Miércoles 08.04.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Ola a todos os cibernautas. Son Xosé Manuel Pérez, candidato do BNG de Oroso, e vou a empezar a respostar as vosas preguntas. Quero agradecer a elcorreogallego.es pola oportunidade de poder contestar as preguntas dos veciños e veciñas do concello de Oroso.
Concejal de obras
¿Por qué los niños de Oroso han estado un año sin poder usar el único pabellón polideportivo cubierto de todo el Concello?
¿Por qué Oroso no tiene piscina climatizada a pesar de la cantidad de niños y jóvenes?.
¿Por qué en Sigüeiro no hay pistas de fútbol o baloncesto de acceso libre?
¿Por qué la mayoría de gente de Oroso no le conoce a usted?
O pavillón polideportivo é un pavillón con moitos anos de uso e o desgaste propio das instalacións fixo que necesitase unha posta a punto integral. Polo tanto, non só se arreglou o exterior, senón que tamén as goteiras e o alumbrado propio da pista. Entendo que é un prazo razonable para acometer as obras.
O ratio para ter unha piscina climatizada enténdese en dez mil habitantes. O problema de que non se acade a piscina climatizada é que hai moitos habitantes do concello non empadronados, o cal dificulta enormemente acometer ese tipo de investimentos. De todos os xeitos, non renunciamos a que haxa unha piscina climatizada. Concienciaremos ós non empadronados para que o fagan.
Houbo unhas políticas anteriores que primaron os campos de fútbol de herba artificial en Sigüeiro, dous campos de fútbol de herba natural en Oroso e en Deixebre, outro de terra en San Tomé e ademais haino tamén en Senra. Polo tanto, creo que foi unha política equivocada e nós en caso de acadar o goberno si faremos ese tipo de pistas ó aire libre. Non hai que esquecer que en calquera caso a miña responsabilidade de goberno está na área de obras e servizos.
Non estou de acordo coa afirmación de que a xente de Oroso non me coñece. Hai catro anos é posible, a día de hoxe entendo que non.
Que interese pode ter vostede por o Concello de Oroso non sendo de aquí? Que lle atrae do noso Concello? A sua meta é o Concello ou simplemente promocionarse aquí como político...?
Despois de 22 anos vivindo no concello de Oroso e tendo dous fillos nacidos neste concello de 17 e 14 anos respectivamente entendo que é tempo suficiente como para xa ser do concello. Do mesmo xeito que entendo que toda a xente que se integrou nos últimos anos neste concello tamén o é.
Ós 53 anos xa non é un moi bo momento para promocionarse politicamente. Os meus intereses políticos e sociais empezan e rematan no concello de Oroso.
Como se dou a Contrucciones Viñal o 99 % das obras municipais habendo outras empresas ca mesma interese...?
Esa afirmación é rotundamente falsa. No concello de Oroso fanse as adxudicacións por concurso público, polo tanto as adxudicacións son públicas e transparentes. Teño que dicir que nas adxudicacións directas e sempre cos informes de Secretaría e Intervención positivos adxudícanse a empresas que están ubicadas no concello de Oroso e que a maioría dos seus empregados viven e consomen neste concello. En concordancia co que prometimos hai catro anos.
Que opinas da desaparición do novo CEIP dos presupostos da xunta
Esa é unha pregunta que habería que facerlle á Xunta. Despois do 22 de maio seguiremos insistindo na súa necesidade.
Como arranxarías o tema da escola de música?
É evidente que hai que facer un novo edificio axeitado coas condicións acústicas e técnicas que require ese tipo de instalación. Polo tanto estamos a favor.
Que pensas da necesidade do bacharelato en Oroso?
É necesario. Seguiremos loitando para que así sexa. Eu mesmo teño un fillo que ten que desplazarse a Santiago para facer ese ciclo, igual que moitísimos veciños e veciñas do concello de Oroso. É unha anomalía que hai que arranxar.
O BNG xa presentou a súa lista, mentres dos demais partidos non sabemos nada... Que opina dos rumores que corren polo pobo da unión do PG e do PP
Neste país estamos moi afeitos a facerlle demasiado caso ós rumores. Eu como candidato só reparo en feitos.
Durante estes catro anos o Concello de Oroso investiu a maioría dos cartos nas parroquias, que pensan facer nos vindeiros catro anos, acordaranse do núcleo urbano?
Seguiremos investindo nas parroquias, dunha forma equitativa, e faremos un plan de reurbanización do casco de Sigüeiro.
Que van facer cos cheiros da depuradora?
A depuradora estaba pensada para un número determinado de persoas. Volvo a insistir en que hai que empadronarse no concello para poder facer uns cálculos axeitados ás necesidades. Sen embargo, procuraremos ampliar aínda máis as instalacións para que esto non ocorra.
Pensaron nalgún momento en substituír a area do parque infantil por chan brando.
E facer un parque para nenos entre 8 e 11 anos?
É evidente que co número de nenos e nenas que hai no concello teremos que facelo, tanto poñer o chan brando como un parque para nenos entre 8 e 11 anos.
A "marabillosa" idea do campo de fútbol praia vai continuar, ou imos ter campos de fútbol sala e baloncesto?
O campo de fútbol praia é unha instalación pouco utilizada, polo tanto escoitaremos suxerencias para a súa reconversión. Pero certamente non seguirá como campo de fútbol praia.
Crees que a xente do pobo de Oroso decatouse do traballo realizado polo BNG, tanto no control sobre o Alcalde como no traballo realizado na vosa concellaria .( vías e obras)
Entendo que a xente é moi intelixente. Nós levamos tres anos no goberno. Que miren atrás e comparen.
Cres que alguns medios informativos da Prensa Galega poden influir ou enganar o voto hacia os Gobernos Bipartitos Municipais, como o fixeron nas votacions á Xunta de Galicia.
O meu respecto pola prensa está fóra de toda dúbida. Hai opinións ou actitudes que podo non compartir, pero en calquera caso respecto o magnífico traballo da maioría dos traballadores dos medios de comunicación. En calquera caso son os lectores ou lectoras os que teñen que discriminar o certo do falso e ter unha conciencia crítica.
Despois dos obxectivos acadados nos últimos catro anos, ¿cales son os novos retos para a vindeira lexistatura? Grazas e noraboa polo traballo feito en Oroso
O futuro para o BNG pasa por unha praia fluvial, un novo CEIP, polo albergue de peregrinos, a Casa da Música e a reorganización urbanística de Sigüeiro, entre outras.
¿Considera Vd. que durante estes útlimos catro anos de goberno, o Concello de Oroso comportouse de forma caciquil con algúns dos seus veciños?
Eu respondo pola miña responsabilidade. E podo asegurar e aseguro que non foi o meu caso.
¿Sabe Vd. que su compañero de gobierno Sr. Mirás Franqueira, no contesta a los escritos de las personas que no son de su agrado?
Primeiro, non teño a lista das persoas que non son do agrado do Sr. Mirás Franqueira. En calquera caso, cando el veña a facer o seu encontro dixital é unha boa ocasión para poder preguntarlle.
Eu son veciña de Oroso e sinto decirlle que non o coñezo, nin a vostede nin ó resto dos candidatos salvo o alcalde e o candidato Siverio Mirás. ¿Pensa vostede que os colexios de Oroso permiten a conciliación da vida laboral e familiar ou faría algo mais ó respecto? Porque eu véxome obrigada a levar ás miñas fillas a colexios de outro concello precisamente por mor da citada "Conciliación".
É evidente que desde o BNG estamos absolutamente a favor de conciliar a vida laboral e familiar. Cando teñamos responsabilidade de goberno nesa área garántolle que así será.
Quería trasladarlle unha proposta ó resto de candidatos do concello de Oroso: un debate público no Centro Cultural Casas e Novoa con público, e que o público teña a posibilidade de preguntar en directo polos temas que consideren oportunos. Aí queda a proposta.
Despídome dos lectores e lectoras de elcorreogallego.es e quedo á vosa disposición tanto na nosa páxina web como no Facebook.
Un saúdo.