Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 08.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Portada » Encuentros digitales

Antonio Pérez Insua

Candidato por el PP a la alcaldía e Noia

Comparte en Tuenti Atrás

Ola bós días. Agradécolle a Elcorreogallego.es que me houbera convidado a estes encontros dixitais e a todos vós polo voso interese, que se reflexa na grande cascada de preguntas que me fixestedes chegar, e as que tentarei respostar.

  1. Si no consigues la mayoria absoluta( Seguro que no ) pactaras con tú antigua compañera de Partido Marisol Villar????

    O Partido Popular é a única opción política con posibilidades reais de acadar unha maioría absoluta. Nós así estamos traballando para facer desta posibilidade unha realidade e darlle así a Noia un goberno estable..
    A señora Villar xa se ten manifestado claramente sobre a súas intencións, de haber querido apoiar ao Partido Popular xa o tería feito desde dentro. De maneira que a súa intención é ben clara e maniféstase perfectamente na súas constantes reunións, desde fai xa uns anos, co señor Guerrero e o seu entorno.

  2. ¿ Tanto lle debe a Julio Bustelo como para darlle o número 2 da súa candidatura? Pasar do talante e a seriedade de Somoza á crispación deste señor é como substituír a Guardiola por Mourinho. Os noieses castigarán a súa deplorable actitude destes anos, tanto nas manifestacións coma nos plenos, onde protagonizou escenas de auténtica pandereta. Esta fichaxe vaille custar moitos votos.

    O meu amigo Manolo Somoza deuselle a opción de ir no posto que el elexira. É sabido de todos os problemas de saúde polos que está atravesando. El mesmo optou por ser quen pechase a lista, porque quere seguir vinculado aos seus compañeiros de partido.
    Foron os propios compañeiros da executiva local quenes propuxeron a Xulio Bustelo como segundo da candidatura, como debe facerse dentro de un partido no que se exerce a democracia. En calquer caso eu estou moi satisfeito con esa elección.

  3. Que ten pensado facer vostede polo medio ambiente en Noia?

    En realidade xa vimos facendo dende a oposición, conseguindo para Noia o saneamento separativo, cun orzamento de 4,5 millóns de euros, logo de que lle rexeitáramos en o pleno ao señor Guerrero o seu proxecto de pseudosaneamento unitario que tanto iba perxudicar a nosa ría.
    Esto tense que cumplimentar coa conexión dos núcleos para conducir todo ao tratamento definitivo na depuradora municipal e evitar os verquidos á ría.
    Así mesmo, o noso proxecto de rexeneración da ría, é ambiciioso e contempla limpeza e rexeneración de novos espazos para o marisqueo, así como un circuito ecosaludable e a rexeneración da fachada marítima e o seu aproveitamento para deportes náuticos e de ocio.

  4. Bon Dia Tono, gostariame que poideses dicir presuposto da campaña, as principais partidas de gasto da campaña como si se tratase dun presuposto municipal e cantos apoios ( votos por o que retorna por esa via ) son precisos para que as contas da campaña cadren porque unha forma de ver como sodes en canto a xestion que e o mais preciado dun politico porque "vender motos " e sinxelo

    Ningún partido de Noia conta ca numerosa militancia que ten o Partido Popular, que están colaborando activamente na campaña electoral, coa intención de todos os veciños e veciñas de Noia poidan coñecer as nosas propostas para a vindeira lexislatura. Dende o Partido Popular o que se venden son compromisos é realidades.

  5. Considera que la candidatura independiente que también se presentaen Noia le va a perjudicar a su partido

    Creo que os noieses e noiesas teñen ben claro quenes son os chamados independentes, e, sobre todo, quenes están detrás de todo isto. Os veciños e veciñas de Noia saben perfectamente que Partido Popular só hai un. Nós intentaremos deixar ben claro isto

  6. En caso de que no consigan la mayoría absoluta, tendrán posibilidades de gobernar

    Nós estamos traballando para acadar a maioría absoluta. Os noieses e noiesas xa coñecen da nosa seriedade, como demostrando cando nos deron a súa confianza e poidemos formar gobeno en solitario. Non se pode decir o mesmo doutras experiencias.

  7. Qué propuesta proponen ustedes para la ría

    Unha actuación integral que permita conxugar a rexeneración da ría e a súa explotación marisqueira e pesqueira, co aproveitamento das potencialidades que ten no eido turístico e náutico-recreativo. Consiste en finalizar a escollera e aproveitala funcionalmente para habilitar pantaláns para embarcacións de usos pesqueiro e recreativo.
    Ao mesmo tempo, queremos reordenar a fachada marítima para abrir Noia ao mar.
    Acondicionar unha praia urbana e acondicionar os seus servizos, creando unha zona de auga permanente válida para a práctica de actividades náutico-deportivas (remo, cursos de iniciación de vela, optimis, etc).
    Prolongar o paseo marítimo e cerrar un gran anel verde ecosaudable, que discurra por todo a ribeira ata o porto de Testal, continuando pola acera peatonal da ponte sobre a ría.

  8. Cuántos concejales espera conseguir en las próximas elecciones

    Como xa comentei anteriormente, dende o Partido Popular estamos traballando para acadar a maioría e, polo tanto, nunca menos de 9 concelleiros.

  9. En caso de que no gane con mayoría absoluta estaría dispuesto a marcharse

    Alguen pensou o mesmo despois do resultado do 2007, donde non gobernamos por escasamente 200 votos.
    Si me coñecera vostede un pouco mellor e soubera da miña traxectoria profesional, daríase conta que son un home perseverante e que xamais tirei, en ningunha circunstancia, a toalla. Eu traballarei para Noia dende calquer posto que os veciños e veciñas me asignen.

  10. Para que año está previsto que la Xunta desdoble el corredor Brión-Noia

    Agora mesmo estase redactando o proxecto. Según teño entendido, e por conversas, tanto co presidente da Xunta como co conselleiro de Infraestructuras, seguirase, de forma ininterrumpida, co seu procedemento ata a correspondente consignación e adxudicación. En calquer caso, os procedimentos da administración requiren uns prazos que, entendemos, non serán inferiores a un ano.

  11. bos dias antonio.farias goberno pactando con outros grupos sen ser a lista mais votada,como si fan outros?

    O Partido Popular de Noia solo optaría ao goberno sendo a forza máis votada. No caso contrario apoiaría sempre ao partido máis votado. Da mesma maneira que nós afirmamos esto publicamente, gustaríame que as demáis forzas políticas así se manifestasen e o levasen a cabo.

  12. Dende o seu punto de vista, cales foron os principais erros do actual goberno de Noia e como os arranxaría vostede?

    A primeira e principal, haber firmado un pacto de goberno imposto polo bipartito da Xunta de Galicia, que non tiña en conta os intereses de Noia, sen darlle a oportunidade de negociar co partido máis votado. Un pacto que, como é sabido, rompeu aos 17 meses por falta de entendemento, deixando aos veciños e veciñas desamparados con un goberno en minoría e incapaz de tomar decisións.
    Tamén, así mesmo, non haber acadado en ningún dos catro anos uns orzamentos, documento clave para poder administrar o concello.
    Pero, sobre todo, os atrancos que constantemente o alcalde lle foi poñendo aos grandes proxectos de Noia, conseguindo retrasalos: variante de Noia, saneamento integral, aparcadoiro soterrado, etc.

  13. Que ten pensado facer vostede para que Noia deixe de ser noticia porque os veciños quedan sen auga porque rompen as tuberías? Non lle parece unha situación tercermundista?

    Temos que ter en conta que este goberno non foi un goberno traballador, foi máis ben de brazos caídos. E así foi retrasando proxectos tan básicos para Noia como a canle da rede principal de augas, que conta con un retraso de máis de dous anos, a pesares de estar orzamentado este proxecto.
    Por outra banda, dende que o goberno do Partido Popular de Noia puxo todo novo en auga e saneamentos en 24 rúas do casco histórico, non se fixo un metro máis. De ahí que non nos estrañe as rupturas constantes.
    Esta situación arranxarémola coa volta do Partido Popular ao goberno.

  14. Cando van a quitar o transfomador da luz que se atopa no Malecón de Cadarso. Un saudo e sorte nas municipais

    Este transformador xa tiña que estar sacado hai catro anos, e levado a un espazo que se ia habilitar na praza Vella. Non entendemos porque aínda teñen ese tema sen resolver.
    Moitas grazas polo seu ánimo e polos desexos de éxito que nos da

  15. Qué catro medidas propón para mellorar a situación dos noieses? Cal sería a súa primeira decisión como alcalde?

    Recuperar o emprego.
    Convertir o turismo en fonte de riqueza.
    Rexeneración da ría e rexeneración da fachada marítima.
    Aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
    A primeira decisión como alcalde, en canto a infraestructuras, sería a construcción do aparcadoiro soterrado na rúa Rosalía de Castro, e medidas paliativas inmediatas para darlle un cambio radical e profundo en canto a limpeza en todo o concello.

  16. Acabo de cumprir vinte anos e, na práctica, vexo que só me queda a saída da emigración para poder traballar. Dúas preguntas: ¿Con qué argumentos me convencería vostede para que vaia a votar o día 22? ¿Qué pensa facer para mellorar as espectativas laborais de mozos e mozas coma mín en Noia?

    O primeiro e fundamental, para acabar cas políticas socialistas que foron as que trouxeron como consecuencia o desemprego a cinco millóns de españois, un 20% da poboación e un 40% de xóvenes, como é o teu caso.
    Creo que os primeiros piares para xeración de emprego en Noia están postos coa chegada das infraestructuras, e seguiranse poñendo, co remate do PXOM, ca ampliación do polígono industrial, co atractivo naútico turístico e turismo cultural e patrimonioal que o Partido Popular propón. O que redundará en ser un dos primeiros concellos en despertar desta crise e crear postos de traballo, sobre todo para a poboación xuvenil.

  17. Bos días, Sr. Ínsua;

    podría definir a súa posición no tema das xaulas do salmón na ría?podría explicar o seu cambio de opinión no tema relacionado coa retirada da escollera, xa que na lexislatura anterior, a súa`proposta era retirala e agora é a mesma que fai o BNG?
    Moitas gracias.

    O Partido Popular defineu claramente o seu posicionamento a favor das mariscadoras e dos mariscadores e a favor dos mariñeiros de Noia no pleno da Corporación do 14 de marzo deste ano, rexeitando absolutamente a instalación destas gaiolas experimentais e abogando porque sexa a opinión do sector a que prevaleza, e sexa tida en conta.
    Así mesmo, públicamente en prensa, xa teño manifestando que estou a favor dos mariñeiros polas xaulas, e así llo manifestei ao propio presidente da Xunta.
    No tema da escolleira teño que decir que rectificar é de sabios. E que cando os estudos dos expertos aconsellan que a escolleira é fundamental, como canle de entrada, para recuperar o porto de Noia, hai que deixarse aconsellar e non seguir criterios caprichos como si fan outros, a pesares de ter en contra a opinión de 11 dos 17 concelleiros da Corporación.

  18. As persoas que perderon o congreso do PP de 2009, meses despoispresentaba un partido independente
    ¿Pensa vostede que esto é unha traición á militancia do partido que lles dou o voto no congreso?
    ¿A que pensa vostede que obedece verdadeiramente a creación deste partido?

    Evidentemente, claro que foi unha traizón aos militantes que no congreso lle deron o seu apoio, sentíronse defraudados porque confiaron neles pensando que buscaban o ben para o partido, e quedou claro ao resultar derrotados que os seus intereses eran outros.
    Dende logo, este partido non responde aos intereses dos veciños, senón claramente aos intereses persoais por acadar poder.

  19. ¿En qué medida se va a beneficiar Noia de la construción de la variante?

    Vai permitir sacar tódolos atrancos de circulación do casco histórico e da periferia e, como consecuencia, proporcionar unha mellor calidade de vida. Ao mesmo tempo permitirá a inmediata construcción do aparcadoiro soterrado e da peatonalización ao cen por cen do casco histórico.
    Xoa coa autovía, vai poñer a Noia a tan só 20 minutos do aeroporto e da terminal do AVE. Así mesmo, traerá como consecuencia da proximidade a Santiago dun maior asentamento de poboación.

  20. Boas, tres cuestións:
    1º se vostede acada a maioria, me pode indicar a canto ascendera o seu soldo, sera o mesmo que cobra na actualidade.
    2º fara publica a sua nómina.
    3º esta de acordo con Sr. Feijoo de que os alcaldes cobren en relación ao nº de habitantes.

    Teño que decirlle que me acabo de prexubilar no pasado mes de marzo, e que da mesma forma que cando estiven gobernando presentei a miña certificación de ingresos para que non se me asignara nin un euro máis que o que viña percibindo polo meu traballo, a día de hoxe, quero manifestarlle que, de acadar a alcaldía, renuncio a entrar en nómina a cargo do concello de Noia.
    Estou absolutamente dacordo co presidente da Xunta, para que non suceda o que aconteceu cando se constitueu o goberno bipartito de Noia, con 6 dedicacións exclusivas, que trouxeron como consecuencia un gasto no primeiro ano equivalente aos catro anos de goberno do Partido Popular.

  21. Bo día, leendo por ahí pon que onte tuvestedes debate político, rumoréase que vos vetastedes o partido independente NOIA, dicindo que se ían eles vos non íades ¿é iso verdade?

    En absoluto. Quen pretenda afirmar ou, tan siquera, insinuar que o Partido Popular vetou a alguén está faltando á realidade.
    Ademais, é moi fácil de comprobar chamando aos responsables da canle na que se celebrou e emiteu ese debate.
    O que si é lamentable e que quen fala de face unha campaña limpa sexa quen cree a dúbida desta posibilidade, en vez de desmentila porque el mesmo estaba nese debate.

 

Quero agradecervos a vosa participación neste encontro dixital de Elcorreogallego.es, o que demostra o voso interese por ese pobo tan fermoso que se chama Noia e que todos queremos tanto. Sinto non haber podido respostar a todas as vosas preguntas, polo tempo limitado. Dende aquí quero significar o voso interese por darlle solucións aos problemas do noso concello. Quero aproveitar a ocasión para decirvos que temos todo a favor para que os vindeiros catro anos sexan os máis productivos da historia democrática de Noia. Para eso o Partido Popular fixo o mellor programa e ten a mellor candidatura, con homes e mulleres formados e preparados para gobernar.

Comparte en Tuenti Atrás
Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS