El Correo Gallego

Noticia 3 de 7 noticia anterior de ebooks Portada » ebooks

‘25 Anos da Televisión de Galicia’ nos ‘E-book’ de EL CORREO

O libro electrónico do periodista Arturo Maneiro é a historia da televisión autonómica // Pódese descargar gratuitamente en www.elcorreogallego.es/ebooks

02.12.2013 
A- A+

O libro electrónico do periodista Arturo Maneiro, '25 Anos da Televisión de Galicia, de 1985 a 2010', que se pode descargar na sección de e-books de elcorreogallego.es, é a historia da televisión autonómica. Un cuarto de século de superación e avances, de consolidación, de normalización, de imaxe e de vivencias.

El mesmo explica que Televisión de Galicia é una canle autonómica xeneralista, creada pola Xunta de Gali­cia. Iniciou as súas emisións o 24 de xullo de 1985, véspera do Día de Galicia, desde as súas instalacións de San Marcos na parroquia de Bando, no Concello de Santiago de Compostela. A programación regularizouse a partir do 29 de setembro de 1985 con 39 horas de emisión á semana. Desde esa data, a TVG foise consolidando ata lograr unha programación continuada durante as 24 horas do día en galego. Tamén foi conseguindo máis cobertura no territorio de Galicia, España Europa e América.

Na narración do suceder da historia da TVG comézase dando importancia a detalles que custaba moito sacar a diante nos principios, como eran coberturas de aconte­cementos agora considerados normais e habituais cando non rutinarios no funcio­namento da TVG pero naqueles primeiros momentos ían facendo historia. Pasar da emisión experimental á regular foi un fito moi importante na TVG de 1985. Conseguir emitir de forma continuada, sen a carta de axuste ó mediodía era considerada un gran avance na implantación da televisión autonómica. Cada paso cara ó funciona­mento que agora consideramos normal nunha televisión foi unha conquista profesio­nal e autonómica. Por iso, na narración dos primeiros tempos préstase atención ás gravacións nos exteriores, ós acontecementos atendidos polas cámaras da TVG en directo, á programación de ficción en xeral e cinematográfica en particular, á dobraxe, ós profesionais da dobraxe, ás noticias da prensa sobre o funcionamento interno ou sobre a programación, ós movementos laborais, ás convocatorias de prazas fixas para os profesionais, ás dotacións económicas dispoñibles, ós contratos de publicidade ou ós sistemas de medición de audiencias.

Os 25 anos da TVG nos e-book de El Correo Gallego

O libro electrónico do periodista Arturo Maneiro, '25 Anos da Televisión de Galicia, de 1985 a 2010' é a historia da televisión autonómica. Un cuarto de século de superación e avances, de consolidación, de normalización, de imaxe e de vivencias

Pode descargalo en varios formatos nestes enlaces: pdf // epub // mobi