Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 08.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Portada » Encuentros digitales

Pilar Candocia

Candidata a la alcaldía de Ames por el BNG

Comparte en Tuenti Atrás

Bos días a todas e a todos, estou encantada de poder estar aquí neste medio para atender ás vosas preguntas e dar resposta as vosas inquedanzas e preocupacións. Imos aló

  1. Sr. Candocia va concurrir a las elecciones para ser alcaldesa, o para apoyar como hace 8 años al candidato del PSOE, y no dejar gobernar al partido mayoritario. Gracias.

    Nós presentamonos con vocación de goberno. Presentamos á cidadanía unha proposta para o futuro de Ames. É o momento de que o cidadán decida entre as cinco candidaturas que se presentan.
    O BNG preséntase para que as políticas de dereitas non volan ao concello.

  2. ¿Cuáles son las primeras medidas anticrisis que piensa adoptar si es elegida?

    Traballar para a creación do emprego. Os concellos dispoñen de moitos resortes para a dinamización económica, máis alá de que teña competencias específicas ou non, pódese facer, como xa fixemos na lexislatura 2003 cos servizos de conciliación, que tampouco eran de competencia municipal, convertindo Ames nun referente no país.
    A loita contra o paro será a liña que marque as nosas políticas.

  3. O BNG non fixo nada por Ames, por que pensa que agora lle teñen que botar a vostede?

    É falso. O BNG fixo moito cando estivo no goberno, e a cidadanía así o percibiu. Sen o BNG Ames non sería referente de calidade de vida como o é hoxe, con servizos pensados para as persoas. Tampouco tería apostado por un sistema de tratamento de residuos urbanos que aposta pola reciclaxe, a compostaxe e a defensa do medio ambiente.
    Os cidadáns saben que hai un Ames distinto anteriore ao 2003, cun goberno do Partido Popular, e que houbo un Ames diferente cando o BNG compartiu responsabilidades de Goberno entre 2003 e 2007. Pasouse dun Ames recoñecido pola especulación urbanística, a un Ames recoñecido polos servizos para as persoas.

  4. Fue usted la creadora de los fantásticos servicios de conciliación que tenemos en Ames, que planes tiene respecto a ellos?

    Un goberno do BNG comprométese a continuar cos servizos existentes, pero é necesario a daptarse ás novas necesidades e avanzar nas políticas de servizos para as persoas, para os nenos e nenas, pero tamén para os adolescentes e mozas, campo no que aínda non se fixo nada, e tamén pensar nas persoas maiores.
    Un servizo de canguereo, un servizo de ludoteca, actividades para os maiores. Unha política para a mocidade en colaboración con esta, serán prioridades na nosa liña de actuación.

  5. Si o BNG e o PSOE non teñen a mairía absoluta, volverán a pactar par reeditar o Bipartito?

    O BNG intentará que non volvan nin as forzas de dereita nin ás políticas da dereita ao Concello de Ames. Si nós entramos no goberno o goberno vai cambiar.
    A necesidade de cambio está presente nas rúas. E o cambio pasa por traballar para continuar desenvolvendo a liña de traballo que comenzamos na lexislatura 2003-2007. O noso goberno vai ser unha garantía de que se vai gobernar cos cidadáns.


  6. 1ª¿por qué Bertamirans non ten Bus desde a Rúa da Rosa ós Domingos e festivos, cando outros concellos subvencionan vos a Roma. . Algo podería facer ó ter unha gran poboación orixinaria de Santiago.
    2ª ¿ cando pensa arranxar o Concello , as beirarrúas da Travesía do Pedregal sobre todo a que está a caron do número 5, que mais parecen pasos a nivel que outra cousa.
    perdón pola extensión.
    Grazas

    Son moitas as cousas que hai que atender no concello. Comprometémonos a facer un goberno con participación cidadá, tamén no que se refire ás obras de remodelación urbana. E entre todos e todas definiremos as prioridades en cada momento.
    O transporte é materia pendente en Ames. Tanto a conexión dos dous núcleos de poboación coa cidade de Santiago, como a relación dos diferentes lugares de poboación entre sí (mediante un transporte interior). Estamos recollendo as propostas da cidadanía e traballando técnicos preprando propostas que articulen o municipio e, por outra parte, presentamos propostas en clave metropolitana para conexión con Santiago.

  7. ¿É certo que te presentaches a unhas probas selectivas no Consorcio e debido a unha denuncia do PP (na que amosou probas de que a praza xa estaba dada) renunciaches a ir aos exames e logo esa praza quedou deserta (non aprobou ninguén, para que ti seguises no posto)? Se isto é así, e sabes que así foi ¿ti cres que é ético ese comportamento? Se eres alcaldesa de Ames ¿as oposicións serán limpas?

    É falso que eu renunciase a esa oposición por unha denuncia do PP. Certo que me inscribín para un proceso selectivo dunha praza. Non me presentei aos exames porque non me pareceu oportuno dado o cargo político que ostentaba nese intre no Consorcio. O feito de que a praza quedara deserta foi decidido por un tribunal técnico, do que formaban parte profesores universitarios e o propio decano da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
    Eu sempre tiven un cargo político no Consorcio. Primeiro como asesora e logo como xerente adxunta.
    Gustaríame que se me xuzgara polo traballo político que fixen, polo número de escolas que se puxeron en marcha e pola competencia dun programa que a actual Xunta de Galicia está sendo incapaz de variar, e que estaba consensuado con técnicos europeos. Un programa que puxo a Galicia en primeira liña no tema de escolas infantís.
    Ao respecto dos postos de traballo de Ames, querido amigo, podes ter a completa seguridade de que o proceso será transparante, e os criterios, como non pode ser doutro xeito, serán o mérito e a capacidade.

  8. aguantarias compartir goberno co actual alcalde???

    O BNG aspira a gobernar, e, polo tanto, a que a súa candidata se convirta en alcaldesa. Traballaremos para que a dereita e as políticas da dereita non estén presentes no noso concello.

  9. Su antecesor, Xose Lopez, llamaba extranjeros y españolitos a los que como yo somos de otras
    provincias de España, y nos invitaba a irnos de "este paìs" retornando al nuestro. Nacì en Madrid
    y hace 15 años que resido en Ames: ud. tambièn piensa igual? Le recuerdo que en esas èpocas
    Ud. formaba parte del bipartito, y "nuestro" paìs es España... o no? Gracias.

    A riqueza de Ames é a diversidade, desde o respecto á diferencia. Entendemos que é necesario construir un Ames novo, todos e cada un e unha dos habitantes de Ames somos amienses de pleno dereito, independientemente de onde nacera cada un de nós.
    Traballei moitos anos con Xosé Fernández e nunca vin ningún acto respectivo ao respecto da xente de fora. Moi pola contra traballei con el para montar a festa dos pobos, para poñer en valor, precisamente, a divesidade coa que conta Ames.
    De feito, a candidatura do BNG está constituida por persoas de diferentes lugares do pais, do Estado e do Mundo.

  10. ¿Votar ao BNG é o mesmo que votar por outro mandato de Carlos Fernández?

    En absoluto. Votar ao BNG é devolverlle o goberno aos cidadáns. Se hai claro nestas eleccións é que o goberno vai cambiar, e o BNG vai ser o motor dese cambio.

  11. ¿Qué vai facer para comunicar as zonas rurais e parroquias de Ames cos núcleos urbáns do concello?

    Presentarlle á Xunta de Galicia un plan de conexión interior cunha rede de transporte público, porque a igualdade entre os veciñso e veciñas de Ames empeza por ter ás mesmas oportunidades de acceso a todos os servizos. E como podedes comprender é imposible que Ames conte con servizos repetidos en cada parroquia e nos núcleos urbanos, pero si pode contar cunha liña de transporte que iguale a todos e a todas no acceso ao servizos e a información.

  12. Son veciña de Ames e tiven que traer aos meus pais a vivir comigo porque xa son maiores e non poden estar sós. Qué servizos pensa vostede poñer dende o Concello para as persoas maiores?

    Hai oito anos Ames foi recoñecido pola posta en marcha dos servizos de conciliación. Esas mesmas persoas que tiñan nenos pequenos, agora teñen que traer aos seus pais a vivir a Ames. Entendemos que é necesaria unha oferta de actividades para as persoas maiores e de servizos que garantan que estas persoas podan estar na súa casa o maior tempo posible, ao tempo que se atenda as situacións de dependencia.
    Polo tanto, a necesidade dun centro de día, e servizos como á comida ou lavandería a domicilio son para nós un investimento e non un gasto.

  13. Cales son as propostas do BNG para darnos unha solución inmediata ao problema da falta de prazas nos colexios do concello?

    En este momento hai que resolver a urxencia, que é deixar en Ames aos nenos e nenas que solicitaron praza e quedaron sen ela. Pero non podemos esquencer que hai outros moitos que xa non solicitaron praza porque sabían que non había posibilidades. É necesario traballar de xeito inmediato, pero tamén a curto e medio prazo.
    Os dous núcleos de Ames son froito da especulación urbanística, na que se pensou en facer casas pero non en facer servizos, e non se deixaron espazos nos que ubicar estes servizos. Nos últimos catro anos non se avanzou, na xestión urbanística, para resolver o problema. Tanto o concello como a Xunta estiveron devolvéndose a pelota uns aos outros, sen buscar unha solución.
    Nós entendemos que é necesario que se sente á comunidade escolar, os grupos políticos, o concello e a Xunta de Galicia para buscar unha solución ao problema, e planificar a quince anos segundo as necesidades que recolle o mapa escolar municipal. Que estén recollidas neste documento, non implica que se vaian a facer. É necesario facer unha previsión de como e cando se van a conseguir os terrenos e como e cando se van facer eses centros de ensino.
    Hai que garantir o dereito á escolarización de todos os nenos e nenas de Ames no noso concello. Ames é un concello que xera riqueza, "perder" estes nenos implica que imos perder a riqueza que eles poidan xenerar no futuro.

  14. ¿Qué políticas específicas aplicará en Milladoiro?

    Milladoiro é o núcleo que máis sufrio a especulación e o que máis necesidades de servizos ten. Revisar e modificar o PXOM para conseguir espazos onde ubicar os servizos ten que ser a prioridade.
    Servizos educativos, sanitarios, espazos que permitan crear servizos para os nenos e nenas, mozos e mozas, persoas maioires; espazos verdes que humanicen o núcleo, e convertir Milladoiro nun "Lugar para Vivir".
    Milladoiro necesita políticas claras de integración, para que a riqueza da diversidade xenere riqueza para todo o concello.

  15. ¿Cuáles son sus puntos fuertes y débiles? ¿Y los de ,los otros candidatos?

    Como punto forte están o aval do BNG como motor do cambio do goberno de Ames na lexislatura 2003-2007, e o liderazgo compartido con un equipo, e con competencia técnica e política, que traballará en diálogo coa sociedade.
    Nós presentámonos cunha proposta constructiva, coa que estamos ilusionados e queremos conseguir a empatía e o apoio da cidadanía. E é a propia cidadanía quen debe valorar as bondades e os defectos de cada candidato.

  16. Deme un motivo para votala a usté e non quedar na casa o domigno das eleccións

    Que vostede será un elemento activo do goberno de Ames e terá a posibilidade de influir nel. Ir a votar é un exercicio democrático que sempre debe exercitarse. En todo caso, votar ao BNG é a garantía de que o concello avance e non retorne aos tempos do Partido Popular nin quede estancado como nos ùltimos catro anos. É a garantía de que non goberne a dereite nin de que ninguén aplique politicas de dereita.

  17. ¿Se o BNG ten a chave para a formación de goberno, estaría disposta a reclamar a alcaldía?

    O BNG preséntase para gobernar, para acadar o maior apoio posible entre os veciños e veciñas de Ames e fará o que estea nas súas mans para que non goberne a dereita nin se apliquen as políticas de dereitas.

  18. ¿Cree que o seu paso pola Xunta xoga no seu favor ou na súa contra?

    Creo que, como se está demostrando, o paso do BNG pola Xunta foi máis que positivo para o país. O tempo estanos dando a razón en moitos ámbitos, como no concurso eólico, nos servizos sociais, etc. A respecto do meu paso concreto creo que é evidente que beneficiou moitísimo ó país ter exportado o modelo de escolas infantís que iniciamos en Ames, que fai que Galiza conte cunha rede que non tería se o BNG non tivese pasado polo goberno e que, por certo, o PP só lle cambiou o nome. Ter asumido esta responsabilidade na Xunta foi unha experiencia que axuda a ter maior solvencia política e profesional.

  19. ¿Con quien se lleva mejor, con Xosé Fernández ou con Carlos Fernández?

    Manteño unha excelente relación persoal con ambos os dous, e politicamente está claro que con quen comparto o proxecto político é xon Xosé Fernández, e polo tanto é con el con quen teño maior punto de encontro. Xosé Fernández fixo grande ó BNG de Ames. Eu estou aquí porque el me foi pedir no 99 que viñese para o BNG de Ames e que formase parte dun proxecto ilusionante que nos levou a gobernar Ames e a ser o motor do cambio.

  20. ¿Por qué segue sendo minoritaria a presencia das mulleres nas cabezas de lista (non como na súa? ¿Porque non se conciencian os partidos ou polas propias mulleres?

    Está claro que o BNG asume que as mulleres son necesarias no mundo da política, como é necesario que estean na primeira liña do mundo empresarial. Hai moitos condicionantes que non facilitan a incorporación da muller ó mundo público e que a obrigan a quedar no privado. Nós facemos unha aposta clara por poñer ás mulleres en primeira liña, sobre todo nun momento no que son as que máis sofren a crise económica. Demostramos que estamos preparadas, que temos formación, que podemos facelo. É máis, está claro que a presenza das mulleres nas listas cambiará as formas de facer política. Pola contra, a dereita quere deixar as mulleres na casa, e a nova Lei de Familia do PP reivindica o papel tradicional da muller. A nosa candidatura é un antídoto contra esas políticas. Estou orgullosa de encabezar unha lista que é a única entre os 15 concellos máis poboados de Galicia que ten a tres mulleres na cabeceira.

  21. ¿Brindaría usted su apoyo a Carlos Fernández cuando éste tiraniza cualquier ayuda de la oposición apúntandose todos los tantos después de decir que los demás no hacen nada?

    Xa dixemos que o goberno de Ames vai cambiar. Na rúa respírase cambio e o BNG será o motor dese cambio.

  22. que pensa facer, no caso de gañar as eleccións, no rural de ames? As carreteras das aldeas, as sinalizacións e o alumeado teñen diversos fallos moi a miúdo...

    Aprobar o regulamento de participacioón veciñal e xuntar a todas as asociacións para establecer un programa de actuación de prioridades que iguale ós veciños do rural.

  23. Ames tiene rural y mucho, ¿que planes tiene el BNG respecto a comunicaciones, acondicionamientos, actividades vecinales...?

    Estamos traballando a nivel técnico para elaborar un mapa de transporte e servizos para o rural. Na liña da pregunta anterior, temos que definir as prioridades entre todos e todas. O BNG será garantía da igualdade dos veciños e veciñas no acceso aos servizos.

  24. E vostede nativa do concello de ames'

    Non. Eu nacín en Ferrol. Estou en Terras de Compostela desde o ano 82, e vivo en Ames desde o 96. Como a gran maioría dos veciños e veciñas, non nacín aquí, pero síntome de Ames e penso en clave amesá. Os meus fillos si que xa son amienses.

 

Somos conscientes de que estamos vivindo un momento de moitas dificultades. Queremos poñernos ao lado dos veciños e veciñas que máis sofren a crise, e conseguir que toda a cidadanía traballe conxuntamente para superala e avanzar. Non é certo que todos os políticos sexamos iguais, e desde logo a acción política está claro que non é a mesma. Eu teño para Ames un proxecto de bo goberno, transparencia na xestión e políticas para as persoas para construírmos entre todos un Ames novo.

Agardo que as respostas aclararan as vosas preocupacións e inquedanzas. Póñome á vosa disposición en campaña e fóra de campaña para o que precisedes. O BNG pensa que o diálogo coa cidadanía é a mellor política.

Un saúdo cordial

Comparte en Tuenti Atrás
Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS