Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Viernes 25.05.2012  | Actualizado 19.53      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Deportes » Carreira Pedestre  |  RSS - Carreira Pedestre RSS

Bugallo: "É un referente a nivel nacional"

25.10.2009  O alcalde de Santiago augúralle un futuro "con cada vez un maior número de participantes"

0.0/5 [0 Voto/s]

1
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Once anos son os que leva Xosé Sánchez Bugallo como alcalde de Santiago, aínda que recoñece que seguíu moi de preto as evolucións da Carreira Pedestre Popular Camiño de Santiago, dende a súa primeira edición, celebrada no ano 1978.

- Qué cambios notou entre a celebración da primeira edición e as de agora?

- Os principais cambios teñen que ver a nivel organizativo, posto que a experiencia acumulada e os medios tecnolóxicos están a permitir que esta proba sexa referente no calendario nacional, non sólo polo número de participantes e a súa historia, senón pola exquisita organización que se está a lograr ano tras ano.

- Como alcalde, qué significa a Carreira Pedestre Popular para Santiago?

- A Carreira é unha das citas representativas de Santiago. A súa repercusión vai máis alá do estritamente deportivo, xa que consegue congregar a atención de toda a cidade, non só dos que se atreven a vivir desde dentro esta intensa experiencia, senón do resto da sociedade civil. De todas formas, os que mellor poden definir a seu significado son os milleiros de composteláns que, ano tras ano e xeración tras xeración, disfrutan do evento, convertíndose nun referente no calendario familiar.

- De qué forma colabora o Concello de Santiago coa organización da proba?

- A través de dúas liñas claramente definidas. Por un lado, a nivel loxístico e de persoal, fundamental a efectos organizativos, que supón o peche das rúas, control de tráfico, presenza policial, apertura de instalacións deportivas para dar servizo de duchas aos participantes, servicios especiais de limpeza..., e por outro, cunha importante axuda económica.

- Qué operativos se poñen en marcha?

- Estarán controlando a carreira arredor de setenta membros da Policía Local. Doutra banda, a ocupación masiva dun cinturón de persoas que corren a pé polas vías públicas da cidade, conleva unha serie de moficacións temporais no tráfico durante o transcurso do certame. Desde o departamento de tráfico prégase aos cidadáns que se absteñan, na medida do posible, de utilizar os seus vehículos na mañá do domingo, especialmente entre as nove e as 14.00 horas, a fin de facilitar o desenvolvemento da proba. Como norma xeral, en todas as rúas do itinerario da carreira produciranse restricións de tráfico, que se levantarán u­nha vez que pasen os últimos participantes.

En canto ao futuro da carreira, Sánchez Bugallo augura "moitas máis edicións, onde cada vez haberá un maior número de participantes.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS