El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Deportes | deportes@elcorreogallego.es  |   RSS - Deportes RSS

Récord no VI Pequebasket cuns 700 participantes

ECG   | 17.05.2018 
A- A+

Carballo acolle hoxe a sexta edición do Pequebasket que organiza a Escola Basket Xiria, e na que se baterá o récord histórico de participantes. Desta vez acudirán un total de 62 equipos logo de pechar a inscrición ao acadar máis de 700 participantes nunha festa para o baloncesto de base tanto masculino como feminino.

Isa Sánchez, actual ades-tradora axudante de Lucas Mondelo na selección española, será a madriña dunha edición que pretende reivindicar o baloncesto feminino, pois por primeira vez a EB Xiria acadou esta tempada máis licenzas de rapazas que de rapaces. Tamén estarán Sito Alonso, técnico do Barcelona ata febreiro, o seu axudante Óscar Lata, e a xogadora compostelá Blanca Millán, xa de volta tras un ano histórico individual e colectivo na Universidade de Maine.