Domingo 26.05.2013
| Actualizado 00.00
Hemeroteca web
|
RSS
Francisco Jorquera (Ferrol, 1961) considera que o 21-O Galicia debe poñer fin ao Goberno de Feijóo e, ao mesmo tempo, mandar un claro aviso a Rajoy para que pare as súas políticas, xa que do contrario o PP sentirase lexitimado para seguir con seus recortes brutais. Portavoz do BNG no Congreso, cargo que deixará co arranque da campaña electoral, este licenciado en Historia, casado e cun fillo e unha filla, ve posible un goberno alternativo estable basado nun programa pactado.
Estréase como candidato coa resaca dunha situación na que o BNG sufriu unha fractura múltiple. Como lle pode influir?
Teño que admitir, primeiro, que o paso que deron colectivos minoritarios de militantes abandonando a organización non foi un paso positivo. Pero tamén creo que foi un erro e estou convencido de que o tempo me dará rotundamente a razón.
