Domingo 26.05.2013
| Actualizado 00.00
Hemeroteca web
|
RSS
Boas tardes. Saúdo a todos os veciñas e veciñas de Ordes e a todos os internautas que me estén seguindo dende Elcorreogallego.es. Tentarei respostar a todas as preguntas
¿Pensa que o PSOE perderá votos que irán parar o novo partido (CIdeGA) que integran excompañeiros do seu partido?
Penso que non. Creo que CideGa é un partido escorado á dereita, e quizá se poida interpretar como unha marca blanca do Partido Popular.
¿Arrepentiuse algunha vez o PSOE de formar goberno con UXO?
Non, porque tivemos a oportunidade de poder traer moitos investimentos para Ordes, que se non estivésemos gobernando conxuntamente no Concello e na Xunta hoxe en día non estarían realizados, como por exemplo, o paseo fluvial do río Mercurín.
Contésteme con honestidade, ¿fixo vostede algo útil nestes catro anos, ademais de servir de apoio a Regos e colocar unha bandeira verde que nos custou millóns de euros?.
Primeiro, a bandeira verde non costou nin un euro, debido a que é un recoñecemento a unha labor realizada en temas medioambientais, novedosos (como no caso da recollida dos plásticos agrícolas, das illas verdes, etc.) e, ao mesmo tempo, por conquerir bos resultados en temas de reciclaxe ou melloras medioambientais.
Nestes catro anos, ademáis dos logros xa mencionados no parágrafo anterior, teño que engadir que Ordes dispón dun parque infantil con incorporación de biosaludables, que foi o primeiro da comarca, nunha zona que non tiña nada, como é a zona do Paraíso.
A esto hai que engadir programas de saúde, melloras no cenro de saúde, que hoxe conta con máis persoal e especialidades, como a telemedicina; os análisis do sintron por modem.
En medio rural rebaixar as tasas un 90% das ampliacións e novas licencias para as explotacións gandeiras, que é moi importante para un concello rural como Ordes.
Tamén estiven cos veciños nos temas de concentración parcelaria, como puido ser as unións das psitas das antiguas concentracións, como Vilamaior e Barbeiros, entre outras moitas máis cousas que se poderían enumerar.
¿Contempla a posibilidade de que o PSOE teña un moi mal resultado o 22 de maio, vendo os problemas internos que teñen e que os veciños tampouco están moi contentos co seu traballo destes catro anos?
Primeiro, penso que os veciños están contentos co meu traballo nestes catro anos, porque, como xa dixen, se algo fixen, foi adicarlle tempo, traballo e esforzo.
Segundo. Os problemas internos, se vostede se refire a temas de partido, ao mellor foi un lastre que hai tempo igual deberíamos de ter erradicado.
Terceiro. O bo ou mal resultado decidirano os veciños de veciñas de Ordes o día 22 de maio.
Volveremos a ver outro cuadripartito nestes vindeiros 4 anos?
Espero que non. Polo traballo e o esforzo, tanto meu como o dos meus compañeiros, creo que merecemos a maioría absoluta.
Ante a presentación de cinco candidaturas é más que probable que no se acade una maioría absoluta por ningún candidato el 22 de maio. Cáles son os partidos cos que o PSG de Ordes pactaría para gobernar os vindeiros catro anos? Cáles son as súas expectativas de cara a istas eleccións municipais? Está o seu partido en fase ascendente ou descendente?
No PSOE estamos convencidos que imos acadar a maioría absoluta, e por eso imos a loitar, e estamos nestas eleccións para gobernar o Concello. Eu quero ser o alcalde de Ordes, nos pactaremos cos veciños e veciñas de Ordes.
¿Cuántas mujeres va a llevar en su lista?
A maioría dos membros da nosa candidatura son mulleres, polo que superamos ampliamente as cotas que establece a lexislación vixente.
Dende aqui, en Mexico, pouco se pode pedir, ou preguntar, pero quero facer chegar un pouco ánimo para que fagades as cousas ben. Solo gracias e saúdos para Susito de Mirás, que sexa un bó candidato tamen Unha aperta.
Grazas amigo. Sabes que os do Campo da Feira fomos sempre moi peleóns, e desta vou a loitar pola alcaldía e para por a Ordes no lugar que se merece.
¿Hará público su patrimonio al igual que hizo el candidato del Bloque en Santiago?
Eu non teño ningún inconvinte en facer público o meu patrimonio. De feito, tanto eu como o resto dos compañeiros, xa temos presentado a relación do noso patrimonio nos órganos competentes do PSdeG.
¿Pactaría con el Partido Popular para acabar con la multicoalición actual?
Volvo a repetir. Eu quero ser o alcalde e nestes intres non me plantexo pactar con ningún outro partido.
Si llega al poder, ¿tomará medidas para acabar con los problemas generados por la 'movida ordense'?
Os problemas xenerados, por sorte para a movida de Ordes, son moi poucos a nivel de orden público. O que si mellorarei é o cumprimento da normativa vixente e intentarei dar a coñecer a movida de Ordes como un espazo de ocio e de diversión para a nosa xuventude.
¿Qué proyectos tiene para Ordes? ¿Alguna nueva infraestructura?
O novo polígono industrial de Pardiñas, como motor do emprego en Ordes, ao que atraeremos empresas capaces de xerar moitos postos de traballo.
Tamén queremos trasladar a actual residencia da terceira idade a un lugar onde os nosos maiores poidan ter zonas verdes e se atopen a gusto, sacándoos do cemento.
Humanizaremos o campo da feira, volvendo a descubrir o río e imos crear un malecón, con zona de paseo e árboles, e non descartamos a posibilidade de peatonalizar algunha rúa.
Entre os nosos proxectos tamén figura a creación dun aparcadoiro para potenciar o comercio; aproveitar a estación do tren e poder incorporarnos ao transporte metropolitano tanto á zona de Coruña como á de Santiago.
E, sobre todo, invertir na conservación e mellora de pistas nas parroquias.
¿que faras en contra da Ley que quere poñernos a Xunta de feijoo os das aldeas de pagar a agua das traidas e pozos que fixemos nos con moitos cartos e esforzos?
po lo que teño entendido ides ter que ser os dos concellos os que poñades os contadores o que quere dicir os malos da pelicula sin se los.
Como alcalde vou a facer todo o posible para que os nosos veciños das parroquias non teñan que soportar o canon da auga, e, dende o Concello, miraremos xuridicamente a fórmula para que este canon non perxudique máis as economías dos ordenses.
¿Cree que la crisis económica influirá en la elección de los alcaldes para los municipios?
Estas eleccións municipais están máis en clave local que se fose outro tipo de convocatoria. En este caso elíxese á persoa e ao equipo durante catro anos van a ser a administración máis próxima aos veciños, xa que dende Ordes non imos solucionar os problemas nin da Xunta nin do Goberno central.
¿Non se arrepinte de non ter roto o pacto de Goberno logo do xiro á dereita de Regos tras as eleccións autonómicas?
O pacto foi suscrito polo Partido Socialista sendo cabeza de lista outra compañeira. Non obstante, eu suscribín e apoie este pacto por responsabilidade cara ós veciños de Ordes, e esto viuse reflectido e se demostrou durante estes catro anos que a estabilidade que lledimos ao goberno local foi beneficiosa para os veciños, en gran parte, polas inversións que grazas ás nosas xestións se conseguiros para o municipio.
¿Cree que ganara las elecciones en Ordes?
Xa o dixen antes: estou convencido de que imos acadar a maioría absoluta. Honradamente creo que a mellor lista que se presenta hoxe en Ordes, cun perfil profesional e humano para gobernar, é a nosa.
Seguira Sr. Pedreira ca recuperación de fontes e levadoiros
Sí. A milla meta persoal e seguir coa recuperación de fontes e lavadoiros en todas as parroquias.
Como no hay pistas de tenis y baloncesto en Ordes
No primeiro proxecto da cidade deportiva iban pistas de tenis e baloncesto. Espero recuperar o proxecto incial para acadar estas pistas no primeiro ano de goberno.
Que pensa facer para traer empleo a ordes
Con iniciativas como a mencionada anteriormente; con traballo, esforzo e visión de futuro acadaremos un polígono industrial que pola súa ubicación é envexable e será demandado por moitas empresas, que serán as que ofertarán os postos de traballo. E poderase conseguir con suelo industrial barato, infraestructuras e incentivos para as empresas.
¿Cal e o seu pronóstico de resultado nas vindeiras eleccións?¿Como quedará a quiniela ao seu parecer no reparto de concellais en Ordes?¿Cree que son necesarios tantos grupos políticos en Ordes ou pensa que hai moitos intereses persoais por encabezar unha lista electoral?
O PSdeG-PSOE vai acadar a maioría absoluta. Cada un é libre de presentarse a unhas eleccións e defender o seu proxecto político, a pesar de que algunha das listas, as veces, parecen máis motivadas por intereses persoais que colectivos.
Se volveses a vista atrás, non se che fai raro que agora pactes con Regos?
Xa contestei antes este pregunta, ao recordar que o pacto asinounou unha compañeira e eu o mantiven por responsabilidade política.
Que lle parece que Nel Astray deixase o PSdG nas anteriores eleccións? e se agora quixese volver ó PSdG?
Unha persoa que xa deixou un proxecto político hai catro anos non creo, por coherencia, que quixese voltar outra vez.
É posible que se chegase a presentarse como cabeza de lista nas anteriores elección fose o menos coñecido dos candidatos. Nestas (segundo a miña opinión) tampouco está entre os candidatos máis populares/coñecidos para os veciños do concello. Está de acordo? Qué lle parece?
Non estou de acordo. Penso que me coñecen moitos veciños e veciñas de Ordes, non só como Suso Pedreira, senón inclusive, nas parroquias, como Suso de Mirás, como coñecían ao meu abó.
Se regos, depois de varios lustros gobernando co PP, hoxe seguise a ter carné do PP, influiriía para que o PSdG o apoiase nesta lexislatura?
Xa respostei antes dicindo que imos acadar a maioría abosluta.
Cando tendran ramatado o plan xeral urbano.
Haber si o empleo en Ordes mellora, que teñen pensado como atacar o desempleo.
En temas como a sanidade, Medio ambiente e medio rural estano facendo muy ben, pero habra que seguir mellorando.
Habra que mellorar o tema da plaza de abastos, que ten pensado vostede
Como todos coñecen en Ordes, o Plan Xeral (PXOM) que foi rematado na anterior lexislatura por Martino, foi botado abaixo pola Xunta do PP, polo que tivemos que empezar de novo, grazas á financiación da Xunta do presidente Touriño. Nestes intres estase a facer o estudio medioambiental na consellería correspondente, e esperamos poder rematalo nun máximo de dous anos.
Ata o momento, todos os intentos que fixemos, falando con grandes empresas e tamén cos comerciantes de Ordes, non conseguimos que ninguén amosase interese por instalarse na praza de abastos. Na vindeira lexislatura apostarei por unha praza con productos da comarca.
Vostede pidiu o voto para Zapatero, díxonos nun acto electoral para animarnos a votar a Zapatero no Restaurante Tunel de Ordes que Zapatero era a mellor opción para Ordes, Galica e España. Tres anos despois sintome defraudado xa que votei según vostede me dixo, xa non confio en vostede. ¿Porque debo confiar mais en vostede cando se equivocou tanto?
Creo que durante estes catro anos xa demostrei, coa posta en marcha de inciativas como as mencionadas nestas entrevistas, que os veciños e veciñas de Ordes poden confirmar en min.
Qué etapa de Regos no concello lle gusta máis, como tenente de alcalde ou como alcalde??
Non quero entrar a valorar o comportamento doutros candidatos a estas eleccións. Esa valoración correspóndelle aos veciños.
En cales destes supostos debería deixar o cargo un representante político, na sua opinión?: cando é imputado, cando o procesan, ou cando ten sentencia firme como sosten na practica o PP.
Cando unha persoa é imputada pola xustiza, é que hai indicios de delicto, e é cando un político debería dimitir.
Cal será o criterio a hora de escoller os grupos que tocarán nas festas patronais? (hai grupos que veñen sempre e parecen ter "enchufe" como Os Viqueiras)
Se son alcalde, nas festas tocarán todos os grupos de Ordes, sen distinción nen discriminación.
Se Martino deixase a militancia no PP, podería tamén pactar con vostedes?
Que eu sepa, Martino non se presenta a estas eleccións.
Ten vostede un gusto especial polos cargos públicos?
Non.
Politicamente falando, Que che parecen os anos que pasou Regos como tenente de alcalde do PP?
Non me gusta mirar ao pasado. Penso no futuro de Ordes
Vai pactar con outros partidos?
Xa respostei a esta pregunta.
O Doutor Gestal fíxo, neste xornal, unha crítica moi dura contra un artigo seu, tamén neste xornal. Qué opinión lle parece a opinión do Dr. Gestal (actual decano da facultade de medicina de Santiago de compostela)??
Este tema xa foi respostado no seu día polo Defensor do Lector de El Correo Gallego.
Primeiro de todo darlle as gracias polo que esta a facer pola vila de Ordes, eu persoalmente estou moi contenta coa sua labor. Espero que lle vaia moi ben nestas eleccións. Que pensa vostede que lle queda por facer por Ordes?
Quedan moitas cousas por facer para unha vila que está entre A Coruña e Santiago, cun gran porvir. O meu obxectivo e por en marcha iniciativas que axuden a fixar poboación, mellorando a calidade de vida dos veciños e veciñas, e ofertando emprego.
Entendo que vostede responde dende unha das posibilidades: que obteñan a maioría absoluta. Pero non é de tolos pensar que non haberá maioría absoluta e que teñan que pactar con alguén (como pasou estes 4 últimos anos). Pídolle por favor que se molle e ordee o resto dos partidos políticos cos que ten preferencia para pactar (PP, UXO, BNG, CideGa...). Ordee de mais a menos predisposición a pactar.
Nestes intres, o meu pensamento non está nos pactos poselectorais. Estou centrado no meu traballo e buscar o mellor proxecto para Ordes. Antes de falar de pactos hai que deixar que se pronuncien os veciños e veciñas de Ordes nas urnas o vindeiro 22 de maio.
¿Tiene en su programa solicitar a la Xunta el fin del peaje de la AP-9?
Non soamente a AP-9 pasa por Ordes. Pasa por máis concellos, e eu adirome a todos aquelas iniciativas conxuntas que busquen a liberalización da autopista.
¿Cómo interpretas as desafeccións no seo do seu grupo?. Dous concelleiros que ían na súa lista hai catro anos, agora preséntanse como independentes.
Non se presentan como independientes, senon que van dentro dunha candidatura definida nitidamente de dereitas.
As desafeccións que menciona poden ser debida a que a esas persoas xa non lles servías a ideas socialistas.
Qué lle parece a idea (apoiada por algún compañeiro socialista seu) de reducir o número de concellos en Galicia? Agruparía Ordes ós concellos da Mancomunidade de Ordes?
Estou dacordo na reducción dos concellos, e engado que os concellos non deberían ter menos de 20.000 habitantes e, ao mesmo tempo, como pode ocorrer no interior de Galicia apoiaría ás comarcas naturais. A agrupación de Ordes aos concellos da mancomunidade entra dentro destes dous supostos.
Hola Suso!! Gustame verte con esa ilusión e ánimo, así que non decaiga e desexoche moitos éxitos que vanlle a vir moi ben a ordes.
Moitas grazas.
Fala V. de facer un novo polígono, non cree que o que hay agora e suficiente, cando a maioría das parcelas están vacías e as que se ocuparon foron con empresas xa existentes, cree que realmente hai tanta demanda como pra facer un novo polígono?
Non cree que é un despilfarro a ampliación do concello? Sobre 200 millons das antigas pesetas.
Efectivamente. A mala xestión e planificación deste polígono estamolo pagando ahora, porque moitas destas parcelas foron mercadas para especular e non para crear postos de traballo. Ao mesmo tempo son parcelas moi pequenas, máis para agrupar ás empresas do municipo e non para atraer a grandes empresas.
Como expliquei antes, a situación do novo polígono de Pardiñas resultará moi atractivo para a empresas de loxística, por ter moi preto da autopista e a estación do tren.
Como están as contas do concello? Está tan hipotecado como dín? Fará pública unha auditoría interna si V. goberna?
As contas do concello de Ordes non están mal, vendo os informes doutros concellos de Galicia.
Para mellorar esta situaciónnós imos a facer un plan de contención do gasto e recortes en aquelas partidas non productivas. O que non faremos será rebaixar o gasto en servicios sociais. Ao contrario, melloraremos economicamente esta partida, sobre todo nestes intres.
As contas do Concello están fiscalizadas polo Consello de Contas, polo que xa son públicas.
Di que o partido CIdeGA está escorado a dereita, pero a cabeza de lista deste partido foi co seur partido as anteriores eleccions, como explica eso?
Xa contestei antes. Penso que a persoa que encabeza esta candidatura igual agora non lle sirven os principios que defende o PSdeG, ainque que ata o de agora estivese dacordo con eles.
Está vostede seguro ó 100% de que vai gañar as eleccións con maioría absoluta?
Non contempla nin unha mínima posibilidade a que se teña que pactar para formar goberno? Pois entón por favor, díganos con quén está disposto a pactar. Considero pouco sincero pola súa parte non contestar a isto dicindo que van gañar con maioría absoluta
Insisto, primeiro teñen que falar os veciños e veciñas de Ordes, e decir a quen queren na Corporación. Tanto eu como os meus compañeiros estamos a traballor pola maioría absoluta. Somos conscuentes de que para levar a cabo o noso proxecto necesitamos esa maioría que estamos seguros nos van dar os ordenses.
En primeiro lugar quero agradecerlles as preguntas que me formularon, sinto non poder contestar todas as que chegaron, por falta de tempo. A proxima vez que volva a Elcorreogallego.es espero xa ser alcalde e poder concretar máis polos miudo algúns dos proxectos mencionados.
Moitas grazas a todas e a todos.