Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 26.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Economía| economia@elcorreogallego.es

palexco

O congreso do comercio galego fortalece o sector perante a crise

16.11.2008  Máis de trescentos representantes do sector en España e Portugal déronse cita na Coruña para seguir o acto // José Mª Seijas pediu medidas de apoio e Pere Llorens recordou que os retallistas son os primeiros empregadores

1.5/5 [21 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

HÉCTOR BARRERA • A CORUÑA

José Manuel Pose, á esquerda, Francisco Javier Losada, Fernando Blanco, José María Seijas, Pere Llorens e José Venegas Alonso, onte FOTO: H. B.
José Manuel Pose, á esquerda, Francisco Javier Losada, Fernando Blanco, José María Seijas, Pere Llorens e José Venegas Alonso, onte
FOTO: H. B.

"Este Nadal será menos Nadal e este feito tense que asumir con crueza ¿Canto tempo poderemos aguantar?", preguntábase onte o presidente da Confederación Española de Comercio, Pere Llorens, no acto inaugural do VI Congreso do Comercio Galego, organizado pola Federación Galega de Comercio en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a S.A. de Xestión do Xacobeo e Caixa Galicia, no Palexco, da Coruña.

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, acompañado polo devandito directivo, e polo alcalde da Coruña, Francisco Javier Losada de Aspiazu, o subdelegado do Goberno, José Manuel Pose, o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas e o director xeral adxunto de Caixa Galicia, José Venegas Alonso, ­inaugurou o congreso no que se deron cita máis de trescentos representantes do sector comercial de España e Portugal.

Na oportunidade Seijas, que actuou como anfitrión, recordou que a crise "só en Galicia provocou un descenso das vendas que se sitúa en torno ao 25% e máis de medio millar de peches de establecementos nos últimos meses". Asemade, dixo que "desde as nosas organizacións solicitamos medidas que pasan pola redución de impostos, por garantir a concesión de créditos e por adaptar os programas de axudas ao comercio".

Máis adiante, o representante galego dun sector conformado, na nosa comunidade, por 65.000 establecementos, con 134.000 traballadores, que é o 13 por cento do Produto Interior Bruto (PBI), valorou os pasos dados da man de Innovación e Industria, subliñando o plan cuadrienal de modernización con liñas de axuda moi favorables para o sector, e a Lei de horarios comerciais, entre outras actuacións.

Nesa liña, Pere Llorens solicitou confianza a Administración pública no sistema económico e nas empresas: "Necesitamos urxentemente aprazar os compromisos fiscais, se non se rebaixan os impostos directos e das cotizacións á Seguridade Social a cambio de non destruír postos de traballo. Necesitamos que as axudas á banca estean vinculadas ao crédito ás empresas, a financiar o circulante e o investimento. En caso contrario, estaríase premiando ós que non fixeron ben as cousas".

Explicou paralelamente, que o sector espera "respostas e apoios", malia que "non buscamos proteccionismos nin falsos paternalismos, só necesitamos que se nos atenda polo que somos, o primeiro empregador e o maior xerador de benestar e cohesión social que ningún outro sector económico".

Innovación incrementa os orzamentos

Segundo Fernando Blanco, a Consellería de Innovación e Industria daralle prioridade ó investimento real en materia de comercio, incrementando os seus orzamentos para 2009 nun 16% en relación con 2008, ata alcanzar os 34,3 millones de euros.

O conselleiro engadiu que se reforzarán as actuacións directas en promoción e animación comercial, e se destinará 28,4 millones de euros a axudas ao pequeno comercio -un 12% máis que en 2008-.

Ampliarase a liña de subvencións para a realización de reformas dos establecementos comercias e para a adquisición de mobles e equipamento comercial a todos os comercios. Asemade, Fernando Blanco subliñou que a consellería porá en marcha unha plataforma en internet para o comercio galego denominada mercadogalego.eu.

Anunciou que o anteproxecto de lei de ordenación do comercio interior de Galicia, está no seus últimos trámites administrativos para ser remitido ao Parlamento .

AS CONFERENCIAS

Xogador

Tras a apertura oficial, tiveron lugar as conferencias dos prestixiosos profesionais convocados pola federación Galega de Comercio. Arrincou Juan Antonio Corbalán, presidente de Makeateam e coñecido popularmente por ser considerado o xogador co mellor palmarés individual da historia do baloncesto español.

Equipo

Corbalán falou da figura do líder, cuxo obxectivo principal debe estar enfocado sempre cara ao beneficio do equipo e o seu máximo desenvolvemento como tal.

Mañá

A continuación foi a vez de Enric Pujadas, presidente do Grupo Bassat Ogilvy, que falou de: A revolución da comunicación publicitaria: a dixitalización, e rematou o ciclo da mañán José Ramón García, presidente executivo de Blusens, que expuxo: Blusens, a viaxe de emprender. Da nada á internacionalización en só cinco anos.

Tarde

Pola tarde falaron Emilio Duró -quen impartiu a conferencia: O coeficiente do optimismo: a mellor forma de sobrevivir en tempos de crise-, e Félix Cuesta -cuxa ponencia foi: A calidade no servizo: estratexia competitiva de orientación ao cliente- .

 

AS COINCIDENCIAS

Grandes valores e moito optimismo

As autoridades que presidiron o acto inaugural do VI Congreso do Comercio Galego coincidiron en remarcar os valores do comercio retallista, a súa importancia nas sociedades e tamén en pedir unha grande dose de optimismo ao mesmo.

Os parabéns por elixiren A Coruña

Outra das coincidencias foi a felicitación dos oradores á federación Galega de Comercio por apostar polo futuro, e tamén por ter elixido A Coruña como sede, os máis empeñados nisto foron Francisco Losada e José Manuel Pose .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS