Miércoles 08.04.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Ola amigos, que tal estades. Lamento chegar tarde veño coa lengua fora, intentando cumplir o horario.
Con la inauguración del tunel de Galuresa, la terminal nueva de Lavacolla , la llegada del AVE este año y la inauguración de los nuevos poligonos industriales, ¿cree que Santiago estará posicionada para salir de la crisis y crear empleo, mejor que otras ciudades gallegas?
Creo que son fundamentales. No momento en que empece a reactivación económica as empresas terán que tomar decisións de nova inversión ou expansión. Santiago pode ofrecelo todo: as mellores conexións, dous millóns de metros cadrados de solo industrial, unha cidade amable, segura, unha boa oferta cultural e unha poboación formada. Este é o momento de preparar as bases para aproveitar as oportunidades de despegue.
Hace años que ha prometido a los vecinos de Vite (Nuestra señora de Belén) que les ayudaría a poner ascensores, ya que todos los edificios son de cuatro plantas y la media de edad de los vecinos es de 65 años o más. ¿Se ha olvidado de su promesa o piensa cumplirla?
Non é exacto. Díxenllo aos de Vista Alegre e estanse poñendo. No programa electoral co que concurro agora, inclúese a proposta de ampliar a declaración como ARIS a Vite e á Almáciga, entre outras zonas. E xustamente o obxectivo é poder subvencionar a incorporación de ascensores, ademais da rehabilitación das vivendas.
Loxicamente, comparto o que vostede di. Hoxe a idade media da poboación de Vite é moi alta.
Buenos días Alcalde. Cree usted que Democracia Real Ya surge como posible efecto boomerang Túnez al ser consciente el pueblo del poder del propio pueblo y estar un poco cansado de ser símplemente un objeto (voto) y un mero observador de las trifulcas políticas dignas de cualquier patio de colegio. Cree que en Santiago tendrá incidencia política en las elecciones? Muchas gracias.
Sinceramente non o sei. Pero espero que estos xóvenes que se atopan enfadados e defraudados coa sociedade actual, en especial cos políticos, comprendan que a reclamación de máis democracia non implica renunciar a que xa temos, e que tanto tempo e sacrificios costou conseguir. Espero que o domingo exerzan o seu dereito de voto.
¿Sabe usted cuanto cobra un empleado de una tienda (Zara, Carrefour, zapatería...) del centro cada mes?, ¿sabe cuánto tendría que pagar por aparcar durante todo el mes en horario de día en el parking de la Plaza de Galicia, Plaza Roja o Puente castro para poder ir a trabajar?, ¿por qué sigue quitando plazas de aparcamiento en superficie aún cuando hay ORA?
Moi pouco. Pero a solución ten que ser o transporte público. Non é posible sacrificar a cidade de Santiago, que non ten capacidade para absorver máis vehículos. Temos que priorizar o uso das vías públicas dándolle preferencia a peatóns e usos circulatorios sobre o estacionamento. É unha cuestión de espazo. Espero que a través do desenvolvemento do Plan de Transporte Comarcal e da creación do consorcio de transportes se poida garantir unha oferta axeitada de transporte público para todos.
¿Qué planes tienen para la Ludoteca de Fontiñas, que ya está construída desde hace un par de años pero no ha empezado a funcionar todavía?
A ludoteca de Fontiñas estase completando o equipamento interior. Ata agora é victima dos axustes presopostarios no gasto corriente. Espero que atopemos unha solución pronto, pero debe comprender que o orzamento municipal baixou un 20 por cento nestes últimos catro anos, e eso está a crearnos algunhas dificultades.
Respetará la voluntad popular expresada en las urnas de que gobierne el candidato más votado por los ciudadanos o prefiere los pactos que a posteriori se puedan celebrar y que no cuentan con el respaldo de los votantes?
Tal como debe saber, os cidadáns, na súa votación, elixen concelleiros. E estos, alcalde. Polo tanto, a maioría nas urnas se expresa nunha maioría de concelleiros. Si os cidadáns queren que alguén goberne en solitario, e a min moito me gustaría poder facelo, deben darnos a maioría suficiente para facelo. De non ser ese o resultado das eleccións faise necesaria a búsqueda de acordos políticos, para garantir a gobernabilidade da institución e a toma de decisións. Un alcalde en minoría non podería aprobar un plan xeral, nin un plan parcial, nin un presuposto, nin unha ordenanza fiscal ou non fiscal, nin un regulamento. En suma, non podería gobernar, e menos garantir que se toman as decisións en tempo e forma, polo que o resultado tende a ser moi negativo para a cidade ou a institución.
Por outra parte, insulta vostede a intelixencia dos cidadáns. Estos saben perfectamente o que votan e propician os resultados que a eles lles parecen máis convintes. Por certo, lembre que Alemania, Holanda ou Suiza son gobernos de coalición dende hai 60 anos, e non me parece que lles vaia peor que a nós.
Ese kit de socialista que se gasta con sus gafas, ¿se le ocurrió a usted o es recomendación de aglunos de sus asesores?
Non foi idea miña. Xurdiu a partir das declaracións do líder da oposición decindo que en Santiago non se fixera nada, e tratabamos de trasladar aos cidadáns a idea de que miraran cos seus propios ollos, sin cristales tamizados por un color político, e que sacaran as súas propias conclusións. Por eso non teñen cristales. Creo que foi unha magnífica idea.
¿Que razons hai para que en 12 anos non fose capaz de facer o campo de futbol do sergas en San Lazaro, tendo cartos e terreno?.Mala xestion,deixadez ou non interesa.
Non é certo o dos 12 anos. Tivemos que esperar a que o Sergas nos cedera os terreos. Tema que só fixo despois de construir a sede do Sergas. E, en segundo lugar, sabe vostede perfectamente os problemas derivados do traslado da línea de alta tensión. En todo caso, máis tarde do que a mín me houbera gustado, pero para este mes de xullo os cidadáns poderán disfrutar dunha magnífica instalación deportiva de herba artificial, cousa que non estaba prevista.
Dicen que para tramitar un papel en su concello es como entrar la biblioteca de Alejandría a pedir un libro. Me puede decir si va a tener una administración más ágil, sobre todo para el tema licencias de ocupación, si vuelve a ganar
O Concello tramita cada ano unhas 3.000 licenzas de obras e decenas de miles de permisos. E non é certo o que vostede di. Os documentos que demoran máis tempo son os do ámbito da cidade histórica, por requerir informes arqueolóxicos e, en moitos casos, autorización preceptiva por parte da Dirección Xeral de Patrimonio. En calquer caso, os que levan máis tempo son os que están sometidos a expedientes que implican: exposición o público ou autorizacións de outras administracións.
¿Bajarás el impuesto del IBI?
Non é posible. No escenario actual non temos prevista ningún incremento, pero tampouco é posible proceder a unha disminución, alo menos con carácter xeral.
volveremos a tener comercio,que no sean camisetas, en Santiago?. Es consciente que todo está en torno al rollo peregrino?.Los ciudadanos ya estamos hartos.
Espero que si. E de feito, dentro do programa electoral, levamos a proposta de modificar os criterios para a concesión de subvencións e elaborar unha nova ordenanza de usos, referida aos locales da cidade histórica, co obxecto de potenciar o comercio e a restauración de calidade.
Porque en el ayuntamiento el BNG tiene las concejalias mas importantes, siendo el grupo menos votado en las elecciones. Volvera el Sr. Bugallo si necesita sus votos a entregarle las concejalias ma importantes a cambio de seguir el sentado de alcalde. O lo que es lo mismo ¿qué diferencia hay entre la papeleta del PSOE y la del Bloque?
Esó é opinable. Por exemplo, vostede pensa que Facenda, Persoal e Réximen Interior, Urbanismo, Obras ou Seguridade Cidadá non son concellerías importantes? Seguramente, en aquel momento buscaron as máis lucidas, pero non quere decir que sexan as máis importantes.
quien es el responsable de que en la travesia da cantaleta, chouchiños y rua cotón no puedan bajar ni el repartidor del butano ni los bomberos por causa de los vehiculos que van al clinico y aparcan a ambos lados de la pista de acceso . esperemos que no tengan que venir los bomberos, porque entonces habría que buscar culpables. ruego me conteste en caso de salir eligido alcalde que haría vd.
Temos un grave problema co estacionamento no hospital. Ou para ser máis exactos, coa falta de orden no estacionamento no hospital. Somos reacios a ter unha intervención máis contundente en atención ás circunstancias que motivan a visita. Pero é evidente que habendo un aparcamento vixiado e semigratuito a 500 metros de distancia (en Volta do Castro), non se xustifica o que está pasando no entorno do hospital. E probablemente teremos que actuar de forma máis decidida.
Como es posible que el Sr. Bugallo, siga colocando en la lista a concejales que no tiene oficio ni beneficio y llevan cobrando del ayuntamiento mas de 8 años y otros mas de12, no seria posible encontrar caras nuevas.
Eso é radicalmente falso. E de feito se producen entre os 10 primeiros catro novas incorporacións, das que tres son funcionarios e o cuarto ostentaba a xerencia dunha prestixiosa entidade deportiva. Creo que é unha candidatura que destaca pola súa calidade humana e profesional. E contrasta bastante con algunha outra.
boas, son unha persoa que de vez en cando acode ao refuxio de bando para pasear cans e colaborar no que pode....que pasará co refuxio de animais do concello? que vai ser deles no caso de que se diminúan os presupostos? grazas.
Por suposto, manteremos o refuxio de Bando. Non teña temor.
Hola, quisiera saber si existe algun proyecto para la calle del horreo desde la avenida de lugo a la plaza de galicia y si es del mismo tipo del resto de las calles del ensanche,con retirada de aparcamiento, o se preve hacer algo especial con esta calle que la pueda convertir en espina dorsal de ensache. en caso de existir el proyecto, para cuando se preve ejecutarlo?
Gracias
Temos un estudio feito sobre a plaza de Galicia, pero non quixemos tomar ningunha decisión ata atanto non estivera rematado o túnel do Hórreo, e concluído o plan de mobilidade urbana. A partir de ahí tomaremos decisións. E aínda demasiado pronto para anticipar as conclusións.
Gustaríame saber se é verdade que vostede dixo recentemente nun mitin nunha determinada parroquia, que o problema de que non actúen na parroquia é que os veciños non lle dan o seu voto. En lugar de conquistar o voto e gañarse a confianza dos veciños, resulta que primeiro hai que votar para que despois o goberno municipal atenda as peticións. Aclareme esto porque me resulta dificil de creer.
É absolutamente falso. Descoñezo se eso llo dixeron por mala fe ou por confusión, pero é absolutamente falso. Si esto fora así, hai moitas parroquias nas que fixemos un esforzo importante, como por exemplo Lavacolla ou Aríns, donde nunca ganamos ningunha elección.
¿Porqué no ha incluído a nadie de Nuevas Generaciones del PSOe en su lista? ¿no cree que hubiera sido bueno renovar con gente joven del partido su lista?
Primeiro, porque os de Nuevas Generaciones son del PP. Pero si se refiere á xente nova, lémbrolle que entre os dez primeiros incluense catro novas incorporacións.
Más que una pregunta (aunque me gustaría tener una respuesta), es una queja acerca del estado de la calle san pedro de mezonzo, entre A Rosa y República Argentina, que se ha olvidado por completo de las sucesivas remodelaciones urbanísticas compostelanas, sin recibir siquiera un embellecimiento en más de 30 años. Por no tener no tiene ni asfaltado.
Ese trozo estaba previsto arreglalo o ano pasado. Unha comisión veu a verme para que non fixeramos as obras. E atendímolos. Creo que ahora están arrepentidos. O caso é que hai que esperar a que se habiliten novos recursos económicos nun escenario máis difícil. Pero efectivamente coincido en que é inaceptable o estado deste tramo.
Gracias Bugallo, por seguir apostando por el modelo de ciudad que todos queremos. Y mucha suerte
Moitísimas grazas. O modelo de cidade non só se refire ao urbanismo. Tamén se refiere á forma de ser. Amables, discretos, prudentes e respetuosos. Eu creo que os composteláns somos así e nos gusta sentirnos así.
¿A que te vas adicar cando deixes a alcaldía?
É unha boa pregunta. Eu mesmo non teño unha resposta para ela.
Moitisimas grazas a todos. Sinto terme incorporado un pouco máis tarde do previsto. Pero é casi imposible cumplir a axenda. Simplemente me gustaría pedirvos a todos, para rematar, que pensedes en Santiago e no Santiago que queredes antes de votar o día 22. Un saúdo