Viernes 19.03.2010
| Actualizado 16.13
Hemeroteca web
|
RSS
A Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de incorporar na súa web -www.xunta.es/linguagalega- novos recursos dixitais en galego. Coincidindo co inicio do curso escolar, o espazo web inclúe un novo apartado, a volta á escola, no que se lle proporciona ao usuario a descarga de diverso material de utilidade en lingua galega, como etiquetas para a identificación dos cadernos e libros, ou un horario escolar para cubrir polo interesado.
Así mesmo, co obxectivo de facilitar o uso do galego en todos os ámbitos da vida cotiá, a web pon á disposición do internauta outros recursos dixitais destinados ao sector do comercio e á poboación infantil e adulta en xeral.
Carteis galeguizados de rebaixas, descontos, liquidación por peche ou reformas, así como sinais de prohibición de fumar ou de zonas habilitadas para o consumo de tabaco poden ser descargados desde esta páxina.
Ademais, este espazo posto en marcha proponlles aos máis pequenos ideas para o lecer.