Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 23.05.2013  | Actualizado 19.50 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Portada » Encuentros digitales

Actual alcalde de Oroso y candidato por el PSOE

Manuel Mirás

Bos días. Un saludo a todas as veciñas e veciños de Oroso e a todos os que estén ao outro lado da rede, e dar as gracias a elcorreogallego.es por darnos esta oportunidade de expresarnos para contestar as preguntas que libremente as veciñas e veciños nos formularon.

  1. ¿ O concello de Oroso é un dos que maís nenos ten na actualidade, que vai a facer vostede en materia de educación para nenos de 0 a 3 anos?

    Efectivamente é unha gran satisfacción. Somos un concello cun crecemento vexetativo interesante. Somos entre o segundo e terceiro de Galicia e estou moi preocupado porque todos os anos nos quedan aproximadamente entre 40 e 50 nenos de 0 a 3 anos sen escolarizar. En este momento temos xa asinado un convenio coa Xunta para facer unha nova escola de 0-3 anos con catro módulos. É decir, que poderiamos escolarizar 40 nenos máis. Esto xa está todo decidido e se levará a cabo a maior brevedade posible. Non obstante, si consigo gañar estas eleccións a intención para a proxima lexislatura é escolarizar todos os nenos de 0 a 3 anos.

  2. ¿Qué les diría a los que aseguran que gobierna para sus amigos y pasa de los que no le aplauden?.
    ¿Existe corrupción en Oroso por culpa de la construcción?.
    En Sigüeiro hay cientos de niños que no tienen suficientes áreas deportivas donde jugar ¿por qué?.
    ¿Para qué sirve un campo de fútbol playa como el que se construyó en Sigüeiro?.
    ¿Por qué la policía local no patrulla por la noche?.

    Non é verdade que goberne para os amigos. Eu son alcalde de todos e trato a todo o mundo por igual.
    Dende que eu son alcalde en Oroso non existe corrupción urbnaística. Fixemos un PXOM que é a carta magna pola que hai que rexirse todo o mundo e as licencias urbanísticas e de apertura de establecementos en Oroso danse todas co informe técnico do arquitecto municipal e informe xurídico do secretario xeral da Corporación, e, ao mesmo tempo, son aprobadas en Xunta Local de Goberno. A todos os concelleiros se lle envía as actas da Xunta Local de Goberno donde van especificadas punto por punto todas as características das licencias otorgadas. Por conseguinte, de corrupción urbanística, nada de nada.
    Podo recoñecer que os nenos de Sigüeiro non teñen os espazos que eu e todos desexamos, sen embargo, teño que decirlle que fixemos un esforzo grandísimo nos últimos anos para que os nenos tiveran onde xogar. Cando eu cheguei a alcaldía o único parque infantil que había estaba totalmente destrozado.
    Campo de fútbol playa. Foi un erro facelo. Fixemolo atendendo a unha petición e non foi utilizado. Nese sitio vaise facer unha cancha multideporte para xogar a futbito, patinar, etc. Xa está presupostada para empezar este mesmo ano.
    A Policía Local non patrulla polas noites porque é insuficiente. Este servizo o está facendo a Garda Civil. Espero que, pouco a pouco, se poida ir ampliando a plantilla ata 7 policías, que son os que deberamos de ter por número de habitantes.

  3. Que tres virtudes destacaría de su bien hacer en estos 4 últimos años.
    Y que tres errores pudo cometer en estos años en el Concello de Oroso.

    Non me gusta falar das miñas virtudes.
    Erros: a pista de fútbol praia; a adquisición da pista de skape, que non se está utilizando; e non haber actuado antes contra a promotora da urbanización Porto Avieira.

  4. Non entendo máis interese da súa parte por este municipio. Non se sinte vostede cansado, agotado do Concello de Oroso? Non cree que xa é o momento de deixar paso a novas promesas que queren iniciar a sua andadura na política muncipal...¿?

    A verdade é que me encontro perfectamente para asumir o cargo por outros catro anos máis. Teño ideas renovadas, experiencia, coñeco perfectamente a administración e tamén podo decir que, dentro da agrupación socialista de Oroso hai recambioi con xente nova para cando o partido o estime oportuno.

  5. Sintese vostede persoa fiel os cidadáns do Concello de Oroso?

    Sí. Síntome fiel porque estoulle dedicando moitisimo tempo, con moito cariño, con moita ilusión. Atendo a todo o mundo e estamos a solucionar moitos problemas que, moitas veces, non se ven porque non se dan a coñecer. Síntome totalmente fiel.

  6. ¿que ten pensado facer na próxima lexislatura?

    A grandes rasgos, na próxima lexislatura, unha das primeiras cousas que espero que xa se poña a primeira pedra (antes de cinco meses) é o enlace da AP-9 dirección Sur (dirección Santiago), dar un impulso forte á variante de Sïgüeiro para que o centro de Sigüeiro sexa máis viviedeiro e por onde pasa ahora a N-550 se convirta nun boulevard.
    Como dixen antes, escolarizar todos os nenos de 0 a 3 anos. Que se constrúa un novo CEIP. Facer a casa da xuventude. Construir máis instalacións deportivas, como un campo de fútbol 7 que xa está proxectado. Rematar as modificaciósn puntuais do PXOM que están en marcha, e intentar que a Xunta constrúa un centro de día para maiores; e, por suposto, seguir sendo un concello punteiro como fomos durante estos últimos anos en actividades culturais, deportivas e de conciliación da vida laboral e familiar.

  7. Entendendo que o papel na oposición e máis complicado q ser alcalde, como afrontaría esta decisión dos veciños se o reemplazaran a liderar a oposición de este Concello? se plantexaría deixalo...? Estaría disposto a intentar correxir os posibles erros e malfaceres q faría o partido q afronte o próximo 22 de maio no poder en favor dos cidadáns do municipio?

    Entendo desta pregunta que si non gano as eleccións se o vou a deixar. A resposta é non. Estiven moitisimos anos na oposición dando o "do" de peito e con lealdade. E así seguirei, tanto que a cidadanía de Oroso me poña na oposición como no goberno.

  8. Lo de porto avieira cuándo se resolverá,ES ILEGAL COMO DICE ALGÚN POLÍTICOés verdad que una asociación llamada ARCA va a denuciar para que se deribe como urbanización ilegal.
    muchas gracias
    PD. es que yo quiero comprar ahí creo que es un sitio precioso para vivir y muy barato.

    Porto Avieira é unha urbanización perfectamente legal e recibida, nestes momentos, polo Concello. É dicir, que todo o que alí pase, en canto a urbanización, é responsabilidade do Concello. En estes precisos momentos estanse a realizar unhas obras no tema de saneamento, que estaba averiándose cada dous por tres. Tamén se van a facer lixeiras melloras, e esto vai todo con cargo ao aval que se lle embargou a empresa promotora.
    Tamén temos outro embargo a empresa promotora, por importe de 400.000 euros, que unha vez levado a cabo este embargo procederíamos a rematar a urbanización.
    Hai que recoñecer que nesta urbanización houbo bastantes atrancos, sobre todo, un dos máis importantes, foi que cando se fixo o Plan Xeral descubríronse as grobias que, no seu día hai vestixios de que existiu unha mina de ouro. Esto obrigounos a facer, que estamos facendos nestes momentos, unha modificación do PXOM para que, onde apareceu ese xacemento, non se poida obrar.

  9. Habìa una subvenciòn de la diputaciòn para reurbanizar a rua do portiño, pero todavìa sigue igual. ¿cuando se llevarà a cabo ese proyecto?
    Un saludo. J. L.

    Non é exactamente unha subvención. É unha inversión que vai facer o concello na reurbanización do Portiño mediante a firma dun convenio coa Deputación.
    As obras xa están licitadas, tiñan que haber empezado esta semana, pero por razóns loxísticas non se puido. Espero que empecen en días.

