¿Qué pensa de voltar ter unha única Universidade Pública Galega para coordinar mellor o SUG?
Iso non depende da USC. Na crise actual vaise dar ese movemento de reunificación que xa se produce en Francia. Pero o nivel de necesidades universitarias de Galicia non parece recomendar a reintegración de un proceso que ten vinte anos. Coordenar é imprescindible, compartir tamén, reunificar non parece estar aídna no horizonte.
¿Qué le parece que la mayor parte del profesorado acumule la docencia en un solo cuatrimestre? Además si vemos la cantidad de horas que da en el cuatrimestre muchos de ellos no llegan a la mitad de la capacidad docente. No me diga ahora que estos profesores están investigando .... ¿No cree que esto es una vergüenza?
A adicación do profesorado é dupla: investigacióne e docencia e comos a terceira universidade do Estado na que máis docentes están vivos en investigación. A acumulación nun cuadrimestre, cando se fai está aprobada polos departamentos, xuntas de facultade e consello de goberno. Se contén algúnha ilegalidade ese proceso de adscripción de docencia debe e pode ser corrixido, evidentemente
¿Qué opina que en las FAcultades de Letras con pocos alumnos y escasísimas salidas laborales sean las que tienen más profesores por alumno y la cosa va subiendo? Me refiero a Facultades como Historia o Filología, que tienen un número de profesores muy elevado.
Pois non son eses os datos si os mira vostede ben, asegúrollo. Compróbeo, por favor
¿Es partidario de dotar a las titulaciones de recursos según la demanda real de la sociedad y no un café para todos?, ¿sería capaz de hacer un ranking con las carreras con mayor y sobre todo menor salida laboral? ¿se atrevería a cerrar o al menos reducir el número de alumnos y profesores en las carreras sin salida laboral?
A demanda real cambia co tempo. O seguimento das saídas dos egresados debe facerse con rigor e será un indicador de obxectivos cumpridos polas titulacións. Así debe funcionar. Pero sobre datos reais e indicadores non sobre suposicións
Diga SI o NO, y si es sincero le votaré. ¿Cree que las licenciaturas en Historia, Arte, Filología Italiana o Filosofía tienen alguna salida laboral?, ¿es partidario de hacer algún tipo de moficación para que estas carreras reduzcan el consumo de recursos universitarios?
A proba son eu, non si? Se mudamos a estrutura do plano de financiamento sería posible, co actual nin plantexable, como vostede supoño que sabe: estamos financiados por creditos matriculados nun 80% do que provén da Xunta e outro 20% do total procede das taxas. o consumo de recursos de investigación (RIAYDT, institutos, etc.) por exemplo non se sitúa nestas áreas como é obvio. O problema da sustentabilidade financeira da USC non reside onde vostede o sitúa
¿Que pensa facer con respecto á apertura da biblioteca de Económicas pola noite? Tendo en conta a situación económica da USC e o plan Zapatero, espero que ningún dos dous candidatos prometa o que non se pode prometer.
Dixeno xa no meu Facebook: a apertura duas semanas antes dos exames en horario nocturno faise xa e debe facerse atendendo aos novos calendarios dos graos e eestudar a apertura de duas (santiago e Lugo) toda a noite se houbese demanda sería posible. Para que son se non para estudar as Bibliotecas? que queren senón estudar os estudantes? Como non vai ser posible usar os recrusos públicos para aquilo que están destinados!
Como tomou a victoria do prof. Casares na sua Facutade(X. e historia)? Contaba con ela?
Supoño que igual que o empate meu con el na súa!
como calificaria la campaña electoral: yo la considero vacia, excesivamente propagandistica, con un exceso de eslogans y falta de contenido real. defina en que se diferencia a caseres long para que podamos votarle
Eu aposto polo futuro con solucións novas: están no programa ben detalladas
¿Cuanto tiene de integrador su programa y equipo en esta segunda vuelta? ¿Podría explicar los acuerdos a los que ha llegado en esta segunda vuelta para aumentar sus apoyos? ¿O es que piensa que la comunidad universitaria no necesita saber esto antes de votar?
Dixeno todo o tempo, quen sexa reitor ten que integrar. Neste momento o 53% da primeira volta non teñen candidato na segunda porque votaron outras opcións que non pasaron. Integrar é importante para gobernar, máis que para gañar. polo ben da institución e eu estouno conseguindo. Os pactos con cousa do pasado. A integráción de valores e ideas para facer un novo proxececto de futuro da USC é o que nos espera e o que eu ofrezo
¿Porqué no practica la memoria histórica que predica y reconoce que formó parte del gobierno actual de la USC durante más de la mitad del mandato y asume las responsabilidades de ello en lugar de esconderlo?
Eu non predico. E o que é evidente non hai que lembralo. Case é presente.Foi unha expereincia positiva ata que marcei porque a inercia era máis forte que a necesidade do cambio que queriamos impulsar. Marcehi para propiciar unha alternativa e aqui estamos.
¿cuantos militantes del Bloque lleva en su equipo?
Non mirei o carnet de ninguén.,Tampouco sei que relixión profesan.
Comeéntase que vostede e unha persoa con ambicions polliticas e que quere utilizar a plataforma que pode brindarlle seren reitor da USC para postularse como posiblo sucesor de Quintana no BNG? Ten algo que decir ó respecto?. Grazas
Si, levo 25 anos traballando na Universidade e para a universidade e nunca tiven ningun cargo político fora dela. E se o tivese tampouco me parecería mala formación para ser reitor da USC.
Si pierde, ¿seguirá en la oposición hasta 2014 para volver a intentarlo?
Nos ultmos 25 anos so estiven no goberno 2. Aqui non hai oposición nin goberno, isto non é un Parlamento. Sempre traballei a favor do que penso e seguireino facendo, claro
Pode dicirme e xustificar cales son as súas referencias en canto a modelo de universidade a nivel internacional?
Asmilllores, sempre as millores. As máis completas e mui investigadoras como a nosa. Destas en Europa hia unhas cantas o modelo norteamericano non podemos aplicalo porque estamos noutro contexto político e cultural. Pero todas as boas europeas son o meu modelo. Cambridge antes que Oxford e Hidelberg antes que a Von Humboldt, por similitude coa nosa estructura.
Obter a acreditacion para Profesor Titular supón un maior esforzo que obter a de Profesor Contratado Doutor. Logo, é lóxico que estas dúas figuras docentes sean equiparables a tódolos efectos?
Gracias e sorte
Grazas polos ánimos e polo desexo de ventura. A equiparación non a definimos nos na USC. Supón maior esforzo e millor posición, claro. Pero a igual traballo igual salario e iguais condicións. Entendo que todos os contratados doutores aspiran a ser titulares: é bon para eles e elas e bon para a UNiversidade.
Realmente pensa que o programa e a equipa do prof. Gasres responden ós proincipios da Dereita? Por favor, de algunhas razóns a este respecto máis aló da simple deagoxia, poois neste momento e notoriamente público que na outra candidatura hai militantes sinaldos da esquerda galega. Grazas.
En absoluto. Non penso que os criterios políticos convencionais poidan aplicarse na Universidade. Sabemos que non é así. O que digo e manteño e que propón unha solución conservadora e regresiva no seu programa para a USC. Ser de dereitas é algo mui respetable, por certo!
Cómo pensa xestionar ou fiscalizar a investigación feita nos novos edificios do campus vida? haberá oportunidade para incorporar a novos grupos de investigación a eses centros? de qué forma?
A selección do persoal fíxose nunha avalaiacion por pares dunha Comisión Internacinoal. Un modelo convencional. O que necesitan os centros e un Plano de viabilidade e un proxecto de centro con obxectivos a cumplir e garantía de sustentabilidade financeira. Iso si merece que nos ocupe tempo no goberno desfacer o feito non
A maior parte, con diferencia, do seu equipo de traballo pertence a áreas de humanidades. Non está descompensado neste sentido?
2 son de ciencias experimentais, 3 de ciencias sociais, 1 de ciencias da saúde, 2 de Humanidades. Os tempos de equipas enormes para apañar votos de todas partes acabaron. O futuro ten que ser eficaz, competente e experimentado. Iso ofecemos nos.
¿Non cree que sería precio unha equipa mais potente para o campus de lugo? ¿ten pechado a sua equipa ou todavia pode incorporar novos membros en lugo?
A potencia do Campus de Lugo está representada en dous membros da miña equipa, perfeitamente. O que compre é que a USC tire máis partido desa potencia. E iso como candidato téñoo ben claro como compre facelo. Pode vostede ter a seguridade completa
Qué pensa facer exactamente para acadar os recursos que precisa para levar a cabo o seu programa?
Garantir a sustentabilidade financeira e unha necesidade para a que o noso programa ofrece varias vías a diferentes niveis: gastar millor e máis eficazmente e lograr máis recursos de todas as intancias e en todos os xacementos posibles, de San Caetano a Bruxelas é como contamos facelo. As fórmulas están detalladas no programa. Grazas, porque este é o auténtico problema do noso futuro
É certo que vostede deixou de dar aulas hai dous meses, que llo dixo ao seus alumnos, e simplemente para se adicar á campaña? É certo tamén que pediu que o agregasen ao Facebook os seus alumnos? O meu voto dependen destas cousas que saen en campaña, eu se mo nega, ou dependendo de como mo admita votarei por vostede.
A miña compañeira de despacho de 20 anos ocúpase das miñas clases solidariamente e o resto dos compañeiros/as do Departamento colaboraron. O resto da docencia tíveno no primeiro cuadrimestre. En canto acabou a primeira volta recuperei as aulas mentras puiden e despois díxenlles que ata o 24 só nos poderiamos ver en Facebook. Graciñas por axudar a cortar maledicencias de taberna
Lourenzo, mientras otros estudiantes en la EU. obtienen su licenciatoura en 3 anios.
En España , como minimo, y con suerte son 5. Cuanles serian sus planes para cambiar esto,?
Gracias por su respuesta.
Ignacio Asla.
Certo, pero depende dunha decisión estatal. Hai 7 anos un experto catalán advertíu nun artigo que en Europa 3 anos son máis que 4 en España. Ao final optouse por esta solución e concordo que non é boa. Solución dende a USC ningunha. Dende a COnferencia de Reitores e o Consello de UNiversidades onde está o Reitor si!
Buenas. Según el profesor Bermejo un candidato a rector debe ser carismático, tener un curriculum excelente o ser un gestor extraordinario. Usted y Casares son investigagores dignos, pero sin estas cualidades. Por qué se presenta usted? Cree que puede aportar algo más que rutina y aburrido continuismo? No cree que están introduciendo en la universidad el vulgar estilo de la política actual?
Sintóo pero iso terá que preguntarllo ao profesor Bermejo. Non comparto as súas opinións. E como vostede sabe calquera dos catedráticos da USC pode preentarse ás eleccións. Que o fagan ou non é un acto de libertade e eu son unha persoa libre
Para cando un Premio Nobel acadado por un membro da USC?
Qué se pode facer dende o reitorado para propicialo?
Ou en todo caso, cómo mellorar o nivel da investigación na USC?
Alégrame que o formule así. ESa é unha aspiración para o próximo decenio. Por que non? Se non queremos ir á lúa nunca chegaremos. Todo chegará se poñemos os medios. A Universidade de Buenos Aires ten dous ou tres, Le Mans un. O último español naceu en Luarca, por que non nos?
É certo que vostede afirmou públicamente que se chegaba a reitor, acabaría con "pequenos grupos de xente que hai na Universidade, con certo poder" e que de iso se "ocuparía persoalmente"? A qué grupos referíase?
Dudo que me expresase dese xeito. O que si digo é que os pequenos grupos de intereses, opr mui lexítimos que sexan non poden condicioinar os intereses do conxunto da institución, non está vostede de acordo? Para iso me presento a reitor
En caso de gañar o prof casares considerase lexitimado para erixirse en lider da oposición? Ten apoios suficentes no clasutro para facer unha oposición efeitiva? Grazas
Non me presentei ás eleccións para ser lider da oposición. NA universidade non hai diso e ademais as eleccións son para elixir reitor
¿cómo valora la política y acciones desarrolladas por su equipo durante los tres años de mandato de Senén? (me refiero a los vicerrectores-as de UA). ¿Va a continuar con esas mismas políticas-líneas?
Penso que foron ben valoradas, pola capacidade de xestión, pola entrega, pola capacidade de diálogo de todos os meus compañeiros/as, polo trato non sectario cara todos os membros da comunidade universitaria que trataron con nós. Non escoitei críticas ata agora en sentido contrario. Se as hai estou disposto a discutilas. Cometemos erros, como todo o mundo, pero non creo no pecado orixinal. As críticas serven precisamente para corrixir os erros e estarei encantado de escoitalas para corrixir o que sexa necesario.
¿Pactaría con Converxencia Universitaria?
Dixen que non haberá pactos
Usted no es un joven inexperto como insinuó el profesor Casares, lleva años en la política universitaria, ni él es conservador como dijo usted, tampoco progresista, yo lo situaría a medio camino entre socialdemócrata y liberal. Esas son cosas menores. Pero que usted haya dicho de él que lleva sólo 8 años en la USC no está bien. No les votaré pero le animo a explicar estas declaraciones.
Conservador é o seu programa non el. Dende 1984 o tempo que exerceu o profesor Casares dedúcese das súas delcaracións e do seu curriculum. Non é unha crítica, é unha constatación e se errei estou disposto a aceptalo, evidentemente
Bos días Sr Fernández:
Son membro da comunidade universitaria. Hai catro anos vostede pactou co PP e co PSOE (coas súas plataformas) para formar parte dun goberno forte da USC. Está aberto este ano a facer o mesmo, en particualr co PP? xa que tendo experiencia previa e estando este no goberno da xunta pode axudar a USC financieiramente.
Grazas e un saúdo.
Boas tardes. NOn entendo a súa pregunta. Dixen que non haberá pactos e menos nas claves poíticas partidarias que vostede suxire
Falando de investigación e de desfeitas consumadas: teñen algún plan para incorporar á USC os investigadores dos programas Parga Pondal e Ramón y Cajal non estabilizados polos seus Departamentos a pesares de ter acadado as acreditacións necesarias? Que van facer con esas carreiras profesionais interrumpidas por politicas decimonónicas?
A acreditación é nu requisito e a incoporación dos millores e das millores unha necesidade para o futuro da USC. non lle caiba dúbida
Vai favorecer dalgunha maneira a transformación de contratado doutor a titular de quen esté acreditado?
Por suposto. Millor para as persoas e millor para a institución que aforra o 33% dos contratos. por suposto
tengo varias preguntas:¿como puede explciar su escaso apoyo en su propia facultad dentro de los profesores con solo 25 votos por 30 del casares? ya que a sido el segundo más votado. no es un mala publicidad que dentro del circulo cercano que le conoce no haya sido votado? en una facultad que tradicionalmente tenía una tendencia progresita o nacionalista?
igual que ao pfor. Casares empatar comigo na súa. Dous compañeiros de Arte e Xeografía (mesmo bos amigos) acompañan ao profesor Casares isto explica o resultado e así é a universidade. Non se rixe por criterios políticos como pode comprobar e me parece ben.
Que pensan facer coa carreira profesional do PAS paralizada durante moitos anos? ¿Pensa continuar coa línea actual de incorporar persoal externo para os postos de maior nivel sen dar oportunidades ao persoal funcionario ou laboral fixo de ter unha carreira profesional digna?
Reematar coa precariedade é imprescindible para ser competentes. E introducir a lóxcia xerencial garqantirá que a situación actual sexa corrixida, Debera serlo ahi muito tempo.
¿cómo se concreta ese esfuerzo de integración que dice está haciendo en esta segunda vuelta en su programa y equipo?
Díxeno na primeira, estouno facendo agora e verase no resultado. Ou non; a USC decidirá.
Non pensa que no seu programa todo responde a un fin aleccionador e adoctrinante nos principios que definen a politica do BNG do que vostede é membor importante?
Non oh e eu non son doctrinario. Nunca o fun. Vostede está mui mal informado, por certo
Por qué sente vergoña de seren do Bloque? Pensa que a Universidade e maís a Sociedade galega está preparada para ter una Reitor nazonalista, despois do desastre da xestión da XUnta de Galiza? Grazas
Sempre me delcarei galeguista e nacionalista cando me preguntaron. Como Castelao, a quen lle adicamos a principal condecoracion deste país, como Paz Andrade, fundador de Pescanova, com o Cruz Gallastegui, o millor científico galego do século XX. De que ía eu avergonzarme. De pensar' de ter ideas?
Chámame a atención que pretenda presentarse como o candidato das CC.SS e as humanidades cando na equipa á que se enfrenta estas están moi presentes a través da maioría do equipo de Casares. ¿Pretende facer destas eleccións un enfrontamento entre ciencias e letras?
Non a USC necesita unidade non a división que tanto foi labrada nos últimos anos. Pero que son o único candidato de CC. SS. e Humaidades é unha mera descripción, non si? Por certo son experto en historia do cambio tecnolóxico e sei do que falo cando falo de política científica. Ou é que os de CC.SS. e Humanidades non sabemos de tal cousa? entendo que non quere afrimar iso, non ?
É curioso que vostede se pretenda presentar como unha opción de futuro despois de formar parte do goberno saínte. ¿Está orgulloso do seu paso por el ou renega, como parece, de formar parte del?
Non renego non. Foi unha experiencia que acabou coa miña dimisión para facer unha alternativa que agora presento, porque as inercias eran máis fortes que a vontade de cambio.
Hoxen estiven en dúas facultades e vin que nos taboleiros electorais estaban grapados os seus programas electorais e algúns cartaces que unhas horas antes non estaban alí.
¿por que non respeta os tempos da campaña electoral? ¿non cree que tanto tempo de campaña cansa ao persoal?
Claro porque se colocaron hoxe. Non creo que haxa que estar en campaña para ler un programa. A información non é mala e usala ou non é privilexio de cada un. Si, tanta campaña aburre, pódollo asegurar pero eu estou metido nela e tento ser o máis eficaz posible. grazas
Despois de que Aymerich entrara de cheo no debate interno da USC pedindo o voto para vostede toma especial relevancia a composición política dos equipos. Mentres o seu é todo do BNG no de Casares hai xente do PSOE, do PP e da órbita nacionalista. ¿cree que as palabras de Aymerich o axudaron ou non?
Eu non miro as cores das equipas, pero ten razón, o equipo que ten cargos orgánicos partidarios entre os seus membros non é o meu. Sobre os apoios externos, xa respondin. Si estou encantado de que as eleccións na USC desperten interese e adhesións explícitas de Aymerich, de Leiceaga e de outros (mire o meu Facebook). Espero que os meus amigos do PP tamén o fagan público antes do día 24, por certo. Estamos ou non nunha sociedade libre, plural e moderna...? vexan o que acontece no Reino Unido ou nos Estados Unidos... por certo
Usted nos dijo a los estudiantes de Historia que si sale elegido rector apoyará que el máster docente sea posterior a la oposición. Pues bien, el actual equipo rectoral ya intentó éso, es más, lo hizo la CRUE en pleno, y no lo logró. Usted, que sabe que ésto es así, nos ha prometido luchar por algo que sabe que es irrealizable. ME gustaría que me diera una explicación.
Manteño o que dixen, como hai un ano nun artigo publicado na prensa.
Hace cuatro años toda la USC rumoreó que el pacto entre UA y PUP venía dado pq vd. sería el próximo candidato de dicho pacto al rectorado. en función a esto ¿senén le votará? gracias.
Xa ve que non se pode facer caso do que se di por aí, non lle parece?
Si usted no se hubiera presentando, a quién habría votado el pasado 24?
Pensaríao!
¿Non lle parece lamentable que haxa quen critica os novos centros de investigación, antes aínda de que se poñan en marcha, cando son ás primeiras estruturas que nacen tras convocatorias abertas á comunidade universitaria, con asesoramento externo de primeiro nivel e vocación de avaliación continua?
Xa o dixo castelao, non poden poñerselle chatas á obra antes de rematala, si
Primeiro dous diputados amigos seus fan un chamamento público a votarlle decindo que vostede é progresista e galegista, e agora tenta disminuir a inxerencia decindo que son só dous amigos aos que agradece a súa inqueranza pola USC. ¿Pensa de verdade que o séu dobre discurso non é visíbel para os votantes? ¿non pensa que a inxerencia dos seus amigos diputados vai contra a autonomía universitaria?
Non oh. Que se preocupen pola USC os responsabeis políticos e sociais é moi positivo. E no meu Facebook verá que outros deputados tamén me manifestaron a súa siimpatía sen ser siquera vellos amigos nin profesores como Leiceaga e Aymerich. Espero que os meus amigos do PP tamén o fagan público. A poilitización da universidade é máis intensa canto máis se oculta. Eu non agocho nada, outros si!
Grazas polas vosas preguntas, sinto no ter podido responder todas en tempo tan limitado. Que a ventura sexa con vós e que o futuro da nosa Universidade sexa tan ventureiro como esta primavera que ven de comezar. Saúde e saúdos Lourenzo