Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 28.01.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 6 de 2172] noticia anterior de Concello de Lugo Galicia » Axenda municipal » Concello de Lugo

non pretende captar turismo no verán porque Lugo é máis competitivo noutras estacións

A campaña de promoción turística da cidade resolverase por procedemento negociado

27.07.2010 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

O Concelleiro de Turismo, José Manuel Díaz Grandío, anunciou que a Mesa de Contratación do Concello decidiu resolver por procedemento negociado a contratación da campaña de promoción e comercialización turística da cidade. A Mesa de contratación declarou deserto o concurso atendendo á decisión do comité de expertos que valorou as tres ofertas presentadas. Este comité considerou necesario que as empresas fagan unha serie de aclaracións ás ofertas que presentaron.

Díaz Grandío explicou que o obxecto desta convocatoria non é facer unha campaña de verán, de feito “en ningún sitio do pliego pon que o obxecto sexa captar turismo para o verán senon captar turismo para a cidade” e Lugo “precisamente no outono ten moitas cousas que ofrecer, entre outras cousas, unha Festa de interese turístico nacional ou o Outono gastronómico”. “Lugo nunca foi un destino de veraneo senon que ten outros atractivos turísticos que poden resultar de interese precisamente moito máis fóra da época de verán”, sinalou Grandío. E matizou que a campaña de captación de turistas ten de prazo ata o 30 de outubro porque ése é o tempo establecido na subvención que lle concedeu ó Concello a Secretaría de Estado de Turismo do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.


Tamén explicou o Concelleiro que o aplazamento na constitución da Empresa municipal de Turismo decidiuse “ante a previsión de orzamentos dos concellos, incluído o de Lugo, teñan unha tendencia á baixa”. “Valorouse que é mellor tomar a decisión cando o Concello teña os novos orzamentos”, indicou Grandío. Tamén precisou que “se o recorte existe, haberá que fixar as prioridades e será cando se decida se a Empresa municipal de Turismo é unha priorioridade axustada ós Orzmentos ou hai outras que deban primar sobre ela”.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS