Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 08.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Portada » Encuentros digitales

Adela Quinzá-Torroja García

Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA)

Comparte en Tuenti Atrás

Paréceme positivo estar hoxe aquí para dar respostas ás preguntas que se formulen e as que espero respostar obxetivamente, pero en positivo.

  1. ¿Cuánto dinero destina la Xunta a la prevención de riesgos laborales? ¿Realmente es efectiva esta inversión?

    O presuposto do ISSGA para o ano 2011 é de 7.413.781 euros, ao que habería que sumar as cuantías que se dedican as prevencións de riscos laborais pola Dirección Xeral de Relacións Laborais, a autoridade sanitaria e a autoridade mineira. Estas últimas están nas consellerías de Sanidade e na de Economía e Industria.
    Entendemos que dende o nacemento do ISSGA, como organo aglutinador nesta materia, si se poden lograr medidas efectivas en canto que cheguen aos destinatarios finais. E non debemos olvidar que o ISSGA non é so a Xunta de Galicia, senon que están representados os tres sindicatos máis representativos en Galicia como a Confederación de Empresarios de Galicia

  2. En una situación como la actual, en la que crece la precariedad laboral y la economía sumergida, ¿como se puede incrementar la seguridad laboral si muchos trabajadores ni siquiera están asegurados?

    Reforzando seguimento e control ao tempo que incrementando o asesoramento técnico e a necesidade legal de que aínda en tempos de crise deben cumprirse as obligacións nesta materia.

  3. Hoxe, xoves, morreu un mozo de 22 anos electrocutado en Fene. No mes de marzo, as estadísticas oficiais indican que morreron outras 5 persoas. ¿Non son estes datos preocupantes para una comunidade como Galicia?

    Sí. Evidentemente é preocupante todo accidente de traballo, e moito máis os que teñen resultado de morte. Respecto ao accidente de onte, estanse a investigar as causas para depurar as posibles responsabilidades que deriven desa investigación, tanto administrativas como penais, se é o caso.

  4. En el ISSGA están representados la administración, sindicatos y empresarios. ¿Quiénes ponen más pegas a la hora de fijar medidas de prevención: los trabajadores o los patronos?

    Os papeis típicos a prol ou en contra da prevencións de riscos laborais vanse desdibuxando. Obviamente, a parte sindical é fundamental para seguir reivindicando melloras en materias de seguridade laboral.

  5. Estamos demasiado acostumbrados a oir hablar de institutos, mesas de negociación, comisiones, fundaciones, etc. etc. ¿Podría explicar, en lenguaje coloquial, qué es el ISSGA y para que sirve realmente? ¿Es efectivo su trabajo?

    O ISSGA é un organismo autónomo que aglutina a xestión e a coordinación das políticas de prevención na Xunta de Galicia. Se non existira este órgano, considero que non habería a debida coordinación entre unidades con competencias nesta materia: autoridade laboral, sanitaria, mineira, educación, etc.

  6. Eu sigo vendo en moitos tellados cantidade de obreiros sen arneses e sen nada, ¿qué fan para vixiar este tipo de cousas?

    Existen programas específicos para a construcción. Dentro do propio ISSGA, e en colaboración coa Inspección de Traballo e da Seguridade Social. E, sobre todo, de especial asesoramento e seguimento ás pequenas e medianas empresas ou traballadores autónomos que presentan unhas especiais dificultades.

  7. Hai moitos edificios en construcción que non teñen as redes regulamentarias de protección. Ese perigo non é só para os traballadores da obra, que xa é moito, senón tamén para os transeúntes. ¿Por qué non se persegue este tipo de cousas?

    Sí se están a perseguir, con actuacións concretas no sector da construcción, e non só ao sector, senón tamén tendo en conta a todos os que compoñen este sector. Non é infrecuente paralizacións de obras por non falta de medidas que poñan en risco aos traballadores e os propios transeúntes.

  8. ¿Qué pasa con los edificios cercanos a la red eléctrica? Fíjese que ayer mismo ha muerto un joven de 22 años en Ferrol que estaba en un tejado y tocó un cable de media tensión.

    O accidente de onte estase a investigar e de ahí sacaranse as conclusións respecto a falta, ou non, de medidas de prevención. Pero neste momento non dispoñemos de toda a información obxectiva para facer unha valoración.º

  9. Aparte da "fatalidade", "mala sorte", etc, quen cre vostede que ten máis responsabilidade nos accidentes laborais: os empresarios por non facilitar as medidas de protección axeitadas, ou os traballadores que non están concienciados na necesidade e obrigatoriedade de usas esas medidas de proteccion? ¿Hay moitos accidentes por non usas esas medidas de protección o por neglixencia dos traballadores?

    Se hai unha materia que é de corresponsabilidade de todos é a prevención de riscos no centro de traballo. A obriga do empresario é de facilitar os medios de protección e dar as instruccións para a súa utilización e vixiar do seu cumprimento. Os traballadores deben respetar esas instruccións e utilizar os medios postos a súa disposición.
    A normativa de prevención establece unha clara distinción en canto ás responsabilidades, que no caso dos traballadores debe esixirse vía responsabilidade disciplinaria polo propio empresario.

  10. Buenos días Adela! En primer lugar, felicitar al Correo Gallego, que nos permite ponernos en contacto directo con usted sobre un tema tan interesante. Mi cuestión es la siguiente: ¿no cree que hasta este momento se están llevando a cabo desde las administraciones públicas pocas iniciativas dirigidas a prevenir los riesgos derivados de conductas de acoso laboral y similares? Muchas gracias

    Comparto con vostede a felicitación a Elcorreogallego.es porque canto máis repercusión pública teñamos é unha forma de fomentar a prevención.
    Respecto á necesidade de incrementar o control sobre o riscos psicosociais, é necesario e así o establece algunha das medidas do plan de actuación do ISSGA para o 2011. Con especial incidencia nas administracións públicas como programa piloto.

  11. Bos días directora! á vista das últimas estatísticas, parece que estamos no bo camiño e a redución de sinistralidade laboral é unha liña case constante aínda que queda moito por facer. Os empresarios quéixanse do caro que resulta facer fronte aos gastos xerados pola política de prevención. Proporciona a Xunta de GAlicia axudas económicas aos empresarios neste sentido? Gracias e bo día!

    A liña de axudas económicas dende a Dirección Xeral de Relacións Laborais e dende o propio ISSGA está dirixida a asociacións empresariais e sindicais. Si quero facer mención a que é moito maior o custe da non prevención que de cumprir as obrigas nesta materia, aínda que son consciente da dificultade de invertir neste momento.

  12. Tengo un sobrino que fue a la Escuela de Prevención que teníais en Santiago y se lo pasó muy bien. Tengo además dos niños de 5 años y me gustaría que fuesen. ¿Se va a volver a abrir la Escuela en Santiago?

    Onte, como conmemoración do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, realizouse unha visita institucional coa presenza do presidente da Xunta e da conselleira de Traballo á Escola Galega de Prevención, que o ISSGA puxo a funcionar neste ano 2011 no centro de Pontevedra en Rande. Que se diseña como un espazo para inculcar o valor da prevención aos nenos e nenas cun recorrido por riscos que lle son propios: na casa, na rúa, na escola, e como futuros traballadores. Estableceremos unha liña de colaboración coa Consellería de Educación para poñer a disposición este recurso para todos os escolares de Galicia.

  13. Seguramente el ISSGA, como todas las instituciones, tendrá sus puntos fuertes y débiles. ¿Cual cree que son éstos?

    Punto forte: aglutinar as políticas de prevención, mellorando a difícil coordinación entre todas as unidades con materia neste eido.
    Punto débil: que queda moito por facer. Aínda que as estadísticas están mellorando nos últimos, somos conscientes de que calqueira accidente que ocorre é un síntoma de que aínda temos que seguir traballando na prevención.

  14. Hola! MI pregunta es si el ISSGA desarrolla actividades para concienciar a nuestros niños y niñas desde una edad temprana de la importancia de la salud laboral y de las medidas que deben adoptarse a tal efecto, todo desde una óptica adecuada para su edad, claro. Soy profesor de primaria y trato de inculcarle a mis alumnos pequeños hábitos al respecto dentro del aula. Muchas gracias por su tiempo.

    Cumplindo o disposto na normativa de prevención de riscos laborais de implantar a formación nesta materia no ensino reglado e non reglado, no 2011 abrimos a Escola Galega de Prevención como un recurso destinado aos nenos e nenas en idade escolar, para o que é absolutamente necesaria a colaboración e implicación do profesorado.

  15. ¿A través de qué actuaciones concretas se puede ver el trabajo del ISSGA en el día a día de un trabajador o de un ciudadano cualquiera?

    O ISSGA realiza actuacións de sensibiilzación, información, formación e seguimento e control. Polo tanto, hai unha importante oferta de xornadas técnicas dos temas de maior relevancia. Cursos formativos, tamén con oferta on-line, e día a día, os técnicos do ISSGA visitan os centros de traballo para asesorar técnicamente e facer seguimento do cumprimento da normativa vixente.

  16. Trabajo en una pequeña empresa que ha sido sancionada por la Inspección de Trabajo porque uno de mis compañeros no llevaba puestas unas gafas de protección. Me consta que el jefe está siempre encima de los trabajadores para que se pongan estos equipos. Al final, los 2.000 € los paga la empresa. ¿Como puede obligarse o concienciar a los trabajadores a usar estos medios? Gracias y buenos días

    Se se pode probar a neglixencia do traballador ou o non cumprimento das instruccións dadas polo empresarios ao traballador, podese iniciar un expediente disciplinario dentro da empresa. Non obstante, a normativa de prevención establece que a obriga do empresario e tamén de vixilancia.

  17. Bos días! ¿Para cuando la Inspección de Trabajo y Seguridad Social será transferida a Galicia? ¿No cree que esto facilitaría la cooperación y coordinación entre la Inspección y la comunidad autónoma?
    Un saludo

    Está en trámite a posible transferencia da Inspección, non obstante, considero que a relación da Inspección de Traballo, o ISSGA como órgano técnico é moi boa.

  18. ¿L as empresas estan concienciadas de la importancia de las normas de seguridad laboral?
    ¿El instituto hace algo por concieenciar a las empresas en estas normas?

    A concienciación é moi superior a que existía hai uns anos, e dende o Instituto facemos labores de promoción, información, formación, asesoramento técnico e seguimento e control.

  19. ¿ No cree que sería interesante enviarle a las empresas, las sentencias condenatorias de los distintos juzgados por incumplimiento de las normas de seguridad y para concienciarlos en cumpliar los normas, que les ahorraría dinero a la larga?

    Creo importante que coñezan estas sentencias xudiciais para que se comprenda as responsabilidades do non cumprimento da norma.

  20. La administracción debe perseguir a todas las empresas que incumplan las normas de seguridad y salud, antes de y no despues de. ¿ No lo cree usted?

    En teoría sería o idea, dado que estamos falando de prevención, de anticipación, para que os riscos detectados non se convirtan en perigos e non causen, polo tanto, danos. Pero é difícil actuar en todos os centros de traballo previamente, aínda que das distintas actuacións se vai facendo un seguimento, e, polo tanto, vendo as melloras.

  21. Un empresario que se preocupa por informar a sus empleados, por insistir en que se cumplan las normas al final esta ganando dinero en bajas laborales, posibles acidentes, etc. Y por ello la administracción debía volcarse en este aspecto

    No ano 2010 promulgouse normativa que prima ao empresario que ten menos siniestralidade, reducíndolle as cuotas empresariais á Seguridade Social.

  22. ¿ En un accidente de trabajo donde el responsable es el trabajador, por no cumplir con las normas de trabajo, la empresa puede denunciarlo cuando por ello se perjudica la producción de la empresa?

    Nun principio a empresa pode actuar internamente mediante o oportuno expediente disciplinario, que incluso podería chegar ao despido. Reitero o debe de vixilancia que corresponde ao empresario.

  23. Distintas consellerías de la Xunta están inmersas en un programa especial de control de la incapacidad temporal para los próximos años, ¿teme el ISSGA que el necesario control del absentismo injustificado y abusivo pueda acabar penalizando a trabajadores 'legales', que no abusan de sus bajas?

    A existencia do persoal inspector ao que lle corresponde este control non é nova. Outra cousa é que neste momento puxeran unha especial actividade ou que se lle dera máis publicidade.

 

Moitas grazas polas consultas, estamos a súa disposición tanto nos centros territoriais do ISSGA como na sede de Santiago de Compostela.

Comparte en Tuenti Atrás
Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS