Miércoles 08.04.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Sr. Fernandez Castro despues de los incendios del 2006, con las lluvias se deterioraron varias pistas de concentracion de monte, y a dia de hoy todavia siguen sin arreglar, tiene pensado hacer algo al respeto.
Gracias.
Dende o Concello arranxamos varias pistas de concentración do monte, especialmente aquelas máis importantes para a seguridade e para a accesibilidade en caso de incendio. As demais pasamosllas á Consellería de Medio Rural que, a través do plan de infraestructuras do medio rural, debe arranxalas sin lugar a dúbidas. É coñecido o retraso que leva a Consellería de Medio Rural en executar estas obras, polo que protestaron todos os concellos de Galicia independientemente da cor política dos seus dirixentes.
¿Cuándo va a contruirse el CEIP?, para empezar los niños en el curso?
O CEIP do Milladoiro ten un compromiso da Consellería, de forma verbal porque non está orzamentado en ningún sitio, de telo preparado para o curso 2013-2014. Agora xurde unha nova demanda na zona de Bertamiráns, donde o Concello ten ofrecida xa unha parcela idónea no alto da urbanización Aldea Nova. Debería construirse simultaneamente, pero dubido que a Consellería, nun período económico complicado, sexa quen de cumplir eses dous compromisos.
por qué ata agora nadie se deu conta de que no Milladoiro non se corresponde a poboación cos servizos ofertados? Véxase colexios e centro de saúde
A resposta é moi clara. O Milladoiro naceu sen ningún tipo de planificación, e durante 32 anos o Partido Popular deixou que fose nacendo deslabazado, sin planificación de conxunto, a base de retais, e sen ter en conta a necesidade de equipamentos e dotacións públicas. Eses déficits estamos tentando de correxilos co plan denominado "O Milladoiro, o que está por ver", e en catro anos xa reducimos sensiblemente a densidade de vivenda por hectárea, incrementamos a superficie de equipamentos e dotación públicas por habitante, así como a superficie de espazos libres e zonas verdes, que medrou de forma ostensible.
bos días Carlos, ante todo eu quero felicitalo polos servizos que ó menu entender ten Ames, moi concretamente Bertamitans que é onde vivo, pero a miña pregunta é: Cree realmente necesario que haxa un endeudamento tan grande no concello con toda a poboación que hai?? ou que que non todos os cidadans pagan os seus impostos?? moitas grazas.. un saudo.
O endebedamento do concello é unha falacia e unha mentira reiterada do Partido Popular, que non se sustenta cos documentos contables oficiais do concello. Voulle dar algúns datos.
Cando accedimos ao goberno no ano 2033, o endebedamento bancario do concello era de 4.021.000 euros.
Agora, ao remate do segundo mandato socialista, temos unha débeda bancaria de 4.206.000 euros. É decir, abonamos gran parte da débeda que tiñamos no concello ao entrar na alcaldía e non incrementamos ese endebedamento bancario, a pesares de que hoxe o orzamento é moito maior que no ano 2003.
Polo que a porcentaxe de endebedamento é hoxe menor que no ano 2033. E estos datos están extraídos da contabilidade oficial do Concello.
O Partido Popular, supoño que mal intencionadamente, computa como débeda bancaria as previsións de posible petición de préstamos que nós introducimos en sucesivos orzamentos pero que non foi necesario concertar. Polo que, préstamo non concertado non é préstamo contable.
Querido Carlos: ¿ Qué faría vostede se a lista máis votada é a do PP, pactaría vostede co BNG, ? se é o caso en qué condicións ?.
Só contemplo, nestes momentos, a posibilidade que indican as enquisas de que nós obteñamos a maioría absoluta. En todo caso, si obtiveramos 9 ou 10 concelleiros plantexariamos como afrontar o futuro. Pero con ese número de concelleiros, e sendo a lista máis votada, moi probablemente continuaríamos na actual situación de goberno en maioría minoritaria, tal e como xa fixemos nos últimos catro anos. E, polo tanto, non falo de promesas, senón de algo que xa experimentei na práctica.
vostede era moi activo durante a época do bipartito contra as consellarías do BNG, criticando os intentos de Vivenda de poñer freo aos excesos urbanísticos, ou defendendo baleirar de competencias o que facía Quintana en Igualdade e Benestar, para xestionar os municipios galescolas e centros de día que agora co PP xa non se fan. Por que non mostra a mesma combatividade agora contra Feijóo?
Cada vez que teño que mostrar combatividade contra Feijóo fagoo sen ningún tipo de cortapisa. Outra cousa é que os medios de comunicación os recollan con maior ou menor intensidade, pero as miñas declaraciósn literaris e en toda a súa amplitude acostuman a figurar na páxina web da FEGAMP, polo tanto é fácil de contrastar que cando teño que decir algo, digoo.
Pero tamén é certo que os maiores ataques á autonomía municipal teñense producido desde as filas do BNG, gobernando na Xunta de Galicia, o cal ten certa lóxica, posto que este partido non cree no municipalismo. Cree na autodeterminación, no autogoberno de Galicia, etc. etc., pero cre moi pouco no municipalismo.
As miñas críticas hacia eles non foron tanto por unhas políticas concretas, ou por cuestións ideolóxicas, senón sobor de todo por invadir continuamente competencias municipais, como coas normas do hábitart, coa lei de servizos sociais, ou co plan sectorial de vivenda, que eran todos eles auténtico fume que invadía e molestaba aos concellos de todas as corespolíticas.
Vostede di que cobra 2.586 euros liquidos ao mes (uns 36.000 ao ano) e Santiago Amor que cobra 92.000, máis que o presidente Zapatero. De onde sae tanta diferencia? Cal e o soldo bruto dos políticos de Ames? Cree que os soldos dos alcaldes debería fixarse por lei?
Voulle a dar a vostede novamente os salarios líquidos que percibimos no concello de Ames.
Eu, o alcalde, percibo, 2.586 euros líquidos. Xosé Manuel Fernández, voceiro do BNG, percibe 2.420. Santiago Amor, voceiro, ás veces, do Partido Popular, percibe 1.689, e Ramón Argibay, voceiro máis habitual e verdadeiro cerebro do PP, percibe máis que o seu xefe de filas, cobrando 2.028 euros líquidos.
O Partido Popular tomou adecisión de que 1,5 dedicacións exclusivas ás repartirían con maior porcentaxe para Argibay que para Amor. Pero é unha decisión interna do grupo popular. En calquer caso, cobran demasiado para adicarlle unha hora diaria ao concello de promedio. Eu creo que é un grandísimo exceso, cando os concelleiros do goberno están no entorno dos 1.700 euros líquidos ao mes.
Aparte dos ingresos no concello, percibo indemnizaciósn, dietas e suplidos polo cargo de presidente da FEGAMP, dos que non quixen ocultar nin un so euro, nin descontalo por concepto de dietas ou desplazamentos, e fíxeno figurar en cantidade bruta.
Os soldos dos alcaldes deberían fixarse dalgunha forma obxectiva que tivese en conta as características do concello que lles corresponde dirixir: poboación, orzamento, intensidade institucional, etc. No caso de Ames, fíxouse o salario un euro ao ano máis que a funcionaria que máis cobra do concello, que é a secretaria xeral. Creo que é unha fórmula tan obxectiva como outras, xa que simbólicamente o alcalde percibe algo máis (1 euros), que a funcionaria que máis cobra, significando así que é o máximo responsable do concello.
¿Cal é a posición/solución do Concello de Ames para os nenos e nenas que quedan fóra do CEIP Agro do Muiño?
Esta mesma tarde, ás 19.00 horas, terei unha xuntanza con pais e nais de nenos e nenas do colexio Agro do Muiño para plantexarlles personalmente a solución que eu considero idónea. Creo que hai que adosar ao actual recinto escolar uns módulos provisionais para dous cursos (2011-12 e 2012-13) e que os nenos e nenas vaian ao seu colexio de referencia, e non deslocalizalos a un colexio distante 7 ou 8 kilómetros.
Mentres tanto a consellería debe construir un novo CEIP, o terceiro para Bertamiráns, na parcela que lle temos ofrecida no alto da urbanización Aldea Nova, lexos do tráfico e da seguridade viaria, e nun lugar moi resgardado.
Ustd. no cree que compañeros de partido de localidades proximas no lo soportan y lo ven como mal militante
Esta é unha afirmación rotundamente falsa e mal intencionada. Como cree vostede que o meu propio partido e os meus propios compañeiros me elixiron por unanimidade para ser o presidente dos alcaldes e alcaldesas de Galicia e logo di vostede que non me soportan, e que me ven como un mal militante, cando precisamente son membro dos máis altos órganos do meu partido (comisión executiva nacional galega, comité nacional galego, permanente do partido en Galicia, consello territorial do socialistas de Galicia, etc.).
É unha auténtica falacia, que ademais se encargou de deixar perfectamente clara Pachi Vázquez ante 600 persoas, caracterizándome como o referente do partido a nivel municipal. E a persoa que coordina e asesora permanentemente a alcaldes e alcaldesas de toda Galicia.
Cree vostede que si non me soportaran e me viran como un mal militante chegaría ao preacordo que tiven co concello limítrofe de Brión, gobernando así mesmo por un socialista, en materia de policía local e emerxencias?
Non me viu vostede na rolda de prensa de hai uns días cos alcaldes e candidatos socialistas dos sete concellos da mancomunidade?
Señor Fernández, qué medidas tiene pensadas para los cientos de proveedores y pequeños empresarios del comercio amiense que no cobramos facturas emitidas al Concello de Ames, en muchos casos con retrasos de más de un año? Qué confianza nos puede dar para una nueva legislatura si no ha sido capaz de pagarnos en plazo en ésta, ahogándonos financieramente?
Un saludo.
Non hai tal. Non hai centos de proveedores nin pequenos empresarios que non cobran facturas do concello. E moito menos con retrasos de máis dun ano. Agora mesmo temos liquidado por completo o ano 2010, con un recoñecemento extraxudicial de créditos aprobado polo pleno para aquelas facturas que excedían do orzamento anual.
E neste momento estamos pagando a un prazo de 90 días, que desexamos acurtar aínda máis nos próximos meses. Agora mesmo estamos liquidando facturas deste ano en cantidades grandes, e con esa diferencia que lle cito de 90 días.
É certo que tivemos problemas nos anos 2007 e 2008, debidos a un embotellamento producido na intervención municipal. Pero ao día de hoxe, e despois de cambiar ao anterior interventor, incorporar unha nova interventora e un novo tesoureiro, en ano e medio foron quen de poñer todo ao día, incluso a rendición de contas ante o Tribunal de Cuentas del Estado e o Consello de Contas de Galicia. Tamén niso hoxe xa estamos ao día, que era o noso obxectivo de remato de mandato.
Señor Fernández, me gustaría saber que piensa hacer con los 30.000 € gastados en material musical que llevan 5 años tirados en algún sitio del ayuntamiento. Sigue pensando montar un local de ensayo y estudio de grabación de maquetas para los vecinos, tal y como se me informó desde las dependencias municipales en su dia (hace unos 4 años)?
Ese material está sendo empregado polos diferentes servizos municipais relacionados coa cultura e coa música. Disfrutan del a Escola Municipal de Música que nós mesmos creamos, e diferentes colectivos xuvenís que o utilizan para as sáus actuacións e representacións, como os grupos municipais de teatro e, mediante préstamo, colectivos como o IES de Ames, que fan todos os anos un magnífico musical.
Segue sendo o meu empeño crear un local de ensaio con estudio de grabación de maquetas. Aínda que a grabación de maquetas vense facendo habitualmente no mesmo estudio de Ames Radio.
Aínda así, a antigua escola unitaria de Firmistáns está pendente de unha rehabilitación semellante a que fixemos na antiga escola unitaria da Ameixenda para destinada á aula da natureza, só que neste caso sería para local de ensaio e grabación de grupso musicais do noso concello.
Solicitei esta intervención da administración autonómica en varias ocasións e teño o tema abordado co director xeral de Xuventude, que me asegurou que para o vindeiro ano poderíamos incluila nos seus orzamentos.
¿Por qué no se utiliza Radio Ames para debates PSOE-PP, PSOE-BNG, PP-BNG? Sería una exelente oportunidad para potenciar esta emisora que funciona poco o casi nada, al tiempo que la ciudadanía apreciaría en directo las diferentes posiciones respecto al futuro del Concello de Ames.
Ames Radio está en estas eleccións a disposición plena da Xunta Electoral de Zona. Designei como responsables da mesma aos xornalistas que fan alí o seu traballo cada día. E a Xunta Electoral de Zona asignou os tempos destinados a cada partido con frecuencia de cuñas, minutaxes, etc.
Non sei en este momento se as persoas que dirixen a emisora teñen previsto facer algún tipo de debate ou non, pero en calquer caso non depende de min.
De todos modos, direille que Ames Radio é a emisora municipal, cando menos de Galicia, que máis pluralidade ten e máis tempo adica aos grupos da oposición. Como é probable que vostede saiba, unha comisión dos tres grupos políticos adicamonos durante meses a visitar moitas emisoras municipais en distintas localidades de Galicia e ningunha delas resistía a comparación entre o tempo que estaba a disposición dos grupos de oposición no concello de Ames.
A qué se debe el enorme endeudamiento del Ayuntamiento de Ames?
O endebedamente xa o respondín na pregunta 4. Pero en todo caso insistolle novamente en que deixaremos unha debeda bancaria inferior a que recibimos do Partido Popular cando accedimos ao goberno en termos porcentuais respecto do orzamento municipal. Temos un dos niveis de débeda bancaria máis baixos de todos os concello de Galicia. Pode consultar vostede os datos publicados polo Ministerio de Economía e Facenda, que son sempre datos oficiais e non discutibles.
Durante todo este tempo non vin que fixera moito polo concello. ¿Qué pensa facer se volve a ser o alcalde ó respeto?
A gran transformación de Ames tense producido nos últimos oito anos: escola municipal de música, dúas escolas infantís municipais (garderías), bós días cole, tardes divertidas, rede municipal de comedores escolares, transporte adaptado para as persoas con movilidade reducida, servizo de atención o migrante, duplicación dos servizos sociais do concello, servizo de atención á muller con asesoramento sicolóxico e xurídico, programa sanauga de exercicio na piscina climatizada cuberta para persoa con problemas de saúde, programa Amessan mediante o que levamos actividades para persoas maiores en todas as parroquias do concello...
Todo isto naceu en Ames nos últimos 8 anos. A gran transformación de Ames produciuse nestes últimos nos que eu funalcal de do concello.
O que pens ofacer básicamente é afianzar estes servizos, que si gobernase o Partido Popular eliminaría de raíz. Con todos eses recortes que xa anuncian e tal e como nos demostraron na Xunta de Galicia, onde entraron eliminando os libros de texto gratuitos, o noitebús, os seguros para home e mulleres do mar, etc. etc.
En Ames, si gobernase o Partido Popular, aplicarían as mesmas políticas de recorte, e para xustificar esa actuación é polo que están contando tantas veces a "milonga" do endebedamento esaxerado, poñendo así a venda antes da ferida.
Espero sinceramente que non lles corresponda gobernar, e nós garantizaremos o mantemento e a potenciación de todos estes servizos.
¿Qué planes tiene para el Milladoiro en caso de que fuese otra vez elegido?
Continuar co desenvolvemento do xa iniciado "Milladoiro, o que está por ver". O novo cuartel da Garda Civil con edificio anexo de 20 vivendas, a nova escola infantil A Galiña Azul son hoxe realidades que estaban incluidas nese programa presentado hai tan só catro anos. Temos que seguir avanzando nese programa e veremos construido o instituto que acaba de escomenzar, veremos rematado o campo de fútbol de herba artificial, que neste momento está case rematado, completaremos os servizos co novo centro de saúde que a Consellería de Sanidade debe licitar e neste momento non ten financiado; e construirase o novo CEIP, que xunto co que fixemos na travesía do Porto, darán vida urbana a este núcleo con preto de 1.000 nenos e nenas circulando a pé polas nosas rúas no horario de entrada e saída do cole, e non en Ventín apartados a dous kilómetros no núcleo.
Xa pisou vostede a nova rúa Travesa, completamente reurbanizada e dotada dun parque infantil ateigado de nenos e nenas todas as tardes?
Non lle gusta a vostede a reurbanización da rúa Anxeriz, con 2.300 azaleas plantadas e máis de un centenar de gran porte?
Pisou vostede os novos espazos públicos existentes entre a rúa Agro do Medio e a travesía do Porto, que xa se puxeron a disposición do público para disfrute total da poboación?
Pois o que faremos é continuar nesa mesma liña. Transformando o Milladoiro nun lugar máis habitable, con maior calidade de vida, cunha densidade de vivenda por hectárea moito máis razonable, e, polo tanto, con mellores servizos para a mesma poboación.
Con lo que Vd. gasta o invierte en imagen, cómo no tiene Programa electoral en su web?.Dice "en breve" y, a este paso, no lo conoceremos. Creo que son buenos los bipartitos cuando se basan en un reparto de poder desigual, por lo cual más se gasta más para llegar a acuerdos, que en minoría o mayoría. No cree que debe ser valiente y decir que no pactará con el BNG.
Nós dosificamos as nosas presentacións de campaña segundo a estratexia e táctica que nós mesmos elaboramos. Non quererá vostede que nos marquen os tempos os demais?
Precisamente nesta fin de semana temos previsto facer a presentación pública do noso programa completo, así como de un tríptico resumo que se repartirá nos estands móviles que temos preparados para instalar no Milladoiro e Bertamiráns de forma intensiva. Son aqueles que en campañas anteriores se denominaba popularmente como "os carritos do xeado" e que volverán aparecer nas rúas de Ames esta fin de semana coa nosa oferta de difusión e propaganda. Así mesmo, colgaremos o programa simultaneamente na nosa web.
Xa manifestei nunha resposta anterior a miña opinión ao respecto dos pactos: creo que Ames debe ter un goberno socialista con maioría absoluta para poder gobernar sen obstáculos, atrancos nen ataduras. De non ser así, preferiría gobernar en minoría maioritaria como fixen estes catro anos. Pero, en todo caso, o primeiro que teño que facer é escoitar o resultados das urnas do día 22 de maio.
Lo de la campaña de "Milladoiro, O que está por ver", fue un truco sabiendo que algo queda ya que está empapelado todo Milladoiro, como hizo hace 4años?. Como justifica no haber retirado dichos carteles de todos los negocios, de la misma manera que los repartió. Ejemplo: la oficina de loterías, que lo tiene en la puerta.
Non foi ningún truco, e a proba é que catro anos despois puidemos presentar un balance do realmente executado. No que queda reflectido en datos obxectivos a transformación habida en tres elementos básicos da calidade urbanística e da calidade residencial, como son a densidade de vivenda por hectárea, que se reduciu practicamente á metade; os espazos baleiros, zonas verdes e de uso público, que se incrementaron de forma moi importante. A as superficies de espazos dotacionais e equipamentos públicos, que tamén aumentou de xeito significativo.
Xa sei que esta campaña, mesmo para facer balance do que algúns dixeron que non se fixera, levanta ronchas nos membros da nosa oposición. Pero son datos obxectivos, demostrables e palpables. Son os mesmos datos polos que diariamente me felicita a cidadanía nos meus paseos polo Milladoiro, recoñecendo que teñen xa construido un magnífico cuartel da Garda Civil para liberar aos membros da Benemérita de traballar nun minicuartelucho, onde os meteu o goberno local do PP hai uns cuantos anos.
Ou da escola infantil (gardería) A Galiña Azul, que veu a cubrir unha demanda moi importante que non era posible satisfacer únicamente ca escola infantil municipal A Magdalena.
Ou o novo colexio infantil da travesía do Porto, donde máis de 300 nenos e nenas asisten a clases en condicións autenticamente positivas.
Entenderá que los votantes estamos sorprendidos por que si lleva gobernando desde 2003, se pueda comprar 4 inmuebles y todos en 2009, no cree que es vergonzoso semejante incremento patrimonial, en plena crisis?
Que unhas propiedades se escrituren no ano 2009 non quere decir, para empezar, que fosen adquiridas neses ano. Sabe vostede que a miudo se mercan, incluso sobre plano, cando aínda nen sequera está comenzada a obra, e escrituranse cando as obras rematan e/ou teñen a licenza de primeira ocupación.
Dúas vivendas merqueinas alá polo ano 2003. E outras dúas merqueinas alá polo ano 2005. Outra cousa é que se remataran escriturando cando tiveron todos os documentos en regla. Fíxese vostede que percibo un aluguer por dúas vivendas constituidas en local de negocios, alá dende o ano 2006 aproximadamente, aínda que a súa titularidade foi escriturada no 2009 por razóns de que ata esa data a empresa promotora non obtivo a primeira ocupación.
O meu incremento patrimonial tampouco é tal, xa que o que fixen foi trasladar diñeiro familiar de uns investimentos aos outros. Nos anos 2003-2004-2005, máis ou menos, vendín diversas participacións que tiña nalgunhas empresas, vendín unha vivenda tipo duplex que tiña no Milladoiro, e empreguei eses e outros cartos en novas adquisicións.
Chámame moito a atención que cando tiña ao meu fillo interno nun colexio e pagaba 150.000 pesetas ao mes ninguén se extrañara de que o pudera facer, mesmo antes de ser alcalde do concello, e chame tanto agora a atención que eu teña un pequeno patrimonio e un determinado nivel de ingresos.
Na vida laboral pódese apreciar que levo 31 anos cotizados á Seguridade Social, sempre en postos bastante destacados e con bastante bo nivel retributivo. Cree vostede que despois de 31 anos de traballo meu e de outros tantos da miña dona non podemos ter algo aforrado?
É certo que Ames debe 15 millóns de euros? Cal é a cantidade exacta e como pensa pagala?
Como xa dixen antes, a débeda bancaria coa que remateremos este mandato é de 4.206.430,03 euros. Esto é o dato verdadeiro e contable do concello de Ames, calquer outra afirmación que se faga é rotundamente falsa e o único que pretende é desacreditar ao goberno municipal e preparar o futuro por si acaso lle toca gobernar ao Partido Popular para entrar a saco anunciando recortes baseados neses falso dendebedamento. Así terían coartada perfecta para anunciar recortes en todos os servizos municipais. Pero esa afirmació nde alto endebedamento é completamente falsa.
Esta débeda pagarase cos vencementos ordinarios de calquer préstamo bancario, tal e como nós fixemos durante estes oito anos cós máis de 4 millons de euros de endebedamento que recibimos do goberno anterior. E forman parte da vida normal de calquer institución pública na que hai unha continuidade nos ingresos e unha continuidade nos gastos.
A usted lo acaba de denunciar el Sindicato de Policías Locales de España por retener la nómina de los trabajadores. No considera que se ha comportado con los agentes como un déspota?
A denuncia deste sindicato basease exclusivamente en que durante un par de días retrasei o pago da nómina a 23 axentes da Policía Local debido a que non tiñan rexistrada a súa pegada dixital (huella) para o control de entradas e saídas ao traballo. Algunhas voces me decían que era ilegal pagarlles a nómina se non cumplian con esta obriga, e ante esto o que fixen, prudentemente, foi pedir informes xurídicos que me aclarasen se debía soltar a nómina ou non en esas circunstancias.
Que houbera pasado se eu pago sen máis e resulta ser unha actuación ilegal? O principio de prudencia indicabame que debía asegurarme antes, e así o fixen. Recibido un informe que me decía que podía pagar, pero que paralelamente debía esixirlles o inmediato cumprimento das súas obrigas, así o fixen, e cobran cun par de días de retraso.
Pódolle decir que os 256 traballadores e traballadoras do concello de Ames perciben os seus salarios con absoluta puntualidade e, afortunadamente, non estamos nese grupo de concellos que non teñen a capacidade de poder pagar a nómina a final de mes.
Que me dice de tener los votos de los mayores, gracias a llevarlos de excursión y hacerles comilonas.
Primeiro, non sei se teño garantizados os votos dos maiores. Pero en calquer caso, se os tivera, non sería por levalos de excursión e moito menos por facerlles comilonas, porque non hai tal cousa. Non creo eu que a xente sexa tan ignorante.
Dende o concello xa dende o goberno bipartito, levamos un programa que se chama "Coñecendo o país", no que cada 2 ou 3 meses faise unha excursión que inclúe un xantar de 20-25 euros, que creo que en ningún caso se pode calificar como comilona. Cando teño a oportunidade de asistir a estas excursións vexo persoas de todas características políticas e mesmo familiares, amigos e declarados militantes doutros partidos políticos, polo tanto non creo que ese programa, "Coñecendo o país", poda influir decisivametne no voto das persoas maiores. Mesmo teñen ido a estas excursións concelleiros e concelleiras da oposición que puideron ver que non teñen nada que ver coa vida político-partidista do noso concello.
Levamos varios meses oíndo falar da fusión dos concellos. ¿Ames está en condicións de unirse con algún cocello veciño, incluido Santiago ou Brión?
Ames non vai ter máis remedio, como todos os demáis concellos de Galicia e de España, que chegar a acordos con outros concellos limítrofes para unha máis eficiente xestión de determinados servizos municipais. Pero isto non é ningunha novidade en si mesmo: acaso non levamos cinco anos na mancomunidade Serra do Barbanza, que nos recolle o lixo e fai o tratamento dos residuos en conxunto para varios concellos?
Acaso non levamos varios anos na canceira de Bando donde se xestionan os animais recollidos nos concellos da mancomunidade?
Acaso non formamos parte da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Compostela dende ha ivarios anos e non estamos no plan metropolitano de transporte da mesma mancomunidade?
Vivo en el Milladoiro desde hace 17 años y si hay algo que siempre he echado en falta es una alameda. Teniendo en cuenta el gran espacio que hay de monte entre la rúa Agro do Medio y la Travesía do Porto... ¿tiene algún plan para hacerla ahí, o por lo menos, ampliar las zonas verdes que en este momento las hay pero muy escasas teniendo en cuenta que somos el mayor núcleo de poblacion de Ames?
Cando no ano 2002, antes de ser eu alcalde de Ames, se elaborou o PXOM determinouse que esa zona a que vostede se refire fose un polígono de solo urbanizable de vivenda colectiva no que teñen cabida 530 vivendas, ademais de algúns equipamentos públicos. Polo tanto non estou agora mesmo en condicións de cambiar esa indicación do PXOM co que eu nunca estiven de acordo. Pero os plans xerais, unha vez aprobados e publicados, convírtense en dereitos para os propietarios do solo, e cambiar eses dereitos, agás que sexa con unha revisión do Plan Xeral que pretendo facer nos vindeiros catro anos, non é posible acometela así por así quitándolle dereitos consolidados aos propietarios do solo.
¿Va a peatonalizar más calles en el Milladoiro, si le vuelven a votar?
Por suposto que vai haber algunha que outra rúa que continuará na linea da peatonalización total ou da semipeatonalización. Temos que gañarlle espazo aos automóviles para poñelo ao servizo das persoas. O automóvil non é o rei da civilización, e en todas as cidades do mundo avanzado estase reducindo a presenza do automóvil en favor do disfrute das persoas.
Pero isto que lle digo vaise a producir independentemente de quen goberne no concello e do partido político que o sustente. Pode ver vostede en toda Galicia exemplo de peatonalización intensida de cidades que no seu día gobernou o PP (hoxe non goberna en ninguha das grandes) ou gobernadas polo BNG. Vaia vostede a ver o caso de Pontevedra cun alcalde do BNG e cunha transformación urbana importante nesta mesma liña que eu lle espoño esquematicamente.
Isto vai ser así en todas as cidades e goberne quen goberne, porque é unha tendencia do urbanismo moderno e da calidade de vida.
Sr Alcalde, cuando está prevista la apertura del nuevo parque de Bertamiráns, soy uno de los compradores de un piso de los edificios que circundan dicho parque y nos dicen que hasta q no se abra dicho parque, no se entregarán los pisos. Gracias
Cando as empresas promotoras que desenvolven esa área de planeamento teñan completamente rematadas as obras de urbanización que lle corresponde executar aos seu cargo. Xa me houbera gustado a min que se abrise este gran parque público antes das eleccións municipais para disfrute da cidadanía e para recoñecemento do meu traballo urbanístico!
Pero como pode apreciar non todo é electoralismo como algúns pretende facer creer.
É magoa que non dera tempo nesta intensa hora de respostar a toda esta gran avalancha de preguntas que me fixeron chegar. En todo caso non parei nin un segundo e tratei de dar cumprida resposta a todas e cada unha delas. Tamén é verdade que os veciños e veciñas de Ames saben que na páxina web do concello teñen liña directa coa alcaldía, método polo que veño respostando do orde de 30 ou 40 correos electrónicos semanais e, polo tanto, temos garantida a conexión e o fío directo coa alcaldía.
Agradezo unha vez máis a Elcorreogallego.es esta oportunidade e os meus veciños e veciñas saben que me teñen a súa disposición para completar aquelo que sexa do seu interese e que hoxe non puidera haberse tratado.
Un cordial saúdo para todos e todas.