Miércoles 22.05.2013
| Actualizado 08.57
Hemeroteca web
|
RSS
Ola bo día. É un pracer para min estar no Encontro Dixital de Elcorreogallego.es. Tentarei respostar as vosas dúbidas e as vosas preguntas neste anaco que imos compartir coas novas tecnoloxías.
Por que no cuenta con las empresas ubicadas en el concello a la hora de adjudicar obras?
Non comparto para nada esa afirmación. Na execución da obra pública, dependendo do montante económico, ás veces, no proceso de licitación exísese clasificación das empresas. Evidentemente, neces proceso moitas das empresas do concello que dan fora. Ahora ben, sempre que houbo posibilidade de primar, dentro duns criterios de transparencia, as adxudicacións, priorizamos o tecido empresarial propio do concello. E eso sábeno moi ben as empresas ubicadas en Teo.
Sr. Alcalde, como explica a situación do centro comercial Val da Ramallosa? Levamos máis de dous anos xa con macroburato, que vai camiño de convertirse nun lago artificial, reservorio de biodiversidade, e o Concello non fai nada. Ten visos de solución?, supoño que cando se autorizou a facer esa urbanización pensouse en que era preciso aumentar a infraestrutura da zona, e agora que? Un burato máis?
Ese centro está radicado dentro dunha promoción inmobiliaria privada que, evidentemente, está a sufrir o golpe enérxico da crise económica. Nese senso, as competencias municipais non existen, agás a de intermediación. Constanos que Novacaixagalicia é unha das entidades financieiras con interese no desenrolo desa urbanización e xa existiron contactos entre o Concello e Novacaixagalicia para poder desbloquear un proxecto urbanístico que non se iniciou nesta lexislatura, pero que é importante para a parte sur do concello de Teo.
¿estaría vostede disposto a facer un debate con demais candidatos á alcaldia de Teo?
Coido que a campaña electoral debe servir para rendir contas diante da cidadanía e expoñer as liñas de traballo para os vindeiros catro anos. Nese senso, o formato do debate parécenos positivo na medida en que permite contrastar distintos programas e visualizar as distintas opcións. Nós nunca nos negamos a participar nun debate, parécenos importante que existan, pero temos a sensación de que non todas as forzas poíticas teñen o mesmo interese.
Dentro do Partido Popular da a sensación dunha necesidade de agochar, polo menos en actos públicos, ó seu candidato.
O Convenio coa Deputación para o arreglo das vías en Teo, non foi posible facelo antes deste ano? Parece que se repiten vellas e populistas formas de gobernar, ¿non existe unha programación anual das vías que deben pavimentarse mais alá das coxunturas políticas deste ano 2011?
O grupo de goberno do concello de Teo priorizou durante estes catro anos o arranxo das arterias principais da rede viaria do concello. Pasando de 2 quilómetros, en aglomerado en quente, a máis dos 50 actuais. Nese senso, era necesario reforzar a rede viaria dos núcleos tradicionais, que se vira desgastada pola priorización na rede principal.
O convenio asinado coa Deputación, por importe de máis de 300.000 euros, permite acometer esa necesidade e está lonxe de calquer interpretación que se poda facer sobre a coxuntura política sobre este ano 2011. Farían falta moitos máis fondos para poder manter en bo estado unha rede viaria de centos de quilómetros nun termo municipal de 80 quilómetros cadrados.
Ante as críticas do señor Parajó á campaña Teo é teu, ¿podería afirmar sen ningún tipo de dúbida que se trata dunha campaña social non asociada ao seu partido? Gostariame que me respondese de forma taxativa si é ou non unha campaña do BNG
A campaña social "Teo é teu" é novedosa no fondo e na forma. Por iso entendo que non sexa comprendida por representante públicos como o señor Parajó.
A campaña social naceu paralela ao debate partidario, pero evidentemente resulta un apoio ó modelo de concello impulsado durante estes catro anos que eu represento. Pretende ser unha mostra plural do que os veciños e veciñas opinan.
Os representantes públicos sempre falamos en nome da cidadanía. E na campaña "Teo é teu", a cidadanía fala por ela mesma. Quen non entenda este concepto non entende a participación pública nos vindeiros anos.
Como o seu equipo de goberno defendeu unha política cultural nacionalista, ¿qué significan para vostede esos termos?
O BNG de Teo é unha forza nacionalista que programa unha actividade cultural destinada a unha poboación plural e diversa. Quen intente misturar o noso posicionamento político coa nosa praxe, confunde termos, non nos coñece, e está alonxado da realidade. Durante estes catro anos impulsouse, por primeira vez en Teo, unha política cultural vangardista, e que é recoñecida na comarca como referente. Nunca tivemos unha queixa de ningún veciño e veciña sobre a programación, e as veces da a sensación de ser debates artificiais de aqueles que proxecta sobre os demais os seus prexuizos.
Soy un vecino de Los Tilos,nos hay realizado "mejora" en la calle del centro comercial y fueron, charcos, falta de aparcamiento por el cual un centro comercial se muere,en su día vinieron a exponernos el proyecto y muchos vecinos le comentamos esos problemas,¿por qué no hizo caso a los vecinos,que le propusieron alternativas y mantuvo el original?¿cómo le devolverá la vida al centro comercial?
O proxecto de reurbanización da rúa do centro comercial dos Tilos estaba vencellado ao financiamento do fondo estatal, con todas as limitacións que eso supón a hora de facer modificacións no mesmo. Aínda así, o proxecto foi presentado publicamente na urbanización dos Tilos, con presenza de cargos políticos e técnicos, e unha aceptación maioritaria. Coido que na medida que este proxecto está rematado a valoración da xente trocou de maneira positiva cada ó mesmo, na medida en que conqueriu dotar de estandares de calidade á urbanización e darlle esa necesaria renovación que unha urbanización de máis de 30 anos precisa.
Non fuximos das nosas responsabilidades para co tecido comercial, no sentido, nun futuro de intentar habilitar bolsas de estacionamento na urbanización, aínda que tamén somos conscientes de que o propio tecido comercial ten que poñe da súa banda para impulsar tamén no centro esa renovación tan necesaria.
Me puede decir como apoyo un PXOM que realizó Armando Blanco y Parajo,el cual mientras estaba en la oposición critico con dureza y una vez en la alcaldía lo apoyo.¿ No es un cambio de criterio político ?.Otra cosa usted comenta muchas veces que hay "pinzas" para impedir su gobierno,pero en los temas importantes Pxom,recorte de gastos,tasas... usted pacto con el PP e Inteo ¿me lo puede explicar?
O BNG foi crítico na tramitación municipal respecto do PXOM, na medida que entendíamos en que ese era o momento no que os representantes públicos do concello podíamos facer aportacións importantes. Nesta lexislatura o PXOM pasou pola tramitación autonómica e, nese senso, o BNG priorizou a colaboración coa Xunta, tanto na etapa do PSOE como na do PP, como tamén no feito de que era mellor ter unha ferramente de planeamento coas correccións autonómicas que non ter ningunha en pleno ano 2011.
O desenrolo do PXOM estará vencellado a quen teña responsabilidade política de executalo. E nese senso nós apostamos por un PXOM que corrixa as eivas de equipamentos e zonas verdes.
Por qué non empregaron parte dos fondos zapatero dos que gozaron nos ultimos dous anos para arreglar o problema da auga que ten o concello? xa non é un problema de turbidez, as veces chega a ser un problema de saude publica. os parques infantiles son moi necesarios, pero a auga potable é un servizo básico
Estou absolutamente dacordo en que a potabilizadora do río Ulla precisa dun dimensionamento urxente. De feito, xa existe un proxecto redactado no ano 2009 por Augas de Galiza para o cal se precisa dun desenvolso de 1 millón de euros. A pesar de que esta inversión estivo contemplada nos orzamentos do Estado, e dende finais do 2010 existe o compromiso da Xunta de viabilizalo, a día de hoxe as administracións supramunicipais non cumpriron cos seus compromisos.
O fondo estatal empregouse para cuestións prioritarias do concello, non só para parques infantís, como pudo ser a rede viaria, proxectos de saneamento, equipamentos sociocomunitarios. Nunca ningún concello empregou os fondos propios en dimensionar algo que é de competencia autonómica. Nese senso hai solicitada unha entrevista co presidente da Xunta, que entendemos que non se realizou pola época electoral, para intentar arrincarlle o compromiso firme para o dimensionamento da planta.
Le parece a usted de recibo las declaraciones de su concejala de cultura la señora Carmen Hermida de que ustedes hacen "una politica cultural y deportiva" nacionalista'
cree usted que es respetuoso con las instituciones y con los vecinos de Teo yerndo a la huelga y dejando el concello de Teo sin autoridad?
Por qué no se sumó a la prpuesta del PSOE de celebrar el Día de la Constitución?
A primeira parte da pregunta xa contestei anteriormente. Paréceme interesado mesturar a nosa posición ideolóxica coa nosa praxe cultural adicada a unha cidadanía plural e diversa.
Nunca fixen deixación de funcións a cudindo á folga, porque sempre entendín que a miña responsabilidade institucional está vencellada ós dereitos dos meus veciños e veciñas. Se un goberno do Estado acomete un dos recortes máis importantes dos dereitos laborais que se recordan nos últimos 30 anos, a miña resposta, máis alá de posicionamentos institucionais, debe ser de estar ao lado desa cidadanía agredida. Sempre vin ao Partido Socialista moi preocupado porque non estiveron as horas na alcaldía, pero nunca o vin preocupado polas medidas antisociais que se estaban impulsando.
Respecto á Constitución, o BNG é unha forza política que acata este documento, pero no caso do Concello de Teo entendemos que as posicións do PSOE e o BNG, respecto ás celebracións deste día, son deportivas diverxentes.
Usted cree sinceramente que hay un pacto entre todos para sacarle a usted de la alcaldía?
Usted pactaría un gobierno de coalición con el PSOE?
Usted cree que su actitud antidemocrática en esta legislatura pasada y sus acusaciones actuales de pacto encubierto entre derecha e izquierda contra usted, está abonando el terreno para un gobierno bipartito BNG/PSOE en Teo.
Coido que o Partido Socialista, e especialmente o seu portavoz, o señor Leis, non fixo unha dixestión axeitada do mandato cidadán de fai catro anos. Nese senso, as súas actitudes e as súas posicións de bloqueo co conxunto das forzas políticas da oposición, defendían posicionamentos partidistas máis aló dos intereses xerais. Sen chegar a realizar unha moción de censura, si que coido que existiu o intento, tanto do Partido Popular como de InTeo e do PSOE, de gobernar dende a Corporación. E nese senso, as competencias de cada quen están delimitadas.
Sinceiramente creo que quen ten que facer unha autocrítica non é xa o propio PSOE, senón o propio señor Leis, que a día de hoxe segue sen clarificar se permitirá unha volta a un armandismo sen Armando.
Fun operario do concello de Teo. Rematoume o contrato e tuven que marcharme. Por qué vostede renovou mediante Decreto de forma ilegal (e vostede sabe que é ilegal porque os contratos teñen que extinguirse aos 3 anos como me pasou a min) o contrato do personal de Protección Civil?
Por qué non me renovou a min e ós compañeiros que tivemos que marcharnos pola mesma situación?
O servizo que presta Protección Civil no concello de Teo é un servizo imprescindible e valorado pola cidadanía, ao cal non podemos renunciar na medida en que a comarcalización do servizo de bombeiros foi un fracaso e deixou ao concello de Teo sen asistencia en caso de emerxencias. As prazas para regularizar a situación de Protección Civil figuran xa no orzamento do 2010 prorrogado, e é vocación do grupo de goberno sacalas.
Rego asfáltico a última hora, antes das eleccións, despois de 4 anos de total abandono, á maneira que facia o sr. Castroagudín nos vellos tempos. Ademáis a uns botanlle gravilla e a outros non. Por riba discriminación entre veciños. ¿É certo que un dos seus concejales dixo no pleno que se lle botou gravilla a quen pasou por alí a pedilo? Parécelle esta unha forma de actuar seria?
Non vou a repetir a resposta dunha pregunta anterior. Coido que resulta evidente para unha maioría dos veciños e das veciñas a mellora da rede viaria no concello de Teo durante estes derradeiros catro anos. Tan só hai que ter un pouco de memoria e saber de donde se partiu.
Teño dous maiores o meu cargo. O meu marido está no paro agora e eu traballo servindo nunha casa en Santiago. Non teño quen me atenda os vellos. En Teo non hai a onde lkevalos. Non temos centro de dia e ustedes votanlle a culpa ao sr. Feijoo. por que non fixeron ustedes ese centro de dia cando gobernaba o señor Quintana na Xunta co PSOE?
O concello de Teo cedeu unha finca na parroquia de Calo por unanimidade da Corporación para a construcción dun centro de día durante o bipartito. O proxecto está redactado dende entón e falta iniciar a licitación. O novo goberno da Xunta, xustificándose na situación económica, paralizou o proceso.
Estou convencido de que a esixencia dun centro de día para un concello de preto de 20.000 habitantes é unha necesidade, e a Xunta debe replantexarse cales son as prioridades nun momento de crise económica como este.
Sí, son un relativamente habitual votante do BNG, alomenos nas eleccións municipais. E digo exvotante porque esta vez non o vou facer. E non o vou facer porque vostede detrás dese rostro amable me decepcionou como xestor: en Teo seguimos botando en falta un Centro de Día, o Centro de Saúde, a piscina municipal, non temos servizos de calidade como os dos concellos da comarca ¿por qué?
Respetando a súa decisión democrática, discrepo con vostede. Coido que o concello de Teo deu un salto cualitativo e cuantitativo no conxunto da comarca, e a día de hoxe é un referente na prestación de servizos, de conciliación, nas políticas socioculturais e na rede de equipamento sociocomunitarios impulsada.
A construcción do centro de día e do centro de saúde é competencia autonómica. O concello fixo os seus deberes cedendo os terreos e poñendoos a disposición da Xunta, e teñen que ser eles os que resposten e cumplan coa cidadanía.
En canto á piscina climatizada, fumos quen de voltar a conquerir financiamento da Deputación, e nestes momentos está en proceso de licitación, cun prazo de execución de 20 meses.
Hoy recibí un sobre del BNG de Teo con un tarjetón y su efigie y el anuncio de que va a cerrar la campaña acompañado del señor Beiras. Sí de ese señor que ha llamado "terroristas" al señor Rajoy, al sr. Rubalcaba, al señor Rouco Varela, etc. ¿Comparte usted las opiniones de su líder y compañero?
Respeto profundamente o compromiso ético e político do señor Beiras coa súa terra, e para min e un pracer e unha honra, que ao igual que fai catro anos, sexa o señor Beiras o que participe no acto de peche de campaña. Non vou a entrar en valoracións do que di ou non di o señor Beiras, porque non me corresponde a min.
