Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 08.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Portada » Encuentros digitales

Gerardo Conde Roa

Candidato por el PP a la alcaldía de Santiago

Comparte en Tuenti Atrás

Bos días a todos, moitas grazas por as súas preguntas. Tentarei respostalas todas e que se queden con unha impresión positiva do noso proxecto para a cidade.

  1. Me gustaría saber si tiene intención de dotar de mobiliario urbano deportivo a la ciudad como tienen otras muchas ciudades y ayuntamientos como Ames, Vigo, coruña etc. Lo considero necesario para que los chicos puedan hacer vida en la ciudad con sus amigos. muchas gracias

    Si. O que é unha pena e que moito do mobiliario deportivo urbán do concello estea abandoado. E estes catro anos de goberno non se fixeron os arranxos necesarios para que os rapaces poideran disfrutar dunhas mínimas instalacións ben coidadas.
    Rematando, dígolle que si, que faremos instalacións nos barrios e faremos instalacións tamén para que todos os nenos e nenas de Santiago poidan facer práctica deportiva.

  2. ¿Cales son as súas propostas para reactivar o comercio no casco histórico?¿Qué propón para evitar que alugues abusivos manteñan locais comerciais pechados durante anos?

    No Casco Histórico temos un serio problema de despoboación. A Lei Boyer, no ano 2015, vai actualizar definitivamente os alugueres dos baixos comerciais, co cal o problema será moito máis grave. Nós pensamos que hai que revisar o Plan Especial do Casco Histórico e dar facilidades desde dous puntos de vista:
    1.- Tributario, ou de fiscalidade
    2.- Dende o punto de vista dos usos dos localis que deben ser alquilados.
    Ao mesmo tempo o que faremos será permitir a utilización de materiais que, respectando a tipoloxía do Casco Histórico, sexan máis baratos para os cidadáns. E reformar a Oficina de Rehabilitación do Concello.

  3. ¿Va a estrenar usted hoy el túnel de Galuresa? ¿Qué le parece esta infraestructuras y el hecho de que se abra al tráfico precisamente hoy?

    Calquer obra que sexa en beneficio da cidade a mín paréceme ben. Non se se hoxe poderei pasar por el, pero, en todo caso, penso que aínda que sexa como moito retraso é bo que a cidade teña unha infraestructura que leva moitos anos esperando.
    Con relación ao feito de que se abra precisamente hoxe, vostede máis eu sabemos que é pura "casualidade", que seguro que "non ten nada que ver" coa campaña electoral.

  4. Estaría a favor dunha lei que impedise presentarse a cargos de concellos aos promotores urbanísticos, por incompatibilidade de funcións?

    Si, sempre que se refira a promocións dentro do municipio.

  5. Los centros socioculturales son un pozo sin fondo que nadie entiende sus motivos, porque quitando los de los grandes barrios (Fontiñas, Vite o Ensanche) apenas tienen usuarios y actividades, puede ir cualquier día a la Rocha, Figueiras o O Eixo y lo comprueba. ¿Los mantendrá o se plantea cerrar alguno por ser algo totalmente prescindible y costoso para el concello?

    Os centros socioculturais de Santiago efectivamente hai que facer unha política de racionalización. 45 centros socioculturais son moitos. Mesmamente o goberno municipal este ano practicamente xa non ten programación en moitos deles.
    Penso que en época de crise hai que facer unha política que lle dea outras utilidades, por exemplo, como centros de día para os maiores, e así compatibilizar a vida familiar e laboral.

  6. Pensa que todos debemos pagar os nosos impostos para que a sociedade funcione?

    Si, naturalmente

  7. Mi padre vive en el Centro Sociocomunitario de Porta de Camiño en las Ruedas y me ha contado que el PP iba a abrir como parque el Jardín de los antiguos juzgados del Pazo de Amarante donde él jugaba de pequeño con sus amigos, los hijos de la familia Gil Casares. que vivían en ese caserón. Está muy ilusionado con la idea ¿es cierto que van a abrir ese parque?

    Si. A verdade e que constitúe unha das propostas do Partido Popular para revitalizar o Casco Histórico. Eu tamén coincido en que é un espazo precioso e que non debe estar pechado.

  8. Ruidos
    ¿Cómo resolvería Vd. el problema de ruidos que venimos padeciendo en Santiago de Compostela?
    ¿Se enfrentaría al sector de Hostelería?

    O problema dos ruídos é un problema dos máis graves que ten a nosa cidade. Nós levamos loitando toda a lexislatura para que o Concello cumpla as ordenanzas municipais, e eso seguiremos facendo. Pensamos que hai que cumplir os horarios de peche, e evitar os fraudes que se producen abrindo con licencia de cafeterías o que son pubs.
    E, en todo caso, nós estamos en contra do botellón, e levaremos adiante accións para tentar rematar con el.
    Nós pensamos que Santiago necesita un pacto polo ruído, para ser unha cidade sen ruído, e neso a nosa prioridade son os veciños e o seu descanso.

  9. Por que protestou vostede de que a policía controlase polas noites as zonas de residentes? Tamén son unha "imposición"?

    Nós non protestamos porque se cumpla a ordenanza de residentes, que cremos que ten que estar referida ao tempo de descanso do mediodía e pola noite. O que si criticamos é que a Policía Municipal se adicara a comprobar que os coches aparcados coincidían cas autorizacións. Simplemente polo feito de que a Policía Municipal, polas noites, ten cousas máis importantes que facer que tentar de poñer multas aos cidadáns.

  10. que piensa usted de las plazas de residentes de san pedro ? no cree que ahora tenemos residentes de 1ª y de 2ª ? mucas gracias

    As prazas de residentes da rúa de San Pedro, ao igual que outras moitas zonas da cidade, foron mal deseñadas e agora estamos padecendo os efectos dunha política improvisada. Nós revisaremos a ordenanza de aparcamentos, para que non existan as diferencias que poidan existir na actualidade.
    En todo caso, a política de aparcamentos levada adiante polo goberno municipal, ao noso xuizo, non é a máis axeitada. E iso que temos un alcalde que antes de ser alcalde foi catro anos concelleiro de Tráfico.

  11. ¿Bajará usted el impuesto el IBI?

    Nós nos comprometemos a conxelar todos os impostos. E estudiaremos aquelas situacións familiares nas que poidan existir especiales dificultades para facer frente ao pago do IBI.

  12. Será a cidade da cultura un referente da vida cultural de Galicia e de promoción internacional de Santiago no caso de gobernar?un saúdo.

    Naturalmente que si. A Cidade da Cultura constitúe un orgullo para o Partido Popular. Foi posta en marcha na época de don Manuel Fraga e, hoxe en día, é xa coñecida en moitos lugares do mundo. Vai a ser un elementos fundamental do novo Santiago que queremos construir. E, dende logo, pretendemos facer o que vostede di: un referente da vida cultural galega e internacional.

  13. Buenas tardes:
    Como espero que sea el próximo Alcalde de Santiago, quisiera saber para cuándo la ejecución del plan urbanístico en la Rúa do Penedo, concretamente en lo que se conoce como la Corredoira de la Campsa, tramo en el que se estrecha la calzada en pendiente, por el que sólo puede circular un vehículo aún siendo de doble dirección y que que cada vez cuenta con más tráfico.

    Ese problema que menciona é consecue dunha mala planificación urbanística, de deixar as cousas a medio facer. Pense que agora xa se utiliza como unha vía de escape do tráfico do Castiñeiriño. Cando entren en funcionamento todas as urbanizacións que se están a facer no Castiñeiriño, o problema vaise agrabar.
    Polo tanto, temos que facer unha actuación rápida para evitar que se produza un colapso.

  14. buenos dias don xerardo:¿podrian hacer un carril ,o una senda de tierra desde el carmen de abaixo hasta la cima del pedroso por la carretera hacia figueiras?.por que mucha gente va andando,corriendo y en bicicleta .no hay casi arcen en muchos sitios o esta lleno de maleza.los deportistas y vecinos se juegan la vida.gracias por su respuesta.

    Si, nós queremos facer do Pedroso o gran parque da cidade de Santiago de Compostela. Entre as actuacións que contemplamos está facer rutas de sendeirismo e poder facer rutas para andar en bicicleta, que conten e teñan todas as garantías e a seguridade para os deportistas e para a xente que queira pasear.

