Miércoles 08.04.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Ola! Bos días a todos e todas. Un pracer compartir este espazo dixital con vos.
¿ Estaría disposto a renunciar se desa forma o PSOE se puidera facer coa alcaldía?
Porque Noia teña un goberno honrado e traballador faría calquer cousa. Todo o mundo é necesario, pero ninguén é imprescinble. Máis importante que a alcaldía para o PSOE e que o goberno sexa bo para a Vila. Eu son prescindible como todos, e estou a disposición do pobo, por suposto antes que do partido.
Ten vostede pensado facer algo polo medio ambiente en Noia?
Levamos feito moito en sostibilidade, no mandato 99-03 conseguimos sacar adiante o mellor sistema de recollida e tratamento de Resíduos de Galicia, e nalgúns parametros positivos somo líderes en España, e foi grazas ao concello de Noia, co que se conseguiu crear ademais 150 postos de traballo que serían a metade se estiveramos en Sogama.
Conseguiuse o sistema intermunicipal de intercambio de bicicletas este mesmo ano para promover o transporte sostible.
Investironse máis de 300 mil euros en eficiencia enerxética.
Comezaron as obras de rexeneración da ría, e esta contratado o saneamento de Noia por 4,5 millóns de euros, polo que deixaremos de contaminar a nosa ría.
Plantaronse máis de 300 árbores autoctonas de ribeira en San Lázaro, e máis de 3000 plantas no Polígono industrial.
Entre os obxectivos para este mandato esta a adecuación da zona de Testal, que xa redactou o proxecto o Ministerio de Medio Ambiente.
Un dos obxectivos e retirar no posible os recheos agresivos feitos, como parte do vertedoiro de Testal, e o recheo da Chaínza. (xa aprobados na DIA de 4 de abril deste ano)
No 2012 aprobaremos un PXOM onde unha das máximas prioridades é a sostibilidade, incrementando as zonas verdes e os carris bicis.
Entre outros temas, porque me estou extendendo quizais demasiado na resposta.
Gustariame saber con quen vas a pactar desta vez , pois todo o pobo sabe que ti nunca ganaras uhas eleccions.
Encantaríame que unha vez o pobo me dera a posibilidade de gobernar en maioría, debe ser unha gran experiencia, gobernei 4 anos en minoría, dous en coalición e dous outra vez en minoría. Se se fixo moito en minoría creo que podería facer moito máis en maioría, quizais algúns dos proxectos que quedaron no tinteiro se terían feito ou acabado de poder desfrutar desa confianza dunha maioría.
Ben e certo, que non van existir maiorías nestas eleccións, e as combinacións van ser díficiles. Creo que en caso de que PP e independentes sumaran concelleiros abondo para sumar 9 concelleiros pactarían entre eles, por moito que os independentes o neguen agora. Quizais "pediran" a cabeza de Tono, pero creo que chegarían a acordo.
Eu non sei que pode pasar a partir do 22M, ben e certo que me gustaría chegar acordo co BNG, especialmente porque me sinto cómodo traballando con Bieito. En todo caso alegrome de que pensedes que son eu o que vai ter que nuclear ese goberno.
O que si desexo e que haxa unha maioría progresista o 22M
Bon Dia Rafael, gostariame que poideses dicir presuposto da campaña, as principais partidas de gasto da campaña como si se tratase dun presuposto municipal e cantos apoios ( votos por o que retorna por esa via ) son precisos para que as contas da campaña cadren porque unha forma de ver como sodes en canto a xestion que e o mais preciado dun politico porque "vender motos " e sinxelo
Uf! non o sei exactamente, teño bastantes facturas pendentes, pero creo que agás o partido de Abelardo todos contan con máis orzamento que nos. Apenas podemos competir con PP, BNG e independentes, notase no número de carteis, pancartas e banderolas.
Sinceramente non o sei, eu creo que me vai quedar o peto abaneando (no noso partido en Noia paga o candidato a campaña, agas uns poucos carteis e caramelos). Tentarei dar o dato exacto antes das eleccións.
que impide facer o novo campo de futbol que xa deberia estar feito?gracias
Xa nada, se non me trabuco, maña publicase na prensa o concurso da obra, e hoxe enviarase ao BOP, estará operativo para a nova tempada.
Foi unha negociación difícil e a varias bandas, pero negociamos con costas e ao final ampliaron a concesión existente do campo de futbol e das pistas de atletismo cara o aparcamento e podemos facelo ali. E un desas negociacións das que me sinto satisfeito.
O 70% do investimento pagao a Deputación Provincial.
Por que vou ter que traballar ata os 67 anos para que Botín mellore a súa xa excelente conta de resultados? Non conten co meu voto.
Algo estamos facendo mal a esquerda, para chegar a esta situación, ao de ampliar a idade xubilación me refiro, aínda que supoño que todos sabemos que non se fai para que Botin gane máis.
Eu coido que a esquerda a nivel internacional, estamos carentes de lideres carismáticos e novos discursos e novas iniciativas, nalgúns caso seguimos aplicando tópicos de hai décadas e que quedan claramente desfasados. A esquerda debe renovarse ideoloxicamente.
Hola Rafa: Todo o mundo fala do turismo como "opción" de desenvolvemento económico para a Vila e a comarca, pero, ¿tedes algúnha proposta concreta de traballo entre o sector público e privado que axude a posicionar a Noia no mercado turístico galego?
Ola! Unhas das iniciativas que máis me gustaría desde o punto de vista mixta pública-privada, e a rehabilitación das fabricas de beiramar. Un concepto semellante ao das Docas existentes en diferentes cidades de Portugal, onde as casetas dos mariñeiros se rehabilitaron para locais de hostelería. Hai varios sitios que creo que se podería incidir, como son o Tellaraco (a caron da EDAR) ou a Calería en Punta Abruiñeiras, ou o asteleiro de Hermida tamen en Punta Abruiñeiras, ou a Fábrica de Somoza a carón do Monte do Boloque creo que se poden rehabilitar como elementos patrimoniais onde se poden mesturar conceptos como o museu do mar, ou actividade artesanal de ribeira, con hostelería. Sen a participación privada neste caso, estes proxectos fanse inviables, xa que o concello non os pode manter por si sos.
E como no caso da rehabilitación da antiga Fabrica ´de Curtidos da Chaínza, de 1700 e os restos do seu pazo, que o concello adquiriu, e musualizou para a evitar a sua perda e deterioro. (4000 metros de solo extensivo e polo que o concello so tivo que aportar 108 mil euros) creo que a nosa idea de trasladar o conservatorio para alí necesita tamén de complementarse con concesións de hostelería que axuden ao mantemento.
Cando falamos de complementar este patrimonio co concesións de hostelería non só e por aforrar custes, senón pola dinamización social e economica que producen.
De todos xeitos hai que destacar o esforzo inversor e emprendedor dalguns negocios que abriron ou van abrir, como foi a reapertura do Kukia, o Tio Manolo, o que abrirá nos vindeiros días a carón de Caixa Galicia na Porta da Vila. E que romperon a tendencia anterior cando foron pechando negocios como o Solymar, o Ceboleiro ou o Kukia. Coido que os nosos emprendedores están levantando este pobo.
¿Que hai de certo en que vostede propiciou a creación do partido dos Independentes ante a previsión de que a suma de PSOE máis BNG xa non sería suficiente para acadar maioría estable?
Non é certo, e calquera persoa que estea nun partido sabe o dificil que é manter o equilibrio e a unión dentro do seu partido como para inventarse outro partido.
De todos xeitos este partido (supoño que te refires a Noieses independentes Agrupados ) que como o partido de Abelardo é unha excisión do PP, en caso de que tiveran oportunidade pactaría co PP, sempre arranxan, non teñades dúbidas deso.
Señor García Guerrero,
¿como é posible que en Noia non se levasen a pleno para a súa aprobación os presupostos dos anos 2008, 2009, 2010 nin 2011? ¿por que segue a funcionar prorrogando os últimos aprobados polo PP no 2006? Si ten en conta as facturas sin consignación a canto ascende a débeda real do concello, e non so a financieira da que sempre fala vostede?
Porque centramos traballo na presentación das contas xerais, un documento obrigatorio e necesario, durante o periodo do PP non se aprobou ningunha, e tivemos que aprobarllas nos. A Conta Xeral debe ser presentada no Tribunal de Contas e no Consello de Contas, para fiscalizar pero ademais quitanche subvencións como pasou no periodo 2003-07. A conta xeral e un traballo inxente.
De todos xeitos os resultados son fantastico a débeda do PP do 52% baixamola ao 25%. Cun superavit de 1,65 millóns de euros no 2010. E un mínimo de débeda financieira de 2.1 millons.
E o resultados das facturas sen consignación tamén é historico, o máis baixo que se produciu, conseguimos o mínimo das últimas decadas en torno a 700 mil euros que será asumido polo superavit do 2010, e sobrara case un millon de euros para novos investimentos. Este verán non se deberá nada máis que o débeda financieira e teremos remanente para investimentos.
Buenos días, como vecino de Noia que soy, me gustaría saber el motivo de que la EDAR aún no esté funcionando (o eso creo) así como la fecha aproximada para que entre en funcionamiento a pleno rendimiento.
Porque as canlizacións que se fixeron no 98, que valeron unha millonada, non valeron para nada, nunca funcionaron, e só chega a EDAR menos dun 20%.
Pero xa esta contratada a obra da nova canalización a unha UTE galega, e a obra empezara este verán, chegando entón máis do 70%
Señor García Guerrero,
si no mandato anterior o PP chegou a publicar o avance do PXOM, ¿como é posible que en catro anos este documento non se aprovase? O Partido Popular afirma que ainda gobernando eles o PXOM está nun estado tan inicial que antes do 2013 non podería aprobarse. ¿Que di vostede sobre isto?
Polos distintos cambios normativos, cambiou a lei do solo, pola nova lei do Plan de ordenación do litoral. De todos xeitos temos avanzado moito con consenso, e de feito no debate feito en telebarbanza por primeira vez o PP recoñeceu que estaba moi avanzado. Eu penso que se pode aprobar no 2012.
Bos días, Sr. Guerrero;
podría dicir si ten algunha actuación prevista para a entrada de Noia na zoa de S. Bernardo a nivel de segurirade vial, rexeneración e acondicionamento do río? que pensa do cambio de opinión do Sr. Insua acerca da retirada da escollera?.
Moitas grazas e sorte.
O cambio de criterio do señor Insua sobre a escolleira e totalmente electoralista, xa recoñeceu publicamente que o levaba no programa electoral do PP do 2007, agora so pon atrancos por motivos politicos.
Un dos obxectivos para o próximo mandato e rexenerar o entorno da Ponte de Traba e o paseo fluvial desde San Bernardo ata San Lázaro pola marxe do Couto.
As entradas de Noia precisan un cambio total, ainda que se mellorou moito a Avda de Galicia. Se ben hai que lembrar que son estradas da Xunta de Galicia, que non colaborou moito nas últimas décadas, xa non digo anos. Estamos agardando pola promesa que fixo Diego Calvo de iniciar as obras no 2010 da estrada do Obre.
Tras la remodelación de Pedrachán, unos vandalos destrozaron las luces, en las callejas y en el lavadero, desde el ayuntamiento quedaron de pasar a mirar y no lo hicieron. Pasarán antes del 22 de mayo?
Estan mercadas, e encargado o arranxo. Ese vandalismo en concreto costou 3000 euros.
Finalmente o conflito pola variante rematou, ¿sigue vostede afirmando que debía ir polo interior? Si de vostede dependese, ¿intentaría no futuro facer esa estrada a sabendas da súa afección ambiental, social (afecta a 22 nucleos noieses), e urbanística (tiraba 3 casas e afectaba directamente outras 12)?
gustariame que non se fixeran intervencións agresivas na ría. Pero respecto a decisión de outras adiministracións, porque era a su competencia.
Señor García Guerrero,
no 2007 presentouse vostede á alcaldía afirmando que a ponte non se podía facer porque estaba denunciada en Europa. Logo das eleccións a Plataforma sacou á luz as Resolucións do Parlamento Europeo de maio e novembro de 2006 totalmente favorables á súa construción. ¿Tiña vostede coñecemento destas Resolucións cando se presentou ás urnas?
Coido que se trabuca vostede
porque non goberna o partido mais votado?si a xente asi o quere ¿por que vos unides os menos votados para gobernar?¿tanto costa deixar a poltrona ?
Eso e doado de dicir cando a dereita so ten un partido, e a esquerda sempre vai en varias formacións.
Se o Partido Socialista sacara 7 concelleiros e PP 6 e os independentes 3, sendo de dereitas o PP e os independentes non che parece lóxico que se unan?
Non é unha poltrona, é un cargo e un traballo, moi agradable e moi duro, e teño claro que en politica estas de paso, se o pobo decide que me debo ir para casa non me queda pena, teño unha familia maravillosa a que poderei dedicar máis tempo, porque a politica leva máis de doce horas ao dia da miña vida.
Señor Guerrero,
é publico que o bipartito local apostou neste mandato por un apardoiro soterrado na UA3 de San Lázaro. O PP levou a pleno en outubro do 2008 unha moción para facelo na rúa Rosalía tal como presentaran na campaña do 2007, ¿por que votou o PSOE en contra desta moción e logo da rutura do bipartito mudou vostede radicalmente de postura, solicitando o aparcadoiro demandado desde o PP?
Non e correcta a pregunta, o PP dixo antes do 2007 que o aparcadoiro non era necesario e logo prometeuno en campaña.
En canto a proposta do BNG ao plneo, xa dixen no pleno que estaba dacordo con ela e que tentariamos traballar nela porque todos coincidimos que o sitio axeitado. Pero non podiamos apostar todo o plan E a esta aprobar esta proposta porque se nos denegaban o permiso a Xunta (como era probable, e como pasou) podiamos ter perdido o Plan E.
Señor García Guerrero,
¿sigue vostede afirmando que o sistema de saneamento unitario que comprometera vostede era garante para un correcto saneamento dunha vila costeira como Noia? ¿sigue vostede afirmando que lle valía calquer tipo de saneamento? ¿non lle parece mellor o saneamento separtivo xestionado polos grupos da oposición con MATI e Augas de Galicia?
Os tres proxectos fixoos a xunta, e a conclusión dos técnicos da Xunta sempre foi que era positivo. Os informes favorables eran sempre de técnicos da Xunta. Nos nunca apoiariamos un proxecto con informes negativos, dixemos que apoiariamos o proxecto que aprobara a xunta, e asi fixemos, sempre apoiamos os investimentos en Noia. Votando sempre a favor dos intereses da Vila.
porque queria a variante interior si era mais cara é mais perxudicial para Noia? non cree vostede que moitos Noieses-as o van a castigar nas urnas por ese feito?
pode ser que exista castigo.
A min gustaríame que non se metera unha estrada por unha zona protexida lic, pero respecto as decisións das administracións que teñen competencias no tema.
Se sabe algo mas del asunto de la archifamnosa grabadora que "desaparecio" en dependencias policiales, dado que tras el "incidente" y sin previo aviso "recupero" atribuciones en materia de policia local
Ademais das denuncias no xulgado, o concello iniciou unha investigación interna, esta mesma semana tiven que declarar na investigación interna. Non está parado nin esquecido, e tentaremos depurar responsabilidades.
Se o PP levaba no programa electoral do 2007 a retirada da escollera previa á limpeza da Ría de Noia porque cree vostede que agora se opón a que Costas a retire? Non cree que o PP está utilizando á Xunta de xeito partidista ó intentar parar as obras?
E todo moi raro, porque Xunta e Costas xa chegaron a acordos neste tema. De feito o contrato de Tragsa feito o 26 de Abril abaratouse en case 1 millón de euros porque van colaborar as empresas da variante e da rexeneración da ría, este abaratamente débese a que van compartir e reutilizar os escombros xerados polas obras.
A semana pasada houbo unha reunión Costas-Xunta-Tragsa-Puentesycalzadas, onde acordaron iniciar as obras por Testal, a pesar que Costas prefería que fora por Punta Abruiñeiras. E agora di que non se pode empezar por Testal, está claro que é por politica.
E o do PP de Noia pois esta sendo moi desleal coa vila, levabao no programa e agora pon trabas. O bo e que as palas están limpando en San Lazaro xa.
Bos días. ¿Cómo ten pensado solucionar o problema do paro en Noia? Desde que vostede é alcalde, o número de parados noieses subiu máis dun 50%, cómo pretende frear esta tendencia?
Gracias
Temos feito iniciativas que xeraron emprego como foi a planta de compostaxe que xenerou na comarca 150 posto de traballo, ou as xestións feitas hai nove anos para conseguir o xeriatrico que tamen xenerou postos de traballo.
A competencia do emprego, como ben sabedes é das comunidades autónomas, e a responsabilidade o paro en Galicia é da Xunta de Galicia, e habera que lembrarlle ao Sr Feijoo que prometeu acabar coa crise en 45 días.
De todos xeitos propoñemos ademais de conseguir obradoiros de emprego, crear un plan de emprego propio, ante a falta de iniciativas da Xunta que é quen ten a competencia, e que esta claramente fracasando. Este plan de emprego pretende contratar todos os veráns a maiores das subvencións 30 persoas a tempo parcial para ademais facer un plan de choque de mellora da limpeza.
Bos días Sr. Alcalde. En plena época de crise conseguiuse reducir a débeda nunha boa cantidade, e sen deixar de facer obras e actuacións no pobo. Eu son dos que pensan que os número falan por si solos e non lle dou tanta importancia os orzamentos como outros que só recorren a eso. Supoño que moitos nos preguntamos, hai algunha fórmula máxica para esa actuación económica?
Eu creo que hai que aplicar o que nos ensinaron as nosas nais, a ter coidado con non gastar demasiado, a aforrar, a non gastar máis do que se ingresa. Eu creo que na vida hai que tentar ser austeros. As nosas nais e as nosas avoas saben o que pasar o malos tempos e pasar fame os seus consellos son os mellores nestes casos, debemos aprender delas, de cando nos remendaban a roupa porque non podían mercarnos outra. Debemos aprender das nais e avoas de Galicia.
De todos xeitos as claves son honradez e traballo.
O bo e que conseguimos reducir en duas ocasións a débeda herdada do PP, e neste mandato cos maiores investimentos da historia.
¿Qué le ha llevado a realizar la campaña a través de los medios digitales, como su web "noiaunsentimento.com", o a través de facebook o twitter?
Suerte con la campaña.
Gracias por su respuesta y un saludo.
Levo moito tempo traballando con novas tecnoloxias, blog, facebook, twitter, e gustame, sintome cómodo, como neste encontro dixital.
http://www.noiaunsentimento.com e a nosa plataforma para difundir o que fixemos, a campaña e o que imos facer. Coido que un concepto novedoso, tentamos apoianos moito en youtube, hai catro anos repartimos CD, agora fano os outros, agora nos apostamos directamente polas redes sociais.
¿Que e o que mais necesita Noia nestes intres? Todos os partidos andan a Voltas coa Rexeneracion ¿Porque a Xunta de Galicia esta tan empecinada en parar as obras de rexeneracion que comezaron esta seman?
A xunta está facendo so un paripé na eleccións xa veredes como despois das eleccions non vai haber problemas, si e triste oir estas cousas, agora poñenche atrancos cando xa teñen negociada a colaboración entre a obra de rexeneración da ría e a da variante.
A pena e que con tanto atranco conseguiron que o inicio se atrasara demasiado. Foi moito traballo, pero creo que a mellor nova que todos queriamos ver.
Onte diciame unha persoa maior: "crin que ia morrer sen velas palas na ría"
Foi un autentico pracer compartir este espazo virtual con vos, tentei contestar o máis rapido posible, pero non dou tempo a contestar as ducias de preguntas que quedaron fora. Sintoo, se queredes tentarei contestarvos no meu email ou no meu facebook.
Grazas por todo.
E grazas ao El correo gallego por permitirme participar neste encontro dixital.