Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 08.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 186 de 703] noticia anterior de Noticias de Empresa Galicia » Noticias de Empresa

noticias de empresa

O fotógrafo Antonio Matías obtén o galardón Colección de Honor en Antequera

21.11.2009 

3.4/5 [8 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Unha impactante fotografía de voda realizada polo fotógrafo de Sigüeiro
Unha impactante fotografía de voda realizada polo fotógrafo de Sigüeiro

Antonio Matías, fotógrafo e videógrafo con estudio en Sigüeiro, especializado en reportaxes de voda, acaba de obter por terceiro ano consecutivo un galardón no eido da creación audiovisual que se move no ámbito da reportaxe social, neste caso de vodas. En Antequera foille concedida a máxima cualificación deste tipo de obras co rango de Colección de Honor, por un traballo innovador, creativo e moi impactante, o que fixo que finalmente fora seleccionado xunto con tres obras máis a escala nacional para o seu pase final ó remate das cualificacións que anualmente organiza a F.E.P.F.I (Federación Española de Profesionais da Fotografía e Imaxe), acadando unha forte ovación e recoñecemento do público por este traballo.

- ¿Que supón este traballo audiovisual para romper as liñas tradicionais en creación de vídeos de vodas?

- Unha aposta por crear algo impactante, acorde neste caso coa idea ou liña de traballo que unha parella de noivos me propuxo este verán pasado. Iván e María querían proxectar diante dos invitados da súa voda algo que non fose babeco nin aburrido, algo moi diferente e arriscado na súa liña argumental e na ambientación. Partindo desta suxestión empezamos a moldear un guión, localizáronse exteriores, extras, etc. O resultado foi un video-clip de corte gótico, ambientando nun vello caserón longo tempo abandonado, onde un empregado dunha empresa eléctrica acudía a atender unha reparación, e no intre que daba liña eléctrica prodúcese unha forte explosión axitando os fantasmas que alí habitan. No pase do vídeo o día da voda, os invitados amosáronse sorprendidos e impresionados. Non pensaron en ningún intre que os noivos foran capaces de desenvolver ese papel con tanto realismo e forza.

- ¿Que é o que define o seu traballo?

- Impacto. É a propia parella a que acaba definindo o que eu vou moldeando. Cando creamos uns meses antes da voda os encontros audiovisuais, establecemos unha relación persoal coa que imos coñecendo a fondo á parella, desta relación xorde un traballo moi persoal, con forza, espontáneo, creativo e moi dinámico. Como fotógrafo é videógrafo remato fusionando ambas as disciplinas artísticas nunha reportaxe de voda que marca diferenzas con respeto o clasicismo xeral dominante. Se os noivos acaban metidos na auga nunha praia, nós con eles... Sempre realizo persoalmente todos os meus traballos, e agás axudantes de campo, non envío a ninguén. O meu labor creativo é único e supón unha entrega total coa parella.

- ¿Que pasos deben seguir os noivos ata o día da voda para conseguir as mellores fotos?

- Un só e esencial: confiar plenamente na miña profesionalidade para conseguir emocionar coas imaxes finais da súa voda, non me importa que digan que non son fotoxénicos, que saen mal, que non lle gusta facer fotografías..., é o meu labor o día da voda facer que desparezan eses prexuízos. En calquera caso nós sempre escoitamos detidamente as parellas que nos visitan, as nosas sesión de presupostos alónganse ás veces máis dunha hora, pero coidamos que a parella é o máis importante, creamos por e grazas a eles. ó saírmos do habitual, de estar día a día innovando e actualizando coñecementos artísticos e técnicos, permitiunos ó longo destes anos gañar diversos premios e obter diferentes galardóns, sendo na actualidade Membro do Corpo Colexiado de F.E.P.F.I. Pero temos que ser honestos, é grazas as parellas de noivos é o ter depositado a confianza no meu traballo, o que fai que calquera premio, distinción ou galardón, sexa dedicado íntegramente a eles, os noivos que confían na nosa firma, porque o merecen. Gracias a todas as parellas que ata o día de hoxe confiaron en Antonio Matías, fotógrafo.

Razón Social / Antonio Matías

Fotógrafo - Videógrafo

Teléfono / 981 688 911

E-Mail / fotoantonio@telefonica.net

Web / www.antoniomatias.net - www.fotoantonio.net

Dirección / Portiño, 6 - Baixo

15888 Sigüeiro - Oroso (A Coruña)

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS