Miércoles 08.04.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Bos días a todos e a todas. En primeiro lugar, dar as grazas a Elcorreogallego.es pola iniciativa que tiveron, que nos parece positiva, xa que a mellor forma de porse en contacto co cidadán sen filtros de ningún tipo será contestando ás preguntas que nos envían os lectores, aos que lles agradezco as cuestións prantexadas.
¿vas a pactar co bloque?
En principio, decir que se volvo á política activa é porque estou convencida de que Arzúa necesita un cambio de goberno, un cambio de rumbo, xa que padecemos nestes últimos catro anos un goberno sectario, que non foi equitativo, que non gobernou para todos e que non escoitou aos veciños.
En canto á pregunta en cuestión, de si vamos a pactar co Bloque, decir que non creo na política de pactos. Os votos de cada grupo deberían ser de cada grupo e que non se poden "vender" os votos do cidadán. Polo tanto, posto que facemos política constructiva optaríamos máis por pactos puntuales, non só co Bloque senón con calqueira grupo, naqueles temas nos que se presenten iniciativas positivas para Arzúa.
¿Crees que tienes alguna posibilidad de ganar las elecciones? ¿Que hay de cierto en los rumores de que tu querías encabezar la candidatura del PP local?
Posibilidade de gañar as eleccións, dende logo que por maioría absoluta non. Pero creo que unhas eleccións se poden gañar de moitísimas maneiras. De feito, sendo o grupo con menos representación na Corporación nestes últimos catro anos conseguimos levar a voz de moitos veciños ao Concello e aos plenos, propoñendo obras que eles nos solicitaban, facendo crítica constructiva naquelo que non estaba ben. Polo tanto creo que o de gañar as eleccións non somos só nós os que gañamos, senón que creo que coa nosa presenza no Concello serán os veciños os que saian gañando.
Por outra banda, os rumores non son os que me levan a estar en política. O que me empuxa a continuar é o traballo polo pobo no que vivo e traballo.
Sí é certo que o Partido Popular me propuxo que encabezase a súa candidatura en Arzúa, ao que lle contestei que só aceptaría esa oferta sempre e cando fose a asamblea local do partido a que elexise ao seu alcaldable entre os candidatos que se quixesen presentar, pois entendo que deben de ser os veciños os que elixan a quen eles queren que os represente. Ao non cumprirse esta circunstancia remata a única relación que tiven co PP nesta etapa e sobre este tema concreto.
¿Cual será la prioridad en Cultura y cómo se gestionará el Conservatorio?Un abrazo y ánimo.
Dentro do programa electoral da Agrupación de Independentes para Arzúa temos propostas como, por exemplo, a creación dunha semana cultural arzuana, na que teñan cabida todas as representacións artísticas (como teatro, música, etc.). Entendemos que a cultura é moi importante para o desenvolvemento dun pobo e para que a nosa xuventude sexa capaz de ter un pensamento libre.
En canto a como se xestionará o conservatorio, a miña postura na xestión de todo o apartado cultural, deportivo, educativo e demáis pasa por traballar codo con codo cos responsables de cada un destes departamentos. De feito empezamos unha ronda de contactos con todas as asociacións, colexios, e colectivos para tratar de buscar solucións aos problemas que estes nos prantexan. Todavía nos quedan reunións pendentes. Non imos ser nós os que decidamos cómo se vai xestionar o departamento en cuestión (incluido o conservatorio) senon que buscaremos o acordo e o consenso cos profesionais de cada un deles.
a parte de saber que quieres un cambio de politica para Arzua, una lista independiente no gana elecciones con mayoria, con quien serias capaz de dar el gobierno a los actuales de nuevo.
Como xa comentei antes, é certo que quero un cambio de política para Arzúa. E máis, o que pretendo e cambiar as formas de facer política, no cal incluimos o de non pactar con outros grupos por acadar o poder, senón que queremos chegar a acordos puntuais sobre calqueira tema que sexa positivo para Arzúa.
Creo que nun pobo debe gobernar, por principios éticos, o partido máis votado polos cidadáns, porque ese partido é o elexido polo pobo de xeito democrático. Independentemente, como xa dixen antes, os votos de cada partido son, para mín, sagrados e non se pode "comerciar" co voto do cidadán.
Despois das pasadas eleccións dimitiches, agora volves a presentarte, ¿non crees que é unha falta de respeto ao teu partido? amín tamén me da a impresión que te estás rindo dos votantes arzuans, con "idas y venidas" en busca do poder, ¿que me podes decir a isto? Gracias.
Certo que en marzo do ano pasado renunciei a acta de concelleira. Expliquei varias veces a todos os veciños e ao propio partido, que vivía unha situación persoal e familiar que me había afectado profundamente, e se estou en política é para DAR aos veciños, e pouco podía darlles neses intres se era eu quen necesitaba axuda.
Todos somos humanos e podemos ter momentos "baixos". Eu creía que era moi forte pero as circunstancias, nas que non vou entrar, levaronme a tomar unha difícil decisión. Agora, que as circunstancias cambiaron, penso que todavía teño moito que DARLLES aos veciños e veciñas de Arzúa, e dado que os compañeiros de partido mo pediron, e considerando que llo debo por gratitude, volvo a presentarme. E non por acadar o poder, senón porque me gustan as cousas ben feitas. A satisfacción de poder axudar a un veciño cando che pide algo xusto, e conseguilo, é algo moi difícil de explicar en palabras, pero que para min me empuxa a estar en política. Aínda que últimamente esta é a faceta da política da que menos se fala, pero a única importante.
¿En qué medida os puede beneficiar el conflicto que existe en el PP Arzuano, que primero presenta a un candidato y después a otro, mientras la actual portavoz se dedica a hacerle la "guerra" a su propio partido y disparar contra todo lo que se mueve?
Os problemas que poidan ter os demais partidos non é algo no que vaia entrar. En todo caso a situación política en Arzúa ahora mesmo non é beneficiosa para ninguén. É perxudicial para o pobo e para a convivencia dos cidadáns.
A Xunta Electoral acaba de declarar "inelexible" ao actual alcalde e candidato do BNG, Xaquín García.
¿Crees que a decisión é axeitada?
Tendo en conta que os políticos pasades da xustiza, ¿cres que Xaquín se vai presentar ou o BNG porá outro candidato?
Se Xaquín non se presenta, ¿en que medida te vas beneficiar ti e AIA. Cres que tes posibilidade de ser alcaldesa?
O de que os políticos pasamos da xustiza non o comparto. As leis e as sentenzas están para cumprilas e para facelas cumprir, sempre. Máis aínda se eres alcalde ou cargo público, que debes dar exemplo. Descoñezo o que vai facer o BNG.
A mín gustaríame que as eleccións se celebrasen en igualdade de circunstancias, sen guerras sucias, sen conductos reprobables..., e non busco o beneficio no mal alleo.
Son independentes deses que asinan mocións de censura co PP, dos que se integran logo noutros partidos, ou que? Que ideas teñen vostedes, á parte de "facelo ben"?
As miñas ideas son localistas ou municipalistas, como se queira interpretar. Aquelo que é positivo para Arzúa é positivo para min e para AIA (o partido no que milito). Non temos deuda política con ninguén, tan só cos veciños, e xa dixen antes que a nosa intención non é firmar pactos, senón chegar a acordos puntuais naqueles temas que beneficien a todo o concello.
AIA es una excisión del Partido Popular en la anteriro legislatura (2003-2007), ¿qué posibilidades hay de que volváis a integraros en el PP?
AIA é un partido independente, integrado por xente con ideas diferentes, de esquerdas, de centro e de dereitas. Pero, sobre todo, somos veciños e veciñas de Arzúa preocupados polo futuro e que queremos que cada día funcione mellor o noso pobo, que se escoite aos veciños, que se goberne para todos e con todos, que se traballe con equidade e honradez. Queremos que se acaben os gobernos vengativos e sectarios, porque todos temos os mesmos dereitos e obrigacións.
Vostede formaba parte do goberno do PP que en 1999 non acatou a sentencia de derrubo dun piso do edificio da plaza. ¿Considera xusto que ahora sexa inhabilitado como alcaldable quen no seu día presentou a denuncia contra a actuación do PP?
Eu non formaba parte dese goberno. De feito, a primeira lexislatura na que me presento foi en 2003 co PP.
¿Por que non vai na lista o actual concelleiro de AIA? ¿Eran certos os rumores de desencontros entre os dous?
Non vai na lista porque el trasladanos que non ten interese, ahora non vive en Arzúa e, polo tanto, respetamos a súa decisión.
O que teño que decir é que é un colaborador excepcional, que fixo un bo traballo para Arzúa, que non hai ningún tipo de desencontro e que, na medida que el queira ou poida seguiremos contando con el para todo. Foi unha persoa determinante na constitución de AIA.
No relativo a Cascón e Xaquín polo da grabación, así como a inhabilitación do alcalde polo Plaza e a súa relación coa elixibilidade como candidato, tíñades algunha acción en marcha. Refírome de tipo legal, máis aló da mera protesta nos medios, que está ben, pero considero insuficientes. Gracias
Dixen antes que as leis están para cumprilas e para facelas cumprir. En canto ao tema en cuestión, esta "loita" empeza por conductas reprobables por parte de ambolos dous candidatos, tanto do PP coma do BNG, da que non sei se haberá algún vencedor, pero que Arzúa é a que perde sempre con esto. A imaxe do municipio, que debe ser conocida polos seus aspectos positivos (como o queixo, a súa xente, as súas paisaxes, etc.), está sendo tirada pola fiestra.
Nós non imos entrar nesa "loita", polos motivos expostos. Porque, en política non vale todo.
AIA se presenta por segunda vez. ¿significa esto que é imposible a unión de todo o PP -dos que están agora, dos que algunha vez estiveron e dos críticos que están e que fan máis daño que ben-? ¿Coa dexenaración democrática imposta polo BNG crees que será difícil que o pobo recupere a ilusión, sobre todo cando ningún grupo leva no seu programa proxectos 'estrela'?
Quero crer que todos os que estamos en política estamos para buscar o mellor para Arzúa, aínda que a veces coste traballo crelo. Ten razón en canto a dexeneración democrática imposta polo BNG e a mín gustaríame que os votantes tivesen ilusión porque esto pode cambiar. Pouco a pouco, facendo as cousas ben, deixando a un lado o plano persoal e traballando polo colectivo, tendo claro a meta que queres acadar (escoitar e traballar cos veciños), buscando unha Arzúa de todos...
E, a partir desto, os que realmente estamos con estes obxectivos e queremos que Arzúa funcione mellor temos un ideal común, e este ideal é o municipalista que comentei antes.
A única bandeira que deberíamos de levar todos os candidatos é a de Arzúa, sen partidismos ou personalismos. E así funcionaría todo mellor e poderíamos recuperar a ilusións dos veciños e veciñas. Porque é a aos veciños e veciñas a quen nos debemos todos os que estamos na política, e aos que lles temos que rendir contas.
Moitas grazas a Elcorreogallego.es e a todos e todas os que me formularon preguntas. Espero haber dado respostas claras. Ata cando queirades.