Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 08.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Portada » Encuentros digitales

José Luis García

Candidato a la alcaldía de Arzúa por el BNG

Comparte en Tuenti Atrás

Bos días a todos. Grazas pola vosa participación neste encontro. Espero poder contestar da mellor forma posibles a tódalas vosas cuestións.

  1. Queria saber porque o governo do BNG Obrigou os veciños (con motivo das obras da travesia de Arzua) a pagar un VADO para poder aceder o seu garaxe ou a sua finca.
    Isto e legal ? Non deberia ser optativo?
    Grazas

    Desde o meu punto de vista o que non era normal era as situacións que se estaban dando ata o de agora con respecto a este tema. Refírome a que había algúns accesos a garaxes que tiñan sinal de vado cando non se estaba pagando licencia municipal algunha, o cal resultaba bastante inxusto, creo eu, para quen si o paga. En todo ten que haber unha orde e neste caso tamén.

  2. Se pensaba que estaba sendo obxeto dun soborno, por qué fixo deixadez das suas funcións como alcalde e non o denunciou antes?

    Neste tema vexo que a algunha xente lle custa moito ser obxectiva. A este xente eu fágolle a seguinte pregunta: estaría mellor para vostedes que o alcalde houbera aceptado o soborno e deste xeito non dar oportunidade ningunha de participación na radio municipal a oposición? Por outra banda, creo que hai que dar sempre unha oportunidade de rectificar, cando iso non sucede hai que tomar as medidas que estén ao noso alcance para parar unha conducta como a deste caso en concreto. Houbera vostede crido ao alcalde se non houbera tido probas desta chantaxe? Houbera crido na palabra do alcalde ou na do sobornador?

  3. Tendo en conta que as outras tres forzas politicas de Arzua estan de acordo en que haxa debate e se retransmita pola radio. ¿Esta o BNG disposto a facelo?
    Rogo unha resposta sen disculpas.

    Esta semana tivemos un debate os catro candidatos á alcaldía de Arzúa no IES. Foi un debate no que en todo momento se gardaron as boas formas. Non podía ser de outro modo dado o lugar no que nos atopábamos. Pola parte do BNG non hai medo a debate ningún sempre e cando non se queira utilizar ese debate para crispar máis aínda os ánimos.

  4. Supoñendo que se repitan os resultados de hai catro anos, ¿en que vai cambiar o goberno de José Luis García do de Xaquín García, e en que se van parecer?

    O BNG leva poñendo en práctica un proxecto para Arzúa e as parroquias que integran o noso Concello desde fai oito anos. Queremos continuar con este proxecto. Por outra banda, este proxecto lévao a cabo un equipo de persoas non só unha.

  5. Que opinion che merece o que lle aconteceu a Xaquin?? Esa impotencia de non poder facer nada ante unha lei inxusta? Desexarvos que o BNG acade maioria absoluta en Arzua. E o que merecedes despois de semellante inxustiza.Esperemos que o pobo se de conta e vote o BNG o 22 de maio. Animo.

    Creo que é a maior inxustiza que se levou a cabo en anos contra un alcalde e non é que o crea eu, e que a pouco que se pense chegaremos a esa conclusión. De feito, son moi numerosas as reaccións que hai na prensa en contra deste acto do PP. Tamén son moi numerosas as mostras de apoio que recibimos o BNG de Arzúa como organización e o alcalde a nivel individual. As cousas estánse a facer moi ben en Arzúa e isto non o podía permitir o PP polo que votou man dunha lei dirixida ao entorno do terrorismo para non permitir que Xaquín García fora o candidato do BNG en Arzúa. Cando un é alcalde pode cometer erros e terá que pagar por eles, pero o que é inxusto é que se deba pagar polos erros dos demais; peor, aínda, pagar polos erros dos que te están denunciando.

  6. Todos sabemos que coa súa proclamación como candidato, as posibilidades de que haxa un pacto co PSOE de Xavier Pintor van en aumento. Se non acada a maioría absoluta, firmaría un pacto co PSOE para manter un goberno de esquerdas? Se os socialistas sacan máis vostos que o BNG, daríanlles os seus votos a Xavier Pintor para fose o alcalde de Arzúa?

    Non sei os datos que ten vostede para afirmar que as posibilidades de que haxa un pacto co PSOE, sendo eu o candidato, aumentan. Eu desde logo non teño eses datos nin esa capacidade de prever o futuro. De tódolos xeitos, prefiro esperar os resultados do día 22 para analízalos e ver as distintas posibilidades que se poden dar. Tamén se pode gobernar en minoría facendo acordos ou pactos puntuais, xa o fixemos fai oito anos.

  7. realmente no te da un poco de coraje que te esten tutelando de una manera tan descarada y patetica

    "Descarada" e "patética" son dous adxectivos que non definirían o meu tutelaxe si existira. Non creo que fora intelixente pola miña parte non deixarme aconsellar pola experiencia de tódolos meus compañeiros. Mal empezaría.

  8. si ganas contrataras al exalcalde de arzua, Xaquin Garcia como asesor o otro puestecillo de eses que os gustan tanto al bng, para emplear a los amigos, como hizo la alcaldesa de Vilasantar que contrato a un ex concejal del bgn y le paga al año 60.000€ anuales,por hacer nada. creo que a la gente se le debe de explicar todo ya que estais tan explicativos y resentidos por tanta injusticia.

    Non creo que nas miñas palabras poidas ver atisbos de resentimento algún. outra cousa é que crea que deba denunciar unha gran inxustiza que se cometeu co noso alcalde, si así o penso. Non quero que teñas a menor dúbida de que contarei co apoio de Xaquín, se chego a ser alcalde. Sería un gran erro pola miña parte non contar coa súa experiencia na xestión deste Concello. Está claro que en Arzúa houbo un gran avance nestes últimos anos, todos estes avances estiveron liderados por un home que leva demostrando a súa valía como xestor deste Concello durante anos; como vou a presecindir do seu consello e colaboración!

  9. las personas estan por encima de las siglas o en politica todo vale. no crees que algunas personas las siglas le quedan grandes

    A política non é diferente a outros ámbitos da vida. A pouco que o pensemos tamén a moita xente lle queda grande o seu posto de traballo, sobre todo se non cumple coa súa responsabilidade. Non creo esa frase que xa se empeza a convertir nun tópico: " en política todo vale". Algúns estamos en política porque cremos que as cousas se poden facer doutra maneira.

  10. como no dices en voz alta lo que piensas en voz baja, si todo el pueblo sabe que existen discrepancias serias en vuestro grupo por que no todo el mundo quiere comulgar con la doctrina impuesta por el exalcalde xaquin garcia.

    Eu fágoche outra pregunta: como sabes ti o que penso? Non sei porque non pode haber debate dentro dun partido político. A min, particularmente, non me asusta que a xente que pertence a unha organización política ou a un grupo de traballo mostre a súa discrepancia. Dáme máis medo cando se quere facer ver que esa discrepancia non existe, coma no caso do PP. Volvo a insistir na idea de que o funcionamento dun partido político non ten porque ser distinto a outros grupos de traballo, as mellores ideas xurden do debate, non de aceptar o que unha persoa di, sin máis. No BNG de Arzúa vimos de pasar por unha situación na que nos vimos forzados, inxustamente, a cambiar o noso candidato á alcaldía; eu era o número dous na lista, tiven que cumprir coa miña responsabilidade e poñerme ao fronte desa candidatura e sempre co respaldo dos meus compañeiros de partido. Podemos dicir o mesmo doutras forzas políticas que en pouco tempo tiveron varios candidatos?

  11. Realmente quiero pensar que eres distinto a tus compañeros, ¿no te averguenzas de todo el teatro que montaron, porque a nadie le cabe pensar que una falta del calibre que se publico estuvo dos años en un cajon y se graba a los trabajadores para usarlo que casualidad antes de unas elecciones, no nos insulteis la inteligencia, la pregunta para eliminar a un candidato y al final el cazador cazado

    Pertenzo a un grupo de traballo a un equipo que leva oito anos xestionando este Concello en iso non son diferente. Non sinto vergonza algunha. Sentiría vergonza si o alcalde de Arzúa, fora cal fora o seu signo político se deixara sobornar. Xa dixen máis arriba, que sempre hai que dar unha posibilidade de rectificar, cando iso non sucede entón hai que reaccionar. Non é lícito recadar as probas dunha chantaxe a que estás sendo sometido? Temos que poñernos de parte do sobornador ou do sobornado? Creeríamos a palabra do sobornado si non houbese tido probas dese soborno? Tes razón nunha cousa, non é bon insultar a intelixencia de ninguén, tampouco a miña.

  12. por que siempre vais de victimas, el edificio plaza lo utilizateis denunciando su ilegalidad, mientras estabais en la oposicion para fustigar al alcalde del pp moscoso, cuando gobernasteis metisteis en un cajon la ilegalidad, y ahora esa misma ilegalidad os quita la silla. ¿por que no contais la verdad y dejais de ir de victimas, solo lo sois de vuestras propias trampas?

    Cal é a verdade? Que Xaquín García non se pode presentar como candidato á alcaldía de Arzúa por un erro que el non cometeu? Que non se pode presentar a alcalde a pesares de non ter sentencia firme? Que outras que si tiñan sentencia firme non derrubaron a sexta planta dese edificio? Que é condenado por unha lei feita para impedir que persoas que apoian o terrorismo accedan ás institución públicas?

  13. ¿Cal será a primeira medida que tomará se chega a ser alcalde?

    Continuar co proxecto que vimos desenvolvendo en Arzúa. Fixéronse moitas cousas: temos unhas instalacións deportivas e culturais envidiables ( campo de herba artificial, pistas de pádel, voleibol, tenis, xogos tradicionais, nova tribuna, nova biblioteca, telecentro, local de ensaio, locais sociais nas parroquias...), renovamos e humanizamos as rúas de Arzúa e moitos núcleos rurais, pero aínda así QUEDA MOITO POR FACER.

  14. ¿Por qué tengo que votarle a usted?

    Ocurrénseme moitas razóns. Intentarei resumircho nunha: polo proxecto que o BNG ten para Arzúa. Parte dese proxecto xa está feito, pódelo ver si das unha volta polo núcleo urbán e polas parroquias ( síntome especialmente orgulloso da atención que este goberno prestou ás parroquias) . É necesario facer un exercicio de memoria. Miramos atrás e vemos que os cambios tanto na vila como nas parroquias son moi evidentes. Tes que votar a BNG para continuar con ese proxecto que está transformando, para ben, o noso Concello.

  15. ¿Qué planes tiene para la radio municipal?

    Fai oito anos cando o BNG se fixo cargo do goberno no Concello de Arzúa abrimos a radio municipal ao resto dos grupos políticos. Quero recordar que antes diso, durante os anos de goberno do PP, os grupos da oposición tiñan vetada a súa entrada á radio municipal. A radio é pública e polo tanto ten que estar ao servizo dos arzuáns e arzuás.

  16. Despois de máis de 20 anos de julgado en xulgado, e vendo o que lle pasou a Xaquín García, se vostede goberna, ¿vai tirar a sexta planta do Edificio Plaza o non?

    Ese tema está na xustiza. Veremos o que pasa.

  17. É certo que o tiveron que "convencer e animar" para ser o candidato do BNG?

    Nin convencer, nin animar. Recodo que era o número dous da candidatura, ao non poder presentarse (inxustamente) Xaquín decidiuse correr a lista polo que eu tiven que cumprir coa responsabilidade que conlevaba ser o número dous.

  18. Despois da imposibilidade de presentarse Xaquín ás eleccións, como estás ti, máis o resto do BNG animicamente falando? Xaquín vai seguir traballando con vós?

    Foron momentos moi difíciles para nos. Que eu sepa Xaquín é o único alcalde ao que se lle aplica esta lei tan inxusta. Agora estamos centrados na campaña como non pode ser doutra maneira, centrados en explicar o noso proxecto para Arzúa pero tamén explicándolle á xente a tremenda inxustiza de que foi obxecto o noso alcalde.

 

Toca despedirme. Foi un pracer contestar ás vosas preguntas, intentei ser claro e honesto nas miñas contestacións. Espero que Arzúa siga apoiando o proxecto do BNG. Un saúdo, que teñades bó día.

Comparte en Tuenti Atrás
Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS