afectados onde vai ir a EDAR e tamén dos terreos dos bombeos e para a apertura dos viais. Teño que agradecerlles a súa colaboración para solucionar o saneamento que os socialistas comezamos a colocar nas parroquia, algúns hai xa oito anos.

_ En que situación se encontran as xestións para construír o polígono industrial en Nebra?

_ Unha vez máis a Xunta incluiuno nun novo plan, e estamos á espera de que se materialice por parte do Goberno autonómico, que é quen ten que executar a referida obra.

_ E as vías de comunicación?

_ Sería fundamental que se comezase a variante de Portosín ata Porto do Son e a reparación da AC-550 entre Noia e Ribeira, para impulsar o turismo e a industria da nosa zona, e para non quedar illados de novo.

_ Repasando outros temas, van preparar algunha campaña para atraer turistas a O Son durante a Semana Santa ou o verán?

_ Si, imos realizar un grande esforzo para atraer turistas. Hai xa en marcha pola concellería de Turismo un proxecto ambicioso que vai realzar moito a imaxe do Son._ Son suficientes as infraestructuras turísticas da localidade?

_ Nunca hai suficientes. Cantas máis haxa, moito mellor.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS