Miércoles 08.04.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Moi boas tardes a todos os veciños e veciñas de Ribeira. É un verdadeiro pracer para min poder contestar as preguntas que me formulen durante este tempo. Do mesmo xeito, o faremos dende o goberno de Ribeira se nos conceden a inmensa honra de liderar un goberno de cambio para diseñar, con todos e todas vos, a Ribeira do futuro.
¿Que piensa Ud. de las ayudas de toto tipo que están recibiendo los inmigrantes, por parte de los Servicios Sociales del Concello, en detrimento de familias de Ribeira, también necesitadas?.
Dende o goberno do BNG pularemos por uns servizos sociais públicos e de calidade para toda a cidadanía. Nestes tempos de crise é necesario incrementar os recursos en benestar social para que ningún veciño ou veciña de Ribeira, que o necesite, quede sen os servizos que demande.
¿Qu´opina de los pasos de peatnes de Ribeira, pintados de colorines, en contra de lo establecido por el Reglamento General de Curculación, Art. 168, apartado /C, que dice que no se pueden alternar otros colores con las rayas blancas?. ¿Piensan Uds. hacer algo al respecto?. Gracias.
Ante a situación de inseguridade vial que conleva accidentes graves, atropelos, mesmo nos pasos de peons, é urxente a posta en marcha dun Plan de Seguridade Vial que conlevará non só a normalización nos pasos de peóns, senón a mellora nas súas ubicacións, o incremento da sinalización vertical e horizontal e a dotación de semáforos. Tamén incluirá a regulación do trafico, a potenciación do transporte público (incremento de liñas e horarios, implantación do transporte circular e bonificación de prezos) e a dotación de infraestruras fundamentais: a circunvalación de Ribeira e a dotación de beirarrúas onde sexa necesario.
Aproveito tamén a súa pregunta para incidir nun tema de moita importancia, como é a necesaria dotación de aparcadoiros gratuitos; sen olvidarnos da necesaria estación de autobuses.
Éste Plan será unha prioridade para o noso goberno.
Para representar al nacionalismo en Ribeira, primer puerto de bajura de España, nunca se le ha visto denunciar la venta de cariocas de Boston, los pimientos de Agadir o las patatas de Israel, en el Haley de su ciudad, sin advertir de ello al consumidor. O denunciar que en la lonja, se subasta pescado de otros mares como Portugal, por ejemplo, en la sucia y tercer mundista lonja de Ribeira.
Unha das nosas prioridades é a creación de emprego en Ribeira. Un dos sectores que temos que impulsar pola súa importancia na nosa economía é o comercio de proximidade. Nese senso, tendo como temos productos de primeira calidade, como xa o fixemos dende a oposición, dende o goberno potenciarémolos con medidas diversas: xestionaremos selos de calidade, denominación de orixe, etc. e inmediata construción do mercado municipal.
Sra. Brión, se vostede sae alcaldesa, cales serian as primeiras medidas que tomaría? Moita sorte!
Actuaremos en tres frontes principalmente:
Creación de emprego poñendo a funcionar a Axencia de Desenvolvemento Local.
Dotación de infraestruturas: Polígono da Barbanza, nova lonxa, mercado e circunvalación.
Potenciación dos servizos públicos.
Sra. Brión, me gustaría saber que medidas adoptarían dende el gobierno en materia de educación. Muchas gracias.
A constitución do Consello Escolar Municipal, como órgano participativo para toda a comunidade educativa; a mellora e mantemento dos centros escolares, co correspondente incremento do orzamento, a mellora do servizo de limpeza dos centros, a apertura dos centros escolares fóra do horario lectivo, a colaboración coas ANPAS, son algúns dos aspectos a mellorar no ambito educativo.
Tamén é necesaria a creación dunha nova biblioteca municipal e a planificación de actividades de lecer para toda a poboación.
Ao igual que vostede, Sra. Brión, non comparto a privatización de ningún servizo no Hospital da Barbanza. A sanidade debe ser pública. Que medidas vai a tomar se é alcaldesa para mellorar a sanidade pública de Ribeira?
Compartimos a necesidade de mellorar o noso Hospital demandando o incremento de medios materiais e humanos PUBLICOS que permitan a prestación á cidadanía dunha atención sanitaria de calidade. Do mesmo xeito, xestionaremos dende o goberno, ante o SERGAS, a ampliación do Hospital e poremos ao seu dispor un terreo para que Ribeira teña un novo centro de saúde, entre outras medidas.
Quería que me dixera, en caso de sair alcaldesa, que medidas pensa adoptar para mellorar os servizos sociais en Ribeira. Moita sorte e moitas grazas.
O incremento das prazas de residencia, o pleno funcionamento do centro de día, o aumento de persoal de axuda a domicilio, a dotación de novos servizos como o de xantar na casa, servizo de lavandería e telefarmacia serán liñas prioritarias dende os servizos sociais.
Despois de tantos anos de goberno o PP non foi capaz de crear o Consello Escolar Municipal. Xa vai sendo hora. Pensa vostede poñelo en marcha? que medidas vai a adoptar para mellorar o ensino público?
Como xa mencionamos, no primeiro mes de goberno constituiremos o Consello Escolar Municipal, que se encargará de establecer as prioridades de mellora e mantemento dos centros escolares.
Bos días Domi.....
Poñendo como exemplo o derubo da Fábrica de Castiñeiras, e logo de ver a maneira en como se xestionan e realizan as obras no noso concello, , imcumprindo as normativas de Seguridade, de Calidade, Hixiénicas Etc.....Que medidas tomarás para correxir estes "defectos" ??
Para nós é fundamental que se cumpra a normativa de seguridade e hixiene no traballo. O contrario, como o caso da Fábrica de Castiñeiras, constitúe unha falta de responsabilidade grave por porte de goberno local ao poñer en serio risco a saúde pública.
Un dos grandes problemas a día de oxe e o Paro que temos nos nosos Concellos, que actuacións ten previstas o teu Equipo para intentar crear emprego ??.
Como xa dixemos a creación de emprego é unha prioridade para nós. Engadir que pularemos pola posta en marcha do Polígono da Barbanza, a potenciación da pesca, sector turístico, comercio e hostalaría.
Ola Dominga. O PP anda dicindo que en Artes o concello non ten nada que facer porque o campo é privado. Está de acordo? Cal é a proposta do BNG para o campo de Artes? (Creo que o de Olveira está nunha situación similar, valería a súa proposta para os dous?) Ramon S Santos
O campo de Artes e o de Olveira están dentro do parque, como é sabido. Dende o goberno traballaremos para que nas dúas parroquias, ao igual que en todo o concello teñamos instalación deportivas adecuadas as necesidades reais.
Que ides facer desde o Goberno, se chegades, para evitar o desastre que significa o Plan de Ordenación do Litoral para moitos veciños de Aguiño?
Neste momento un grupo de propietarios presentou recurso contencioso administrativo. Dende o goberno, coa revisión do PXOM minimizaremos, na medida do posible o grave impacto do POL no noso concello.
Como ides rematar a casa da cultura? Será un albergue?
Faremos as obras de mellora necesarias para que funcione como centro dinamizador da cultura de todo o concello. Utilizaremos formulas de autoorganización para que as asociacións a sintan como propia.
Podería resumir e decirme cales son os seus 4 grandes proxectos par a vindeira lexislatura en Ribeira
A creación de emprego, a dotación de infraestruturas e a potenciación dos servizos públicos.
Neste senso as infraestruturas que poremos en marcha serán:
O saneamento integral do concello é unha cuestión prioritaria polo impacto medioambiental e económico que ocasiona.
A creación de chan industrial.
Que a lonxa virtual que nos presentaron fai pouco sexa unha realidade para Ribeira será outro dos nosos proxectos.
A circunvalación.
Por que pensa vostede que os de ribeira lle teñen que votar a vostede?
Temos un importante traballo feito, que nos avala. Un programa solvente que ten como eixos principais a creación de emprego e a potenciación dos servizos públicos. Un equipo de homes e mulleres honest@s, capacitad@s e comprometidos con Ribeira para levalo a cabo. Somos á alternativa que vai a deseñar, contigo, se ti queres, a Ribeira do futuro.
Posibilidades de gobernar penso que ten poucas. ¿Con quen está disposta a pactar e con quen non? (espero que vostede sexa a primeira en ser sinceira nesta resposta)
Bueno, realmente as posibilidades serán as que decida a cidadanía. Neste momento contamos con 6 concelleiros e concelleiras e no 2007 o PP estivo a pique de perder a maioría por 300 votos. Agora mesmo o único pacto que imos a facer é co pobo, cos veciños e veciñas a carón dos que estivemos sempre. Estou segura de que a cidadanía quer sair da situación de parálise na que se encontra Ribeira. Por estas e outras moitas razóns, aspiramos a liderar unha alternativa de goberno que represente o cambio que Ribeira necesita. O cambio que nos permitirá deseñar e contruir, entre todos e todas, a Ribeira que queremos, que podemos.
Quixera saber os seus plans en materia de promoción turística
Temos duas xoias que debemos poñer en valor, a Illa de Salvora, pertencente ao Parque Nacional e o Parque Natural con máis de 300.000 visitas anuais. Temos elaborado un Plan de Turismo que conleva unha serie de actuacións tendentes a que estas visitas repercutan favoráblemente na nosa economía.
A nosa riqueza patrimonial, etnográfica, paisaxística, etc. son elementos dinamizadores. Polo tanto, poremos en marcha programas de actividades, roteiros etc., que son só algúns exemplos deste Plan que repercutirá favorablemente no comercio e a hostalaría local.
Para ser de reciente diseño Abesadas deja mucho que desear. Que mejoras van inroducir ustedes en urbanismo? Gracias y suerte.
Revisaremos o PXOM para rematar coa expeculación urbanística, planificando zonas verdes, recuperando casos históricos nas parroquias e ampliando os nucleos rurais para un crecemento urbanisticos sostible en todo o concello.
En Ribeira hai unha inxusticia cos semisótanos anteriores ao actual Plan General Municipal. Non se deixan utilizar como comercios pese a ter licencia e pagar impostos como tales e cumplir todos os reglammentos. No Concello dín que o Plan General non o permite: está de acordo ou comprométese a reparar esa inxusticia?
É unha inxustiza que nós levamos a Pleno. Con unha modificación puntual pudo perfectamente solucionarse. Dende o goberno comprometémonos a dar unha solución.
Xa sei que denunciaron a burrada do derrubamento da fábrica de Castiñeiras, pero, mais importante, que propón vostede para eses terreos? Sea clara, hai quén dí algo de vivendas con moito xardín, é vostede destes?
Grazas a unha iniciativa do BNG en Ribeira e no Congreso conseguimos que eses terreos sexa xá públicos. Como Alcaldesa xestionaremos diante de costas a recuperación de todo o entorno como un espazo de ocio e lecer para toda a cidadanía.
Que vai pasar cos nosos vellos? Os servicios cos que conta o concello son casi nulos, temos pensar que foron os cementos do que agora somos
Un plano axeitado de actividades participado polos nosos maiores é imprescindible. Polo demais, poremos en marcha todos os servizos que xa mencionamos antes, para facer máis cómoda a vida das nosas persoas maiores.
Grazas por dedicarme o teu tempo e darme a oportunidade de respostar a algunhas das preguntas formuladas. Do mesmo xeito que estiven a carón de todos e todas vos dende a oposición, tende a seguridade de que tamén o farei dende o goberno, se me concededes a inmensa honra de ser a primeira alcaldesa de Ribeira. A porta do meu despacho estará sempre aberta para atender a todos os veciños e veciñas de Ribeira.
Xa sabes, nuncha choveu que non escampara. Achégase un potente anticiclón que vai a traer un soleado futuro para Ribeira.