El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Deportes | deportes@elcorreogallego.es  |   RSS - Deportes RSS

Galicia cae en Valencia e queda apeada da Copa das Rexións da UEFA

Un gol no minuto 1 selou o novo triunfo local // Álex Ares e Róber foron titulares

ECG   | 15.02.2018 
A- A+

C. valencianaComunidad Valenciana: Coronado; Capsi, Miguel, Kike, Axo; Borjita, Boix; Víctor (Víctor min. 66), Ubach, Ayo (José Carlos, min. 80); e Solano (Contreras, min. 73).Galicia: Marcos Souto; Varo, Rubén Comesaña, Lucas (Villares, min. 27), Aarón; Diego (Adri Castro, min. 72), Iago; Rodri Alonso, Álex Ares, Róber; e Escobar (Javi Pazos, min. 46).Árbitro: Cristian Campo Hernández. Amarelo a Kike e Borjita por Valencia e a Adri Castro por Galicia.Gol: 1-0, min. 1: Ubach.Campo: G. Amor (Benidorm.Santiago. A selección galega non puido clasificarse para a fase final da Copa Rexións UEFA logo de perder en Benidorm por 1-0, que sumado ao 1-2 da ida fai que a selección valenciana sexa a terceira clasificada para a fase final, máis Aragón e Castela A Mancha, e á espera do choque Cataluña-Castela León.Os xogadores galegos viaxaron confiados en remontar, pero na primeira xogada do partido Ubach aproveitou un pase atrás e marcou. Foi un mazazo e Galicia non era capaz de facerse coa pelota. Pero pouco a pouco, e da man de Álex Ares, o conxunto dirixido por Pichi Lucas mellorou. Róber, nunha contra, rematou alto.O equipo mellorou tralo descanso, creou un un puñado de ocasións de gol, pero careceu de tino. Un disparo alto de Rober, un remate de Diego logo dunha falta sacada por Álex Ares, un disparo de Javi Pazos lamendo o longueiro e unha falta directa executada por Ares que non entrou por centímetros. Marcos Souto tamén salvou un par de ocasións locais. 1
 
Galicia