Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 08.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Portada » Encuentros digitales

Siverio Mirás

Candidato a la alcaldía de Oroso por el Partido Galeguista (PG)

Comparte en Tuenti Atrás

En primeiro lugar, agradecerlle a elcorreogallego.es a oportunidade de participar neste encontro dixital e poder respostar as súas preguntas. Empezamos

  1. ¿Considera que en Oroso existen infraestructuras deportivas suficientes para tanto niño?.
    ¿Existe corrupción urbanística en Oroso?.
    ¿Por qué desconfía la gente de usted cuando llegan las elecciones?.
    ¿Por qué ha tenido que cerrar su empresa en Sigüeiro?.

    Non, fan falta máis infraestructuras deportivas.
    Considero que sí existe corrupción urbanística
    Non é verdade que a xente desconfíe de min nas eleccións. Ao contrario.
    Pechei a miña empresa por motivos profesionais e máis para non molestar ao alcalde

  2. Sr. Siverio ¿ Porque cree vostede que deberían convocarse as Xuntas de Portavoces e facer auditorias das contas do Concello de Oroso, como ten reclamado en varias ocasions?

    Porque con un funcionamento democrático, o normal é que poidan participar todos os membros da Corporación. E as auditorías considero que se deben realizar dados os chanchullos que está a practicar este equipo de goberno, e considero que os cidadáns teñen dereito a saber como funciona o Concello.

  3. ¿Qué haría por Oroso que no ha hecho Manuel Mirás?

    En primeiro lugar, democratizar o funcionamento, tanto administrativo como político, do concello, e traballar con transparencia e honradez dando conta aos cidadán da xestión municipal.

  4. Despois de varias lexislaturas presentando denuncias de todo tipo, ás que non lle fixeron caso nin nos xulgados, que nos vai ofrecer como novidade para a próxima lexislatura? Por que o deveriamos de votar a vostede?

    É falso que presentara denuncias de todo tipo. As únicas denuncias que presentei foi contra actuacións fora da lei que aínda están pendentes de resolución.
    Aos cidadáns voilles a ofrecer o que lles ofrecín sempre: lealtade, honradez na xestión política municipal.
    Porque son unha persona honesta e honrada, e traballo altruistamente ao servizo do Concello

  5. ¿Ha recibido alguna propuesta de algún otro partido para ir en su lista?

    Sí. Pero voume a reservar e non vou a dar nomes

  6. A candidata do PP que dimitiu hai unhas semanas acusou ao seu partido e a vostede de estar detrás dunha campaña de ameazas e coaccións cara a súa persoa. ¿Hai algo de certo nisto?

    Eso é completamente falso.

  7. ¿E vostede familiar do alcalde? ¿Por qué sempre está en guerra con él?

    Non estou en guerra con el. Eu, políticamente, deu conta aos cidadáns da súa xestión autoritaria e antidemocrática. Non confudamos as cousas

  8. Volvese a presentar vostede por un partido do que foi expulsado o ano pasado, ¿recuperou a confianza do Partido Galeguista?

    Non é verdade que fose expulsado, e sigo no Partido Galeguista.

  9. Fálase en Oroso de que a falta de entendemento entre os partidos da oposición é a maior garantía para o alcalde. ¿Con quen se levou peor, con Mirás ou con María José Mira?

    Personalmente non teño nada contra eles. Políticamente, o alcalde considero que despois de estar no concello dúas mocións de censura e ser expulsado do seu partido non merece ser alcalde do Concello de Oroso.
    En canto a María José Mira, nunca tiven problema con ela. Colaboramos na oposición ata hai tres anos. A partir de ahí ela fixo o que entendía mellor e, eu, outro tanto.

  10. Vostede fala moito de urbanismo, pero ¿cales son as súas propostas para Educación, Deportes, Terceira Idade, Saúde?

    Para Educación as propostas son: a retirada da antena da gardería infantil municipal; a ampliación da gardería, do CEIP e o instituto, e que se impartan cursos de formación profesional e Bacharelato no instituto.
    En Deportes hai que rematar varios campos de fútbol que están completamente abandonaos, como o de Transmonte, e doutras parroquias máis. Hai que ampliar instalacións deportivas para favorecer o deporte en xeral.
    A construcción dun centro para a terceira idade, con transporte a nivel municipal para que todos os membros da terceira idade poidan participar nas actividades con transporte de ida e volta.
    No novo centro de saúde, loitar para que se faga un PAC (punto de atención continuada) con guardias permanentes.

  11. ¿Estaría disposto a pactar con algún partido ou vese para sempre na oposición?

    No Partido Galeguista estamos dispostos a pactar con concelleiros e concelleiras que teñan as mans limpas e que non participaran en actos de corrupción, porque entendemos que a política é un servizo a sociedade e non un medio para enriquecerse algúns.

  12. Cree eu o BNG fixo un bo control en favor dos veciños a o Alcale de Oroso e o seu entorno?

    Non, para nada. Se o alcalde practicaba xa unha política autoritaria con clientelismo e nepotismo, co apoio do BNG aínda a practicou máis forte. E digo BNG porque en Oroso, quen goberna é a UPG, non o BNG.

  13. Sr. Siverio, non esta vostede canso de loitar tanto en contra de tantos polos veciños no Concello de Oroso?

    Non. Non estou canso de loitar, porque penso que é o meu deber como político e como cidadán loitar para que no Concello de Oroso entre a democracia, que aínda non chegou.
    A miña loita é contra políticos antidemocráticos, nunca contra veciños.

  14. Todos sabemos que vostede ten a peor labor q se pode ter nun Concello, a menos gratificante e a mais dificil. Loitar contra o caciquismo. A su familia, como o acepta? Porque cree que os veciños non lle dan unha oportunidade para gobernar con transparencia?

    A miña familia aceptao normalmente.
    Respecto aos veciños creo que, unha, por non presentarme ás elecciós baixo as siglas dun gran partido e, outra, porque nunca busquei na política o poder. O que busquei na política é que o Concello de Oroso goberne democráticamente, con transparencia, ao servizo dos veciños,
    Prefiro formar parte da oposición, sendo leal e honrado cos veciños, que formar parte do goberno e ser un cacique máis.

  15. Pensa que hai caciquismo no Concello de Oroso?

    Sí. O Concello de Oroso está gobernado por unha trama dende hai moitos anos, que foi a mesma que montou as dúas mocións de censura, e esa trama está utilizando aos políticos como monaguillos, conseguindo unha inestabilidade que perxudica aos cidadáns en xeral.

  16. Porque se leva tan tan mal co Sr. Mirás Franqueira?

    Personalmente non teño nada contra o Sr. Mirás Franqueira.
    Políticamente, sei que é antidemocrático e despois de haber montado dúas mocións, polo que xa dixen antes, non debería seguir sendo alcalde.

  17. Boas tardes,

    ¿Pensa vostede que o Consello de Oroso pode ser presa dos tentáculos dalgunha empresa de construción, tal e como sucede coa operación xudicial e das forzas de seguridade denominada “Orquesta” e que afecta a Concellos como o de Cee, Fisterra e Mazaricos?

    Grazas pola súa opinión.

    Eu penso que sí. Pero no Concello de Oroso sospeito que, polas influencias que existen, paralizanse os procesos.

  18. Vivo en Sigüeiro, en un piso encima del supermercado Familia, y llevamos desde el
    año 2005 quejándonos de ruidos y malos olores por parte del supermercado Famila.
    Cuándo van a exigirle en serio al supermercado que haga las obras necesarias para que
    sus ruidos, olores y goteras a los garajes dejen de perjudicar a los vecinos?

    Se temos responsabilidade de goberno faremos un estudio da situación de obras que teñan reclamado os veciños e actuaremos en consecuencia. E teremos en conta os casos que existen en Sigüeiro, que a maioría das obras que se fixeron, carecen de licencia de primeira ocupación, para darlle unha solución axeitada a todos os veciños.

  19. Entendo que un Pólitico se debe mover pola súa ideoloxía e polo tanto defender a mesma...¿ Como pode vostede defender un proxecto cando xa formou parte da UCD, Inpendientes, BNG, PG e tendo problemas en todós os partidos os que perteñeceu? ¿ é certo que voste e o PP teñen un pacto?...grazas

    Sí podo e teño un proxecto: a defensa da democracia ao servizo dos cidadáns. Hai que ter e nconta que a UCD hoxe xa non existe; Independentes, tampouco, e o BNG e o Partido Galeguista son partidos nacionalistas e democrácticos. E digo o BNG porque así era cando eu estaba nel. Hoxe é a UPG pura e dura, e así lles vai.
    Non é certo que tiven problemas en todos os partidos. Eso é o que lles gustaría a moitos políticos de Oroso.

  20. Coa man no corazón...vostede non esta detrás da destitución de Mª José Mira...e non é certo que esta axudar o PP na formación da candidatura?

    Non. Rotundamente non ás dúas cuestións

  21. Que papel xogou vostede nos seguintes asuntos:

    1º Paralización do proxecto de construción dunha Central hidroeléctrica.

    2º Paralización licenzas urbanísticas por irregularidades.

    Primeiro. Na central hidroeléctrica apoiei a posición dos veciños, a maioría dos cales se opoñía á construcción da mesma
    Segundo. Non teño nada que ver na paralización das licenzas urbanísticas por irregularidades

 

Moitas grazas a elcorreogallego.es por darme a oportunidade de contestar a estas preguntas. E aos cidadáns de Oroso decirlles que estean tranquilos, que Siverio sempre foi leal e honrado con eles e o seguirei sendo.
Un saúdo a todos

Comparte en Tuenti Atrás
Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS