Jueves 23.05.2013
| Actualizado 19.50
Hemeroteca web
|
RSS
Ola boas tardes. Moitas grazas por atenderme en elcorreogallego.es, e aos comunicantes por permitirme dar a coñecer as miñas ideas e proxectos para as vindeiras eleccións municipais e o futuro de Oroso. Tentarei respostar todas as preguntas recibidas, se nos da tempo. Empezamos
¿Por qué no ha seguido María José Mira como candidata?.
¿Qué opina de la corrupción que conlleva la construcción?.
¿Obligaría usted a cumplir la Ley en Oroso a todo el mundo por igual?.
En Oroso nadie le conoce y piensan que usted es residente en Santiago de Compostela. ¿Podría resumir su biografía personal?.
¿Cuales son sus compromisos para los cuatro próximos años?.
Esa non foi unha decisión miña, nin tiven nada que ver na mesma. De feito, constame que María José non me fai responsable desa decisión, e conta con toda a miña simpatía. Ben o sabe ela.
A min non me consta que haxa corrupción na construcción en Oroso. En todo caso corresponderíalle investigala aos funcionarios que están adicados a este tema.
A lei é para todos igual, e dase por sentado que todos estamos obrigados a cumplila.
Non estou de acordo coa afirmación de que nadie me conoce en Oroso. De feito, neste concello hai un dito moi coñecido que di que "o home é de onde nace, e o boi de onde pace", e eu nacín en Sïgüeiro, e os demáis candidatos que digan onde naceron.
Para os próximos catro anos comprométome a recuperar de novo os valores democráticos que foron esquecidos ao longo das últimas lexislaturas. Dar prioridade, sobre todo, as persoas e non as obras. Dar o auténtico realce que merece o medio rural, que ultimamente está completamente abandoado, sin que esto supoña menoscabo para a parte urbana, entre outras cousas
José Manuel como amigo te pido que los candidatos de Senre no te valen, busca otros para tu bien al ser candidato a alcalde
Estou totalmente de acordo cos candidatos de Senra.
¿ Que opina vostede de que a Xunta de Galicia deixara o Concello de Oroso sin o 112 despois de haber un acordo, e mais decindo que o presuposto eres moi caro, sendo na actualidade mais caro levalo, para A Estrada ?
Eu non estou de acordo coa súa afirmación. En todo caso, a responsabilidade de que o 112 non estea situado no concello de Oroso, cousa que lamento profundamente, debese a mala xestión ou incapacidade do propio goberno municipal.
Cree usted oportuno prescindir en su candidatura de las personas que durante estos años para bien o para mal han sido los pilares del Partido Popular en Oroso?
En absoluto prescindo desas persoas. O que pasa é que hai ocasión nas que incluso en que aquela xente que non vai ao frente das candidaturas fai unha labor máis importante desde outros ámbitos do partido.
Que opinión le merece el comentario que circula por Oroso de que usted se ha metido en política por que no tenia ninguna otra ocupación ya que estaba en el paro y con escasas expectativas de encontrar otro trabajo debido a su edad y a su escasa titulación?
É totalmente falso que eu estea no paro.
¿Cales son os proxectos mais importantes que ten pensado acometer na próxima lexislatura se gaña as eleccións? ¿Qué cree vostede que precisa Oroso con máis urxencia?
Ademais das que xa mencionei na miña primeira resposta, e respecto ao medio rural, temos pensado involucrarnos de forma moi directa coa chegada das novas tecnoloxías, mellorar o servicio electríco e as sinais de televisión, así como rematar na vindeira lexislatura os procesos de concentración parcelaria naquelas parroquias nas que se está executando ahora mesmo.
Temos interese en fomentar o coidado e protección dos ríos para, de algunha maneira, poder adicalos a fomentar os recursos turísticos en base a pesca e actividades de ocio.
¿¿Parecelle normal vir a presentarse a Oroso cando usted esta censado na Coruña e reside nela dende fai mais de 20 anos??
Paréceme correcto. De feito, estou vindo a Oroso todos os fins de semana e tamén durante a semana. Ademáis, as miñas raíces, como xa dixen anteriormente, están en Sigüeiro.
¿que motivos ou inquedanzas o levan a encabezar unha candidatura dun concello no que teño ententido que non vive ?
¿donde vive, donde paga os impostos?
¿que coñecementos xeográficos ten do concello? ¿sabe cantas parroquias ten? ¿sabe onde se atopan os lugares de Rial, Xabel, Baxoia, A Rúa, Castiñeiro Redondo, Bran, Armada,..
¿cales son as necesidades máis prioritarias do concello de Oroso?
Eu fun presidente do coto de caza, que abarcaba a todo o municipio de Oroso, polo que teño coñecemento xeográfico de todo o concello e das súas parroquias.
As miñas inquedanzas por encabezar a candidatura do PP xa as respostei anteriormente.
Se escucha por Oroso el mas que suguro pacto entre el PP y el PG es cierto? Le pido q se moje y sea sincero.
É totalmente falso que teñamos un pacto. Coñeco a Siverio Mirás dende hai moitos anos, e porque ahora eu pertenza a un partido non se pode dar por suposto esa afirmación.
En todo caso, o meu pacto é cos veciños e veciñas de Oroso e con ninguén máis.
¿ Que o motivou a entrar en política?
A esta cuestión xa respostei anteriormente, nas dúas primeiras preguntas. Ademáis creo que chegou a hora de cambiar a política que se fai no Concello de Oroso.
¿ Comtemplou vostede a posibilidade de integrar na súa candidatura a anterior portavoz?.
Contempleina por un momento, pero os feitos acaecidos e diversas circunstancias leváronnos a optar por unha candidatura de renovación.
¿ Como se entende que non sendo deste Concello , nin vivindo nel , se presente vostede a alcaldía , e sobor de todo se foi como sae nos medios de comunicación?.
Xa expliquei anteriormente os motivos que me levaron a encabezar un proxecto que considero moi interesante para os veciños de Oroso.
¿ Cales foron as circunstancias que fixeron posible a súa sorpresiva incorporación a vida política?
É certo que foi sorpresiva, e xa expliquei anteriormente cales foron os motivos. Ademais, eu xa estiven moi vinculado anterioremente a movimentos asociativos de Oroso, como o clube de fútbol, asociación de veciños e a Asociación de Cazadores Riveras del Tambre, entre outros.
A elo sumouse que houbo veciños que me pediron que me incorporase ao proxecto do PP.
¿ Cal é súa opinión acerca das formas utilizadas pola dirección provincial para nomealo candidato habendo xa un candidato confirmado?.
Pareceme que as formas poideron haber sido distintas. Lamento profundamente a situación que se produxo, pero a que eu son totalmetne alleo.
¿ Ten algo que ver coa súa incorporación a política o feito da modificación do PXOM de Oroso ,e que vostede posúa unha edificación que está fora de ordenación , como se comenta en Sigüeiro nestes momentos?
En absoluto. Non ten nada que ver unha cousa coa outra.
¿ Que papel xogan na súa incorporación a política , as figuras do ex-alcalde Eugenio Neira , e os anteriores concelleiros coma Tomás García ou Edmundo Vazquéz,que no 2007 apoiaron outras candidaturas e agora volven o PP?.
Non o sei. Non falei para nada con eles ata despois de haber sido nomeado candidato polo Partido Popular.
Despois de que Feijóo prometese rematar coa "crisi" (como lle chama el) en 45 días en Galiza, en canto tempo promete vostede rematar coa crise en Oroso?
Se se refire á crise política e a falta de democracia, se os veciños deciden que sea eu o alcalde, esta crise acabarese o 12 de xuño, o día seguinte ao que tomaría posesión do meu cargo,
Desde hace tiempo se ha crecido mucho la inseguridad en Sigüeiro, robos, altercados, etc, en mi opinión por la poca presencia policial en las calles. No entiendo como Oroso puede haber solo dos Policias Locales, cuando en ayuntamientos similar hay mínimo 5 o 6. Qué piensa usted hacer con la Policia Local?. El alcalde prometió acabar la legislatura con 5 y así está el panorama.
O que prometeu o alcalde teríao que haber cumprido o alcalde. En todo caso, nós trataremos de por remedio a esta situación solicitando a colaboración das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, e tratando esta problemática cos efectivos de que dispoñemos nestes momentos na Policía Local e con aqueles outros que se poidan incorporar.
Que lle parece que Siverio (PG) pida o voto para o PP
A mín non me consta que pida o voto para o PP, pero, se fose certo, agradeceríallo.
Estamos seguro que non recibirá un SMS de aquí ao día 22, no que tamén vostede sexa substituído?
Estou seguro de que non o vou recibir.
A desaparición de María José ten algo que ver con ser Muller?
Ou é certo o rumor de que vostede, Siverio e o Alcalde de O Pino foron os causantes do cese de María José?
Estou seguro de que non ten nada que ver con ser muller. E estou completamente seguro de que non teñen nada que ver as persoas que se mencionan.
As propiedades que vostede ou a súa familia teñen na zona onde se vai facer o novo plan parcial teñen algo que ver coa súa participación repentina na vida política de Oroso?
Non.
Como pode ser que vostede se presente a unhas eleccións ás que nin sequera se vai poder votar?
Non existe ningunha lei que prohíba que eu me presente as eleccións en Oroso.
Cando van presentar a lista... ou é que non atopan xente, sobre todo mulleres, tal e como se di polo pobo?
A lista imola presentar o día 23 de abril.
¿Que pensa sobre a Ley de Augas de Galicia e o seu regulamento de aplicación no ámbito da Comunidade Autónoma Galega?
Coa nova normativa os usos agrícolas, gandeiros e forestais quedarán exentos de tributar polo uso da auga por primeira vez en Galicia, xa que a nova Lei de Augas ten en conta a existencia de traídas veciños e pozos particulares que, na práctica, tamén estarán exentos do pago do canon da auga.
Esta ley non crea un novo tributo, senón que ven a substituir o canon que había de saneamento. Ademáis a aprobación da Lei de Augas ven motivada por unha directiva europea de obrigado cumprimento, independentemente de quen sexa o que esté gobernando.
Os pozos particulares non pagarán o canon da auga. A propia lei o dispón no caso de que resulten antieconómicos. Aplicarase unha bonificación do 90% para aqueles usuarios que se abastezan de traídas veciñais e isto é compatible ca bonificación do 50% para as familias numerosas. A lei non obriga a instalación de contadores.
Coa nova lei cumprense a normativa europea, e tense en conta a realidade galega.
desexolle moita sorte na tua andadura como politico, espero que sigas sendo tan boa persona coma cando non o eras.
a ver se cabas ca cacicada de turno .
Agradécolle as súas palabras e os seus desexos. Seguirei sendo a mesma persoa de sempre.
A miña pregunta é a seguinte...Creo saber que toda unha vida a sen ter algún contacto coa política... cal e a sua interese agora por este mundo? Porqué e para qué lle interesa involucrarse nesta nova aventura ¿? Qué lle parece a competencia? Síntese con ventaxa ou desventaxa antes os seus rivales a representante do Concello de Oroso?
Ahora non é o momento de quedarse parado. O que dixen na anterior pregunta a der ser recuperado polo ben dos veciños e veciñas de Oroso, e o proxecto que me ofreceron no Partido Popular pareceume o suficientemente atractivo como para que eu me implicase.
A competencia, por parte do actual goberno, pareceme, en certa medida, desleal. Hai actitudes como a permanente inauguración dunha mesma obra en varias ocasión non deixa, cando menos, de ser reprochable.
Non me sinto con ventaxa nen con desventaxa respecto dos outros candidatos. Síntome con ánimo suficiente para afrontar este reto no que han de ser os veciños e veciñas os que digan ao final quen é realmente o que ten ventaxa.
Quero darlle as grazas ás persoas que participaron neste encontro, e agradecerlle de maneira afectuosas a todos o trato que me dispensaron e desexarlles a todos o mellor.
Un saúdo a todos