Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 97 de 694] noticia anterior de Noticias de Empresa Galicia » Noticias de Empresa

Todo listo para a Festa do Lacón con Grelos en Cuntis

12.02.2010  As actividades programadas para esta xornada empezarán as 11.30 horas, coa actuación da Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional en Cuntis

5.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Cartaz do Lacón con grelos en Cuntis
Cartaz do Lacón con grelos en Cuntis

O vindeiro 21 de febreiro, Cuntis celebra a Festa do Lacón, un acontecemento de carácter gastronómico de grande relevancia, e o que acoden un grande número de visitantes. As actividades programadas para esta xornada empezarán as 11.30 horas, coa actuación da Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional en Cuntis. Logo, as 12.00 h, apertura das mostras: A camelia no lacón con grelos, con máis de 100 metros de exposición de distintas variedades desta flor. A mostra, Unha vida pegada a máquina, que recoñece a labor de costureiras, modistas e xastres, na Casa da Cultura Blanco Torres. Bandas, músicos e orquestras de Cuntis nos Lavadoiros Termais. Mostra de Cerámica de Castrolandín na Fundación Terra Termarum.

Tamén ás 12.00 h, abrirase a Feria de artesanía e productos agroalimentarios. Ás 12.30 h, Vespalacón, concentración de vespas, lambrettas e Campers. Logo Mostra de Entroido Tradicional: Os Caretos de Podence (Portugal).

Ás 14.00 h, xantar, para o que se pode facer reservas para grupos no teléfono: 986 533 600. Ás 16.00 horas, distintos obradoiros de artesanía e de entroido nos que se farán máscaras e maquillaxe do Capante. E a partir das 19.00 horas, terá lugar o velorio e enterro do Cahapante, que porá fin ós actos festivos desta XIII edición da Festa do Lacón con Grelos na localidade de Cuntis.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS