Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Sábado 07.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] España| nacional@elcorreogallego.es

reaccións

O PPdeG expresa a súa repulsa e reitera a súa confianza na Constitución

03.12.2008 

2.7/5 [6 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P. SANTIAGO

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, expresou hoxe, no seu nome e dos militantes do Partido Popular de Galicia, a súa repulsa polo atentado que lle custou a vida ao empresario Ignacio Uría Mendizábal, tiroteado en Azpeitia (Guipúzcoa), e reafirmou o seu convencemento de que o terrorismo "puede e debe" ser derrotado cos instrumentos legais establecidos.
Nun comunicado de prensa, o PPdeG reiterou, a escasos días de celebrar un novo aniversario da Carta Magna, que a Constitución dispón de instrumentos abondos para combater o terrorismo.
Ademais realizou un chamamento ao conxunto das forzas políticas a reafirmarse nestes principios, convencido de que calquera desmarque que poida producirse con respecto ao marco común de convivencia "alenta ao mundo etarra e aos seus simpatizantes".
Por iso, Feijóo insistiu en animar ao conxunto da sociedade galega a sumarse á condena do asasinato "cometido polos pistoleiros de ETA".
O líder do PPdeG telefonou ao presidente do PP vasco, Antonio Basagoiti, para trasladarlle a súa solidariedade e pedirlle que faga chegar o seu pésame á familia e amigos da vítima. 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS