Miércoles 08.04.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Saúdo a todos os veciños e internautas, e póñome a vosa disposición para respostar ao maior número de preguntas posible.
¿Qué planes especificos tiene para la creación de empleo en Teo?
No Partido Popular ímonos a volcar a volcar en temas de emprego. Para elo imos crear o centro municipal de formación para o emprego, que vai supoñer un xiro de 180 grados sobre o feito ata agora, xa que nos últimos catro anos non se investiu nin un so euro en formación para o emprego.
Ademáis imos promover escolas obradoiro e obradoiros de emprego, para darlle formación a traballadores e queremos tamén que as persoas que xa están traballando poidan mellorar a súa formación.
Imos desenvolver dúas áreas industriais, a da Ramallosa e a de Montouro, e ás empresas que xeneren emprego en Teo imolles a reducir os impostos municipais.
¿Cal é a súa opinión sobre os buratos de Teo? Temos o burato da piscina municipal da Ramallosa, o macroburato do centro comercial Val da Ramallosa, o burato do centro de saúde,... Falta xestión ou temos alma de queixo gruyere.
Teño que decir que faltou xestión, como é evidente, por parte do goberno municipal, e agora o que nos queda é dar solución ao que non se fixo durante os últimos catro anos. Sabemos que é un traballo moi intenso e de moita responsabilidade, pero imos a facelo.
Cómo puede explicar que hable de renovación del PP en Teo sin contar con las nuevas generaciones?
Si contamos coa xuventude. De feito na nosa candidatura a media de idade non sobrepasa os 40 anos de idade, e sete dos membros aínda non cumpriron ós 30 anos.
Conta vostede con algunha medida para a conciliación da vida familiar e laboral?
O noso programa inclúen numerosas medidas para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, e, en xeral, para ter en conta o benestar das familias. Neste sentido poremos en marcha o "programa madrugadores", para que os pais poidan deixar aos seus fillos a primeira hora da mañá na escola antes de ir a traballar; a creación dunha guardería en Cacheiras e tamén aumentar as prazas nas tres xa existentes, ata completar un total de 70 novas prazas.
Nesta liña tamén imos crear programas de protección de benestar para as familias con persoas maiores, dependentes e discapacitados.
estaría vostede disposto a facer un debate cos demais candidatos á alcaldía en Teo, na radio ou na tele?
O debate hai que falo as 24 horas cos veciños e presentarlle unha alternativa de goberno creíble.
Tendo un pasado ligado politicamente a Armando Blanco, ¿vai ser vostede outro Armando ou dito doutra forma, a nova proposta do PP é o armandismo sen armando?
Eu vou ser José Manuel Guerra, con todo o que eso significa.
Non considera vostede unha lousa difícil de soster a herdanza do seu antecesor na candidatura, Armando Blanco? Cre que aínda lle pasará factura? Grazas.
A herencia que asumo é a miña traxectoria de trinta anos como empresario. Esas son as miñas credenciales.
Sr guerra ¿que fara cos veciños de teo que non temos auga da traida nin alcantarillado e que estamos abandonados polo concello ?
Dende o Partido Popular imos darlle prioridade as traídas de auga e a rede de alcantarillado mediante a posta en marcha dun plan integral, xa que esta é unha asignatura pendente en Teo, donde hai moitas zonas sin traída de auga nen saneamento, o que demostra que o noso concello é un dos máis atrasados do entorno.
Espero que no haga como todos los demás candidatos que han pasado por este foro y que pueda contestar sinceramente: ¿Si no obtiene la mayoría absoluta, con quién estaría dispuesto a pactar: con Parajó, con Jano o con Martiño?
Nós estamos traballando moi intensamente para conseguir a confianza dos veciños e non ter a necesidade de pactar con ningún dos que vostede menciona.
Señor Guerra: En la candidatura del PP al Ayuntamiento se nota mucha ilusión pero ninguna preparación para asumir el gobierno municipal, ¿No cree que son candidatos muy poco fiables?, ¿Tapará ese hueco con asesores a dedo?
Precisamente o feito de ser novos en política é unha garantía de estar en plena disposición de asumir a responsabilidade de goberno cun criterio moi cercano aos veciños. De feito, o 30% dos candidatos do Partido Popular e xente que non procede da política.
Esta decisou tomouse coa intención de facer unha política de máis proximidade. Conto con xente moi preparada e plenamente capacitada para xestionar o concello de Teo como se merecen os veciños.
Como vecina de Los Tilos necesito que me explique que actuaciones va a conquerir en la urbanización en la que vivo para mejorarla. Gracias
Entre outras actuacións, e se temos responsabilidades de goberno, xestionaremos a instalación de ascensores nos edificios. Dinamizaremos o centro comercial, repararemos as aceras e soterraremos os cables.
Podría enumerar sus cuatro principales proyectos para la legislatura, si llega a ser alcalde
Dende o Partido Popular presentamos un programa moi extenso, con numerosas medidas. Entre elas quero destacar as seguintes:
1.- O centro municipal de formación para o emprego
2.- Convertir Teo nunha gran zona residencial, como unha gran área metropolitana, co eixo Teo-Ames-Santiago
3.- Construiremos unha gran senda verde, que permita aos veciños e veciñas percorrer a pé ou en bicicleta todo o municipio.
4.- Plan integral de abastecemento de auga e saneamento de todo o municipio.
Qué opina usted do PXOM que pactaron o seu colega Armando Blanco, Parajó e o alcalde actual Martiño Noriega?
Se os veciños nos otorgan a responsabilidade de gobernar, imos revisar algúns aspectos do Plan Xeral.
Ao seu entender, ¿cáles foron os catro principais acertos do BNG nesta lexislatura e cales os catro maiores erros?
Vou a resumir todo nunha soa frase. O concello de Teo é o terceiro pola cola en inversión por habitante dunha lista de 25 concellos do entorno de Santiago, segundo datos do Ministerio de Facenda.
El PP presenta una renovación en profundidad en su lista pero: ¿Va a contar usted con el apoyo de Armando Blanco, después de que éste estuviese sopesando presentar una candidatura independiente? ¿Se considera usted mejor empresario o mejor político?
Primeiro. O noso proxecto está pensado para contar con todos os veciños e veciñas de Teo, chámense como se chamen e sexa cal sexa o seu apelido.
Respecto da segunda cuestión, decirlle que me considero un empresario moi responsable, despois de 30 anos de exercicio, e na miña e nova faceta política voi aplicar ese mesmo sentido de responsabilidade.
Sr. Guerra: La cúpula del PP, se vuelca totalmente con Ud. en el apoyo a la candidatura por Teo, pero no hace lo mismo con otros concellos de la comarca (Ames, Vedra, Boqueixón). Si salen Uds. ganadores, ¿Habrá que pagar favores o hay intereses ocultos para que gane el PP en un concello tan "goloso" como el de Teo?. Grácias.
O interese do Partido Popular no concello de Teo é situalo no nivel de progreso que se merece, e recuperar o tempo que se perdeu nesta lexislatura.
¿Cómo piensa usted arreglar la situación en la que quedaron muchas familias de Teo, con sus casas fuera de ordenación por culpa del Plan Xeral que tanto defendió su antecesor Armando Blanco, acompañado por Parajó y el actual alcalde?
Repito o que xa dixen anteriormente. Se os veciños nos dan responsabilidades de goberno, faremos as modificacións puntuais no Plan Xeral que nos permita a lexislación vixente para solventar esta cuestión.
Por que os teenses lle terian que votar a vostede?
O Partido Popular de Teo presenta unha candidatura creíble, con xente responsable e creíble, que non provén da política, que está disposta a cambiar a forma de xestión de Teo, e facela máis eficaz e eficiente, e máis proxima aos veciños, cunha xestión austera de recursos. Non se trata de gastar máis, senón de facelo mellor, planificando os investimentos.
Usted tiene fama de buen empresario. ¿Qué medidas piensa poner en marcha para potenciar la instalación de industrias en Teo que ayuden a genear empleo?
Ademáis dos programas de formación, tanto para empregados como para desepregados que comentei antes, imos desenvolver áreas industriais en Montouto e A Ramallosa, dando facilitades aos empresarios que queiran investir e cregar emprego en Teo con incentivos fiscais.
Os obradoiros de emprego serán unha plataforma para que os alumnos desenvolvan tamén os seus traballos no municipio, en proxectos de tipo social ou de axudas a dependencia e aos discapacitados, que se executarán en todas as parroquias do municipio.
O sector da hostelería ten peso e importancia en Teo, ¿ten pensado algunha medida para axudar a este sector e a todo o relacionado co turismo? ¿Cales son as súas propostas?
O turismo é un sector de gran potencialidade no concello de Teo, e un dos grandes olvidados na última lexislatura. Para correxir esta situación faremos un plan integral, que xirará arredor dos triángulo Xirimbao, A Burga e os Camiño de Santiago.
Este plan integral incluirá a creación dunha praia fluvial no Xirimbao, a utilización termal das augas sulfurosas da Burga, programas de promoción do Entroido en Teo, fomento de espacios naturais para actividades de ocio (como campamentos, cicloturismo e actividades ecuestres).
Estou convencido de que o turismo é un sector con capacidade para crear emprego en Teo e imos apostar por él.
En Teo levamos xa moitos anos sen poder construir pola "permisividade" do seu antecesor. Xa sei que non é o momento económico adecuado por esto da crise pero, ¿cando considera vostede que poderemos voltar a normalidade urbanística no noso concello? Ten previsto arranxar algo a "desfeita" que nos deixou Armando Blanco?
No plano urbanístico, e como xa comentei nunha resposta anterior, o que quero, tanto eu como eo resto do equipo, é convertir Teo nun concello residencial, para deixar de ser unha cidade dormitorio. Evidentemente, para conseguir esto imos apostar por unha planificación urbanística máis habitable.
Se Comenta por Teo que usted ha tenido varias reuniones con el candidato del PSOE para un posible pacto, que nos puede decir sobre este tema y si estaría dispuesto a llegar a un pacto con los socialistas en caso de no ganar las elecciones. (Agradeciéndole de antemano de no esquivar la pregunta) ya que es en el supuesto de no ganar por mayoría dichas elecciones, Gracias)
Os comentarios que lle chegaron a vostede non son verdade. Teño unha relación cordial co señor Leis, ao igual que co resto dos candidatos. No horizonte do Partido Popular non está falar de pactos, xa que estamos traballando para que os veciños e veciñas de Teo non encarguen o goberno do concello.
Sr. Guerra,
¿Cual el su pronostico de concejales para los distintos partidos políticos que concurren a estas elecciones municipales en Teo?
¿Puede usted decirnos cuales sus relaciones con Armando y si le ha solicitado su apoyo ya que existe un voto “Armandista” en Teo?
Se me permite, quero só facer os pronósticos para o Partido Popular en base ao traballo que estamos a facer e da resposta que percibimos da cidadanía. Nestes intres estou seguro que imos conseguir 9 concelleiros. Do resto dos partidos non quero opinar.
As miñas relacións con Armando son cordiais, e defiro de vostede, xa que en Teo existe un claro apoio ao Partido Popular máis aló da persoa que, nun momento determinado, encabece a candidatura.
Buenos días Señor Guerra. ¿Usted realmente se siente capacitado para ser el alcalde de Teo, o simplemente esta haciendole un favor a su partido al embarcarse en esto?
Creo que o que Teo necesita nestes momentos e unha xestión seria e eficaz. Como xa dixen, durante a miña experiencia de trinta anos como empresario, deixe constancia suficiente desta xestión eficaz que agora quero trasladar ao concello, para que se beneficien os case 20.000 veciños e veciñas de Teo.
que opina vostede das obras que xe fixeron nos Tilos, non foron acertadas, o centro comercial cada día perde mais clientes.... está dacordo cos badens, nos tilos no no estamos, de feito, alguén os quita e o ayuntamiento non deixa de poñelos...
Nos Tilos, efectivamente, sabemos que hai moito descontento coa situación da parroquia. Para correxir esta situación o que propoñemos dende o Partido Popular é un estudiio para a dinamización do centro comercial e para a creación de aparcamentos (consensuando a súa ubicación cos veciños), e soterrar os cables, mellorar as aceras, pintar pasos de peóns, etc.
Imos a iniciar xestións coa Xunta de Galicia para poder instalar ascensores no exterior dos edificios dos Tilos, para dar resposta a unha gran demanda dos veciños desta urbanización.
¿Que tiene que decir ante las afirmaciones que corren por Teo de que ni usted ni nadie de su equipo son personas preparadas para asumir el gobierno municipal?
O criterio de capacidade hai que medilo pola traxectoria profesional das persoas, e a de todos nós está sobradamente demostrada e é coñecida polos veciños.
¿Va usted a realizar una auditoria de cuentas, en el supuesto de ganar por mayoría?
Si. Considero importante que os veciños e veciñas de Teo sepán en que condicións asumimos a responsabilidade de xestionar o concello.
¿Puede explicar cuál es su concepto de área metopolitana entre Los Tilos y Ramallosa? Creo que no tienen ustedes claro ese concepto porque la definición de area metropolitana incluye una gran ciudad y los concellos más pequeños sobre los que influye. Gracias.
O concepto que propoñemos de área metropolitana é o de aproveitar a nosa cercanía a Santiago para que haxa unha maior interrelación entre os servizos e as infraestructuras de ambos concellos. E no caso concreto que vostede pregunta, de Os Tilos e Ramallosa, o noso proxecto é convertir nun boulevard o tramo da carretera AC-841 (Santiago-A Estrada), para darlle preferencia aos peatóns: aceras máis grandes, bancos, zonas de paseo, zonas verdes, ordenación do mobiliario urbano, etc.
Va usted aumentar las instalaciones deportivas de Teo?
Va usted dar solución a la construcción del Centro de día que estaba previsto construir en Teo y que el gobierno del Sr. Feijoo rechazo así como la construcción del Centro Medico de A Ramallosa, que nos puede decir al respecto.
Imos aumentar as instalacións deportivas. Temos previsto crear novas instalacións, entre as que quero resaltar un novo polideportivo en Cacheiras e un circuito de motocross e mountan bike, un complexo multipeportivo no entorno da piscina climatizada da Ramallosa, con ximnasio municipal equipado para actividades con monitores; e unha rede de pistas deportivas ao aire libre.
Pero, ademáis, imos incidir tamén no mantemento das instalacións existentes, que están nun estado deplorable.
Imos construir un centro de saúde, pendente de definir todavía a súa ubicación, e para os maiores imos rehabilitar centros xa existentes para destinalos a actividades de ocio e programas de mantemento.
Sr. Guerra,
Creo que tiene una candidatura muy representativa, sin experiencia política que en estos momentos es lo importante, ya que lo que se busca hoy en día son gestores y non politiquillos, tiene usted ya hecho con nombre y apellidos el reparto de de las distintas aéreas de gobierno.
Coincido con vostede na primeira parte da súa afirmación. Respecto da segunda parte, o realmente importante e conformar un goberno cohesionado, que sepa traballar en equipo, que é a mellor maneira de escapar dos personalismos.
Criticar é moi fácil, pero do que se fixo nos últimos anos qué cousas deixaría de facer vostede?
Gustame pensar en positivo. Podería decir qué cousas faría ue e as que quero facer para o futuro, algunhas das cales xa mencionei ao longo deste encontro.
Agradezo todas as preguntas recibidas, especialmente o intenso ritmo daquelas que foron chegando dende que comenzou este encontro. Sinto non poder respostalas todas, pero o tempo é limitado. Quedo a disposición dos veciños e veciñas de Teo, que me verán en breve polas súas casas, e, de xeito especial, a partires do 23 de maio. Bos días a todos.