Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 28.01.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 2 de 2172] noticia anterior de Concello de Lugo Galicia » Axenda municipal » Concello de Lugo

para que Lugo non teña que pagar a nova estación de autobuses

O Alcalde considera que Concello e Xunta estiveron á altura das circunstancias para que Lugo teña estación intermodal

23.07.2010 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, respondeu ó ofrecemento da Xunta de asumir o custo da nova estación de autobuses nunha carta dirixida ó Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, na que sinala que “hoxe as dúas instituciónes estiveron á altura das circunstancias.”
A Consellería ofreceu esta alternativa nunha misiva que lle chegou ó Alcalde este mediodía á que contestou xa o Alcalde.
“Sei que comprendeu, logo de ler a miña carta de onte, a miña total vontade de chegar a un acordo que beneficie á cidade, e a importancia que o proxecto da estación intermodal ten para Lugo” continúa o escrito, no que o Alcalde tamén expresa “o meu máximo agradecemento”.
Na carta dí tamén López Orozco “sei ademais, porque así se desprende da súa carta de hoxe,  que foi sensible á postura que lle manifestei no último parágrafo da miña carta de onte”. No texto que lle mandou onte o Alcalde ó Conselleiro, o Concello amosábase “encantado de asinar o Protocolo para o desenvolvemento da estación intermodal da cidade, sempre e cando se incorpore claramente que o pobo de Lugo non vai a ter que poñer nin un só euro, nin ceder e recalificar ningunha das parcelas do patrimonio municipal de solo que nada teñen que ver con estas actuacións” .
O Alcalde ademáis dille ó Conselleiro “estou dacordo con vostede en que este proxecto permitirá un paso máis no traballo para que Lugo conte cunha estación intermodal”.  
Ademáis, o rexedor municipal indica que “unha vez que se confirme o protocolo por todas as partes intervintes, desde o Concello anúnciolle que prepararemos un concurso de ideas para a reurbanización do entorno da actual estación”.
O texto da carta de José López Orozco a Agustín Hernández remata reiterándolle “o meu agradecemento e, con tempo, encantariame que, cando menos, viñera a comer o pulpo con nós nas festas do San Froilán”.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS