Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 08.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Portada » Encuentros digitales

Bieito González

Candidato a la alcaldía de Noia por el BNG

Comparte en Tuenti Atrás

Saúdo a tódolos lectores do Grupo editorial El Correo Gallego e póñome a súa disposición e a dos internautas para respostar as preguntas queme formuledes.

  1. ¿Considera que as baixas de Pepe Castro e Lola Caramés van afectar aos resultados da súa candidatura? ¿Non puido facer o partido algo máis do que fixo para que repetiran? Somos moitos os noieses que pensamos que a lista non está, nin de lonxe, á altura da de hai 4 anos.

    Sabedes que a participación en política é sempre voluntaria e tanto Pepe Castro como Lola Caramés declinaron participar na presente candidatura a pesar de estar invitados. Xa dixen na presentación da candidatura que o traballo desenvolvido por ámbolos dous no mandato municipal que agora remata foi sumamente importante, pero como dixen a participación en política é voluntaria e non se pode obrigar a ninguén a participar.

  2. ¿ Pensa que o partido estivo á altura con Pepe Castro? Sufriu unha feroz campaña de acoso e derribo, tanto no político coma no persoal, ao longo destes 4 anos, e somos moitos os que cremos que dende Compostela non o apoiaron coa firmeza que merecía.

    Concordo contigo no sentido de que Castro foi vítima dunha estratexia deseñada pola dirección local do partido socialista a fin de tratar de xustificar o inxustificable, que non era outra cousa que a ruptura inxustificada do goberno local de coalición. En todo momento, o conxunto da organización estivo o lado de Pepe Castro e como probas do mesmo están as hemerotecas para consultalas.

  3. Que ten pensado facer polo medio ambiente en Noia?

    Unha parte importante do que había que facer xa o fixo BNG tanto nun primeiro momento desde o goberno local e logo na oposición. Lembrarche cal foi a nosa posición respecto do primeiro proxecto de saneamento integral impulsado pola consellería que naquel intre encabezaba Pachi Vázquez: oposición ó modelo de saneamento unitario que se propoñía e discusión e acordo a prol da solución de saneamento separativo, é dicir, por un colector as augas fecais e por outro as augas de chuvia. Esta foi a solución finalmente adoptada grazas á nosa firmeza na defensa do proxecto finalmente elexido.

  4. Vas a pactar con guerrero, gustariame saber a verdad antes de ir a votar.

    Os pactos, de ser necesarios, faránse sempre en base a propostas programáticas. E nós levamos no programa electoral unhas cantas propostas que consideramos irrenunciables. Tamén dicir como temos dito ata a saciedade que o BNG é unha forza política de seu, autónoma, independiente, cun programa e cunha cultura política propia, en fin, o que quero dicir é que non somos muleta de ninguén. Reitero que si hai que construir pactos construiránse en base ós intereses xerais de Noia e sen apriorismos que nos impidan falar con ninguén.

  5. Bos días Sr Bieito, segundo se den os resultados o vindeiro 22 de Maio descarta algún posible pacto local?,gracias

    Xa dixen anteriormente que se os pactos son necesarios, construiránse sempre sobre propostas que nós levamos no programa electoral e que consideramos irrenunciables para o futuro de Noia. Non se terán en conta outro tipo de consideracións que non sexan as mencionadas.

  6. Que ten pensado facer vostede para que Noia deixe de ser noticia porque os veciños quedan sen auga porque rompen as tuberías? Non lle parece unha situación tercermundista?

    A contestación a esta pregunta é doada. Do noso paso polo goberno local de Noia quedou elaborado un documento que se chama Plan Director de Abastecemento e Saneamento no relativo a suministración de auga potable e depuración de vertidos. Non hai máis que ter determinación política para aplicalo. Efectivamente, é unha vergoña que nos últimos 30 días se produciran seis cortes no suministro de auga potable que lle afectaron a totalidade da veciñanza do casco histórico sen que o goberno local explicase a situación.

  7. ¿Cal é a vosa proposta para regenerar a ría e de onde sacariades os cartos?

    Un dos piares para o vindeiro mandato municipal é o que denominamos "a recuperación do mar para Noia". ¿En que consiste esto?

    Conclusión e transformación da actual escollera en barras de atraque, dragado da canle de acceso ó peirao do marqués e de todo o malecón de Gasset. De tal maneira que o esteiro se converta nunha instalación portuaria con grande capacidade de atraque.

    Conversión das ribeiras do barrio de Labarta e de Barro nunha grande praia urbana.

    Os cartos teñen que vir, obviamente, das administracións que teñen competencias no ámbito sinalado. É dicir, o goberno central e a Xunta de Galicia.

  8. Estarias dispuesto a pactar con el PP para gobernar el Concello o sólo oirías al PSOE

    Xa dixen antes no relativo a esta cuestión que ante un escenario de falta de maioría absoluta o BNG encararíao sen apriorismos nin condicións previas. Somentes, tendo en conta aqueles aspectos do noso programa electoral que consideramos irrenunciables, como por exemplo, o xa sinalado de recuperar o mar para Noia.

  9. É certo que a relación co seu compañeiro Xosé Castro non acabou ben

    Non é certo. Xa dixen antes que a participación en política é voluntaria e él nesta xeira non quixo participar. O noso trato é cordial, de compañerismo total e seguimos traballando de xeito coordinado hoxe e no futuro tamén.

  10. Cales son as suas aspiracións de cara ás vindeiras eleccións municipais

    Que a alternativa que representa o nacionalismo medre de tal maneira que sexamos capaces de aplicar as políticas que nós representamos.

  11. Despois de tanto tempo en política que lle queda por ofrecer o pobo de Noia

    Témonos que centrar no próximo mandato no potenciamento do tecido productivo local e cando menciono esto estoume a referir ó mundo do marisqueo. É necesario concitar o interese do ministerio de medio ambiente e da consellería do mar a fin de buscar solucións ó progresivo avance dos lodos que ameazan seriamente ós bancos marisqueiros que hoxe están en plena producción, recuperando ó mesmo tempo aquelas zonas que nun día foron productivas e que hoxe non o son.

    Haberá que establecer desde o goberno local unha relación estreita co sector a fin de sentalas bases que no futuro permitan avanzar na transformación e comercialización desde Noia mesmo da riqueza que cada campaña marisqueira se extrae dos bancos naturais.

  12. Bon Dia Bieito, gostariame que poideses dicir presuposto da campaña, as principais partidas de gasto da campaña como si se tratase dun presuposto municipal e cantos apoios ( votos ) son precisos para que as contas da campaña cadren porque unha forma de ver como sodes en canto a xestion que e o mais preciado dun politico porque "vender motos " e sinxelo

    Eu nunca vendín motos. O noso orzamento para a campaña electoral é pequeno e non tes máis que dar unha volta por Noia para ver que formacións políticas están a tirar a casa pola ventana nun gasto que eu, persoalmente, considero excesivo nunha situación de crise económica tan aguda como a que estamos a padecer.

  13. Cando van a quitar o transfomador da luz que se atopa no Malecón de Cadarso. Un saudo e sorte nas municipais

    A nosa proposta será reubicar o transformador aéreo que atopa no Puxilgo é trasladalo ó inmoble da pescadería vella cando esta intervención se materialice.

  14. Los jóvenes pasamos bastante de la política, porque no dicen más que mentiras y nos aportan pocas soluciones. ¿Por qué tengo que ir a votar el 22?

    O BNG non di mentiras. Quero lembrarche que cando estivemos con responsabilidades de goberno no actual mandato, algo fixemos polo mundo da mocidade. Estoume a referir á consecución, construcción e posta en marcha do local de ensaio. Hoxe, unha chea de mozos e mozas contan cun lugar en condicións para poder desenvolver as súas habilidades musicais. E tes que ir votar o día 22 porque o absentismo non beneficia máis que ós de sempre tanto sexa que a súa cor sexa azul ou vermella.

  15. Dígame cales son os seus puntos fortes e cales os débiles.

    Considerome honesto e traballador. E un dos meus puntos débiles é que se me trastavilla a lingua de vez en cando. Máis veces das que eu desexaría.

  16. Considera usted adecuado que se limiten los mandatos de los políticos?

    O BNG ten nos seus estatutos unha limitación de mandatos, tanto de ámbito público como no ámbito interno. O que si sei que un periodo moi prolongado no tempo de mandato municipal ó final pode ser pernicioso para os intereses da comunidade veciñal da que se trate. Coido que se deberían limitar no tempo os mandatos.

  17. Qué catro medidas propón para mellorar a situación dos noieses? Cal sería a súa primeira decisión como alcalde?

    Algunha das medidas centrais xa as mencionei e engadireille agora as relativas ó mundo da cultura, do benestar e da igualdade. É necesario ampliar e consolidar o museo das laudas gremiais de Santa María A Nova xa que é un punto de referencia obrigado para a multitude de viaxeiros amantes do turismo cultural. As políticas de benestar públicas e de calidade son un piar fundamental do noso proxecto de país e por tanto, do noso proxecto para Noia. En consecuencia fortaleceremos o servizo de axuda no fogar e traballaremos pola consecución dun centro de día de carácter público que axude a levar a carga que para as familias supón a atención e o coidado dos maiores en situación de dependencia. No relativo a igualdade teño que dicirche que Noia é o único concello de 15 mil habitantes que ainda non conta con prazas de ensino público para idades de cero a tres a nos. En consecuencia traballaremos pola consecución da escola infantil.


  18. pregunta que só se lle fai ás mulleres candidatas:

    como concilia a vida familiar e a actividade política ?

    O BNG leva anos traballando a prol da igualdade e os homes que formamos parte da organización tentamos levar a práctica no noso ámbito privado a citada premisa.

  19. Boas.
    En caso de conseguir máis de 2 escaños (cousa que dubido, xa que a sua imaxen quedou moi perxudicada despois do último paso polo Concello de Noia) estaría disposto a pactar co PP si éstes aceptan non retirar a escollera?
    Pensas que o PSOE e o N.O.I.A poden pactar entre eles?
    Grazas.

    Xa dixen no transcurso deste encontro dixital que de ser necesario pacto de goberno, nós afrontaríamolo única e exclusivamente tendo en conta as nosas propostas programáticas. Con relación a segunda parte de pregunta, haberá que facerlla a esas formacións políticas.

  20. Sr. Bieito volvera a pactar co psoe despois do que pasou na ultima lexislatura? Sr.Bieito vivo na zona vella.e levamos anos aguantando a movida con locales que non cumplen os horarios de peche ni cumplen as normas de seguridad nin as de insonorizacion.fara algo o respecto,gracias

    O do pacto xa quedou explicado amplamente. E efectivamente, concordo con vostede que o goberno local faga deixación das súas funcións no relativo ó cumprimento das ordenanzas que regulan os horarios de apertura dos locais de copas. Teño que lembrarlle que neste mandato que agora remata estando o BNG con responsabilidades no casco histórico foi quen de clausurar un local de hostelería que non contaba coas preceptivas autorizacións.

  21. Soldos e salarios que propon para o/a alcalde/sa e concelleiros para os proximos 4 anos. e cantas dedicacions exclusivas deben darse en Noia

    Coido que as retribucións das persoas que se adican a política local debían estar establecidas mendiante lei ou regulamento, sempre en función do número de habitantes de cada municipio ou incluso tendo en conta a renda media dos seus habitantes. Considero que as persoas que se adican a tempo completo ó desempeño dun cargo público teñen que cobrar, xa que outra situación sería difícil de explicar.

  22. De darse a posibilidade de pactos, ¿ que temas serian innegociables segundo o seu programa electoral ?

    Para nós unha cuestión innegociable é a que fai referencia á recuperación do mar para Noia. A vila debe recuperar a súa condición portuaria e cando falamos do porto é obvio que non estamos a falar que entre no mesmo grandes barcos senón que nos referimos a pesca de baixura e a nautica de lecer e tempo libre.

  23. Hola Sr. Bieito!
    Sabe vostede "algo" dun camiño fechado no Corral de Ousoño fai máis de dous anos, e do que o actual goberno aínda non fixo nada para recuperalo.?

    Sei algo de algúns camiños na situación que vostede menciona, pero non en concreto do Corral de Ousoño. Se a partir do de 16 de próximo mes de xuño temos responsabilidades no goberno local de Noia, ocupareime personalmente pola resolución desta cuestión.

  24. Bos días señor Bieito.
    Quen cree que pode ser o partido perxudicado debido a presentación do partido de Marisol?
    En caso de sacar menos escaños, pensaríase en deixar a responsabilidade local no BNG?
    Grazas

    Sabe vostede que nos últimos 32 anos de democracia municipal en Noia só houbo tres maiorías absolutas, 1983, 1991 e 2003. O que quero dicir con esto é que o comportamento do corpo electoral de Noia non se asemella en absoluto á maioría dos nosos concellos veciños. No relativo ó futuro, xa anuncio que esta é a última vez que me presento como candidato a alcaldía de Noia, e con relación ás responsabilidades internas é unha cuestión que non depende exclusivamente da miña vontade persoal, sendo esta, obviamente, fundamental.

 

Moitas grazas pola vosa participación e agardo non tervos defraudado coas miñas respostas. Abur a todos a a todas!

Comparte en Tuenti Atrás
Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS