Miércoles 08.04.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Bos días a todos os veciños e veciñas de Ordes. Quero agradecer a cantidade de preguntas que me están a facer neste foro de Elcorreogallego.es, agardo poder respostalas a todas e que as respostas lles satisfagan a todos.
¿Pactaría con calquera das formacións políticas que se presentan as eleccións ou xa descartaría algunha?
Unión por Ordes presentase as eleccións municipais para gañar por maioría absoluta.
¿Que ten pensado facer para a creación de emprego e combatir o desemprego na próxima lexislatura, despois de nestes catro anos non facer nada neste campo?
Durante catro anos estivemos traballando para intentar crear emprego e, ao mesmo tempo, formar aos nosos parados. Así é que máis de 800 persoas pasaron polos de cursos de formación que se impartiron no Concello de Ordes nesta lexislatura.
Xenerouse emprego, tanto en obradoiro como en empresas privadas. En este momento dúas empresas importantes vanse instalar no polígono industrial actual para crear máis de 110 postos de traballo, e seguimos cos últimos trámites para por en funcionamento o novo polígono industrial de Pardiñas para atraer novas empresas que xeneren postos de traballo.
¿se rumorea que da un trato de favor a la empresa constructora oviga,que dice al respecto?
A adxudicación de obras levase a cabo pola Lei de Contratos do Estado, polo tanto, esta empresa non ten ningún trato de favor.
Mirando o programa que presentou fai catro anos, observase que a maioría das propostas non se cumpriron sobre todo as mais importantes, relacionades co emprego, vivenda, centro de día, industria, etc. ¿Como explica esto?. ¿Pensa que esto lle pode pasar factura?.
Unión por Ordes cumpriu máis do 90 por cento do programa que presentou ás eleccións municipais de 2007.
O do emprego xa contestei na anterior pregunta; o de industria está en marcha a ubicación de novas empresas e temos unha subvención aprobada para un centro de discapacidade e un centro de día.
¿Non lle parece que é un pouco inxusto pagar integramente as festas da vila, mentras que cas parroquias só se colabora con pequenas aportacións?, ¿seguirá con esta política se volve ser alcalde?.
Estase axudando a todas as festas por igual. Como é normal, as festas patronais de Ordes, é unha obriga que as faga o Concello, cas aportacións de cada veciño.
Nunca se falou tanto de corrupción en Ordes como nestes últimos catro anos. ¿Que llediría vostede a toda esa xente que dí que vostede é corrupto e que naide consigue nada sin primeiro facerlle un pago a vostede? ¿e verdade que hay corrupción no seu goberno?
Lamento cun veciño de Ordes, se sabe que hai corrupción e que o alcalde é un corrupto, non vaia ao xulgado. Se non, e se da o seu nome, levarémolo nós.
¿Realmnete merecemos que nos deixe unha débeda de oito millóns de euros a cambio de nada.?. Xa me dirá para qué queremos a ampliación da Alameda, o novo Concello, pagar dúas veces as festas patronais ou o PXOM por duplicado...
Me parece que ten unha falta de coñecemento da realidade do noso pobo. Estas obras foron feitas para dar servizo aos nosos veciños e veciñas, sobre todo aos máis xoves.
O Plan Xeral foi rechazado pola Xunta de Galicia e conseguimos unha nova subvención para redactar outro PXOM, que nestes momentos se está elaborando para adaptalo ás necesidades do municipio.
Estamos nunha debeda vida, a 31 de decembro de 2010, do 56 por cento, cando a lei nos permite endebedarnos ata o 110 por cento. Parte desta débeda foi para invertir en compra de terreos e infraestructuras que beneficiarán a todos os veciños e veciñas de Ordes.
Dende aqui, en Mexico, pouco se pode pedir, ou preguntar, pero quero facer chegar un pouco ánimo para que fagades as cousas ben. e tamen, se pode ser, que poñas un ollo nestas terras, pois estou seguro que funcionaria algun tipo de acordo de colboracion entre axuntamentos, con fín de axudar a combatir o desempleo e o desenrrolo dos pobos.
Querido amigo, estamos a pasar momentos difíciles, como en case todo o mundo, sobre todo na parte laboral. Pero, esperamos, entre todos, saír deste bache. Un saúdo
¿Cáles foron os tres mellores acertos nesta lexislatura?¿Que cousas considera as tres peores decisións do seu mandato?
Todo o que se fixo foi coa mellor intención para que redundada na mellora dos veciños e veciñas. As melloras actuacións, para min, foron a reforma do tanatorio, o paseo do río Mercurín e a ronda leste.
Durante anos estivo vinculado as siglas do PP de Ordes fai catro anos iniciou a súa andadura como representante dun partido independente (UxO), nas autonómicas e xerais pediu o voto para o PSOE, a miña pregunta, como pode ser pasarse de pedir o voto durante anos para o PP e despois pedilo para o seu máximo rival o PSOE?
Non pedín o voto para o PSOE, simplemente agradecín o apoio prestado dende a Xunta de Galicia que presidía Touriño para invesións en Ordes.
¿Agora que o PSOE non goberna na xunta, volvería pactar co PSOE de ordes?¿ou agora hai mais posibilidades de pacto co PP?.
Unión por Ordes preséntase para obter a maioría absoluta.
¿Se UXO non é a lista mais votada, estaria disposto a pactar con outra forza política sen ser vostede alcalde?¿estaría disposto a formar parte da oposición?.
Dixen, e sigo decindo, que Unión por Ordes preséntase ás eleccións para obter a maioría absoluta polo traballo realizado durante estes últimos catro anos.
A pesar de que a lei electoral prohibe que Concellos e demais institucións fagan publicidade ou calquer tipo de publicación que glose a súa xestión desde a convocatoria das Eleccións, o Concello de Ordes pagou e distribuíu a pasada fin de semana unha revista laudatoria. ´¿Ten algunha explicación para este feito?. E non me diga que foi publicada en marzo,; contén dotos posteriores
Esta revista foi sufragada por empresas do Concello de Ordes, ás cales lle dou ás grazas por colaborar nestes momentos difíciles para dar a coñecer todos os actos realizados polo concello ata o 29 de marzo.
Vou con frecuencia polo Concello, e contáronme que vostede ordenou non admitir máis facturas porque os caixóns están cheos. Dío xente do seu círculo. ¿Como explica este feito?
Os que coñecen a administración local saben que hai un proceso para presentar ás facturas. As facturas entran polo rexistro de entrada, pasan directamente ao interventor, para fiscalizar o gasto, e despois, previo paso pola comisión de goberno para a súa aprobación definitiva, ordease o pagamento.
Hai unas semanas, moitos veciños do municipio recibiron chamadas dunha enquisa telefónica sobre intención de voto en Ordes. Buscaban respostas inducidas sobre a realidade local, pero non fixeron públicos os resultados. ¿Tan mal resultou esa enquisa para o equipo de Goberno?
As enquisas suponse que son secretas. Non coñezo os resultados da mesma, supoño que os coñecerán quenes encargaron a súa elaboración.
Son veciño de Ordes de toda a vida a observo como cando vostede se dirixe ao Concello atravesa case sempre polo parque para evitar cruzarse cos veciños. ¿Non cree que lle iría mellor se falase coa xente escoitase as prioridades dos veciños?
A miña misión como alcalde e como veciño de Ordes é falar con todos os veciños e veciñas en calqueira lugar e a calquera hora. Ademais, eles podenme vistar no Concello, sen cita previa e a calqueira hora, para presentarme as súas suxerencias ou demandas.
que previsión hai para a carretera de Ordes a Cerceda?
Esta é unha vella demanda como alcalde. Está aprobado o proxecto presentado e aprobada unha subvención do programa Miner (da administración central). Tan so falta o último trámite, a firma de tres administracións, para sacar a concurso a adxudicación das obras.
¿Vai seguir gastando mais de 600.000 euros nas festas do concello, pagadas integramente con cartos públicos?,¿O apoio as festas das parroquias vai seguir sendo nulo como ata agora incumplindo a sua promesa electoral?,¿Non sería mellor un reparto equilibrado dese importe entre todas as parroquias?, ¿Non cree que a sua xestión das festas e nula posto que cada vez gasta mais e hai menos xente nelas?
Vostede descoñece o sistema que leva o Concello, sobre todo en eventos como son ás festas. Ás parroquias non se lles da diñeiro en efectivo, pero si se lles apoia con infraestructuras: carpas, alumbrado, grupo electróxeno, etc. (¿supoño que terá un valor económico?)
As festas patronais de Ordes fanse coa aportación do Concello e a colaboración dos veciños e empresarios.
Non lle parce desorbitado gastar 800.000 euros na reforma do tanatorio, e que nun concello veciño se gasten 550.000 aproximadamente nunha contrucción nova, adqisición do terreo e por se eso fose pouco, equipada con tres salas e crematorio.
Os proxectos fanse por técnicos competentes na materia. Ten a súa disposición o proxecto e as cantidades investidas, que pode consultar cando desexe.
Se perde as eleccións seguira na politica
Eu preséntome para gañar as eleccións.
E certo que o concello retirou ilegalmente a concesión a empresa Xestora do Cementerio do balado, e que debido a eso o concello perdeu un contencioso no cal a sentencia di que o Concello de Ordes ten que indemnizar a dita empresa con mais de 1 Millón de euros
O Concello retirou a concesión, legalmente, porque creemos que a xestión non era a adecuada. E, como se demostrou, en pouco tempo fixemos un tanatorio, moi necesario para Ordes, que cumpre a normativa vixente (cousa que antes non ocorría), e unha mazán de panteóns que son un exemplo para todos.
Nestes intres está en proceso xudicial e non houbo sentencia que diga que temos que pagar un millón de euros.
Vostede nas últimas autonomicas pediu publicamente o Voto para o Psoe, a que se debeu ese cambio tan brusco de ideoloxía posto que se mal non recordo vostede militou durante mais de quince anos no PP de Ordes.
Como xa dixen antes, eu agradecinlle á Xunta de Galicia, entonces gobernada polo PSOE, ás axudas prestadas ao noso concello, que redundaron no beneficio de todos os veciños.
O alcalde dun pobo debe desprazarse ás diferentes administración para buscar inversións para o seu pobo, independentemente do partido que goberne esas administracións en cada momento. E de ben nacidos é ser agradecidos.
cómo pode xustificar que , na época de crise que estamos a pasar, se fixera unha inversión de case 800.000 euros nunha "cafetería e nuns vestiarios"?que tipo de política de obras leva o concello?
Invitoa, se non as coñece, a ver as instalacións. A inversión foi dun plan estatal, pero nestes intres máis de 200 nenos e nenas están a desfrutar dunhas instalacións modélicas e accesibles, onde, a parte de adicarse a facer deporte, teñen un aula de formación para que todos aqueles nenos que cheguen despois das actividades escolares poidan facer os seus traballos (deberes) e, ao mesmo tempo, practicar o deporte que máis lles guste.
Este proxecto non soamente conta con cafetería e vestiarios, senón tamén cunhas gradas e, como dixen, cun aula de formación.
A política que levamos a axudar a todos, e que as familias que acoden ao campo poidan estar nunhas instalacións dignas mentres os seus fillos practican deporte.
como se te ocurrio llevar a Gonzalez en tu candidatura a sabiendas de que restara votos como tudo el mundo lo comenta
En política todos temos amigos e enemigos, e todos temos algo que aportar.
Despois destres catro anos deixa vostede ao concello moi endeudado. ¿cómo pensa reconducir a situación co concello? ¿qué partidas vai reducir? ¿cómo vai facer algún proxecto en Ordes sen cartos?
Van se uns anos de austeridade, porque a situación económica de todos os concellos de Galicia, que asumen competencias que non lles corresponden, é similar e posiblemente terán que deixar de prestar algúns servicios, pero nunca aqueles relacionados cos temas sociales e de formación e emprego.
En Ordes seguiremos facendo proxectos, porque hai uns plans de obras que serán adicados a novas infraestructuras.
¿ Porque o concello adica mais cartos a festexos que o desenvolvemento do tecido industrial e comercial de Ordes ?. ¿ Porque o concello non e quen de atraer e captar empresas que fagan de motor no noso pobo ?
Todo é necesario. Festas e desenvolvemento do tecido industrial e comercial de Ordes, van parellas, porque as festas xeran riqueza.
Nestes intres estamos a captar novas empresas para o polígono industrial.
que soldo ten vostede e mais o concelleiro de obras? como veciña de toda a vida do concello creo que teño dereito a sabelo!!!
Os salarios dos concelleiros e do alcalde son aprobados ao principio da lexislatura nun pleno e son públicos. Nestes intres cobro 2.143 líquidos ao mes.
Despois de que El Correo publicara que o cociñeiro da gardería deixaba o seu traballo pola mala calidade da comida que lle daban aos cativos, ¿que fixeron para resolver os problemas na gardería ou segue todo igual?
O que non podemos é mesturar política con temas tan importantes como son os referidos aos nenos. Ata este momento non hai ningunha queixa na gardería, e está funcionando con total normalidade e cumprindo coas medidas de seguridad e hixiene que marca a normativa vixente.
Non cree que os prezos das obras en Ordes están moi inflados? eu teño unha empresa de construcción e non me coinciden os números.
Invitoo a pasar polo Concello a ver os proxectos de calqueira obra para que vostede mire se ve algunha anomalía e nola poida comentar. Repito: os proxectos son feitos por técnicos competentes en cada materia.
Non cree que 7 campos de futbol no concello cuns custos esaxerados, e non ter pistas de tenis ou de baloncesto, e ter que ir a outro concello para xogar o tenis, e totalmente inaceptable? ¿tanto beneficio da o futbol?
Se algo ten o concello son instalacións deportivas a todos os niveis e nas que se poden practicar calquera tipo de deporte. Son consciente de que algunhas hai que melloralas, e temos proxectos para novas actividades, como, por exemplo, o tenis, que se incorporarán na seguinte fase da cidade deportiva.
¿Como lle puido sufragar os gastos de Brincadeir con 140.000 €? ¿non lle parece esaxerado invertir 400.000 € nunha cafeteria no campo de futbol para ir solo dous días?
As familias usan as instalacións deportivas de luns a domingo, polo que non considero esaxerada a inversión
os gastos de Brincadeira foron sufragados na súa maior parte por unha subvención do Xacobeo.
levo bastantes anos en Ordes, e c dende que vostede entro nou goberno local Ordes adquiriu un recoñecemento importante. Por iso, darlle as grazas por todo o que fixo por este concello nesta lexislatura,a vostede e a todo o seu equipo de goberno que desde logo tivo un longo traballo para lograr todo o que fixo.
En primeiro lugar, darlle as grazas. Cando me presentei ás eleccións municipais no 2007 presentei un proxecto de futuro, e hoxe podo decir que o programa electoral cumpriuse en case o 90 por cento. Quedan cousas sen facer, porque as lexislaturas deberían de ser de máis de catro anos, para poder desenvolver todas as ideas e proxectos que plantexamos.
¿Está satisfecho con los resultados de la Sección de Idiomas?
Este é un dos logros importantes a nivel de educación para Ordes. Costounos moito traballo conseguir unha sección da Escola de Idiomas, pero hoxe máis de 260 alumnos están a desfrutar desta nova sección e aprendendo idiomas, sen ter que desprazarse a outras cidades.
Fixo unha gran labor no terreo da diversidade funcional, que proxectos ten para este colectivo?
Hai unha subvención para o ano 2012 para crear un centro de discapacidade e centro de día. Seguiremos axudando a este colectivo, e as súas familias, a través de actividades desenvolvidas en horario que lles permitan ás familias ter un respiro. Este gasto é sufragado polo Concello ao cento por cento.
Como e posible que empresas as que vostede lle da a maioria das obras do concello esten aportando importantes cantidades de cartos a financiar o equipo de futbol no que xoga o seu fillo. Estou a falar de Aluminios Moure Villaverde entre outras.Tanto lle sobran os cartos as empresas?
Saberá vostede que os equipos de fútbol financiase coas aportacións de socios e de empresas. O fútbol podeo practicar calqueira persoa sen necesidade de antepoñer nome e apelidos.
Que opina da sua excompañeira de goberno ANA ALVAREZ,. ¿ E verdad, que a parte de cobrar 24..000.-Euros anuais (das arcas municipais de todos os veciños de Ordes) queria cobrar 8 horas mais?
Os salarios dos concelleiros, como xa dixen, foron aprobados en pleno a principios desta lexislatura e, dende o goberno, respetamos ese acordo. Logo, cada un é libre de tomar as decisións que considere oportunas. Calqueira cambio deste acordo ten que ser aprobado en pleno e ratificado pola maioría dos concelleiros.
Cree que oito ou nove campos de futbol en Ordes son suficientes ou debería haber máis?
Cree que cero pistas de tenis en Ordes,cero de baloncesto,cero de futbol sala son suficientes ou debería haber menos??
Cree que os pabellons pechados o fin de semana son útiles os veciños ??
Cree que foi un Alcalde para todos ou solo para os do futbol??
Polo que vexo descoñece outras actividades. Os catro polideportivos estanse usando, previa petición, todos os días para desenvolver as actividades que cada un queira.
Temos unha pista de fútbol sala, cun pavimento dos poucos que hai en Galicia, na que xogaron grandes equipos como o Lobelle. Tivemos un equipo de baloncesto, e o pabellón Castelao está adaptado para a práctica do balocnesto.
En Campomaior temos unha pista de cemento exterior para xogar ao tenis, que está sendo usada. En caso de choiva xogan no polideportivo municipal.
Pero, como dixen, na segunda fase da cidade deportiva incluiranse unhas pistas de tenis adaptadas aos tempos que corren.
Vostede insiste en que merece a maioría absoluta polo traballo feito nestes catro anos, o seu socio de goberno Pedreira di que o PSOE merece a maioría. ¿como cree que vai reaccionar a xente?
Os veciños e veciñas de Orden son libres de elexir aos seus representantes en cada momento.
Prometeron que abrian un centro para a Xuventude, así o anunciaron cando abriron os baixos da Alameda,... e resulta que non existe ¿por qué ese engano?
Estamos a elaborar un regulamento para que o uso dos locais dos baixos da Alameda para que poidan ser usados por nenos, adolescentes e xoves, pero sempre en grupos de idades similares. Non queremos mesturar a nenos de 12 anos con persoas de 35.
¿qué ten que decir vostede para defenderse das acusacións de "supostas presións e coaccions" aos veciños e empregados municipais?
A verdade é que me sorprende esta pregunta. Todos somos maiores de idade e decidimos por nós mesmos sen estar supeditados a presións de ningún político. ´No caso dos traballadores municipais, estou seguro de que se sentisen presionados xa houbesen presentado algunha denuncia, e non foi así.
¿Pon vostede a man no lume por Roberto González despois de revelarse que asistiu a xantares nos que se amañaban obras da coñecida como Operación Orquestra? ¿Estaba vostede ao tanto? Un saúdo dun votante.
Eu soamente podo falar da miña persoa e dos meus actos. Eu descoñezo e non teño constancia do que vostede afirma.
Eu penso qe os Alcaldes van con un talonario de cheques pagado polos veciños comprando votos .
Que pensa Regos ? e o Alcalde Manuel Regos ?
Non cree que nos sale caros os veciños o sequito de seguidores que vay comprando, que vay crecendo e que o final gobernan eles para si mismos ?
Emprazoo a vir ao concello e que lle expliquen a normativa de pagos, quen os realiza, quen os firma. Nós non usamos talonarios para comprar vontades como vostede insinua, porque eso é un delito. Os pagos realizanse co informe previo do interventor e o acordo da comisión de goberno.
O pasdo tira tanto que volves abrazar a Gónzalez ?? non votades de menos a Martino??
patetico.............
Martino tivo a súa época dorada como alcalde. Nos últimos oito anos necesitabamos un cambio.
Algunhas persoas respectamos ata o final os acordos aos que chegamos. No meu caso, comprometinme a levar a González na lista electoral.
A gora que chagan as eleccións fala de que duas empresas vanse instalar no polígono creando emprego, eso haberá que velo, o que si vimos foi o aumento do desemprego nos ultimos anos. ¿vai facer o mesmo co polígono de Pardiñas coma co de Merelle, facelo para que se instalen 5 empresas, e non promocionalo? porque o de merelle foi un fracaso e vostede estaba no goberno.
A ubicación do polígono de Merelle é privilexiada. O 90 por cento do terreo xa está vendido, e proximamente irá ao pleno municipal unha modificación puntual da norma para a ubicación dunha gran empresas que acaba de mercar 20.000 metros cadrados de terreno neste polígono. O tempo dará a razón a quen a teña.
Sr. Regos, por que pretende ubicar na Praza de Abastos, unhas oficinas administrativas da Mancomunidade?? Por que se nega sistemáticamente a promover o asentamento de praceiros??
Se algo fixemos durante estes catro anos foi investir máis de 250.000 euros na praza de Abastos para a comodidade dos veciños e veciñas e, como non, dos praceiros cumprindo a normativa vixente. Nestes intres estanse realizando obras importantes na praza. Próximamente irá ao pleno o novo regulamento de funcionamento da praza para favorecer a instalación de praceiros.
¿Cando presenta a sua lista electoral? ¿E certo que Gonzalez vai de número 3?
As listas electorais sairon publicadas hoxe. A presentación oficial será o vindeiro 4 de maio, e o señor González vai de número catro
Agracellolles todas as preguntas formuladas e sinto non poder respostar a todas por falta de tempo. Agardo que as respostas foxen satisfactorias. Moitas grazas a todos. Un saúdo