El Correo Gallego

Noticia 1 de 411 noticia anterior de Carreira Pedestre Deportes » Carreira Pedestre  |   RSS - Carreira Pedestre RSS

REGULAMENTO XERAL

10ª Carreira Pedestre Popular Costa da Morte

EL CORREO GALLEGO - CONCELLO DE MUXÍA

08.11.2016 
A- A+

1. A 10.ª Carreira Pedestre Popular Costa da Morte, organizada polo Grupo Correo Gallego e o CONCELLO DE MUXÍA, celebrarase o domingo, día 27 de novembro de 2016 na localidade de Muxía.

2. Realizaranse catro carreiras de acordo cos seguintes horarios e categorías:
• 10.30 horas: Categorías junior, promesa, senior e veteráns
• 11.50 horas: Categorías xuvenil, cadete e infantís
• 12.15 horas - Categorías alevín - benxamín
• 12.20 horas: Categoría pitufos

3. CATEGORÍAS E QUILÓMETROS DE PERCORRIDO:
• PITUFOS: Nen@s nados entre o ano 2010 e o 2012 (350 m)
• BENXAMÍN: Nen@s nados nos anos 2008 e 2009 (1.000 m)
• ALEVÍN: Nen@s nados en 2006 e 2007 (1.000 m)
• INFANTIL: Nen@s nados nos anos 2004 e 2005 (3.000 m)
• CADETE: Escolares nados nos anos 2002 e 2003 (3.000 m)
• XUVENIL: Escolares nados nos anos 2000 e 2001 (3.000 m)
• ADULTOS: Homes e mulleres nados en 1999 ou antes (dúas voltas a un circuíto de 5.500 m)

4. INSCRICIÓNS: dende o martes, 8 de novembro, ata o martes, día 22 de novembro, ambos incluídos, a través de este enlace. Tamén se poderán formalizar de forma presencial, nos mesmos prazos, no CONCELLO DE MUXÍA no departamento de deportes en días laborais de 10.00 a 14.00 horas, ou na delegación de Cee do Grupo Correo Gallego, sita na Avda. Fernando Blanco, 47ª-1º A, de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas. Ver datos necesarios no regulamento específico de cada categoría.

5. TODOS os corredores, excepto os pitufos, levarán un chip (que deberán atar nas súas zapatillas) que é de obrigada devolución.

6. TODOS os participantes deberán colocarse na zona de saída 15 minutos antes do comenzo da proba.

7. A organización contará coa axuda dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.

8. Está rigorosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a inmediata descualificación dos atletas acompañados.

9. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba. Ademais, se os xuíces, así o estimaren, poden ser retirados do circuíto.

10. Todo corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos da RFEA e FGA, referentes a probas en ruta, será descualificado ó criterio do xuíz árbitro da competición. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS Ó XUÍZ ÁRBITRO DA COMPETICIÓN nun prazo máximo de 20 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.

11. Coa realización da inscrición todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que tratará ditas imaxes con arreglo á Lei de Protección de Datos.

12. Todos os participantes, polo feito de tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA e RFEA para probas autonómicas de ruta.

NOTA: TODOS os corredores oficialmente inscritos terán un seguro de accidentes, que se rexerá de acordo coa lei http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140521/AnuncioC3K1-140514-0001_es.html. A organización conta con seguro de responsabilidade civil.

REGULAMENTO CARREIRA ADULTOS

1. Na 10.ª CARREIRA PEDESTRE POPULAR COSTA DA MORTE-EL CORREO GALLEGO poderán participar tanto atletas federados como non federados nados a partir de 1999, é dicir, os que cumpran dentro de 2017, 18 anos ou máis. A participación de atletas estranxeiros e doutras federacións autonómicas rexerase polas normas recollidas no artigo 3.4. da Circular RFEA nº 109/2015 Reglamento para las Competiciones de Campo a Través, Marcha, Ruta, Montaña, Trail y Reuniones de Pista Cubierta y Aire Libre 2015-2016. Aqueles atletas, que sabendo da súa imposibilidade para participar nesta proba, proporcionen datos falsos para poder facelo, serán descalificados. A Organización, de acordo coa normativa RFEA e previo informe da FGA, rechazará a inscrición dos corredores federados doutras federacións autonómicas que excedan os límites fixados pola RFEA para competicións de ámbito autonómico. Máis información desta norma en: http://www.rfea.es/sirfea/ficheros/comunicados/documentos/2015430182938.pdf

2. PERCORRIDO: dúas voltas a un circuíto de 5.500 metros, que estará sinalizado en cada km. Saída, ás 10.30 horas, da rúa A Marina, con dirección a Berdoias, ata o lugar de Figueiras, Avda. Dr. Toba, rúa Ramón Caamaño, rúa Atalaia, Santuario da Barca, rúa Virxe da Barca e rúa da Marina. A meta estará na explanada da Lonxa.

3. A clasificación será absoluta e por categorías.

4. Os corredores estarán controlados ó longo de TODO o percorrido a través dun chip que se lle entregará a cada un deles, xunto co dorsal, o mesmo día da proba, e que deberán colocar nas súas zapatillas antes da saída. É obrigatorio entrar na liña de meta co dorsal colocado de forma visible na parte dianteira, sen cortes nin dobreces e co chip atado nunha zapatilla. Serán descualificados aqueles que cheguen sen algún destes elementos. OS CHIPS SON DE OBRIGADA DEVOLUCIÓN, OS QUE ASÍ NON O FIXERAN NON ENTRARÁN NAS CLASIFICACIÓNS, NIN RECIBIRÁN NINGÚN TIPO DE AGASALLO.

5. O CONTROL DE CHEGADA PECHARASE UNHA HORA E 20 MINUTOS DESPOIS DE DAR A SAÍDA.

6. As inscricións poderanse formalizar a partir do martes, día 8 de novembro, ata o martes, día 22 de novembro, vía on-line a través de este enlace, seguindo as instrucións que figuren nesa páxina. Tamén se poderán formalizar, dentro deste prazo establecido, pero de luns a venres, na Delegación do Grupo Correo Gallego, sita na Avda. Fernando Blanco, 47A–1ºA de Cee, de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas, e no CONCELLO DE MUXÍA (Departamento de Deportes, en horario de 9.00 horas a 13.00 horas, de luns a venres. Teléfono de información: 981.742.001. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DESTE PRAZO.

7. Nas inscricións deberá constar OBRIGATORIAMENTE: nome, apelidos, xénero (F=feminino e M=masculino), DNI con letra ou pasaporte, Nº de licenza federativa (só corredores federados), data de nacemento completa (día, mes e ano), concello de nacemento e teléfono.
O SISTEMA REXEITARÁ AS INSCRICIÓNS ÁS QUE LLES FALTE ALGÚN DESTES DATOS. Os nados nos dezasete concellos da Costa da Morte, deberán marcar cun X a cuadrícula correspondente, e a maiores, os nados no CONCELLO DE MUXÍA. Os atletas que non marquen estas opcións non entran nestas clasificacións.

8. Os dorsais e chips recolleranse na zona de saída o mesmo día da proba dende as 8.30 h ata media hora antes de cada saída.

9. NON SE ACEPTARÁN INSCRICIÓNS POR TELÉFONO, NIN FÓRA DOS PRAZOS INDICADOS.

10. Establécense as seguintes categorías segundo o ano de nacemento:
CATEGORÍA FEMININA:
• JUNIOR-PROMESA: Mulleres nadas entre 1995 e 1999
• SENIOR: Mulleres nadas entre 1983 e 1994
• VETERANAS A: Mulleres nadas entre 1973 e 1982
• VETARANAS B: Mulleres nadas en 1972 ou antes
• CATEGORÍA MASCULINA:
• JUNIOR-PROMESA: Homes nados entre 1995 e 1999
• SENIOR: Homes nados entre 1983 e 1994
• VETERANOS A: Homes nados entre 1967 e 1982
• VETERANOS B: Homes nados entre 1957 e 1966
• VETERANOS C: Homes nados en 1956 ou antes.

11. Repartiranse os seguintes premios:
CATEGORÍA FEMININA:
1.ª Clasificada: trofeo e 400 euros
2.ª Clasificada: trofeo e 300 euros
3.ª Clasificada: trofeo e 200 euros
Trofeo á PRIMEIRA clasificada das CATRO categorías establecidas, exceptuando as tres primeiras.
CATEGORÍA MASCULINA.
1.º Clasificado: trofeo e 400 euros
2.º Clasificado: trofeo e 300 euros
3.º Clasificado: trofeo e 200 euros
Trofeo ó PRIMEIRO clasificado das CINCO categorías establecidas, exceptuando os tres primeiros.
Trofeo ó primeiro clasificado da categoría masculina e feminina entre os nados en calquera dos dezaséis concellos da Costa da Morte (excepto o concello organizador).
Trofeo e 100 euros ó primeiro e primeira clasificados entre os participantes nados no CONCELLO DE MUXÍA.
NOTAS: En ningún caso un mesmo atleta poderá recibir dous premios en metálico á vez, percibindo unicamente o de maior contía.

12. Os premios en metálico serán aboados ós atletas por transferencia bancaria. Para o que deberán entregar fotocopia do seu DNI ou pasaporte e cubrir un formulario que se lle entregará a cada un o mesmo día da proba.

13. TODOS os corredores que entren en meta co control aberto, e entreguen o chip, recibirán unha camiseta.

14. Os corredores poderán dispor de duchas e vestiario, sito no Pavillón Municipal de Muxía, onde haberá tamén servizo de gardarroupa.

15. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os autorizados pola organización.

16. A organización porá a disposición dos participantes da carreira de 11 km un servizo de fisioterapia en colaboración co Colexio Oficial de Galicia de Fisioterapeutas, que se situará na explanada do peirao, preto da saída.

REGULAMENTO CATEGORÍAS INFANTIL, CADETE E XUVENIL

1. A 10.ª Carreira Pedestre Popular Costa da Morte-El Correo Gallego escolar celebrarase o domingo, día 27 de novembro de 2016, na localidade de Muxía ás 11.40 horas.

2. Esta carreira está reservada para todos os corredores nados entre 2000 e 2005.

3. O percorrido será de 3.000 metros. Saída, ás 11.50 horas, da rúa A Marina en dirección a Berdoias, paseo marítimo de Táboas, Avda. López Abente, rúa Virxe da Barca e chegada na rúa A Marina

4. Os participantes deberán colocarse na zona de saída 15 minutos antes do comezo da proba.

5. Os premios estableceranse por participación individual e por equipos (colexios, institutos ou clubes)

6. Por participación individual, establécense seis categorías (tres femininas e tres masculinas) distribuídas da seguinte forma:
• INFANTIL FEMININA: nadas en 2004 e 2004
• INFANTIL MASCULINA: nados en 2004 e 2005
• CADETE FEMININA: nadas en 2002 e 2003
• CADETE MASCULINA: nados en 2002 e 2003
• XUVENIL FEMININA: nadas en 2000 e 2001
• XUVENIL MASCULINA: nados en 2000 e 2001

7. Recibirán un trofeo e un agasallo os primeir@s de cada categoría.

8. Recibirán trofeo os segund@s e terceir@s clasificad@s de cada categoría.

9. O equipo con maior número de corredores en liña de meta, que estean inscritos oficialmente a través do colexio ou clube, sexan da categoría que sexan e sen importar a orde de chegada, recibirá un trofeo e 100 euros, que recibirán por transferencia bancaria. Non puntuarán os rapaces inscritos de forma individual.

10. Esta carreira estará controlada en TODO o percorrido por chip, que se entregará xunto cos dorsais (ver a súa colocación no apartado 4 do regulamento xeral) o mesmo día da proba dende as 8.30 horas ata media hora antes da saída. RECÓRDASE QUE OS CHIPS SON DE OBRIGADA DEVOLUCIÓN, NON ENTRARÁN NAS CLASIFICACIÓNS NINGÚN ESCOLAR QUE NON O FIXERA, NIN TAMPOUCO RECIBIRÁ MEDALLA NIN AGASALLO.

11. O CONTROL DE CHEGADA PECHARASE AS 12.15 HORAS.

12. INSCRICIÓNS: En TODAS as inscricións (individuais e por equipos) deberán figurar OBRIGATORIAMENTE os seguintes datos: nome, apelidos, xénero (F=feminino e M=masculino), DNI con letra (só os que o teñan), data de nacemento completa (día, mes e ano). Os equipos deberán poñer o nome do centro ou club, enderezo completo (rúa, CP, concello), teléfono, e-mail e nome do profesor ou titor responsable. Os que se inscriban de forma individual deberán formalizar unha autorización do pai/nai ou titor.

13. A inscrición poderase formalizar dende o martes, día 8, ata o martes, día 22 de novembro: 
INSCRICIÓNS POR EQUIPOS: os responsables de cada equipo deberán enviar un e-mail a consulta@championchipnorte.com solicitando que se lle permita inscribir aos alumnos na carreira. Se non dispoñen de conta colexio ou clube deben enviar tódolos datos que figuran no punto 12, para que se lle cree unha conta colexio e se lle envíen as claves de acceso.
Unha vez que a teñan, poderán inscribir a tódolos participantes que desexen, a través de este enlace seguindo as instruccións aquí indicadas.
DATOS OBRIGATORIOS PARA TODOS OS EQUIPOS: Nome do colexio ou clube, persoa de contacto, enderezo, localidade, Código Postal, provincia, teléfono fixo e móvil, e-mail e tódolos datos persoais de cada corredor (punto 12) INSCRICIÓNS ESCOLARES INDIVIDUAIS (non puntuarán na clasificación por equipos): deberán inscribirse ON LINE e imprimir e cubrir a autorización paterna que deberán entregar obrigatoriamente no momento de retirar os dorsais e chips (os que non a traían non poderán correr).
NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DESTE PRAZO.

14. TODOS os escolares, que entren en meta co control aberto e entreguen o chip correctamente, recibirán unha medalla e unha camiseta.

15. Será necesario documentar a idade para poder acceder ós premios.

16. A Carreira Pedestre na categoría escolar, salvo o especificado por este regulamento, rexerase polo xeral da 10.ª CARREIRA PEDESTRE POPULAR COSTA DA MORTE-EL CORREO GALLEGO.

REGULAMENTO PARA ALEVÍNS E BENXAMÍNS

1. Esta carreira está reservada para os nenos e nenas nados entre 2006 e 2009.

2. A inscrición poderá formalizarse dende o martes, día 8 de novembro ata o martes, día 22 de novembro, utilizando os mesmos formatos que os establecidos nas anteriores categorías.
É obrigatorio entregar a autorización paterna para recoller os dorsais e os chips.

3. O percorrido será de 1.000 metros, aproximadamente. Saída, ás 12.15 h, dende a rúa A Marina, para continuar por Avda. López Abente, rúa Real, rúa Virxe da Barca e chegada na rúa A Marina.

4. Os dorsais e chips entregaranse dende ás 8.30 horas ata media hora antes da saída. O CHIP É DE OBRIGADA DEVOLUCIÓN e deberán colocarse igual que o establecido no regulamento xeral.

5. Os participantes deberán colocarse na zona de saída 15 minutos antes do comezo da proba.

6. Establécense catro categorías, dúas femininas e dúas masculinas:
• BENXAMÍN FEMININA: nenas nadas en 2008 e 2009
• BENXAMÍN MASCULINA: nenos nados en 2008 e 2009
• ALEVÍN FEMININA: nenas nadas en 2006 e 2007
• ALEVÍN MASCULINA: nenos nados en 2006 e 2007

7. Recibirán un trofeo e un agasallo os primeir@s de cada categoría.

8. O CONTROL DE CHEGADA PECHARASE QUINCE MINUTOS DESPOIS DE QUE ENTRE EN META O PRIMEIRO CORREDOR CLASIFICADO.

9. TODOS os escolares que entren en meta co control aberto recibirán unha medalla e unha camiseta.

10. Será necesario documentar a idade para poder acceder ós premios.

11. NOTA: os corredores das categorías benxamín e alevín NON entran na clasificación por equipos, aínda que veñan por colexios ou clubes.

REGULAMENTO CARREIRA DOS PITUFOS

1. Ás 12.30 h darase a saída para os rapaces e rapazas que naceron entre o ano 2010 e o 2012. Farán un percorrido de 350 m, aproximadamente, con saída da rúa A Marina en dirección ao Peirao ata a meta, sita na rúa A Marina.

2. Para inscribirse deberán facer os mesmos trámites indicados anteriormente. Para recoller os dorsais deberán entregar obrigatoriamente a autorización paterna, debidamente cumprimentada, que poden baixar da páxina web da carreira.

3. Todos estes corredores recibirán, ó finalizar a carreira, unha medalla e unha camiseta.

Non haberá clasificación oficial desta proba.