  10. El suelo urbano, se concentró por medio del PXOM en la zona de Sigüieiro, concertando Vd. al menos 5 convenios urbanísticos con particulares, convenios que no se han llegado a ejecutar. ¿Es Vd. consciente del perjuicio que causó a los vecinos tales convenios especulativos?

    Dos convenios urbanísticos que se asinaron estase levando a cabo a un ritmo máis lento que o desexado o da AR-1.
    O convenio urbanistico da area de reparto número 3 (AR-3) nestes momentos estase coa reparcelación, hai outra área de reparto onde está o polígono empresarial de Oroso pequeno que xa está executado e hai outro convenio máis onde se ubica a empresa Puentes e Calzadas que tamén se está executando.
    Hai que entender que esto vai máis lento do que en principio se preveía debido a crise económica.
    En canto se son conscente dos prexuizo que se causou aos veciños, todo o contrario. Non se causou nengún prexuizo porque grazas aos convenios urbanísticos estase a conseguir o centro de saúdo, e conseguironse os terreos sen costar absolutamente nada. Ampliouse o polideportivo sen que o terreno nos costase absolutamente nada. Onde se vai construir o novo CEIP, igual. Onde se vai construir a nova gardería para nenos 0-3 anos, non costou nada. Todo o paseo de Carboeiro máis a alameda de Gois, que practicamente son 100.000 metros cadrados, non lle costou ao Concello un so euro. A parte deso, os terreos que ten o Concello polo aproveitamento urbanístico no polígono industrial de Oroso Pequeno.
    ¿Diganme entonces onde está o prexuizo?

  11. Os veciños do centro de Sigüeiro que non temos dereito a comedor co CEIP e que non podemos ir recoller ós rapaces ás 14:45 por motivos laborais, ¿imos ter algunha alternativa n a próxima lexislatura ou teremos que seguir mandando ós nosos fillos a colexios doutro concello?

    É unha magoa que a Xunta de Galicia non faga o posible para que poidamos dispoñer de máis prazas no comedor. Como sempre, este tema o teremos que arreglar dende o Concello facendo algo, porque, como decía antes, un dos nosos obxectivos para a vindeira lexislatura é a conciliación da vida familiar e laboral. E son consciente dos problemas que teñen os pais dos nenos e nenas que viven en Sigüeiro centro.

  12. Vostede é de familia humilde económicamente... sería atrevido por parte dos veciños o pensar que dende que vostede manexa cartos públicos vive máis cómodo a nivel económico?

    Mire vostede. Son dunha familia normal. Somos nove irmáns, todos vivimos do noso traballo e eu tamén vivo do meu traballo. Se vostede cree que eu me enriquecín a conta do cargo público está totalmente equivocado/a posto que eu o que gañei nos cargos públicos e público. Máis dunha vez publiquei a miña nómina, a parte de que son, probablemente, un dos alcaldes que menos cobro das comarcas de Compostela e Ordes. Engádolle que vivo do meu traballo e con moito esforzo estou levando a miña empresa, traballando todas as tardes en ela e, polas mañás, no concello. E tampouco debemos de esquencer que, en estes momentos, aínda que estamos en crise, están vivido da miña empresa 24 familias, e non crea vostede que sen un grande esforzo para poder manter estes postos de traballo.

  13. No seu concello existe unha agrupación político xuvenil que é Novas Xeracións moi activa na localidade e fora de ela ¿que opinión lle merece? ¿pesa vostede crear xuventudes socialistas no concello?

    Gustaríame que houbese a agrupación das Xuventudes Socialistas no concello, ao igual que hai NNXX dos Partido Popular, pero non é a mín a quen lle corresponde formar unha agrupación xuvenil, senón que terá que partir da xuventude.
    Teño que decirlle que eu, debido á falta de tempo apenas teño actividade política-orgánica dentro do partido.

  14. Serìa vostede menos duro co sr. siverio se non pertencese a un partido grande e se non fose alcalde?? Ten pensado vostede ofrecer aos cidadans de Oroso unha auditoria do concello??

    Este señor recibe de min o mesmo trato que me da el a min. O sr. Siverio Mirás foi incapaz de facer unha soa proposta digna de mención nos últimos catro anos. O seu é a descalificación, a mentira e a calumnia. En resumen, un infame que, ademáis, creese a súas propias mentiras e incluso se autopregunta... cando pode.

  15. quen firmou durante estes últimos anos a nómina da sua compañeira de goberno e secretaria do bng que por oidas era sobre dos 2000€ vostede ve normal tantos secretarios

    O Concello de Oroso é un dos concellos de Galicia con menos personal. En estos momentos o máis sostible de Galicia según un análise e un informe feito polo Ministerio de Economía y Hacienda. Ten pouco personal, tanto a nivel de funcionarios como de personal laboral. Os salarios que cobramos os políticos son dos máis baixos que hai. En estos momentos, no concello hai unha dedicación parcial, que é a miña, que cobro 1.830 euros cada mes; e hai 3 dedicacións parciais, que rondan aproximadamente brutos 11.000-12.000 ao ano.
    Respecto a esta compañeira que voste de di, está a suplir a dedicación que, por motivos profesionais, non pode ter o primeiro tenente de alcalde.

  16. Vos días señor Mirás. Dentro do seu plan de desenvolvemento empresarial que xa foi evidenciado nos últimos anos, ¿cales son as liñas que o Concello vai a desenrolar na próxima lexislatura, se o Psoe segue a contar coa confianza dos veciños?

    Bos días señor. Eu entendo que esta pregunta está contestada na resposta número seis. Non obstante, o día 30 de abril, adiántolle que presentaremos a candidatura e o programa, donde vostede poderá ver a liña a seguir nos próximos catro anos.

  17. Vivo en Sigüeiro, en un piso encima del supermercado Familia, y llevamos desde el año
    2005 enviando escritos al ayuntamiento donde nos quejamos de los ruidos del
    supermercado Familia. Cuándo van a exigirle en serio al grupo Eroski que
    haga las obras necesarias para que sus ruidos, malos olores y goteras a los garajes
    dejen de perjudicar a los vecinos?

    Teño que decirlle que acabamos de encargar un novo estudio acústico para poder esixir ao grupo Eroski que corrixa as deficiencias, xa que as xestións e obras feitas ata o de agora non deros os resultados esperados.

  18. ¿Que opina del nombramiento de secretario de afiliación de NNGG de Oroso ,José Luis Grela Mirás, hijo de su socio y administrador ?

    José Luis me parece unha persoa estupenda. Non sabía que era secretario de Novas Xeracións. Entérome agora e envíiolle as miñas felicitacións.

  19. ¿ Esta contento , como primeiro coñecedor do cambio de candidato en Oroso , coa nova elección?

    Quero entender que vostede se refire a que a min, non sei quen foi, porque viña dende unha central, me mandaron un SMS ao teléfono movil do concello, informando de que o Partido Popular non aceptaba a María José Mira Martínez como candidata e que o candidato sería José Manuel Balado Martínez.
    Non estou contento nin descontento. Dame igual, pois o partido hai que xogalo, sexa quen sexa o rival. E fíxese ben que digo rival, non enemigo.

  20. ¿ Cal é a sensación de sentarse no pleno do Concello , sen oposición enfrente?

