Miércoles 08.04.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Bos días a todos os veciños e veciñas de Arzúa e aos internautas que nos están seguindo neste encontro dixital. Espero poder respostar a todas as preguntas.
Si o BNG ten máis votos que o Psdg-psoe, e tedes a posibilidade entre os dous de formar un goberno de esquerdas. ¿Apoiaredes a envestidura do BNG para a Alcaldía?. ¿Vades facer pacto entre os dous?. Prego unha resposta concreta: Si ou Non.
Nós aspiramos a ser a lista máis votada e pelexaremos coas nosas ofertas e co noso equipo para que así sexa. Nos outros dous supostos da pregunta temos unha resposta clara: NON.
Hai comentarios no pobo de que xa tivestes reunión co BNG para formar goberno en caso de que formedes maioría. ¿Vades pactar co BNG?
Nego rotundamente a existencia desa reunión, que procede de filtracións interesadas. Como xa dixen antes non imos pactar co BNG.
En todos estos anos que leva de concellal na oposición, nunha prmeira etapa con EG e agora có PSdeG-PSOE, que concellais dos gobernos ou da oposición, destacaría vostede como os mellores "travalladores ao servicio de Arzúa"? Faga un pequeno esforzo e recorde os mellores concellais arzuanos, e xustifique brevemente a sua resposta.
Efectivamente fun concelleiro en representación de Esquerda Galega hai uns anos. Quero nomear a unha persoa que daquela me acompañaba e hoxe está no BNG: Xoán Xesús Carril, como un dos mellores concelleiros a hora de traballar a favor dos interesescolectivos.
¿Xabier ti crees que poderías chegar a un acordo co PP local e unirvos para desbancar o BNG do goberno local de Arzúa? ¿Que opinas da incrible suba de impostos que se sufre en Arzúa dende que goberna o BNG?
Reiterome na miña primeira resposta, aspiramos a gobernar nós aínda que sexa en minoría. Polo tanto, non pactaremos co PP.
Penso que foi a subida máis alta da historia, que se fixo, ademais, con engano hacia os veciños e veciñas porque se había prometido moderación impositiva, e fíxose todo o contrario como acostumou nesta lexislatura o BNG, de reiterarse no incumprimento do seu propio programa.
Crees correcto a actitude do pp hacia o Bng?
As posturas de ámbolos dous partidos nestas liortas de escoitas, presuntos sobornos, detectives, espías pareceme deleznables. Están a enlodar a política municipal e a dar unha mala imaxe dun pobo que é humilde e traballador e que en nada está beneficiando, nin na situación actual nin na futura, ao pobo de Arzúa. Por desgraza, esta xudicialización política non rematará nin a medio prazo.
En canto a pregunta concreta, se se refire a denuncia presentada polo PP ante a Xunta Electoral, eu só podo decir que nós non o faríamos, porque nos gusta xogar este partido electoral con todos os efectivos e sen que este partido se gañe nos despachos.
Estimado candidato del PSOE, me gustaría que nos explicase brevemente cuales son sus recetas para uno de los problemas acuciantes que sufrimos en Arzúa, la despoblación y la fuga de capital humano por falta de trabajo o expectativas del mismo.
Muchas gracias
No PSOE temos un programa, no tema concreto de creación de emprego e revertir a situación de caída demográfica. Primeiro, faremos un plan de saneamento, crearemos unha empresa municipal de servizos para xestionar os servizos directamente e contratar algunhas obras por administración, o que suporá un aforro e creación de emprego.
Ampliaremos o solo industrial en aproximadamente outros 500.000 metros, dos cales a metade faremonos cargo ó concello como solo municipal para promocionar as empresas locais, aos novos emprendedores e empresas foráneas que se queiran instalar en Arzúa, como estímulo fundamentalmente cara a creación de emprego que desexamos incrementar xa na vindeira lexislatura.
Sr Pintor, ¿nos puede explicar cómo actuará en el caso de que el BNG pierda su mayoría absoluta? ¿pactará con ellos? ¿pactará con el PP? ¿quién gobernará?
Penso que non vai haber maiorías absolutas. Nesa situación nós actuaremos con rersponsabilidade. Reitérome na miña primeira resposta, en que aspiramos a ser a lista máis votada e, polo tanto, a gobernar. Temos o equipo e o programa para levar a cabo unha lexislatura productiva.
E no caso concreto das preguntas non pactaremos con ningún dos dous grupos, e menos dadas as últimas circunstancias de estériles políticas que están danando a imaxe do pobo, polo que cada vez nos da menos confianza ambolos dous grupos políticos. Motivo este polo que nos presentamos como opción de futuro cara a unha Arzúa participativa e de convivencia democrática.
Non cres que o estár calado en canto a o intento de soborno d Cascón, xa que vos nombra a oposición nas famosas grabacións, da pé a pensar que vai esistir un pacto PP-PSOe, o cal implicaría unha avalancha de votos socialistas o outra opción de esquerdas como pode ser o bng,porque aínda que o bng, esté moi desgastado, moitos non queremos ao pp,aínda que esteamos descontentos do goberno.
Calado estuvo o alcalde durante dous anos por unhas escoitas e un documento do que di que dispón sobre un presunto soborno do que naquel momento era o director de Radio Arzúa. O alcalde tería que haber actuado nese mesmo momento, por responsabilidade institucional e por cumprimento legal en canto a tomar as medidas oportunas para abrir un expediente disciplinario con un xuiz instructor e decidir sobre a gravedade desa situación.
Nós, neste momento, non estamos calados a respecto deste tema. Tanto por unha banda como por outra, xa que temos pedido que se convoque o Consello de Administración de Radio Arzúa , que leva máis de un ano sen reunirse, despois de que regulamentariamente debe facelo trimestralmente. E tamén pedimos un pleno extraordinario, que nos parecen son os foros axeitados para por sobre a mesa, con luz e traquígrafos, toda esta situación polémica que se está a xerar, lamentablemente, en Arzúa.
O que estamos vendo, por desgracia, é que se está desenvolvendo unha batalla nos medios de comunicación sen que, ata este momento, se dera conta en ningún foro institucional, que é onde nós pedimos que resolvan estas cousas e se consiga a paz social.
O alcalde non estivo acertado coas grabacións,pero¿Realmente aprobas como se comenta por Arzúa as declaracións tan graves do candidato do pp?sinceramente, non quero pensar que sexa alcalde que dinamica levará.
Só podo decir que se eu fora o alcalde non actuaría desa maneira. Se o director de Rardio Arzúa, hoxe candidato do PP, me intentase sobornar procedería a apertura dun expediente disciplinario, e se tivese que demostrar a súa culpabilidade nunca faría, de motu propio nin a través de ningún detective, unhas grabacións deste estilo, senon que poría a situación en coñecemento da fiscalía ou dalgunha outra institución xudicial para que, si eles considerasen que era necesario para acadar probas ter que recurrir a unha grabación, esta se fixese coas garantías xudiciais oportunas, preservando o dereito a intimidade como dereito fundamental que todos temos que respectar. E daría conta inmediatamente á Corporación e ao Consello de Administración da radio, e non as gardaría dous anos para filtralas aos medios de comunicación a espaldas das institucións.
¿Pensas que o que se está vivir no ámbito politco en Arzúa, via influir negativamente nos resultados do psoe?.Moita xente contraria ao alcalde volcarase con Cascón, polo feito de sacar a luz as grabacíóns, e outros contrarios ao pp, ven como a única saída par que non haxa un pacto pp-psoe, votar ao Bng.
Creo que esta situación vai influir negativamente no PP e no BNG, tanto a nivel electoral como a nivel de respeto social. O pobo de Arzúa non vai perdoar que se haxa montado esta batalla, co agravante da utilización de medios públicos.
Se os electores analizan as ofertas e os equipos dos partidos que nos presentamos a estas eleccións, estou completamente seguro de que nos van a dar un gran respaldo nas urnas.
Despóis de catro anos de intenso traballo, que moitos somos conscientes:Non pensas que a túa candidatura está un pouco desproporcionada.Refírome a seriedade e capacidade que dades os primeiros da lista, a pouca capacidade e pouca seriedade que dan algúns dos últimos,que chegan de rebote ao partido.
A lista, dende o propio candidato ata o último suplente, foi elaborada democráticamente. Cada un dos seus compoñentes merecen todo o respecto, e todos estamos suficientemente capacitados para levar adiante o noso programa e a gobernar o Concello de Arzúa con responsabilidade.
¿Que proxecto hay para o Conservatorio de música e para o programa cultural en xeral?Un abrazo e ánimo.
A nivel cultural temos un programa moi completo. Crearemos un museo etnográfico, poñeremos en valor o todo o patrimonio cultural, celebraremos semanas culturais na zona histórica para revitalizala.
Daremos a coñecer os nosos intelectuais, artistas e escritores, que son moi numerosos e importantes, como é o caso de Valle Inclán, que escribeu as "Sonatas de outono" no pazo de Brandeso; o polifacético artista Luis Seoane, padre Pardo, a Basilio Carril e outros grandes persoeiros, que son nosos e que son patrimonio de todos.
En canto ao conservatorio de música, imos asentalo cara ó futuro. Faremos unha campaña de matriculacións e de estímulo cara a xente nova para que desenvolva actividades musicais a través do conservatorio e estableceremos un convenio coa Deputación e coa Xunta de Galicia para garantizar o futuro tanto do profesorado como do alumnado. E, a súa vez, a Banda de Música, que con nós pervivirá cara o futuro.
hola , porque sois tan mentirosos los politicos .Porque prometeis cosas que luego non cumplis ,porque decis que haresi esto y lo otro y lusgo psan las elecciones y no haceis nada ,que es para conseguir el voto de la gente inocente .
O que podo decir é que non me considero mentireiro, nin eu nin os meus compañeiros. Dende a oposición fixemos unha política de control do goberno rigurosa. E ahora temos un programa electoral que estamos seguros poderemos cumplir.
Os electores deben valorar as ofertas e decidir en liberdade. Aproveito esta pregunta para solicitar a todos os veciños e veciñas que acudan masivamente ás urnas a depositar o seu voto pola opción que eles consideren que ten máis garantías de futuro e a mellor para un desenvolvemento de progreso de Arzúa, para que triunfe a democracia e podamos dar exemplo de participación e non de crispación, que o que están a dar ahora o PP e o BNG.
Ola Xavier: Ti mellor que ninguén sabes que na zona de Arzúa, estamos un pouco escasos de calquera tipo de industria, en caso de sair elexido: que farías ti para atraer algunha industriaparaa nosa comarca?. Gracias.
Nós vamos a ofertar solo industrial e a estimular a actividade económica a través de empresas que se instalarán en Arzúa, porque dispoñemos dunha zona xeográfica estratéxica, imos dispor dunha autovía que vai conectar directamente co polígono industrial, polo que nos volcaremos en que Arzúa sexa capital comarcal e un centr odinamizador da zona. O obxectivo fundamental é a creación de emprego.
Os veciños de Arzúa terán que traballar agora até os 67 anos para cobrar menos pensión. Por que debo votar ao partido que quere que paguemos os traballadores a factura dos especuladores financeiros?
Estamos pretos dunhas eleccións municipais, nas que se vai decidir o futuro de Arzúa. Penso que o interesante está en xuzgar e valorar as ofertas de cada un dos grupos e o traballo que fixemos polos arzuáns nestes últimos catro anos. Nós desexamos e estamos certos de que as pensións, cara o futuro, non corren ningún perigo e que os xubilados e pensionistas dunhas rentas que lles permitan vivir con dignidade.
¿cómo se pode xustificar a sua evolución política desde unha posición nacionalista hasta darse abrazos con Blanco ou Moreda que tanto dan en pasado como en presente? ¿Non foi mais coherente a postura de Carril?. Para moitos que te coñecíamos foi unha decepción, para que o importante é estar no tinglado por encima das conviccions éticas.
Estou moi contento na miña posición política actual. A miña evolución non mudou. Penso que si mudaron outras posturas. Eu sigo pensando no interese do meu pobo, que na actualidade está moi pouco desenvolvido e que ten unhas posibilidades que os gobernos municipales anteriores non foron quen de por en valor. As miñas aspiraciós políticas non pasan máis que por convertir Arzúa na gran capital comarcal e nun concello de convivencia, de participación, de actividade económica e de progreso.
Como votante indeciso, gustariame saber ¿queargumentos ten X.Pintor nacionalista e do bng para que eu lle vote a el? ¿que politica vai facer? porque non é o mesmo as ideas que transmiten o bng que as do psoe, ou iso creo...
Os meus argumentos e os dos meus compañeiros son o noso compromiso con Arzúa a través do noso programa electoral, que levaremos a cabo, sen dúbida, na vindeira lexislatura e que convertirá o noso pobo no centro de referencia comarcal.
Ademáis das propostas xa mencionadas, quero destacar a creación do mercado semanal, que dará vida e actividade tanto económica como social a Arzúa e será un estímulo para os consumidores e productores, non só de Arzúa, senón da súa área de influencia.
Sr. Pintor, ante a situación enfangada da política arzuá, expliquenos o posicionamento do PSOE, xa que moitos pensábamos que a súa agrupación ía ser intelixente ante o enfrontamento aberto entre os nacionalistas e o PP, e o que consideraríamos normal sería que saísen día sí e día tamén con solucións ou propostas de solucións para os cidadáns mentres eles seguían pelexando, e non se aprecia iso
Coincido co análises de que a situación está enfangada ao noso pesar. E, por desgracia, as ofertas que nós estamos tratando de facer chegar aos veciños e veciñas estanse vendo relegadas a un segundo plano por estas liortas que comenta.
Faremos un esforzo para que todos os veciños e veciñas poidan coñecer cales son as nosas propostas. Entre outras cousas temos proposto un debate electoral entre todos os candidatos, que esperamos sexa aceptado polos demais candidatos. Estamos convencidos de que esta é unha fórmula moi democrática para contrastar programas e para que os veciños poidan analizar e decidir a opción que máis garantías lles ofrece.
Sr. Pintor, se comenta en Arzúa que a pesar de su aparente cordialidad no tolera muy bien que le lleven la contraria, sea o no ésta contructiva, ¿como puede influir esta características a la hora de conformar un gobierno de coalición?, y digo de coalición porque es lo más probable, aunque sé que nos va a indicar que ustedes salen a ganar. Ruego valore exclusivamente esta posibilidad.
Teño moitos defectos, pero a intolerancia non é un deles.
Hemos vivido una legislatura cargada de enfrentamientos entre la corporación municipal, y uno de sus caballo de batalla han sido los sueldos, ciertamente millonarios, del alcalde y del teniente alcade. Supongamos por un instante que el PSdeG gana las elecciones en Arzúa con mayoría suficiente para gobernar sin coaliciones. ¿Cuanto cobraría usted? ¿cuantas dedicaciones tendría su gobierno?
Eu cobraría o que cobro ahora na miña nómina profesional como funcionario, que é a metade do que cobra o alcalde de Arzúa actualmente.
Como máximo, no meu goberno teríamos dúas dedicacións e prescindiríamos de secretario ou secretarias persoais, utilizando os medios humanos que existen na actualidade no concello.
Estimado candidato, vouno a poñer en dúas situacións hipotéticas para o vindeiro día 23 de maio.
1ª Vostedes gaña e pode configuar goberno municipal
2ª Vostedes non gañan nen suben presencia na corporación municipal
¿Que fai vostede en ambos casos?
No primeiro suposto gobernar, aínda que sexa en minoría e con pactos puntuais.
No segundo suposto non apoiaríamos a ningún dos outros dous grupos
Vostedes acaban de sacar unha nota tentando poñerse no medio da polémica entre BNG e PP. A quen pretenden convencer adoptando unha postura presuntamente equidistante entre un partido honesto e outro que presenta como candidato a un presunto subornador?
Sinto que a maioría das preguntas se refiran a situación polémica creada por BNG e PP, que a nós veunos dada e da que nos estamos enterando a través dos medios de comunicación.
A nosa única postura é: primeiro, como xa dixen antes, que se dé conta a nivel instuticional destas acusacións que se están a facer.
Segundo: condenamos calquera das dúas actitudes dos dous candidatos, tanto a do PP como a do BNG polos motivos expostos antes, que no hipotético caso de que fora eu un dos implicados xa tería presentado a miña renuncia para non vincular o meu destino ao dos meus compañeros e, sobre todo, para non desprestixiar ao pobo de Arzúa.
Terceiro: dendo o PSOE imos mirar ao noso programa electoral e ao interese colectivos dos cidadáns arzúans, para un futuro en cordialidade e en liberdade.
Sr. Pintor, a vostede éncheselle a boca ó falar de rexeneración democrática en Arzúa, nos pode indicar ¿que fixo nos últimos catro anos para acadala? ¿é rexeneración democrática chegar a acordos co resto de grupos políticos para acadar apoios para infraestructuras e saír ó día seguinte en nota de prensa como o único defensor de esas infraestructuras? Non nos minta por favor
Eu cando falo de rexeneración democrática é porque entendo que existe un déficit.
En canto a que o goberno creou crispación, non aceptou ningunha das moitas ofertas presentadas desde o PSOE, e a maioría das grandes obras realizadas en Arzúa foron con inversión tanto do goberno anterior da Xunta presidida por Touriño como do Goberno central, das que nós sempre estivemos reivindicando e a favor sen mezclar as confrontacións políticas cos intereses colectivos do pobo.
Na súa presentación como candidato dixo que se gaña vai facer que o concello de Arzúa aforre 160.000 euros en adicacions, eso supon 40.000 Euros ao ano (aproximadamente a adicación do actual teniente de alcade), co cal, se temos en conta os máis de 20.000 euros que cobra a secretaria e os máis de 40.000 do alcade, ainda nos quedan mais de 65.000 ¿cantas adicacións tería o seu hipotético goberno?
Xa comentei antes que no meu goberno teríamos só dúas adicacións
Na súa presentación dixo que non pactaría con nadie ¿non cree vostede que incluso se pode considerar unha iniciativa irresponsable por poder poñer en perigo a gobernabilidade do concello? ¿non cree vostede que hipotecou a súa actuación para despois das eleccións?
Non. Creo que a nosa actitude é a máis responsable. E dada a situación actual non podemos confiar en dous grupos que non merecen a confianza nosa nin do pobo de Arzúa.
Bon día,
Como teño 21 anos, estou no paro, e vexo poucas espectativas de saída en Arzúa.Por iso estou pensando en irme a fora,mesmo a unha illa fora da peninsula.¿Tedes algún plan dende o psoe para nós os mozos se chegades a gobernar?
Sí temos. Para a xuventude, e na oferta de solo industrial municipal que xa comentei, nos convenios que asinemos coas empresas que se queiran instalar incluiremos obligatoriamente a creación de postos de traballo para facilitar o acceso ao primeiro emprego para os nosos veciños e veciñas
Grazas a todos polas vosas preguntas. Sinto non poder respostar todas as que chegaron, polo tempo limitado. Un saúdo a todos os veciños e veciñas de Arzúa.