1º A saída estará situada na Avda. de Xoán XXIII, ás 11.30 horas, e a chegada, na Praza do Obradoiro, cun percorrido de sete quilómetros.
2º Os participantes deberán colocarse na zona de saída 15 minutos antes do comezo da proba.
3º Esta categoría está reservada para todos os escolares nacidos entre 1995 e 2001.
4º O percorrido será de sete quilómetros, e discorrerá a través das rúas seguintes: Avenida Xoán XXIII, San Caetano, Basquiños, Santa Clara, San Roque, Rodas, Virxe da Cerca, Fonte de San Antonio, Praza de Galicia, Senra, Campo da Estrela, Porta Faxeira, Pombal, Galeras, Santa Isabel, Vista Alegre, Avda. do Burgo, Avda. de Castelao, San Caetano, Basquiños, San Roque, Algalia de Arriba, Cervantes, Preguntoiro, Rúa do Castro, Praza da Universidade, Praza de Mazarelos, Cardenal Payá, Orfas, Toural, Rúa do Vilar, Praza das Praterías, Fonseca e Praza do Obradoiro.
5º Esta carreira será controlada por chips electrónicos desbotables. Para o que cada escolar recibirá, tras a súa inscrición no seu centro escolar, un dorsal e un chip, que é persoal e intransferible, e que deberá entrelazalo nunha das súas zapatillas.
Os corredores levarán durante toda a carreira o chip e o dorsal (colocado no peito sin dobreces) . Aqueles que cheguen á meta sen algún deles, serán descalificados.
NINGÚN CORREDOR SE PODERÁ INSCRIBIR MÁIS DUNHA VEZ.
Cada centro poderá inscribir a todos os escolares que desexe.
6º Nesta carreira estableceranse dúas categorías: unha individual e outra por centros de ensino.
7º A categoría individual subdivídese en:
A) Escolares femininas nacidas entre 1998 e 2001
B) Escolares femininas nacidas entre 1995 e 1997
C) Escolares masculinos nacidos entre 1998 e 2001
D) Escolares masculinos nacidos entre 1995 e 1997
8º Para as clasificacións por centros de ensinanza teranse en conta o posto obtido polos primeiros QUINCE corredores de cada colexio, independentemente da categoría individual á que pertenzan.
9º Concederanse os seguintes premios, tanto na categoría individual como por colexios.
* Trofeos ós cinco primeiros escolares de cada categoría individual.
* Placa conmemorativa ós cinco primeiros centros clasificados.
* Medalla a TODOS os escolares que entren na meta co control aberto.
* Diploma a todos os centros participantes, independentemente do número de alumnos que inscriban.
10º Recibirán premios en metálico os tres primeiros centros escolares clasificados, a razón de 400€ para o primeiro; 300€, para o segundo; e 200, para o terceiro.
11º Entre todos os escolares que entren na liña de meta co control aberto sortearanse importantes regalos. Todos os colexios ou institutos participantes, aínda que non puntúen, entrarán nun sorteo de varios agasallos.
12º A Organización aboaralles os gastos de desprazamento ós centros clasificados que estean a unha distancia superior ós 15 km de Santiago, a razón dun euro por quilómetro.
13º As inscricións por colexios realizaranse dende o mércores, día 5 de outubro, no soto 1 do CENTRO COMERCIAL COMPOSTELA, de 10.00 a 22.00 h, e finalizará, o martes, 25 de outubro, ás 21.00 horas. Utilizaranse as follas de inscrición en formato excell que as facilitará a organización, onde se fará constar ademáis dos datos completos do colexio e o nome do profesor responsable,o
nome e os dous apelidos de cada corredor, así como a data completa de nacemento, e o sexo de cada alumno (marcaranse cunha 'F' os da categoría feminina, e cunha 'M' os da categoría masculina). Deberanse entregar, dentro dos prazos indicados, en soporte informático (cd ou cun pen drive), ou ben a través do e-mail en formato EXCELL: carrera@elcorreogallego.es.
As inscricións individuais poderanse formalizar, unha vez finalizado o prazo de inscrición por colexios, SÓ O MERCORES, DÍA 26, dende as 10.00 ata as 20.00 h, sempre e cando non estean inscritos a través de ningún colexio. Deberán estar asinadas polos pais ou titores. O sistema rexeitará calquera inscrición duplicada.
Os responsables de colexios deberán recoller os dorsais e chips no Centro Comercial Compostela entre o xoves, día 27, e o sábado, día 29 de outubro. Os individuais poderán recollelos ata o domingo, día 30, nos mesmos horarios que o establecido no regulamento xeral.
14º SERÁ NECESARIO ACREDITAR A IDADE PARA ACCEDER ÓS PREMIOS.
15º O CONTROL DE CHEGADA PECHARASE UNHA HORA DESPOIS DE QUE ENTRE NA META O PRIMEIRO CORREDOR DE CATEGORÍA ESCOLAR CLASIFICADO.
16º A carreira pedestre para centros de ensinanza, salvo o especificado por este regulamento, rexerase polo xeral da XXXIV Carreira Pedestre.
