Miércoles 08.04.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Galicia » Noticias de Empresa
![]() |
| Unha imaxe da campaña promocional do transporte público de Santiago |
Tussa presenta a súa nova imaxe para a promoción do transporte público en Santiago de Compostela. Unha campaña dirixida de xeito primordial os usuarios con idades comprendidas entre os 30 e os 50 anos, dado que son aqueles usuarios que disponen tanto de vehículo privado como da capacidade de usalo.
O mesmo tempo Tussa entende que esta é unha oportunidade perfecta para eliminar os prexuicios existentes sobre o uso do transporte público, ao asimilar este uso coas clases sociais máis desfavorecidas. Dente Tussa apoian a necesidade de transmitir a a todos os usuarios cautivos, non cautivos e potenciais, que fagan da mobilidade en transporte público unha inclusión social e non unha exclusión. O uso do autobús debe ser símbolo de progreso e de mellora na calidade de vida, tanto para os usuarios como para a propia imaxe de cidade global.
A campaña desenvolverase ao longo do mes de decembro. Na primeira quincena do próximo mes de xaneiro, tras o Nadal, Tussa reforzará a campaña nos medios de comunicación, e estará apoiada pola entrega nas principais paradas de transporte urbano de material promocional.