    Esperpéntico. A verdade é que, teño que decirlle, que o papel da oposición nestes últimos catro anos foi deprimente, cunha falta de respeto total e absoluta hacia os veciños do pobo de Oroso, porque teño que lembrarlle que hai un concelleiro, que se chama Carlos Noia, que non veu a ningún pleno. E hai outro que parou de vir aos plenos tamén porque decía que non o deixaba falar, o cual é totalmente falso, porque nos plenos do concello de Oroso desarrollase da seguinte maneira: primeira ronda de intervencións dos portavoces na oposición, replica do alcalde, contrarreplica dos membros da oposición (sen limite de tempo) e peche do debate do punto da orde do día por parte do alcalde. Por conseguinte, se din que non os deixo falar, é mentira.
    ¿Non será que, ao mellor, é que non teñen nada que decir ou argumentos para rebatir as propostas?

  21. Sr. Alcalde, leva Vd. duas legislaturas gobernando o Concello dos 5 ríos, ¿He Vd. coñecedor do deterioro que sufren os ríos de Oroso, desde fai unhos 4 anos hasta esta parte?
    ¿Ten Vd. coñecemento de que tanto o Tambre como o Lengüelle, están quedando mortos é sin troitas?

    En primeiro lugar teño que decirlle que non son cinco ríos, son seis ríos: Tambre, Lengüelle, Maruzo, Samo, Carboeiro e Cabrón (este pasa por Oroso, pola súa zona norte).
    Son consciente da escasez de troitas que hai, sobre todo nos ríos máis grandes, como o Tambre, e hai que esixirlle á Xunta que faga algo para que haxa máis troitas. Por exemplo: vixiar o furtivismo, entre outras cousas.


  22. Sr. Mirás, no seu momento, daba Vd. por feito que o 112, viña a instalarse a Oroso, é incluso se apuntou o mérito de lograr traelo a este Concello. Finalmente o 112 instalouse na Estrada, pero Vd. non movilizou os veciños, según rumores, porque o seu propio partido lle prometeu unha compensación a cambio do seu silencio.
    ¿Qué hay de certo, é que motivou o a sua pasividade?


    A Axencia Galega de Emerxencias 112 íbase a instalar en Oroso. O Concello cedeulle unha parcela. Estaba todo conveniado e pactado, e cando chegou este goberno da Xunta, capitaneado polo sr. Núñez Feijóo, decidiron que era mellor poñelo na Estrada, urtándonos, por conseguinte, unha gran obra para o concello de Oroso. Responsabilidad única e exclusiva da Xunta. Moi lamentable, pero máis lamentable é que houbo concelleiros que se alegraon desto, entre eles o Sr. Siverio Mirás, segundo comentarios dos veciños.
    O que fala vostede de compensacións e todo iso, nada de nada.

  23. poderia decir cantos cartos leva gastado e para que sirve o que vostede e algún colega chamou velatorio de trasmonte ¿por que non se inagura? ¿que pasou coa denuncia da asociacion de veciños ? sobre esta obra
    '

    Non sei exactamente canto se leva gastado, pero é moi pouco diñeiro, xa que o edificio xa estaba feito. O que se fixo foi readaptalo. Fíxoo a brigada municipal e en material gastouse moi pouco diñeiro, e neste momentos tan so falta dotalo da cámara de frío, que custa aproximadamente uns 7.000 euros.
    En canto á denuncia da Asociación de Veciños non pasou absolutamente nada, xa que o único que fixeron foi cometer unha torpeza, pois o local é propiedade do Concello.

  24. ¿Sabe Vd. o número de veciños das aldeas e lugares de Oroso, que viron imposibilitado o seu dereito a facer unha casa, porque toda a mayor parte do urbanismo se concentrou nos alrededores é no núcleo de Sigüeiro, en detrimento das parroquias?

    Non sei os veciños que se sinten pexudicados, non por culpa do Concello senón pola Lei do Solo, que é a que ordena o territorio, a Lei 9/2002, e as súas posteriores modificacións.
    Creo que vostede se refire ao PXOM. E o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Oroso é un dos plans máis expansivos que se aprobaron nos últimos cinco anos, e cumpre con todas as da lei. De feito, quen o aprobou foi a Xunta, que, por certo, lle fixo bastantes recortes con respecto ao que nos lle propoñiamos dende o Concello.

  25. A que se debe a súa habitual presencia en nos enterros de veciños habidos en Oroso no último mes, é a sua ausencia nos funerais durante o resto da legislatura?

    Creo que está vostede enganado. Eu vou a facer unha visita ás familias que coñezo, como fixen sempre, pero non suelo ir aos enterros, salvo que sexan familiares ou familiares de empregados ou compañeiros. E o de non ir aos enterros, non é por nada, senón porque traballo polas tardes e polas mañáns e non podo ir. E nunca utilizarei os mortos para facer política.

  26. Nos tempos de crisis que pasamos, ¿Non considera vostede, un derroche facer festas a tutiplé, inaguracións é premios a particulares múltiples, que únicamente supoñen un gasto improductivo é suntuoso para os veciños?

    Non considero que no Concello de Oroso se fagan tantas festas. A única festa que corre ao 100 por cen a cargo do Concello de Oroso é a Festa da Troita, e este ano empezouse a facer a da xuventude, porque no la estaban demandandos os propios mozos e mozas.
    Nas inauguracións non se gasta absolutamente nada, salvo que a empresa que fixo a obra queira invitar aos que vaian a inauguración, pero o Concello non gasta nin un so euro.
    Os premios a particulares que di vostede imaxínome que serán as distincións que se fan. Se cando se fan esas distinticións hai festa, é a cargo dos que van a ela. O Concello tan só corre cos gastos da medalla e do pergamino que se entregan

  27. ¿Non lle parece excesivo que Vd. é o Sr. Teniente de Alcalde, teñan sendos Secretarios particulares, pagados por o Concello?
    ¿Ten idea do gasto, que supón centos de farolas alumbrando nos cementerios, campos de festa é fincas particulares?

    A primeira pregunta xa respostei antes.
    Son consciente de que o gasto en alumbrado é un capítulo importante no gasto corrente do concello. Non obstante, os veciños demandano, e dende o concello, durante os últimos anos, fixemos un plan de eficiencia enerxética para reducir o consumo.

  28. En anteriores elecciones, prometian farolas en eiras particulares y asfaltado de las mismas, al parecer ahora se prometen puestos de trabajo y menciones honorificas y demás medallas. ¿Le parece a Vd. seria esa conducta política electoral?.

    Mire usted. Non lle prometín postos de traballo a nadie, nin medallas. As que se están dando foron acordadas en pleno por unanimidade.

  29. porque a xente dependentes, non se lle da soluciones os seus problemas

    O tema da dependencia tenme moi preocupado. Precisamente esta mañán estiven a falar co equipo de Servizos Sociais deste problema, xa que nos últimos tempos acumuláronse moitos expedientes. Non obstante, os Servizos Sociais están a dar a mellor resposta en canto a rapidez posible. Logo, despois, ven o problema de que tamén na Xunta se tarda moito tempo en resolver os expedientes e todo este cúmulo de cousas fai que, nin eu como alcalde, nin as persoas dependentes e os seus familiares estemos satifeitos.

  30. Levo vivindo no Concello de Oroso cerca de 15 anos, e teño que felicitar a xestión do seu goberno.
    Son consciente da evolución de Oroso, por que é algo que os que levamos tempo vivindo aquí podemos comprobar por nos mesmos. Un saúdo

    Moias grazas

  31. Cuando llueve intensamente todo el entorno de la casa del concello se inunda hasta el punto de no poder pasar con el coche, ¿piensan hacer algo al respecto?

    Sí. Está creando problemas esa zona porque os sumideiros que alí hai atáscanse con frecuencia, e agardo que a brigada municipal o poida solventar dunha vez por todas.

 

Queridas veciñas e veciños, foi unha hora e cuarto intensa. Quedan preguntas sen respostar por falta de tempo. Non obstante, podense dirixir ó correo electrónico do Concello e desde alí llas irei contestando pouco a pouco. Unha aperta

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS