El Correo Gallego

Especiales » Galicia Empresas » Hijos de Rivera

TERRA DE SONEIRA

Hijos de Rivera construirá unha nave de 3.500 metros no polígono de Vimianzo

J. M.   | 01.02.2018 
A- A+

O Concello de Vimianzo acaba de conceder unha licenza a Hijos de Rivera SAU para a construción dunha nave nunha parcela de case 5.000 metros cadrados no parque empresarial local. A instalación ocupará máis de 3.500 metros e contará con cinco zonas de carga e descarga e 38 prazas de aparcamento. O orzamento da obra rolda o millón de euros. Agora xa hai máis de media ducia de empresas asentadas no polígono vimiancés e, coa construción desta nova nave, “o parque consolídase como o referente de solo industrial da comarca”, segundo sinala o alcalde, Manuel Antelo. Coida que “é moi importante” a instalación dunha empresa destas características e cre que o despegue do parque nos últimos tempos é froito do traballo desenvolvido dende que chegou á alcaldía en 2011, “con accións encamiñadas a facilitar a instalación de empresas, como a aprobación no último pleno de reducións do ICIO”. Con todo, o rexedor di que a gran asignatura pendente “é a rebaixa dos prezos do solo” por parte da empresa promotora Suelo Empresarial del Atlántico.