  15. quisiera saber que hará si llega a la alcaldia con la travesia de la cantaleta hacia los chouchiños y rua do cotón, que por las mañanas y debido a los vehiculos que van al clinico no pueden bajar ni el butano, ni ambulancias ni bomberos si fuese preciso

    Teño un concelleiro que se chama Juan de la Fuente, ao que teño todos os días falándome deste problema. Pódolle asegurar que só por "non telo que aguantar máis" faremos a reforma que sexa necesaria.
    Agora ben, volvo a insistir en que temos un alcalde que foi catro anos concelleiro de Tráfico e 13 anos alcalde e aínda non se deu de conta dos problemas que pode xenerar a construcción dunha infraestructura como o Hospital Clínico se non se adoptan as medidas de tráfico oportunas.

  16. En cuanto a la sala Nasa, ¿le cortará las subvenciones?Por cierto, ¿ha estado alguna vez en ella disfrutando de un espectáculo?

    A sala Nasa ten moitas cousas boas, aínda que a min, particularmente, non me gusta. Pero o que non podo admitir é que se fixera, disfrazada de festa da liberdade, unha homenaxe a dúas persoas condenadas pola Audiencia Nacional por atentar contra os cidadáns e os bens de Santiago de Compostela. Polo tanto, é unha disposición legal, que non poida haber ningunha clase de subvención pública que directa ou indirectamente poida ir a subvencionar este tipo de actividades. En consecuencia, é a propia sala Nasa a que se coloca fora das subvencións municipais.
    Polo demais, deséxolle todos os éxitos a sala Nasa, e que continúe co seu labor. Pero esa cuestión que menciono, para nós, ten un valor que non podemos esquecer.

  17. ¿Impulsará o uso del galego no concello?

    O concello ten un bo departamento de Normalización Lingüística que non se vai a ver afectado. Nós non perseguimos ao galego. Pero, en todo caso, aquel que queira que a súa instancia estea en castelán é un dereito constitucional e estatutario, e loxicamente se respetará.

  18. Agora que está feito o túnel do Hórreo ¿peatonalizaría Virxe da Cerca? Sería muy útil para todos.

    Poderemos estudiar unha regulación do tráfico de tal xeito que exista unha priorización do transporte público, e mesmamente que algún fin de semana poida ser de uso exclusivamente peatonal. Hai que pensar que temos unha cidade e un Casco Histórico que limitan, en moitos ámbitos, a adopción de medidas importantes de tráfico. En todo caso, nós somos claramente partidarios de facer un bo plan de mobilidade que priorice o disfrute da cidade polos cidadáns. E, se podemos encontrar unha boa alternativa, esta pode ser unha boa proposta.

  19. ¿Por que os do PP vestides todos da mesma 'pijoforma'? ¿Hai algún manual?

    Neste momento, levo un traxe que ten doce anos. A min, ás veces tamén me chama a atención esa especie de uniforme que levan algúns do Partido Popular, pero xa lle digo que non cambio de traxe desde fai moitos anos. En todo caso, se vostede me aconsella, por suposto gratuitamente, unha forma de vestir que me separe do que vostede chama "pijoforma", llo agradecería moitísimo. Quedo ao seu dispor.

  20. ¿Xa tes claro a quen vas poñer en cada concelleria? ¿Haberá algún independente?

    Nós primeiro temos que gañar as eleccións... E despois xa veremos quen se ocupa de cada área. Aínda que, loxicamente, algo temos previsto con relación ao goberno.
    Si é posible facer algún nomeamento de alguén que non sexa do partido e que teña unha boa cualificación profesional, non temos ningún inconvinte. O que si quero recordar é que fixemos unha oferta para recuperar o que foi o espíritu da Corporación do 79, na que cada concelleiro, fose do goberno ou da oposición, tiña unha delegación. Ese pode ser un bó modelo a seguir.

  21. o meu bebe queda este ano sen praza nunha gardería municipal e terei que gastarme parte do soldo en pagar unha privada. Que ten pensado facer se chega a alcaldia en pro da conciliación?

    A conciliación da vida familiar e laboral é un dos nosos principales eixos de campaña e de programa. Abrangue desde unha modificación da política dos horarios para facelos máis flexibles ata a construcción de novas garderías. Para min, que son pai de sete fillos, tamén hoxe constitúe un problema cos máis cativos.
    Entendo perfectamente a súa angustia, e tentaremos dotar a Santiago de máis plazas de escolas infantís públicas.

  22. ¿Que piensa hacer con las vias de comunicación tercermundístas sobre todo del rural norte de Santiago?

    Ao noso xuizo existe unha débeda histórica entre Santiago e o seu rural. Non podemos estar no século XXI sen que moitas das nosas parroquias non teñan abastecemento de auga ou saneamento, ou mesmamente as pistas estean permanentemente cheas de fochancas.
    Hai que facer un plan de investimentos no rural, que nós pensamos que no próximo orzamento ten que estar ao redor de 3 millóns de euros, e así chegar ao final da lexislatura, polo menos, cos servizos básicos resoltos.

  23. boas, son unha persoa que de vez en cando acode ao refuxio de bando para pasear cans e colaborar no que pode....que pasará co refuxio de animais do concello? preocúpavos a situación que teñen na actualidade? que vai ser deles no caso de que se diminúan os presupostos? grazas.

    Fai tres semanas estivemos no refuxio de bando. Falamos moito tempo ca directora e coñecemos a súa situación. Hai que facer algunhas obras de reforma importantes e colaborarremos co refuxio para que non exista disminución nos orzamentos.
    Tamén lle pedimos aos cidadáns que sexan responsables e que teñan en conta que facerse cargo dun animal leva consigo asumir unha serie de cargas que non poden deixar de lado cando lles pete. Por iso, creo que hai que aumentar tamén a responsabilidade dos que compran un can, ou outro animal de compañía.

  24. ¿Cómo se enteró de los Espadas? Lo del alcohol, me refiero. ¿Tiene alguna posibilidad de que se incorpore a su hipotético Gobierno?

    Me enteré por un amigo común, a las 8 de la mañana del sábado. El señor Espadas renunció a su concejalía y a integrarse en la lista del Parltido Popular. Que otros tomen ejemplo.

  25. Apoiaría que Galicia contase con un só aeroporto, o de Santiago, con moi boas conexións tipo AVE co resto das cidades galegas?

    Lavacolla é o aeroporto central de Galicia, lles guste a outros ou non. Eso o dan as cifras e as preferencias dos cidadáns.
    O que nós propoñemos é que o AVE do Eixo Atlántico teña unha conexión co aeroporto de Lavacolla, de tal xeito que os cidadáns das áreas metropolitanas de Vigo e A Coruña poidan estar en 20 minutos no aeroporto de Lavacolla.

  26. ¿Qué va a hacer usted para crear empleo y evitar la fuga masiva de jóvenes?

    En primer lugar, non se pode crear emprego sen que haxa só industrial para levar adiante empresas. Estes catro anos foron catro anos perdidos polo goberno municipal, que non fixo nin un só metro cadrado de só industrial en Santiago. Solo se está a facer o da Sionlla, que promove Xestur.
    En segundo lugar, crearemos o programa Emprendedores, para que os nosos xóvenes, cunha pequena axuda, poidan crearse o seu posto de traballo. Nós creemos nos autónomos e nas pequenas e medianas empresas como a maior fonte de riqueza.
    Haberá axudas fiscais e, en todo caso, para nós é unha fonte de preocupación grave a fuga de máis de 6.000 xóvenes de Santiago nos últimos anos. Temos que terminar con esa sangría, de tal xeito que, facendo de Santiago unha cidade máis habitable, poidamos, xunto coa conciliación da vida familiar e laboral, evitar a fuga dos nosos xóvenes da cidade.

  27. ¿Piensa seguir la política del actual alcalde de retirar plazas de aparcamiento en superficie para imponernos aparcar en parkings de pago? En caso que la vaya a cambiar nos puede decir por qué a lo largo de estos cuatro últimos años no ha protestado ante la supresión masiva de plazas en superficie

    Creo que a política de aparcamentos levada adiante polo goberno bipartito é un erro e está deseñada para facer de Santiago unha cidade con peaxe. Nós non seguiremos esa mesma política, salvo que os custes de aparcamento sexan custes soportables para os cidadáns.
    En segundo lugar, nós protestamos de xeito reiterado e constante contra a supresión de plazas de aparcamento e as políticas de aparcamentos do señor Bugallo. Pódolle remitir a algunhas das veces que fixemos propostas ao pleno, ou mesmamente roldas de prensa.

  28. ¿porqué cree que Zapatero non ven mañá a Santiago nin veu durante o ano SAnto? ¿ cree que non lle gusta esta cidade ou que non é ben recibido por o PSOE de aquí?

    Creo que o señor Zapatero fixo un gran desprezo á cidade de Santiago e a todos os santigueses e santiaguesas. Penso que ao mellor o PSOE de aquí non tiña ganas de facerse unha foto con el.
    En todo caso, o Xacobeo foi un éxito sen Zapatero. O mellor, se o señor Zapatero tivera vido a Santiago de Compostela, coa fama que ten de gafe, o Xacobeo houbera sido un desastre.

  29. No 2007 dixo que si lle votaban as mesmas persoas que a Feijoo, non só gañarían as eleccións senon que gobernarían. ¿porqué cree que non lle votan as mesmas persoas? ¿qué lles diría?

    Lles diría que imos a seguir moitas das políticas de aforro e racionalización do gasto que está a seguir o Partido Popular. Que a nosa identificación co seu proxecto é total. Que Santiago non pode quedar fora do cambio que xa tivo lugar en Galicia e que, probablementen, teña lugar no Estado o próximo ano.
    Lles diría que pensasen nos parados, no tráfico, na falta de investimentos na cidade, e que tiveran en conta que formamos parte do mesmo equipo.
    A esas persoas que ao mellor teñen dúbidas, decirlles que confíen en nós. Que estamos preparados para gobernar e que tentaremos facelo o mellor posible, dando o mellor de nós mesmos.
    Creemos que esta cidade, despois de 13 anos de gobernos bipartitos e 28 de gobernos do Partido Socialista, necesita un cambio na súa forma de gobernar.

  30. hola, quisiera saber si existe algun proyevto para la calle del horreo, en el tramo que va desde la avenida de lugo hasta la plaza de galicia, sera un proyecto del tipo del resto del ensanche??se eliminaran todas las plazas de aparcamiento, en caso de existir cuando se preve ejecutar??
    Gracias.

    Si, temos pensado facer unha reordenación completa da mobilidade en Santiago. A rúa do Hórreo pensamos que non está ben aproveitada.
    Non vai a ser un proxecto igual ao do Ensanche, porque non queremos eliminar prazas de aparcamento e queremos deixar un carril reservado ao transporte público.

  31. Cales son as suas propostas con respecto ao aparcamento?

    Nós pensamos que a política de aparcamentos feita polo goberno bipartito ten graves erros, que están a pagar os cidadáns de Santiago, mesmamente con algúns dos parquings máis caros de toda Galicia, como o caso do Hospital Clínico.
    No caso de que chegemos a gobernar, faremos aparcamentos de superficie para residentes e tamén tentaremos de facer, sempre que os custes non sexan desproporcionados para os cidadáns, aparcamentos noutras zonas da cidade, como por exemplo en Vista Alegre ou en Fontiñas; ademais do aparcamento na avenida da Coruña-Campus e retomar, se é posible, Xoan Carlos I

  32. ¿Porqué quere ser alcalde de Santiago?

    Porque é a miña cidade, é unha cidade universal, e porque constitúe desde moi cativo unha ilusión persoal que me gustaría poder cumplir.
    Esta cidade deume moito. Aquí empecei de cero e gustaríame dolvorverlle á cidade algo do que me deu.
    Hai moitas razóns que teñen máis que ver co corazón que coa razón. Pero, como todo o mundo sabe, son un político apaixoado e quero esta cidade, e creo profundamente que vale a pena traballar por ela.

 

Moitas grazas a todos e todas polas vosas preguntas. Espero ter respostado con claridade. Non puiden facelo a todas por falta de tempo. Nembargantes, tedes a vosa disposición www.ppdesantiago.es, que é a páxina donde poden consultar calquer dúbida.
Moitas grazas e apostade polo cambio.

Comparte en Tuenti Atrás
Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS