Miércoles 08.04.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Quero expresar o meu agradecemento e os meus parabén a Elcorreogallego.es por esta iniciativa e por darme a oportunidade de poder dirixirme a veciñanza de Teo e expresar o meu desexo de que este tipo de iniciativas teñan continuidade, porque son absolutamente consciente de que a través da información, do debate político e do intercambio de idea entre cidadáns e entre representantes políticos conseguiremos o que para nós é o obxectivo prioritario da acción política: unha sociedade civil máis informada, unha cidadanía máis activa, unha masa crítica responsable, que é fundamental para o traballo político que se poida despregar dende as institucións.
Teo cambiou por completo nos últimos anos. Vostede quere volver ao de antes ou afirma que o faría aínda mellor que o Bloque?
O problema non é se Teo cambiou o non cambiou, porque todos os concellos cambian co paso do tempo. O que se hai que preguntar é se, entre outras cousas, coa cantidade inxente de recursos públicos que houbo en Teo se fixeon as inversións necesarias para facer de Teo un concello para vivir e convivir, e non resignarnos a ser un concello dormitorio.
Obviamente eu teño propostas, non sei se mellores ou peores, pero claramente diferentes do que se veu facendo no pasado e do que veu plantexando o BNG nos últimos tempos.
¿Porque lle ten tanto odio ao alcalde de Teo? Dígoo porque foi peor a súa oposición que a do PP na anterior lexislatura. A xente pensa que votándoo a Vde. é como votar ao PP, por esa razón, porque pactará antes co novo PP que co BNG.
A palabra odio non existe no meu diccionario político, no meu vocaboluario da vida persoal ou profesional. Se o Partido Socialista estivo na oposición é porque o BNG, e en concreto o señor Noriega, non tiveron vonta de política para chegar a un acordo de goberno. E despois, cando o Partido Socialista lle ofreceu, de maneira reiterada, espazos de acordo e de negociación política para cuestións puntuais, como orzamentos municipais ou como a aplicación en Teo dos fondos ZP, o señor Noriega se negou sistematicamente.
É máis, considero unha anormalidade, dentro da vida política que un alcalde nunca chame a dialogar aos representantes políticos da oposición.
En canto a nosa política de oposición foi a que foi, a que nos debemos ós cidadáns que nos votaron e, en calqueira caso, constructiva. Un dato: malia que en Teo nos gobernase unha minoría de seis concelleiros, practicametne o 90 por cento das súas propostas sairon adiante.
¿Cal é a súa opinión sobre os buratos de Teo? Temos o burato da piscina municipal da Ramallosa, o macroburato do centro comercial Val da Ramallosa, o burato do centro de saúde,... Falta xestión ou temos alma de queixo gruyere.
A principal das nosas críticas ao actual goberno municipal é que non se aproveitaron adecuadamente os case 9 millóns de euros provintes de fondos públicos (Estado e Deputación) para facer en Teo os equipamentos e infraestructuras imprescindibles para vertebrar territorial e socialmente un municipio de case 20.000 habitantes ubicado nun espazo privilexiado dentro dunha das zonas de maior crecemento presente e futuro de Galicia, como é a área de Compostela.
Os buratos de que me fala e a inexistencia doutros buratos para facer eses equipamento é unha mostra incuestionable do que estou a decir.
Durante 4 años usted y su partido fueron el AZOTE del BNG , las matemáticas electorales les pueden dar la mayoría para gobernar en coalicción . ¿Seria esto posible o volveran a anteponer la enemistad personal al futuro de TEO?
En primeiro lugar. O Partido Socialista non foi o azote de ninguén, senón que fixo a política que tiña que facer en función dos compromisos electorais adquiridos e do proxecto de municipio de que dispoñemos, que obviamente é moi diferente ao proxecto nacionalista do BNG.
O que si lle podo asegurar é que nin pola miña banda, nin por parte de ningún dos compañeiros do meu partido, existe ningún tipo de enemistade persoal con ninguén dos nosos adversarios políticos. E en todo caso, nunca sería un factor determinante para a nosa acción política.
En un contexto sin mayorías absolutas, ¿pactará usted con el PP?
Creo que non vai haber maiorías absolutas, nin serían convenientes. Teo é unha sociedade plural, heteroxénea, e esa pluralidade non só debemos respetala, senón cuidala e alimentala.
O Partido Socialista o que si garantiza é que no caso de ser a forza máis votada garantirá a estabilidade do futuro goberno municipal abrindo canles de diálogo para conformar un goberno con un obxectivo claro: o interese xeral da cidadanía de Teo. E, en todo caso, con límites moi claros, que non estamos dispostos a traspasar: a indecencia, a indignidade e a intolerancia.
Saludos Jano Leis, soy vecino de Los Tilos,el actual gobierno ha realizado muchas inversiones en nuestra urbanización pero a mi parecer sin sentido ya que por ejemplo ha hecho unas obras de reforma en la calle del centro comercial al cual lo esta "matando" por la falta de aparcamiento y otras tantas que no tienen sentido,¿qué haría usted para que Los Tilos no se queda como urbanización dormitorio?
Coincido plenamente con vostede de que as inversións realizadas polo actual goberno municipal na urbanización dos Tilos foron absolutamente desacertadas, e que as consecuencias negativas para o futuro da urbanización son palpables.
Con esas medidas, por falta de planificación, cheas de improvisación, e aínda por riba moi mal executadas, o BNG sentou as bases dunha urbanización abocada a ser tristemente unha cidade dormitorio, anulando toda a enerxía e vitalidade que esta urbanización tivo ata o de agora. Dende o noso punto de vista era necesario levar adiante a nosa proposta de elaborar un plan de actuación integral, negociado coas entidades veciñais e os axentes sociais da zona, que servira de marco para o impulso de actuacións coordinadas en materia urbanística, mobilidade, cultural, deportiva, comercial, etc.
Saludos Jano.
¿Estaría dispuesto a tener un debate con los demás candidatos ?
Non só estaría disposto, senón que creo absolutamente imprescindible que se produzan debates entre os candidatos que nos presentamos a estas eleccións municipais en Teo.
A través desta fórmula é a mellor maneira que ten a veciñanza de Teo de poder crearse opinións para exercer con máis liberdade e máis responsabilidade os seus dereitos e deberes como cidadán a hora de depositar o voto nas urnas.
Polo tanto, decidido partidario deses debate e agardo que ou ben os colectivos sociais ou os medios de comunicación propicien este tipo de encontros.
Bos días señor Leis. Como votante socialista, sorpréndeme comprobar o número de votantes ao BNG nas anteriores municipais e que verase incrementado nesta ocasión, sendo que no son simpatizantes desa formación política e que votan ao PSOE noutras eleccións. Non cre que o PSOE-Teo debería ter feito un exercicio de autocrítica e valorar ese trasvase de votos nas eleccións locais?
Debo manifestarlle a miña admiración pola súa capacidade de vaticinio dos próximos resultados electorais e máis en concreto do comportamento de supostos electores socialistas.
Por outra banda, pódolle asegurar que o Partido Socialista, na súa vida orgánica fai exercicios permanentes de autocrítica para levar adiante a súa acción política.
Sr. Leis ¿Cuáles son los puntos principales de su compromiso electoral para los próximos años?
Brevisimamente, catro compromisos:
1.- Fomento da participación cidadá na vida política municipal: prevemos a constitución de consellos sectoriais de participación social con amplas competencias nos seus eidos e, en concreto, a constitución do consello de participación cidadá, integrado por representantes veciñais elexidos mediante sufraxio universal nas súas respectivos parroquias, para tomar decisións dacordo cun modelo propio de orzamentos participativos relacionadas cos investimentos nos seus respectivos ámbitos territoriais.
2.- Aplicación de principios de sustentabilidade nos desenvolvementos urbanísticos do concello: plan municipal da vivenda, plan de embelecemento de núcleos rurais singulares, optimización plan de transporte metropolitano, etc.
3.- Medidas para a reactivación económica e o fomento do emprego: plan municipal de emprego, con políticas activas de fomento do emprego e inclusión dun plan de conciliación de vida labora le familiar; apoio ó comercio de proximidade e axilización da posta en marcha dos parques empresariais de A Ramallosa e Montouto-A Poboa.
4.- Aposta por un concello con sustentabilidade social e dotación dos equipamentos necesarios para consolidar Teo como municipio moderno e con futuro como son: construcción do centro de día, centro de saúda da Ramallosa, un edificio de servizos múltiples, unha nova escola infantil 0-3 anos na zona da Ramallosa. E o noso proxecto estrela: a construcción nos máis de un millón de metros cadrados da zona da Lagoa dun parque deportivo-recreativo-medioambiental mediante colaboración público-privada que seña o parque destas características de referencia para a comarca de Santiago e, polo tanto, se convirta no principal motor da economía local e principal factor de dinamización social do noso concello.
No cre, que después de tantos años de intentar inutilmente ser Alcalde de Teo, debería dejar paso a otro/a, eso, si es que todavía queda alguién en el PSOE. ¿No se ha dado cuenta de que? Usted forma parte del problema y no de la solucción
Respecto profundamente a súa opinión. En todo caso dígolle que eu fun proposto poro unanimidade pola miña agrupación para ser candidato á alcaldía. E mentras teña forzas, ideas e o apoio dos meus compañeiros e compañeiras asumirei, con todas as consecuencias, a miña responsabilidade. Tamén lle podo decir que a miña designación como candidato veu precedida por un procedemento de elección absolutamente transparente e democrático que foi moito máis alá dos mecanismos regulamentarios establecidos polo noso partido. De tal maneira que todo aquel militante que o desexara ou que tivera propostas alternativas tivo oportunidade de formalizar as súas candidaturas e mesmo co compromiso do comité local de abrir proceso de primarias no caso de que fora necesario, malia que as resolucións do noso partido non permitían esta opción.
Fai catro anos todos agardamos un goberno de coalición BNG+PSOE. ¿Por qué non houbo ese goberno?
¿Por qué se queixan ustedes da suposta conducta antidemocrática do BNG no goberno municipal?
¿Qué alternativas propoñen ustedes para a zona dos Tilos?
Doulle un dato: en termos de calidade democrática na vida corporativa produciuse un baixón con respecto a anterior lexislatura, porque se o goberno do señor Blanco non foi exemplar, senón todo o contrario, en formas democráticas, alomenos tiña unha lexitimidade: a maioría absoluta. E agora, en troques, pódolle decir que por parte deste goberno tivemos todos os atrancos, ata o punto de que nin siquera se nos permitiu durante toda a lexislatura presentar as nosas mocións e as nosas iniciativas vulnerando de maneira flagrante as disposicións legais vixentes, o que motivou mesmo unha severa chamada de atención por parte das autoridades da Xunta de Galicia. Por certo, forma antidemocráticas que o señor Noriega na anterior lexislatura denunciou con total e absoluta vehemencia como se pode comprobar nas actas dos plenos.
Entre as nosas alternativas para a zona dos Tilos está impulsar un plan de actuación integral consensuado cos axentes sociais e representantes cidadáns da zona para acometer con criterios de planificación as accións a levar a cabo a curto, medio e longo prazo nesta urbanización nos diversos eidos: movilidade, urbanismo, cultura, deportes, etc.
¿Dende o seu punto de vista cales son os principais desacordos coa xestion do BNG.? ¿É certo que o PSOE ten un pacto coas demais forzas políticas para desaloxar o BNG do poder? Vostedes acusaron o BNG de sectarísmo e de partidísmo, ¿podría poñerme vostede algún exemplo? No caso dun pacto de goberno cas outras forzas políticas ¿asta donde estaría vostede disposto a chegar?
Dous desacordos fundamentais: as restriccións no exercicio das formas democrácticas na corporación e o desacerto na política de investimentos en materia de grandes equipamentos e grandes infraestructuras, que son as que ao final contribúen a vertebrar o territorio, a dar cohesión social, a aportar calidade de vida e, polo tanto, a atraer e a fixar poboación. E non se pode poñer como disculpa que non houbo recursos económicos, cando dos chamados fondos ZP e da Deputación Provincial da Coruña o concello de Teo recibeu nesta lexislatura case 9 millóns de euros para investimentos, cantidade que nunca recibeu este concello e que, por desgracia, probablemente nunca volverá a recibir.
E temos que ter en conta que agora, coa crise económica xeral, políticas de austeridade das administracións públicas ímonos ver en moi serias dificultades para recuperar o tempo perdido e rodeados de concellos moi puxantes, moi enérxicos e con moita vitalidade, que si atoparon a tempo o seu camiño e se constitúen en focos de atracción para futuros residentes, en detrimento dun concello como o noso carante dos servizos mínimos e das oportunidades necesarias para actuar no mesmo senso.
O Partido Socialista non ten ningún pacto con ninguén. esto forma parte da campaña do medo que está a impulsar o BNG, tal como fixo na pasada lexislatura espallando a idea de que o Partido Socialista era cómplice no peche dos centros de saúde de Calo e Os Tilos, que nunca se fixo, ou na construcción dunha nova autovía que ía atravesar Teo nunha especie de nova navallada dentro do noso territorio, e que nunca se consumaron.
Do sectarismo, dous exemplos moi claros: a señora Carme Hermida calificou e subliñou nun pleno a súa política cultural e deportiva como nacionailsta; e señor Noriega e o seu grupo de goberno rexeitaron celebrar o día da Constitución en Teo. Terceiro: non é de recibo que un alcalde se sume a unha folga e deixe o concello sen ningún tipo de autoridade durante 24 horas por dúas veces e, ademais, obligando ó resto de concelleiros da Corporación a sumarse a folga non celebrando o pleno ordinario que, de acordo cos nosos regulmentos, habería que celebrar ese día.
Señor Don Jano Leis: qué opinión ten usted dos señores Guerra, Noriega e Parajó.
Vin unhas declaracións suas en Correo Televisión nas que decía que estaba disposto a dialogar con todo o mundo se fora alcalde ¿tamén co BNG?
En Calo botaron estes últimos dias asfalto e gravilla ¿parécelle este un bo sistema?
Porqué non veu para Calo o edificio da policia municipal ?
Consecuentemente coa miña forma de pensar nunca opina en clave personal dos meus adversarios políticos. Analizo feitos e fago valoracións en base a programas e realizacións.
Nos reclamamos durante esta lexislatura un plan de mellora da rede viaria municipal para que, con criterios técnicos, e prioridades políticas se levara a cabo unha acción de mellora en toda a rede viaria municipal. Paréceme de oportunismo descarado, e de despilfarro de diñeiro público, aproveitar períodos preelectorais para espallar asfalto e gravilla ao chou por parte do concello, que é pan para hoxe e fame para mañá. E, ademais, paréceme absolutamente criticable que o criterio para facelo seña o que manifestou literalmente o señor Sixto nun pleno recente: "vótase gravilla a quen pasou por aquí a pedila".
O edificio da policía municipal non foi para Calo porque o goberno do señor Noriega tomou a decisión de non construilo alí, malia que existía unha subvención moi xenerosa da Xunta de Galicia para facelo nos terreos que, nun primeiro momento, o goberno municipal ofreceu á Xunta. Ao remate se terminou traendo para a Ramallosa nun edificio donde xa dificilmente caben hoxe os policías que temos actualmente en plantilla, non digamos cando se amplíe esa plantilla aos 19 ou 20 axentes que recomenda a lexislación vixente, e aínda por riba sen a previsión de acceso para as persoas con dificultade de movilidade.
¿Qué farías ti cos cartos que viñeron dos Fondos ZP? ¿En qué os invirtirías?
En poucas palabras qué diferencia fundamental hai entre PSOE, PP e BNG na política local de Teo
Asisteu un familiar meu ó teu acto de presentación da candidatura en Cacheiras. Do que alí dixeches quedouse con estas duas cousas: o parque deportivo da Lagoa e o da participación dos veciños. Podesmas explicar máis.
En primeiro lugar, consensuar os investimentos co resto das forzas políticas e, no caso de que tiveramos constituido o consello de participación cidadán, negocialo tamén cos representantes veciñais. E, en calquera caso, as nosas propostas irían encamiñadas a construir eses grandes equipamentos que Teo necesita para mellorar a calidade dos seus servizos.
Cremos que PP e BNG demostraron non dispor dun proxecto de municipio frente ao PSOE, que sí ten un proxecto de municipio de presente e de futuro e, por outra banda, tanto PP como BNG coinciden, frente a nós, na súa visió populista e cortoplacista das cousas: darlle a cada quen o que quere sen ter en conta os intereses xerais da cidadanía de Teo. Un exemplo, absolutamente revelador: PP e BNG, xunto co señor Parajó, pactaron o PXOM de Teo, a principal decisión que ten que adoptar unha corporación e que senta as bases de todas as demais políticas que se teñen que impulsar dentro dun mesmo municipio. E temos que decir que no caso do PP e InTeo, de forma coherente pola súa particular visión mercantilista do urbanismo, e en troques cun inxustificado cambio de postura do BNG, avalando ese xeito de facer política ao que tanto se opuxo na pasada lexislatura.
Bos días Señor Leis:
Quería preguntarlle ¿cal vai a ser a súa política de desenrolo para as parroquias ruráis do Concello?
Temos un programa moi ambicioso para as chamadas zonas rurais do concello. En calquera caso, esas políticas se consensuarán no consello municipal de participación cidadá, e proporemos a aplicación de políticas de promoción desas zonas singularizando cada caso e tendo en conta incluso aspectos económicos como pode ser o fomento do autoemprego, da economía social, etc, etc.
En calquera caso, frente aos demais que están na idea dun concello con trece parroquias sen Teo, nós queremos facer un Teo con trece parroquias. É decir, crear as condicións obxectivas para xeneralizar o sentido de pretenza dentro da nosa cidadanía a un concello chamado Teo a partir das peculiaridades parroquiais que conforman este termo municipal.
Mire usted, muchos socialistas no queremos un gobierno radical. Hemos tenido una representación de 4 concejales que han sido llave para el gobierno. Si, tal y como manifiesta, el gobierno del BNG en los ultimos cuatro años no ha sido de su agrado. ¿por qué apoyaron la investidura y el mantenimiento del alcalde Noriega durante la legislatura?
En primeiro lugar, porque interpretamos a mensaxe, cremos que correctamente, da cidadanía. Queremos un cambio en Teo e que ese cambio fora protagonizado conxuntamente por nacionalistas e socialistas. E confiabamos que o BNG, e en concreto o señor Noriega, fixeran a mesma interpretación e aplicaran esa mensaxe. Cousa que lamentablemente non ocurreo.
E en ningún momento, malia a que se nos plantexaron por moitas vías, sempre quixemos ser respectuosos coa vontade popular e non introducir máis elementos de desentabilización na vida municipal. O eixo da nosa acción política foi sempre, primeiro, participar no goberno e, segundo, cando o BNG nos rexeitou, ofrecer fórmulas de colaboración con propostas dun pacto de lexislatura que demos en chamar "pacto por Teo", que o BNG tamén rexeitou.
A partires de ahí queremos que sexa a cidadanía de Teo a que xulgue e tome as súas decisións
¿Cuales van a ser sus líneas en política cultural y deportiva, para la próxima legislatura? ¿piensan construir algún pabellón o remodelar las viejas instalaciones con las que cuenta el Concello?
Por problemas de tempo, direi que as políticas culturais e deportivas serán deseñadas no marco dos consellos municipais, respectivamente, de cultura e deportes, no que a participación será social, será determinante para fixar as súas liñas de actuación. Pola nosa banda, ademáis de promover e fomentar a acción social que nestes eidos están a impulsar as entidades sociais de Teo, temos pensado tratar de dotarnos das infraestructuras e equipamentos necesarios para poder facer unha oferta cultural basada nos valores da pluralidade, da liberdade, etc.
Vostede mesmo o di. Son vellas instalacións, que non reúnen as mínimas condicións para o desenvolvemento de actividades deportivas e xa non digamos para a celebración de grades eventos deportivos. Cos fondos ZP nós propuxemos a construcción dun pavillón polideportivo, cousa á que se negou o goberno do BNG. Cremos que é absolutamente imprescindible dotar a Teo deste equipamento e, en todo caso, xa mencionei con anterioridade a nosa proposta de parque deportivo-recreativo-medioambiental da Lagoa creo que pode satisfacer todas as demandas que poida haber neste senso cando se leve a cabo.
Un problema importante del Concello es la mala calidad del suministro de agua en muchos puntos periféricos. Concréteme, por favor, ¿que van a hacer ustedes en relación a este problema? ¿absolutamente nada como el actual alcalde o instalar una potabilizadora?
En primeiro lugar, resolver o problema. E para resolvelo o que hai que facer é ampliar ou construir unha nova planta potabilizadora para a cal necesitamos da colaboración da Xunta de Galicia e doutras institucións. De ahí a importancia de fomentar a cultura do diálogo e do consenso, primeiro dentro da corporación e, en segundo lugar, entre goberno e veciñanza e, en terceiro lugar, con todas as institucións para crear o clima propicio que nos poida permitir levar adiante investimentos como o que aquí se está plantexando.
Bos días Señor Leis. En canto a comunicacions terrestres ¿que van vostedes a potenciar, inda que non dependa directamente do Concello? ¿non creen que fai falta un eixo que vertebre transversalmente Teo entre Cacheiras e Calo?
O sistema viario de Teo está definido dentro do Plan Xeral de Ordenación Municipal. O que háberá que facer e desenvolver ese PXOM introducindo pola nosa banda as modificaciósn que estimemos pertinentes, xa que, como se sabe, a nosa discrepancia con este plan non foi por cuestións puntuais, que tamén, senón por unha confección de fondo que entendemos non responde ás necesidades e as perspectivas dun concello como o noso, limítrofe coa capital de Galicia.
En calquera caso, si hai unha infraestructura absolutamente prioritaria é a prolongación da autovía Galanas-Cacheiras, co correspondente soterramente da rotonda da Gaiteira, que a Xunta de Galicia ten que desenvolver e que, por certo, nunca reclamou o actual goberno do BNG, e que é moi importante porque, entre outras cousas, o parque empresarial de Montouto-A Póboa nunca será unha realidade namentras este viario non se constrúa.
En calquera caso, o que si temos claro, é que está absolutamente obsoleta a actual rede viaria municipal. E que de nada vale asfaltar e malasfaltar, sen rasentear, sen facer gavias de recollidas de pluviales como se fixo ata o de agora, sen facer veiravías, como fixo este goberno, senón se acomete unha profunda renovación dese trazado. É máis, o funcionamento do transporte metropolitano polas vías interiores, por exemplo, nunca será unha realidade mentras sigamos mantendo este sistema viario.
Señor Jano Leis: vostede vai ser coma os outros no tema das oposicións?? van entrar todos a dedo coma hasta agora??? e excusado presentarse non??
Con respecto ao tema das oposicións, é un mecanismo que está regulado por lei, e no cal, en principio, non interveñen os responsables políticos. Sei que no caso de Teo hai algunha reclamación de opositores que se sentiros vulnerados nos seu dereitos e que as instancias xudiciais resolverán.
Outra cousa moi distinta son os mecanismos opacos utilizados por este goberno para facer contratacións de persoal: escasa difusión pública e decisións máis que sospeitosas.
En calquera caso o Partido Socialista se compromete a respetar escrupulosamente os procedementos legais establecidos e a establecer procedementos absolutamente transparentes en todo sistema de contratación que se faga do persoal.
Agradezo á veciñanza de Teo, e felicitoa, pola súa participación e polo inxente número de preguntas formuladas, que non todas se poideron contestar por falta de tempo, e que demostra que estamos diante dunha sociedade civil moito máis viva e moito máis dinámica que moitas veces, dende certas instancias, se nos quere facer ver.
E, por último, reitero os meus parabéns a este medio de comunicación por esta iniciativa e desexar que teña continuidade no futuro e que tamén aproveito esta oportunidade para solicitar ese ou eses debate político entre todos os candidatos que nos presentamos ás eleccións municipais de Teo.