Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 28.01.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 452 de 2172] noticia anterior de Concello de Lugo Galicia » Axenda municipal » Concello de Lugo

O Concello aproba o proxecto de humanización da praza de Agro do Rolo

15.09.2011  A Xunta de Goberno tamén aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do polígono 3 da Louzaneta

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

O Concello aprobou hoxe o proxecto de humanización e mellora da praza de Agro do Rolo, segundo informou o primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Cultura e Turismo, Antón Bao, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno Local.


O proxecto contempla a instalación dun parque infantil cuberto, para facilitar o o uso desta área de xogos sexan cales sexan as condicións meteorolóxicas. Bao explicou que este proxecto ten un orzamento de 309.966 euros, que financiará o Ministerio de Fomento mentres que o Concello encargouse de facer o proxecto e tamén se encargará da dirección da obra. Bao destacou que éste é un dos proxectos do Goberno local encamiñados a “humanizar todas as zonas e barrios de Lugo”.


A Xunta de Goberno Local tamén lle deu o visto e prace definitivo ó proxecto de urbanización do polígono 3 da Louzaneta, acordo do que deu conta o terceiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, quen sinalou que este acordo “permitirá desenvolver o último dos tres polígonos da Louzaneta”.


Na xuntanza que celebrou este mércores o Goberno local tamén se aprobou o nomeamento de quince auxiliares de administración xeral que aprobaron as probas selectivas para o acceso en propiedade, en quenda libre, destas prazas incluídas no cadro de persoal funcionario.


Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS