Viernes 09.01.2009
Hemeroteca web
|
RSS
O grupo Correo Gallego organiza, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto e, o Concello de Santiago o VII DÍA AUTONÓMICO DO MINIBÁSQUET, que terá lugar o vindeiro 12 de xuño, no pavillón Multiusos Fontes do Sar.
A este torneo están invitados todos os equipos de Galicia formados por nenos e nenas nados no ano 1998 e posteriores, cun máximo de 12 xogadores e 2 adultos por equipo.
Para inscribirse terán que remitir a folla de inscrición adxunta (unha por cada equipo) debidamente cuberta ó número de fax 981-543804 ou ó correo electrónico minibasquet@elcorreogallego.es antes do día 07-05-2010. É importante acompañar enderezo electrónico para facilitar as comunicacións.
Pola limitación propia das instalacións, o número de participantes é limitado e a INSCRICIÓN REALIZARASE POR ESTRITA ORDE DE CHEGADA.
Todos os equipos disputarán dous encontros, un de mañá e outro de tarde e poderán participar en xogos, en concursos de habilidade e noutras actividades con monitor.
O Grupo Correo Gallego faise cargo do transporte, e da manutención de todos os participantes. Ademáis, vaise contar con asistencia médica no pavillón.
Unha vez finalizada a inscrición informarase ós equipos do percorrido dos autobuses que farán os traslados.