Son veciño de Balcaide, e a calidade da auga é penosa. Invitolle a que veña a miña casa a beber da suposta auga potable municipal ou a bañar os seus fillos se os ten: unhas veces de cor branco outras marron... ¿pensa facer algo? Por certo, ¿cree que os asfaltados de gravilla dos ultimos días é a solución para as pistas? Case mellor como antes
Sei como é a calidade da auga potable porque vivo na parroquia de Calo. Nese senso, durante o verán, polo aumento de consumo, existen problemas de abastecemento, e durante o abastecemento en días de moita choiva, problemas puntuais de turbidez. A empresa concesionaria garantiza a potabilidade da auga coas analíticas realizadas sistematicamente, pero aínda así debemos esixir que as administracións supramunicipais executen o dimensionamento da planta potabilizadora do Ulla, por ser un problema real a día de hoxe.
Dende hai moitos anos, os distintos gobernos de Teo volcáronse coa humanización das parroquias de Cacheiras e Os Tilos. Para cándo un compromiso coa de Calo, na que toda a súa poboación está censada no Concello de Teo e paga ahí os seus impostos? Deixe a un lado á recentemente área recreativa, xa que os terreos foron cedidos polos socios.
Coido que a inversión realizada na parroquia de Calo durante estes catro anos é incomprable ao resto do periodo democrático. A área recreativa, recentemente inaugurada, foi cedida pola Sociedade de Agricultores, pero tivo un custo de fondos públicos de máis de 200.000 euros.
A mellora da rede viaria, a adecuacion á normativa dos parques infantís, e o acondicionamento doutras áreas recreativas, como pode ser a da Piollosa con fondos europeos, ou o do parque de Mouromorto, tamén se impulsaron durante esta lexislatura.
¿Para cando van a estar rematadas as obras da ponte "Dos Pasos" en Pontevea.?
¿Para cando a limpeza das cunetas,?
¿Para cando o alcantarillado na miña zona?.
Un saúdo, bos días.
Agardamos que a ponte dos Pasos poda estar rematada a finais deste mes de maio, según os datos trasladados pola propia empresa que está executando esta obra pública. O desbroce das cunetas realizase a partires do mes de maio cos medios propios, que foron ampliados, xa que contamos a día de hoxe con dous tractores, que aínda así son insuficientes para un concello de 80 quilómetros cadrados.
Durante esta lexislatura redactamos un plan director de saneamento que prioriza, co acordo do conxunto das forzas políticas, as actuacións neste campo, dependendo do número de veciños afectados. Nese senso, durante estes catro anos invertiuse en saneamento un total de 4 millóns de euros, o que supón un salto importante, aínda que a día de hoxe é insuficiente.
según o médico noriega, cales serían as pataloxías que observa nos seus contrincantes á alcaldía de Teo?
Máis que de patoloxías eu falaría de actitudes políticas. Por decilo elegantemente, coido que o señor Parajó ten un compromiso ético difuso na administración pública; o señor Leis antepón as súas percepcións persoais e as súas frustracións ao interese xeral do concello; e o señor Guerra está agochado detrás dun grupo de asesores que non me permiten percibir cal é o proxecto político que ten para o concello de Teo, aínda que me da a sensación de que non está preparado.
Qué lle parece que o PP votara contra a supresión do canón da auga esta semana no Parlamento?
O PP impulsou unha lei de augas que graba ás traídas veciñais e os pozos particulares, que foi publicada do DOG. Posteriormente afirmou publicamente que non ía executar a lei neses casos concretos, pero curiosamente négase a modificar a lei cando volta a ser debatida no Parlamento. Coido que o alcance do novo canon de augas poderemos comprobalo despois das eleccións municipais, xa que entendo que, polo menos, o Partido Popular mantén unha posición cínica en canto ao mesmo.
Non lle parece moi atrevido que o candidato do PP fale de emprego cando Feijóo incrementou o paro en Galicia en case 64.000 persoas (o 40% máis) desde que chegou á Xunta?
Quen entenda as políticas de emprego cunha visión puramente municipalista non está sendo honesto cos veciños e as veciñas do concello de Teo. Desgraciadamente, a incidencia da autonomía municipal neste campo é moi limitada, e así se percibe pola xente. Aínda así, nós, durante estes catro anos, creamos un departamento de orientación laboral para asesorar á cidadanía de Teo e impulsamos como unha das prioridades a cuestión da formación.
Teñense dado pasos importantes pero a solución definitiva non a temos na casa consistorial, e depende das políticas supramunicipais en moitas ocasións.
Señor Martiño, vai usted a eliminar do PXOM os privilexios do señor Armando Blanco na sua leira da Povoa?
Quen fixos os recortes ao documento municipal impulsado polo anterior goberno foi a propia Xunta, que entendeu que nesa cuestión non tocaba entrar. Ao concello tocoulle acatar as directrices autonómicas, que en moitas ocasións non compartimos e así o fixemos público.
Señor Noeriega ¿Ten vostede algún problema de índole público ou personal co Señor Jano Leis?
Sempre digo que resulta terriblemente difícil atopar a alguén, no meu caso, co que teña un problema de comunicación. Coido que eso non o pode decir o señor Leis, que se por algo se caracteriza é polos problemas de relación que ten con múltiples veciños e veciñas.
Non son eu o que ten que repartir responsabilidades sobre a posibilidade de chegar a un acordo estable nesta lexislatura co PSOE, tócalle agora á cidadanía facer balance de quén intentou construir un concello distinto e quen estivo sempre interesado en bloquear que isto fora posible.
Bos días, brevemente ¿apoia vostede as declaracións de onte de Xose Manuel Beiras tildando de ilegítimas as eleccións por mor da non participación de Bildu en Euskal Herria?
Coido que na situación de Euskadi se están a vulnerar dereitos fundamentais e que se non somos capaces de visualizalos nos estamentos xudiciais, será Estrasburgo quen nos acabe quitando ás cores. Unha modificación elxislativa sobre a Lei Electoral, feira "ad hoc" para evitar a participación do movemento abertzale en Euskadi serviu recentemente para impedir a participación de Xaquín García Couso como candidato á alcaldía en Arzúa.
O recorte dos dereitos fundamentais é ainaceptable por aqueles que creemos no Estado de Dereito.
bos dias don Martiño .¿estaria disposto a pactar con calquera partido ,para asi manter a alcaldia ?
Estaríamos dispos a dialogar, como sempre fixemos, con calquera forza política. Pero aínda así sempre afirmeu publicamente que o proxecto políticos que defende o BNG de Teo é antitético a unha volta atrás, a un armandismo sen Armando e ou con Parajó.
Coido que somos a única forza política que explicitou así de claro a súa posición.
Mais que unha pregunta un consello, por que non adica os seis primeiros meses de mandato a debatir cos veciños e aprobar un plan de mandato coas actuacións prioritarias para o Concello e prazos para execución?
Agradécolle o consello e tereino en conta. Aínda así, durante estes catro anos pasados asistín reiteradamente ás parroquias celebrando xuntazas veciñais onde se establecían prioridades, se facían críticas e se mantiña o contacto necesario entre os veciños e institucións. Creo na democracia participativa e coido que sería importante empezar a habilitar mecanismos orientados a uns presupostos participativos.
¿Está entre os seus plans repensar o uso da construcción modular dos Tilos? Non parece moi adecuado ter unha biblioteca de tres modulos diferentes e separados entre sí que, ademais, parece que non foron concebidos para ser biblioteca. Grazas
O centro sociocultural dos Tilos foi un modelo innovador que partía dunha urbanización que non tiña locais públicos e que pretende programar a nosa actividade sociocultural diversa. Nese senso, ademais de ser respetuoso co entorno, conta con varios espazos diferenciados para permitir ter un punto de lectura, unha sala de exposicións, e un lugar onde facer outro tipo de actos de xeito simultáneo.
Priorizamos a funcionalidade do centro e agardamos que eso sexa valorado polos veciños e veciñas.
Sr. Noriega,
Vostede comenta que o PP agocha o seu candidato nos actos, é onde estivo vostede como alcalde de Teo durante estes 4 anos, cos seus veciños non. Vai se seguir coa su política nacionalista radical, me refiro o día da Constitución?
Non lle parece a vostede que a gran maioría dos Teenses e Españois non somos nacionalistas e desexamos que se festexe o día da Constitución?
Eu digo que o Partido Popular non está permitindo mostrar ao candidato diante da cidadanía, e iso non deixa de ser un fraude para cos veciños e veciñas que teñen todo o dereito do mundo a saber o que pensa e o modelo de concello que quere para Teo durante os vindeiros catro anos.
Non me sinto para nada reflexado na afirmación que voste de fai. Independentemente das miñas conviccións, son consciente da responsabilidade que teño para gobernar un concello plural e diverso que ate agora valora a nosa honestidade, o noso compromiso e a praxe do día a día por riba doutras cuestións.
A nosa aspiración e acadar o apoio dunha maioría social que permita gobernar sen ataduras os vindeiros catro anos e completar o ciclo iniciado nesta lexislatura en cultura democrática, políticas socioculturais, servizos básicos e equipamentos.
¿Vai deixar o concello que desapareza a asociación dos Tilos? A moitos veciños esta asociación préstalle un servizo esencial para conciliar la vida familiar y laboral. Grazas
O papel que desenrola a Asociación dos Tilos é moi valorado no concello de Teo. A súa presidente sabe, porque llo trasladei persoalmente, que a pesar da situación económica, o concello non reduciu nin un euro na súa aportación municipal e, a maiores, mantén todos os gastos de luz, auga e calefacción do centro. Nese senso, creo que non todas as administracións poden decir o mesmo, e a pregunta teriamos que trasladarlla aos responsables autonómicos que cortaron as vías de financiación que mantiñan coa Asociación dos Tilos.
Noraboa, alcalde pola tua sinxeleza, profesionalidade e modelo de respeto cara a todos. Conseguiches que Teo volvese a ser respeitado pola sua nobreza. Onde cres que está o segredo do teu éxito? Por que cres que incluso o PP (incluido Núñez Feijoo) te respeita?
Eso teriamos que preguntarllo ao señor presidente da Xunta, non me corresponde a min contestalo. O que si interioricei durante estes catro anos é a necesidade de gobernar, independiente das miñas conviccións políticas, para unha maioría social plural e diversa, encaixando as críticas cando se dan e intentando mellorar cada día.
Agardo, polo menos, ter sido honesto nos meus acertos e nos meu erros e que iso permita refrendar o apoio dos veciños e veciñas para estos catro anos que temos por diante.
Con qué lexitimidade saca a relucir un posible pacto do PSOE co PP para o futuro goberno municipal de Teo, cando vostede pactou coa peor versión do PP (o armandismo) e Parajó para sacar adiante un PXOM que como usted decía antes "vai hipotecar o futuro do concello de Teo"?
Por qué sigue vostede insistindo e tratando de asustarnos a todos co "armandismo" cando Armando Blanco xa non é candidato?
O grupo de goberno nunca pactou, máis alá das coincidencias nas votacións e os plans da Deputación,ningún tema co resto das forzas políticas da Corporación. Coido que iso non o pode decir nin o Partido Popular nin o PSOE, que en moitas ocasións mantiveron unha oposición oordinada a temas importantes no concello.
Se as veces falo de armandismo sen Armando é porque considero que o Partido Popular perdeu unha oportunidade para modernizarse e ofertar unha candidatura distinta a do pasado. Xa o teño dito noutra ocasión, pero este PP sen Armando é semellante a achicoria comparada co café.
Moitas grazas polas vosas preguntas e por terme dado a posibilidade de respostar as vosas dúbidas. A poucas horas de iniciar a campaña electoral coido que é importante clarificar posicións, porque eso redundará no beneficio da xente á hora de decidir. Bos días e sinto non ter podido respostar, por cuestión temporal, á cantidade inxente de preguntas feitas.