Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 08.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 451 de 703] noticia anterior de Noticias de Empresa Galicia » Noticias de Empresa

O quinto Congreso da CIG reafirma a actual liña sindical

23.06.2009  A CIG reafírmouse, no seu modelo sindical, comprometido coa defensa dos intereses da clase traballadora galega , baseado na participación na toma de decisións, na mobilización, no enfrontamento co poder e na defensa dos intereses de Galiza

5.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Un momento da celebración do V Congreso da Confederación Intersindical Galega
Un momento da celebración do V Congreso da Confederación Intersindical Galega

O V Congreso da Confederación Intersindical Galega, celebrado baixo o lema "O sindicato que avanza canda ti. Sindicalismo nacionalista e de clase", concluía o domingo 21 de xuño tras dúas xornadas de intenso debate nas que participaron máis de 600 delegados e delegadas.

A CIG reafírmouse, no seu modelo sindical, comprometido coa defensa dos intereses da clase traballadora galega , baseado na participación na toma de decisións, na mobilización, no enfrontamento co poder e na defensa dos intereses de Galiza. Un modelo que levou á central a incrementar a súa representatividade nas eleccións sindicais nun 22,48%, situándose como segunda forza en Galiza, e como primeira canto a afiliación, cun total de 66.504 afiliados e afiliadas.

O V Congreso acordou introducir modificacións no modelo organizativo para mellorar o contacto coa afiliación e a organización interna reforzando o papel das secretarías de Organización, das asesorías xurídicas e aproveitando as potencialidades vinculadas ás novas tecnoloxías. Para a CIG é de especial relevancia reforzar a organización da mocidade da central intersindical poñendo en marcha mecanismos que garantan a súa participación e toma de decisións nos debates que teñan que ver ca súa problemática.

Razón Social/Confederación Intersindical Galega

Teléfono-Fax / 981 583 200- 981 571 082

Página web/www.galizacig.com

Dirección/C/Miguel Ferro Caaveiro, 10. Santiago

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS